Saltar ao contido

Costanza de Castro e Osorio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCostanza de Castro e Osorio
Biografía
Nacementoc. 1430 Editar o valor en Wikidata
Viveiro, España Editar o valor en Wikidata
Morte1489 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (58/59 anos)
Viveiro, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaigrexa de San Francisco de Viveiro Editar o valor en Wikidata

Costanza de Castro e Osorio,[1] nada en Viveiro c. 1430 e finada na mesma localidade en 1489, foi unha nobre e relixiosa galega. Coñecida como beata polo pobo, comezou o proceso de beatificación.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Igrexa de San Francisco

Costanza era señora dos coutos de Silán e Codesido. Casara con Roi Díaz de Andrade,[2] señor de San Pantaleón das Viñas, que faleceu na guerra de Granada.[3] Antes de morrer, Roi enviou á súa esposa unha carta escrita en galego, como despedida e testamento, xa que lle dixo que se morría na batalla, ela e o seu fillo Héctor eran herdeiros dos seus bens e ela debería administralos; a carta ten data do 13 de agosto de 1450.[4]

Costanza permaneceu viúva durante corenta anos. Era unha terciaria franciscana dedicada á oración e á caridade, e atribuíronlle milagres. Morreu en estado de santidade e foi enterrada no convento de San Francisco de Viveiro.[5][6]

Veneración

[editar | editar a fonte]

O seu corpo foi atopado incorrupto cando se trasladou a tumba en 1611;[2] realizado o milagre, comezou o proceso de beatificación, que foi interrompido. A pesar diso, é coñecida popularmente como a beata e aparece así nalgúns santorais, como o martiroloxio da Orde de San Francisco, que lle asigna a data de celebración do 14 de xuño[2] e establece arbitrariamente a data da morte en 1286. A Igrexa concedeulle o título de venerable.

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-11-29. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Genealogía Bermúdez de Castro
  3. Anales De La Real Academia Matritense De Heráldica y Genealogía IX (2005-2006), páx. 139
  4. Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo (2012). De linajes, parentelas y grupos de poder. Aportaciones a la historia social de la nobleza gallega bajomedieval (en castelán). Fundación cultural de la nobleza española, CSIC. p. 91. ISBN 978-84-939737-2-8. 
  5. "San Francisco de Viveiro". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2011. Consultado o 27 de febreiro de 2021. 
  6. Viveiro es, también, franciscano

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]