Cosme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Cosme é un nome propio masculino de orixe grega na súa variante en galego. Provén do grego Κοσμάς, "adornado". Foi un nome moi común en Galicia, de feito San Cosme é patrón de infinidade de parroquias. Conta coa variante Cosmede (Cosmado).

Santoral[editar | editar a fonte]

26 de setembro: San Cosme, médico mártir en Siria (286).

Variantes[editar | editar a fonte]

Cosmede, Cosmado. Ás veces por rotacismo pronúnciase Corme ou Cormede, Cormado.

Feminino: Cósima.

Variantes noutras linguas[editar | editar a fonte]

Variantes noutras linguas
Lingua alemá Cosmas, Kosmas
Lingua catalá Cosme
Lingua checa Kosma
Lingua corsa Cosimu
Lingua croata Kuzma
Lingua española Cosme
Éuscaro Kosma
Lingua francesa Côme
Lingua galega Cosme
Lingua grega Κοσμάς (Kosmás)
Lingua neerlandesa Cosmas
Lingua húngara Kozma
Lingua inglesa Cosmas, Cosmo
Lingua islandesa Kosmas
Lingua italiana Cosma, Cosimo
Latín Cosmas
Lingua norueguesa Kosmas
Lingua polonesa Kosma
Lingua portuguesa Cosme
Lingua romanesa Cosmin
Lingua rusa Кузьма (Kuz'ma)
Lingua sarda Còsimu
Lingua serbia Козма (Kozma)
Lingua sueca Kosmas
Lingua ucraína Кузьма (Kuz'ma)

Persoas[editar | editar a fonte]

  • Cosme e Damián, (do grego Κοσμάς e Δαμιανός) médicos e irmáns, mártires e patróns dos nenos, os cirurxiáns, farmacéuticos, médicos e traballadores dos balnearios. Foron torturados, queimados vivos, e como sobrevivieron foron decapitados por orde de Diocleciano contra o ano 300 d. C. A súa festa celébrase o 26 de setembro.

Galegos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Montes Vicente, José María (2001). El libro de los Santos. Alianza, Madrid. ISBN 84-206-7203-3. 
  • Tibón, Gutierre (1994). Diccionario etimológico comparado de nombres propios de persona. Fondo de Cultura Económica, México. ISBN 968-16-2284-7. 
  • Yáñez Solana, Manuel (1995). El gran libro de los Nombres. M. E. Editores, Madrid. ISBN 84-495-0232-2.