Corticados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corticata
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
(sen clasif.) Bikonta
(sen clasif.): Corticata
Supergrupos

Archaeplastida
Chromalveolata

Os Corticados ou Corticata ("que teñen córtex"), son un grupo de seres vivos que na clasificación dos eucariotas proposta por Cavalier Smith se considera un clado[1] e comprende os seguintes dous supergrupos:

Os Corticata caracterízanse por presentar, polo menos orixinariamente alvéolos corticais. Tamén se lles ten chamado Photokaryotes, porque os dous supergrupos que abrangue adquiriron cloroplastos; os Archaeplastida por endosimbiose primaria dunha cianofícea e os Chromalveolata por endosimbiose secundaria dunha alga vermella.

Malia a opinión de Cavalier Smith, non está claro que realmente sexa un clado, xa que outros autores opinan que podería ser polifilético (un clado contén todos os organismos que descenden dun antepasado común e ningúns máis).[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cavalier-Smith, T. (2002). "The phagotrophic origin of eukaryotes and phylogenetic classification of Protozoa". International journal of systematic and evolutionary microbiology 52 (Pt 2): 297–354. PMID 11931142.
  2. Cavalier‐Smith, T. (2009). "Megaphylogeny, cell body plans, adaptive zones: causes and timing of eukaryote basal radiations". The Journal of eukaryotic microbiology 56 (1): 26–33. doi:10.1111/j.1550-7408.2008.00373.x. PMID 19340985.
  3. Burki F, Shalchian-Tabrizi K, Minge M, Skjæveland Å, Nikolaev SI; et al. (2007). Butler, Geraldine, ed. "Phylogenomics Reshuffles the Eukaryotic Supergroups". PLoS ONE 2 (8: e790): e790. PMC 1949142. PMID 17726520. doi:10.1371/journal.pone.0000790. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]