Saltar ao contido

Corvo mariño africano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corvo mariño africano
 Nome taxon
    Microcarbo africanus
 Nome curto
    M. africanus (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Sinonimia
Plotus nanus

Anhinga nana
Microcarbo africanus

Phalacrocorax africanus
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeSuliformes
FamiliaPhalacrocoracidae
XéneroMicrocarbo
EspecieMicrocarbo africanus Editar o valor en Wikidata
Gmelin, 1789 Microcarbo africanus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Envergadura
   85 cm Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   24 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02r5x2 Editar o valor en Wikidata
ITIS823997 Editar o valor en Wikidata
OTT3600675 Editar o valor en Wikidata
UICN22696725 Editar o valor en Wikidata
CoL42S9D Editar o valor en Wikidata
EOL45518911 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O corvo mariño africano[1] (Microcarbo africanus) é unha ave da familia Phalacrocoracidae. Reprodúcese en gran parte de África continental ao sur do Sáhara e en Madagascar. É unha ave residente pero realiza algúns movementos estacionais.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O corvo mariño africano foi descrito formalmente en 1789 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin na súa edición ampliada e revisada da obra de Carl Linné Systema Naturae. Situouno no xénero Pelecanus e deulle o nome binomial de Pelecanus africanus.[2] Gmelin baseou a súa descrición no "African shag" que describira en 1785 o ornitólogo inglés John Latham no seu libro A General Synopsis of Birds.[3][4] Durante un tempo estivo no xénero Phalacrocorax. Agora o corvo mariño africano é un dos cinco pequenos corvos mariños situados no xénero Microcarbo que fora creado en 1856 polo naturalista francés Charles Lucien Bonaparte.[5][6]

Recoñécense dúas subespecies:[6]

Descrición

[editar | editar a fonte]
Secando as ás no
lago Baringo, Kenya.

É un pequeno corvo mariño de 50–55 cm de longo cunha envergadura de 80-90 cm.[7] É principalmente negro, con brillos verdes, na estación reprodutora. As cobertoiras das ás son prateadas. Ten unha cola longa, unha crista curta na cabeza e unha área facial vermella ou amarela. O bico é amarelo.

Os sexos son similares, pero os adultos non reprodutores e os xuvenís son máis marróns con barriga branca. Algunhas razas do sur manteñen a crista durante todo o ano.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

É unha especie común e moi espallada e non se considera que estea ameazada. Reprodúcese en zonas húmidas de auga doce ou costas tranquilas.

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Pode mergullarse a considerable profundidade, pero xeralmente aliméntase en augas pouco profundas. Frecuentemente trae as súas presas á superficie. Come diversos peixes. Prefire peixes pequenos de movementos lentos e os que teñen formas longas e fusiformes, como os mormíridos, siluriformes e cíclidos. Menos habitualmente come linguados (que localmente poden ser importantes na súa dieta), ras, invertebrados acuáticos e pequenas aves.

Pon de dous a catro ovos nun niño nunha árbore ou no chan, normalmente agochado da vista por herbas longas.

  1. ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. ↑ Gmelin, Johann Friedrich (1789). Systema naturae per regna tria naturae : secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis (en latín). 1, Parte 2 (13ª ed.). Lipsiae [Leipzig]: Georg. Emanuel. Beer. p. 577.
  3. ↑ Latham, John (1785). A General Synopsis of Birds. 3, Part 2. Londres: Printed for Leigh and Sotheby. pp. 606–607.
  4. ↑ Mayr, Ernst; Cottrell, G. William, eds. (1979). Check-List of Birds of the World 1 (2ª ed.). Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. pp. 178–179.
  5. ↑ Bonaparte, Charles Lucien (1856). "Excusion dans les divers Musées d'Allemagne, de Hollande et de Belgique, et tableaux paralléliques de l'ordre des échassiers (suite)". Comptes Rendus Hebdomadaires des Séances de l'Académie des Sciences (en francés) 43: 571–579 [577].
  6. 1 2 Gill, Frank; Donsker, David; Rasmussen, Pamela, eds. (agosto de 2022). "Storks, frigatebirds, boobies, darters, cormorants". IOC World Bird List Version 12.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 20 de novembro de 2022.
  7. ↑ Orta, J. (1992). "Family Phalacrocoracidae (Cormorants)". En del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J. Handbook of the Birds of the World. 1: Ostrich to Ducks. Barcelona, Spain: Lynx Edicions. pp. 326–353 [352–353]. ISBN 84-87334-10-5.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]