Cosmas de Praga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cosmas de Praga
Kosmas.jpg
Nacementoc. 1045
Lugar de nacementoPraga e Zdice
Falecemento21 de outubro de 1125
Lugar de falecementoPraga
NacionalidadeReino de Bohemia
Relixióncristianismo
Ocupaciónescritor e historiador
editar datos en Wikidata ]

Cosmas de Praga (checo: Kosmas Pražský; latín: Cosmas Decanus), nado en 1045 e finado o 21 de outubro de 1125, foi un sacerdote, escritor e historiador nado nunha familia nobre de Bohemia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre o 1075 e o 1081, estudou en Liexa. Trala súa volta a Bohemia, fíxose sacerdote e casou, tendo probablemente un fillo. No 1086, Cosmas foi nomeado canónico de Praga, unha posición de prestixio. Coma canónico tamén viaxou a través de Europa en asuntos oficiais.

Obra[editar | editar a fonte]

A súa obra mestra, escrita en Latín, titúlase Chronica Boëmorum (Crónica dos Bohemios). Esta obra divídese en tres libros:

Chronica Boemorum, Século XII. Na parte baixa están os nomes de sete duques lendarios, gobernantes trala dinastía Přemyslidas
  • O primeiro libro, completado no 1119, comeza co Xénese e remata no ano 1038. Describe a fundación lendaria do estado de Bohemia polos antigos Bohemios ó redor do ano 600.
  • O segundo libro describe a historia dos Bohemios entre os anos 1038–1092. O libro comeza coas fazañas heroicas do duque Břetislav, coñecido coma o aquiles de Bohemia, por exemplo a vitoria lograda sobre o Reino de Polonia. A crónica tamén describe o longo e gran reinado do rei Vratislav II, que foi coñecido por ser un mandatario estrito, mais valente e bo. Hai ademais unha reflexión sobre as súas guerras en Italia; o libro remata coa morte de Vratislav II.
  • O terceiro libro (1092–1125) comeza cunha descrición do tempo de inestabilidade e guerras civís acontecido, trala morte de Vratislav II entre os anos 1092 e o 1109. A crónica remata co reinado de Vladislav I entre os anos 1109 e 1125. O mesmo ano, 1125, Cosmas morreu.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]