Costanza de Castro
Aparencia
Para a relixiosa de Viveiro véxase: Costanza de Castro e Osorio.
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1454 Alfoz |
| Morte | 1485 Cospeito |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Familia | |
| Pai | Pardo de Cela |

Costanza de Castro[1] foi unha aristócrata galega de finais do século XV.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era filla de Pedro Pardo de Cela e de Sabela Pérez Osorio, pertencente a unha das liñaxes máis importantes do reino de Galiza. Estaba casada con don Fernán Ares de Saavedra. Pardo de Cela, a súa filla Costanza e o seu marido apoiaban o bando de Xoana de Castela contra os partidarios de Isabel de Castela. Houbo loitas entre os dous bandos. Pardo de Cela (que era Alcallde del ayuntamiento y su tierra y jurdiçon) foi feito prisioneiro no seu propio castelo da Frouxeira, por traizón dalgúns dos seus vasalos. A súa filla continuou a loita xunto co seu marido durante once meses desde o castelo de Caldaloba (San Martiño de Pino, Cospeito).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-11-29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Campo, Marica (2023). "Constanza de Castro. A filla rebelde do mariscal Pardo de Cela". En Adán, Carme; Fajardo, Montse. Corenta mulleres tecendo xuntas. A Coruña: Deputación da Coruña e CCG. pp. 19–20. doi:10.17075/adg.2010.22289.