Cos, Abegondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cos
Igrexa parroquial de Santo Estevo.
ConcelloAbegondo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°13′55″N 8°14′37″O / 43.2319, -8.2437Coordenadas: 43°13′55″N 8°14′37″O / 43.2319, -8.2437
Área1,84 km²
Poboación92 hab. (2022)
Densidade50 hab./km²
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

Santo Estevo de Cos[1] é unha parroquia do concello de Abegondo. Segundo o IGE, en 2022 tiña 92 habitantes (50 homes e 42 mulleres)[2], distribuídos en 7 entidades das cales están efectivamente poboadas 1[3]. Isto supón unha diminución respecto de 1999 cando tiña 119 habitantes.

Cultura[editar | editar a fonte]

Topónimo[editar | editar a fonte]

Cos é un topónimo de orixe descoñecida. Aparece recollido en documentación medieval como Codais.[4]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de Santo Estevo de Cos é de tipoloxía rural. Planta rectangular, cunha soa nave. Un arco central semicircular separa os espazos da nave e o presbiterio, ambos con bóvedas rebaixadas e cubertas cunha armazón de madeira. Aos pés da nave sitúase un coro alto.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Abegondo.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Cos[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cos no concello de Abegondo (A Coruña)

A Aldea de Abaixo | O Barral de Abaixo | O Barral de Arriba | O Carballal | O Cruceiro | A Fraga | A Igrexa

Parroquias de Abegondo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Abegondo

Abegondo (Santaia) | Cabanas (San Xián) | Cerneda (San Salvador) | Cos (Santo Estevo) | Crendes (San Pedro) | Cullergondo (Santa María) | Figueroa (San Miguel) | Folgoso (Santa Dorotea) | Leiro (Santaia) | Limiñón (San Salvador) | Mabegondo (San Tirso) | Meangos (Santiago) | Montouto (Santa Cristina) | Orto (San Martiño) | Presedo (Santa María) | Sarandós (Santa María) | Vilacova (San Tomé) | Viós (San Salvador) | Vizoño (San Pedro)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.gal. Consultado o 2023-06-27. 
  3. "Datos do IGE das 16 entidades con poboación de Abegondo". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2007. Consultado o 11 de decembro de 2007. 
  4. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]