Costa do Tesouro (Florida)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Áreas costeiras dos condados de Martin, Saint Lucie e Indian River

A Costa do Tesouro (inglés: Treasure Coast) é unha rexión vernácula do estado de Florida, nos Estados Unidos. Está situada na costa atlántica do Estado, comprendendo os condados de Indian River, Saint Lucie e Martin, e para algunhas fontes, ademais, o de Palm Beach. A rexión, cuxo nome fai referencia á Frota do Tesouro español que perdeuse a causa dun furacán en 1715, naceu como resultado do desexo dos residentes de separarse da influencia de Miami e da rexión vernácula da Costa Dourada.

Vista aérea da Lagoa de Indian River

A área inclúe dúas áreas estatísticas metropolitanas definidas pola Oficina de Administración e Orzamento e empregadas cunha finalidade estatística pola Oficina do Censo dos Estados Unidos e outras axencias: a Área Estatística Metropolitana de Port Saint Lucie (que abrangue os condados de Saint Lucie e Martin) e a Área Estatística Metropolitana de Sebastian–Vero Beach (que abrangue o Condado de Indian River). O Condado de Palm Beach, en caso de considerarse incluído dentro da Costa do Tesouro (algo que moitas fontes rexeitan), é ademais parte da Área Estatística Metropolitana de Miami–Fort Lauderdale–Pompano Beach.

Durante un tempo, a principios da década de 1970 denominouse Costa Tropical (Tropical Coast), aínda que o termo non callou e non abranguía o mesmo territorio.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Toda a Costa do Tesouro está protexida do Océano Atlántico por estreitos bancos de area e illas de barreira, que fan de pantalla para lagoas, ríos e baías. Nas terras inmediatas son abondosos os piñeiros das chairas e os palmeiros ananos americanos[1]. Numerosos lagos e ríos discorren pola Costa do Tesouro, sendo ben coñecido o chamado Indian River, un brazo de auga salobre que forma parte do sistema da Lagoa de Indian River. En certas estacións do ano, as pontes poden impedir o fluxo das algas vermellas de deriva, causando na área un cheiro a "ovos podres" polo sulfuro de hidróxeno. A Costa do Tesouro está tamén bordeada pola parte atlántica do Canal Intracosteiro do Atlántico, unha estreita canle de navegación que se estende desde Brownsville, Texas a Boston, Massachusetts[2].

Ámbito administrativo territorial[editar | editar a fonte]

Costa do Tesouro
Estatísticas rexionais
Condados Indian River County
St. Lucie County
Martin County
Xentilicio Costatesoureiro (Treasure Coaster)
Superficie 4.627,3 km²
(pouco maior que Rhode Island)
Habitantes 586.414 habs. (2014)[3]
(pouco maior que Wyoming)
Densidade 126,72 habs/km²
Maior cidade Port Saint Lucie, Florida (171.016 habs.)
Maior área metropolitana Área Estatística Metropolitana de Port Saint Lucie, Florida (444.420 habs. en 2014)

Lamme e Oldakowski observaron que a Costa do Tesouro comprendía a área ao norte do Condado de Palm Beach ata a Costa do Espazo (incluíndo os condados de Palm Beach, Martin, Saint Lucie e Indian River). Pero, tamén decatáronse de que o Condado de Palm Beach aínda formaba parte de Florida do Sur e da Área Metropolitana de Florida[4]. O Consello de Planificación Rexional da Costa do Tesouro, establecida en Stuart, emprega unha definición similar e ten xurisdición sobre eses catro condados[5].

Outras fontes exclúen tamén ao Condado de Palm Beach. Un estudo do Anthony J. Catanese Center for Urban and Environmental Solutions, pertencente á Universidade Atlántica de Florida, define á Costa do Tesouro como unha subrexión dentro da máis ampla rexión económica de Florida do Sur, incluíndo neste territorio só aos condados de Martin, Saint Lucie e Indian[6].

Áreas metropolitanas[editar | editar a fonte]

A Costa do Tesouro inclúe dúas áreas metropolitanas estatísticas, segundo a definición da Oficina de Administración e Orzamento (OMB), sendo empregadas para fins estatísticos pola Oficina do Censo dos Estados Unidos e outras axencias. Estas áreas son:

  • a Área Estatística Metropolitana de Port Saint Lucie, que abrangue os condados de Martin e Saint Lucie. A cidade de Port Saint Lucie é a principal deste área. Esta área estatística metropolitana bicondal foi designada por vez primeira en 1983 co nome de Área Estatística Metropolitana de Fort Pierce. En 1993, foille cambiado o nome para Área Estatística Metropolitana de Fort Pierce-Port Saint Lucie. Por fin, en 2006, Fort Pierce foi desprazada como a cidade principal da área e o nome cambiou novamente á actual designación.
  • a Área Estatística Metropolitana de Sebastian–Vero Beach, que ten a mesma extensión que o Condado de Indian River. Sebastian e Vero Beach son as súas cidades principais.

Poboacións[editar | editar a fonte]

Unha boa parte dos habitantes da Costa do Tesouro residen en lugares designados polo censo (CDPs, na terminoloxía técnica empregada), estando case todos eles dentro dos condados de Martin e Indian River. Só unha cidade da Costa do Tesouro supera os cen mil habitantes, Port Saint Lucie, no condado homónimo, segundo o censo do 2010. A relación das maiores entidades de poboación da Costa do Tesouro é a seguinte:

Así mesmo, os denominados "lugares designados polo censo" son os que siguen:

Historia[editar | editar a fonte]

A área foi habitada desde tempos antigos, pero como outras rexións vernáculas de Florida, o sentimento de identidade da poboación local co termo non emerxeu ata o boom poboacional do século XX. É unha das moitas rexións de "Costa" do Estado, como a Costa Dourada e a Primeira Costa[4]. O termo foi acuñado por John J. Schumann Jr. e Harry J. Schultz no xornal Vero Beach Press Journal pouco despois de que os salvagers (certo tipo de buques) comenzaran ir á busca do tesouro español fronte á costa no ano 1961[7]. O descubrimento do tesouro da Frota do Tesouro de 1715, perdido por mor dun furacán preto da Canle de Sebastian, foi dunha crucial importancia a nivel local e puxo a atención internacional sobre a área[8]. O editor Shuman e o redactor Schultz do Press Journal advertiron que non había un nome para a súa área, que se situaba entre a ben coñecida Costa Dourada (ao sur, de Palm Beach a Miami) e a Costa do Espazo (ao norte, no Condado de Brevard). Así que comezaron a referirse á súa rexión no xornal co nome de "Costa do Tesouro" (Goald Coast), o que tivo unha favorable acollida entre a poboación, na que se espallou o termo[7].

Aínda que algunhas empresas locais xa empregaban o nome desde 1966, a denominación foi introducíndose pouco a pouco. O "Almanaque de Florida" para 1972, editado polo Miami Herald', referiuse á área que se estende de Miami a Vero Beach como a "Costa Tropical"[7]. A enquisa de 1982 feita polos xeógrafos Lamme e Oldakowski sobre as rexións vernáculas de Florida, non incluíu a Costa do Tesouro. Este traballo reflectiu que toda a área comprendida entre o Condado de Dade (agora chamado Miami-Dade), ao norte, ata o Condado de Martin se consideraba entón dentro da Costa Dourada. Non obstante, outra enquisa dos mesmos autores en 2007 mostrou que nese momento a Costa Dourada apenas se limitaba aos condados de Miami-Dade e Broward, mentres que a rexión da Costa do Tesouro tiña aparecido para definir a área ao norte do Condado de Palm Beach. Lamme e Oldakowski observaron que nesa época a Costa Dourada adquirira connotacións pouco afagadoras. Por iso, suxeriron que as poboacións do norte deberon decatarse da necesidade de distinguirse da Costa Dourada e de Miami para promocionar a zona como un destino diferenciado para os turistas norteamericanos e os residentes, contribuíndo á crecente popularidade da Costa do Tesouro como unha rexión vernácula[4].

Por fin, a Anthony J. Catanese Center for Urban and Environmental Solutions, da Universidade Atlántica de Florida, comprobou que a Costa do Tesouro estaba crecendo notablemente na Florida do Sur, tendo moitos dos seus proxectos de desenvolvemento actuais e futuros ligados ao crecemento da Área Metropolitana de Miami[9].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Columbia Electronic Encyclopedia (2012). Columbia University Press, ed. "Florida. Geography" (en inglés). Consultado o 4-1-2016. 
  2. Waymer, Jim (2-7-2010). "Man on mission to sweeten smell of Indian River Lagoon". Burlington Free Press (en inglés). Consultado o 4-1-2016. 
  3. US Census Bureau (ed.). "State & County QuickFacts" (en inglés). Consultado o 24-7-2008. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Lamme e Oldakowski, 2007, p. 331
  5. Treasure Coast Regional Planning Council, ed. (2013). "About the Council". www.tcrpc.org (en inglés). Consultado o 7-3-2013. 
  6. Anthony J. Catanese Center, 2006, p. 2-3
  7. 7,0 7,1 7,2 Treadway, 27-3-2011
  8. "The storm that gave the Treasure Coast its name". The Miami Herald (en inglés). 10-6-1996. Consultado o 26-3-2012. 
  9. Anthony J. Catanese Center, 2006, p. 3

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Referencias xornalísticas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]