Saltar ao contido

Corrupión de Baltimore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corrupión de Baltimore

Macho adulto
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Icteridae
Xénero: Icterus
Especie: Icterus galbula
(Linnaeus, 1758)
Distribución de I. galbula      Área de reprodución     Área de invernada Nota: non se mostra a súa área en Venezuela e o Caribe
Distribución de I. galbula      Área de reprodución     Área de invernada Nota: non se mostra a súa área en Venezuela e o Caribe

Distribución de I. galbula      Área de reprodución     Área de invernada Nota: non se mostra a súa área en Venezuela e o Caribe
Sinonimia
  • Coracias galbula Linnaeus, 1758
  • Oriolus galbula Linnaeus, 1766

O corrupión de Baltimore[2] (Icterus galbula) é unha pequena ave ictérida que vive en América do Norte, Central e do Sur.

A denominación "de Baltimore" desta ave fai referencia á semellanza das cores do macho coas do escudo de armas de Lord Baltimore do século XVIII, que tamén forman parte da bandeira de Maryland e da cidade de Baltimore. As observacións de hibridacións entre o corrupión de Baltimore e o corrupión máis occidental Icterus bullockii, fixeron que ambos fosen clasificados na mesma especie de 1973 a 1995. Investigacións feitas por James Rising, un profesor de zooloxía da Universidade de Toronto, e outros mostraron que os dous paxaros en realidade non se hibridaban significativamente.[3]

O corrupión de Baltimore é a ave estatal do estado de Maryland nos Estados Unidos e o nome e mascota do equipo de béisbol Baltimore Orioles con sede en Baltimore.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]
Corrupìóns de Baltimore

O corrupión de Baltimore foi descrito formalmente en 1758 polo naturalista sueco Carl Linnaeus na décima edición da súa obra Systema Naturae co nome binomial Coracias galbula.[4] Especificou como localidade tipo América, pero foi restrinxida a Virxinia en 1931.[5][6] Linné baseou a súa descrición na "ave de Baltimore" que fora descrita e ilustrada polo naturalista inglés Mark Catesby na súa The Natural History of Carolina, Florida and the Bahama Islands que se publicou entre 1729 e 1732.[7] O corrupión de Baltimore é agora unha das 32 especies situadas no xénero Icterus, que foi introducido en 1760 polo ornitólogo francés Mathurin Jacques Brisson. A especie é monotípica, é dicir, non se recoñecen subespecies.[8]

Nos Estados Unidos, a este tipo de paxaros chámanlles "ouriolos do Novo Mundo", pola semellanza superficial cos ouriolos europeos, pero, en realidade, non están relacionados con eles. O nome do xénero Icterus procede do grego antigo ikteros, 'paxaro amarelo', que usualmente se cre se refería ao ouriolo europeo, que se pensaba que ao velo se curaba a ictericia. O termo específico galbula é a palabra latina para 'paxaro amarelo', que de novo se cre era o ouriolo europeo.[9]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Este paseriforme de tamaño medio mide de 17 a 22 cm de lonxitude e a súa envergadura é de 23-32 cm. Ten a constitución típica dos ictéridos, xa que ten un corpo robusto, unha cola longa, patas bastante longas e un bico groso e agudo. O peso corporal é como media de 33,8 g, cun rango de pesos que vai de 22,3 a 42 g.[10] O macho é lixeiramente máis grande que a femia, aínda que o grao de dimorfismo é mínimo para os estándares dos ictéridos.[11][12][13] Os adultos sempre teñen bandas brancas nas ás.

O macho adulto é laranxa pola parte inferior e na mancha do ombro e sobrecú, e algúns exemplares son dun laranxa moi vivo e outros son laranxas amarelados. O resto da plumaxe do macho é negra. A femia adulta é marrón amarelada no dorso con ás máis escuras, e laranxa apagado no peito e barriga. O corrupión xuvenil é de aspecto similar á femia, e os machos tardan ata o outono do seu segundo ano en ter a plumaxe adulta.

Algúns machos adultos (esquerda) poden carecer da rechamante coloración laranxa asociada coa especie, e son máis amarelos, o que fai que se parezan moito á especie amarela Icterus parisorum (centro) ou sexan similares ao Icterus graduacauda (dereita).

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]
Femia adulta.

Os corrupións de Baltimore viven no Neártico no verán, nas pradeiras canadenses e leste de Montana e cara ao leste a través do sur de Ontario, sur de Quebec e Nova Brunswick e ao sur polo leste dos Estados Unidos ata o centro de Mississippi e Alabama e norte de Xeorxia. Migran en inverno ao Neotrópico chegando ao norte de Méxco e ás veces á costa sur dos Estados Unidos, pero predominantemente a América Central e ao norte de América do Sur. Algunhas áreas do sur dos Estados Unidos poden albergar corrupións todo o inverno se teñen alimentadores para aves que lles apetezan. A distribución deste paxaro solápase coa da especie similar Icterus bullockiorum no Mediooeste, e ambas as especies eran antes consideradas unha soa porque se cría que se hibridaban. O corrupión de Baltimore é unha ave vagante rara en Europa occidental e chega á Península Ibérica.

Exemplar novo en Maryland, Estados Unidos

Os corrupións de Baltimore adoitan atoparse na parte alta de árbores de folla caduca grandes e frondosos, pero xeralmente non viven en bosques profundos. A especie atópase no verán e durante a migración en bosques abertos, bordos de bosques, e zonas húmidas parcialmente boscosas ou arboredos ao longo dos ríos. Son moi adaptables e poden reproducirse en diversos hábitats secundarios. En época recente, atópanse a miúdo en hortas de árbores froiteiras, terreos agrícolas, parques urbanos e paisaxes das periferias urbanas que teñan zonas con plantacións de árbores. En México, pasan o inverno nas copas floridas das árbores, a miúdo sobre plantacións de café de sombra.[14]

De 1966 a 2015, experimentou un decrecemento de poboación maior do 1,5 % anual polas partes norte e leste da súa área de distribución.[15] Entre outras causas, a grafiose destruíu unha significativa cantidade das súas localizacións favoritas para a nidificación: os olmos.[16]

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Canción e chamadas

[editar | editar a fonte]

A súa canción é un conxunto curto de asubíos agradables recoñecibles que soan como "tyeu, pyeer, piidedu, e "tiir." Entre as chamadas están unha que soa "viir", que é un son nasal pouco común, unha chamada de trilo grave, e dúas chamadas agudas que soan como "tyeu-li e kliik."[17]

A canción do macho é un asubío claro cun ton vibrante que flúe e inclúe unha secuencia breve de notas que se cantan por pares e repítense de 2 a 7 veces, durante 1 ou 2 segundos. Ás veces, durante a tempada reprodutora os machos maduros fan un "son de tamborileo" aos outros en voo facendo ruído a medida que moven as ás. Os machos cantan para proclamaren e protexeren o territorio. A femia tamén canta para comunicar, e para protexer o niño ten unha chamada distintiva que soa como un chío feroz. Tanto o macho coma a femia fan chamadas de advertencia específicas que soan como un chío pouco harmonioso durante as confrontacións combativas. Se hai outras especies de corrupións na zona que escoiten o chío, responderan ás chamadas de alerta e tratarán de axudar a defender o territorio.[18]

Canción do corrupión de Baltimore.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Son aves basicamente solitarias fóra da súa estación reprodutora. A especie é xeralmente considerada monógama, aínda que hai probas que suxiren que a copulación con outras femias que non son a súa parella é relativamente común. Na primavera, os machos establecen un territorio e despois exhíbense perante as femias cantando e chiando mentres choutan de póla en póla diante delas. Os machos tamén fan unha exhibición de reverencia, inclinándose coas ás baixadas e a cola en abano. As femias, dependendo da súa receptividade, poden ignorar estas exhibicións ou responden cantando e facendo chamadas ou unha exhibición facendo tremer as ás. A exhibición de facer tremer as ás consiste en inclinarse cara adiante, a miúdo coa cola parcialmente en abano, e coas ás lixeiramente baixadas facelas axitar ou tremer.[14]

No niño.

O niño constrúeo a femia. É como unha bolsa que parece un feixe moi entrelazado localizado ao final dunha póla, feito de plantas finas ou materiais animais dispoñibles, que colga da parte de abaixo da póla.[19] Seleccionan normalmente árbores como os olmos, lamigueiros norteamericanos, pradairos, salgueiros ou maceiras, e colocan o niño a uns 7-9 m de altura. A femia pon de 3 a 7 ovos, sendo o normal 4. Os ovos son de grises claros a brancos azulados, e miden 2,3x1,6 cm como media. O período de incubación é de 12 a 14 días. Unha vez que as crías fan eclosión, o pai e a nai aliméntanos por regurxitación e son cubertos pola femia durante dúas semanas. Despois diso, as crías empezan a emplumar, facéndose bastante independentes pouco despois. Se os ovos, as crías ou o niño son destruídos, o corrupión pode facer unha nova posta de ovos.[14]

Mortalidade

[editar | editar a fonte]

A predación dos adultos é unha causa común de mortalidade, e tamén poden ser depredados os ovos, crías e aves novas. Os predadores máis comúns para os niños do corrupión de Baltimore son o paxaro ictérido Quiscalus quiscula, o corvo Corvus brachyrhynchos, o gaio azul Cyanocitta cristata, a pega Pica hudsonia, os esquíos e os gatos domésticos, que capturan principalmente as aves novas emplumadas ou os adultos que están chocando os ovos. As aves rapaces depredan normalmente tanto exemplares novos coma adultos, e as máis frecuentes son o moucho Megascops asio e os falcóns Astur cooperii e Accipiter striatus. Aves rapaces algo maiores tamén poden ocasionalmente depredalos, como o falcón peregrino, o bufo Bubo virginianus e a curuxa Tyto furcata, mentres que o esmerillón pode facelo cando os corrupións están migrando.[20][21]

O corrupión de Baltimore máis vello rexistrado viviu 11 anos e 7 meses na natureza salvaxe. En catividade hai exemplares que viviron 14 anos.[14]

Alimentación

[editar | editar a fonte]
Macho adulto.
Macho adulto comendo.

Buscan alimento en árbores e arbustos, facendo tamén voos curtos para capturaren insectos.[22] Gabean, deambulan e cólganse entre a follaxe a media que rexistran as pólas altas. Comen maiormente insectos, bagas e néctar, e a miúdo vense zugando en alimentadores para colibrís. A súa presa favorita é quizais a avelaíña Malacosoma disstria, que comen normalmente no seu estado larval, e que podería ser unha especie molesta se a súa poboación non estivese regulada naturalemnte pola predación. Antes de comer as eirugas, golpéanas contra unha póla ata que lle caian os seus pelos protectores. Tamén comen escaravellos, saltóns, vespas, hemípteros e arañas.[16] O consumo que fan os corrupións de Baltimore de eirugas de M. disstria, no estadio larval enn que estas causan máis danos a plantas e árbores, xoga un importante papel no ecosistema.[23]

A diferenza dos Turdus migratorius e moitos outros paxaros comedores de froita, os corrupións de Baltimore parecen preferir só froitas maduras de cores escuras, de tal xeito que buscan as amoras máis escuras, as cereixas máis vermellas e as uvas máis púrpuras, e ignoran as uvas verdes e cereixas amarelas mesmo se están maduras. Ás veces usan o bico da seguinte maneira: cravan o bico pechado nos froitos moles e despois ábreno para lamber o zume coa lingua. Durante a primavera e outono, o néctar, froitas e outros alimentos azucrados son rapidamente convertidas en graxas, que fornecerán a enerxía que precisan para a migración. Moitas persoas atraen os corrupións de Baltimore aos seus patios e xardíns con alimentadores para corrupións. Moitos conteñen esencialmente o mesmo alimento que os alimentadores para colibrís, pero están deseñados para os corrupións, son de cor laranxa en troques de vermello, e teñen perchas para pousarse máis grandes. Aos corrupións de Baltimore tamén lles gustan as metades de laranxa, marmelada de uva, e nos seus cuarteis de inverno, os arilos vermellos de Bursera simaruba.[24] Se descobren un alimentador en bo estado, traen as súas crías alí.[25]

  1. BirdLife International (2018). "Icterus galbula". p. e.T22724126A132026652. doi:10.2305/IUCN.UK.2018-2.RLTS.T22724126A132026652.en. Consultado o 12 de novembro de 2021.
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  3. Reid, Bruce (7 de marzo de, 1995). "Oriole Name Migrates to Baltimore". Baltimore Sun (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2015.
  4. Linnaeus, Carl (1758). Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis (en latín) 1 (10th ed.). Holmiae (Stockholm): Laurentii Salvii. p. 108.
  5. Paynter, Raymond A. Jr, ed. (1968). Check-List of Birds of the World 14. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. pp. 160–161.
  6. Committee on Classification and Nomenclature (1931). Check-list of North American Birds (4ª ed.). Lancaster, Pennsylvania: American Ornithologist's Union. p. 307.
  7. Catesby, Mark (1729–1732). The Natural History of Carolina, Florida and the Bahama Islands (en inglés e francés) 1. Londres: W. Innys and R. Manby. p. 48, Placa 48.
  8. Gill, Frank; Donsker, David; Rasmussen, Pamela, eds. (decembro de 2023). "Oropendolas, orioles, blackbirds". IOC World Bird List Version 14.1. International Ornithologists' Union. Consultado o 26 de xuño de 2024.
  9. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. pp. 168, 201. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  10. CRC Handbook of Avian Body Masses de John B. Dunning Jr. (Editor). CRC Press (1992), ISBN 978-0-8493-4258-5.
  11. Baltimore Oriole, Life History, All About Birds – Cornell Lab of Ornithology. Allaboutbirds.org. Consultado o 23-08-2012.
  12. ADW: Icterus galbula: INFORMATION. Animaldiversity.ummz.umich.edu. Consultado o 23-08-2012.
  13. Baltimore Orioles, Baltimore Oriole Pictures, Baltimore Oriole Facts – National Geographic. Animals.nationalgeographic.com. Consultado o 23-08-2012.
  14. 1 2 3 4 Rising, J., N. Flood. 1998. Baltimore Oriole: The Birds of North America, No. 384: 1–32.
  15. "Baltimore Oriole Icterus galbula BBS Trend Map, 1966 - 2015". USGS. U.S. Department of the Interior. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2019. Consultado o 2020-12-16.
  16. 1 2 "Baltimore Oriole, Icterus galbula". Audubon Bird Guide, North American Birds. 13 de novembro de 2014. Consultado o 2 de febreiro de 2023.
  17. Brinkle, Edward S. (2007). Field guide to birds of North America (en inglés). Sterling. pp. 427. ISBN 978-1-4027-3874-6.
  18. "Baltimore Oriole Sounds, All About Birds, Cornell Lab of Ornithology". www.allaboutbirds.org (en inglés). Consultado o 2023-10-07.
  19. Parnell, Marc (2021). Birds of New York (The Birding Pro's Field Guides). Naturalist & Traveler Press. p. 195. ISBN 9781954228146.
  20. Bent, A. C. 1958. Life histories of North American blackbirds, orioles, tanagers, and allies. U.S. Natl. Mus. Bull. 211.
  21. Schaefer, V. H. 1976. Geographic variation in the placement and structure of oriole nests. Condor 78:1976.
  22. "Baltimore Oriole | Audubon Field Guide". Audubon (en inglés). Consultado o 2024-04-20.
  23. Parry, Dylan; Spence, John; Volney, W. (1997–2002). "Responses of natural enemies to experimentally increased populations of the forest tent caterpillar, Malacosoma disstria". Ecological Entomology (en inglés) 22 (1): 97–108. Bibcode:1997EcoEn..22...97P. ISSN 0307-6946. doi:10.1046/j.1365-2311.1997.00022.x.
  24. Foster, Mercedes S. (2007). "The potential of fruiting trees to enhance converted habitats for migrating birds in southern Mexico". Bird Conservation International 17 (1): 45–61. Bibcode:2007BirCI..17...45F. doi:10.1017/S0959270906000554.
  25. Harrison, G.H. (2001). "A Spring and Summer Favorite: Baltimore Oriole". Birder's World 15 (3): 44.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Rising, J. D., and N. J. Flood 1998. Baltimore Oriole (Icterus galbula). In The Birds of North America, No. 384 (A. Poole and F. Gill, eds.). The Birds of North America, Inc., Philadelphia, PA.
Teses
  • Allen ES. Ph.D. (2002). Long-term hybridization and the maintenance of species identity in orioles (Icterus). Indiana University, United States, Indiana.
  • Brown BT. Ph.D. (1987). Ecology of riparian breeding birds along the Colorado River in Grand Canyon, Arizona. The University of Arizona, United States, Arizona.
  • Butcher GS. Ph.D. (1984). SEXUAL COLOR DIMORPHISM IN ORIOLES (THE GENUS ICTERUS): TESTS OF COMMUNICATION HYPOTHESES (BIRDS, BEHAVIOR, BREEDING BIOLOGY). University of Washington, United States, Washington.
  • Irwin RE. Ph.D. (1989). A comparative study of sexual selection on song repertoire size in the avian subfamily Icterinae (Passeriformes:Emberizidae). University of Michigan, United States, Michigan.
  • Laudenslayer WFJ. Ph.D. (1981). HABITAT UTILIZATION BY BIRDS OF THREE DESERT RIPARIAN COMMUNITIES. Arizona State University, United States, Arizona.
  • Neudorf DL. M.Sc. (1991). Nest defense in four host species of the brown-headed cowbird (Molothrus ater). The University of Manitoba (Canadá), Canadá.
  • Parry D. M.Sc. (1994). The impact of predators and parasitoids on natural and experimentally created populations of forest tent caterpillar, Malacosoma disstria Hubner (Lepidoptera: Lasiocampidae). University of Alberta (Canadá), Canadá.
  • Rising JD. Ph.D. (1968). SYSTEMATIC AND EVOLUTIONARY ASPECTS OF INTERBREEDING BETWEEN THE ORIOLES, ICTERUS GALBULA AND I. BULLOCKII IN NORTH AMERICA. University of Kansas, United States, Kansas.
  • Underwood TJ. Ph.D. (2004). Proximate and ultimate influences on egg recognition and rejection behaviour in response to avian brood parasitism. The University of Manitoba (Canadá), Canadá.
  • Williams PL. Ph.D. (1988). Spacing behavior and related features of social organization in Northern Orioles of centraloastal California. University of California, Berkeley, United States, California.
Artigos
  • Beletsky LD. (1982). Vocal Behavior of the Northern Oriole Icterus-Galbula-Galbula. Wilson Bull. vol 94, no 3. pp. 372–381.
  • Biermann GC & Sealy SG. (1985). Seasonal Dynamics of Body Mass of Insectivorous Passerines Breeding on the Forested Dune Ridge Delta-Marsh Manitoba Canada. Canadian Journal of Zoology. vol 63, no 7. pp. 1675–1682.
  • Blankespoor HD, Esch GW & Johnson WC. (1985). Some Observations on the Biology of Collyriclum-Faba. Journal of Parasitology. vol 71, no 4. pp. 469–471.
  • Bochkov AV & Galloway TD. (2001). Parasitic cheyletoid mites (Acari: Cheyletoidea) associated with passeriform birds (Aves: Passeriformes) in Canada. Canadian Journal of Zoology. vol 79, no 11. pp. 2014–2028.
  • Brawn JD. (2006). Effects of restoring oak savannas on bird communities and populations. Conservation Biology. vol 20, no 2. pp. 460–469.
  • Brown BT & Trosset MW. (1989). Nesting-Habitat Relationships of Riparian Birds Along the Colorado River in Grand Canyon Arizona USA. Southw Natural. vol 34, no 2. pp. 260–270.
  • Browning MR. (1975). FIRST OREGON SPECIMEN OF ICTERUS-GALBULA-GALBULA. Auk. vol 92, no 1. pp. 162–163.
  • Butcher GS. (1981). Northern Orioles Icterus-Galbula-Bullockii Disappear with Mount St-Helens Washington USA Ashfall. Murrelet. vol 62, no 1. pp. 15–16.
  • Butcher GS. (1984). The Predator-Deflection Hypothesis for Sexual Color Dimorphism a Test on the Northern Oriole Icterus-Galbula-Bullockii. Animal Behaviour. vol 32, no 3. pp. 925–926.
  • Butcher GS. (1991). Mate Choice in Female Northern Orioles with a Consideration of the Role of the Black Male Coloration in Female Choice. Condor. vol 93, no 1. pp. 82–88.
  • Conover MR. (1982). Behavioral Techniques to Reduce Bird Damage to Blueberries Methiocarb and a Hawk Kite Predator Model. Wildlife Society Bulletin. vol 10, no 3. pp. 211–216.
  • Conway WC, Smith LM & Bergan JF. (2002). Avian use of Chinese tallow seeds in coastal Texas. Southw Natural. vol 47, no 4. pp. 550–556.
  • Corbin KW & Sibley CG. (1977). Rapid Evolution in Orioles of the Genus Icterus. Condor. vol 79, no 3. pp. 335–342.
  • Corbin KW, Sibley CG & Ferguson A. (1979). Genic Changes Associated with the Establishment of Sympatry in Orioles of the Genus Icterus. Evolution. vol 33, no 2. pp. 624–633.
  • Davis CA. (2005). Breeding bird communities in riparian forests along the Central Platte River, Nebraska. Great Plains Research. vol 15, no 2. pp. 199–211.
  • Davis MA, Peterson DW, Reich PB, Crozier M, Query T, Mitchell E, Huntington J & Bazakas P. (2000). Restoring savanna using fire: Impact on the breeding bird community. Restor Ecol. vol 8, no 1. pp. 30–40.
  • Dixon KL. (1989). Contact Zones of Avian Congeners on the Southern Great Plains USA. Condor. vol 91, no 1. pp. 15–22.
  • Edinger BB. (1988). Extra-Pair Courtship and Copulation Attempts in Northern Orioles. Condor. vol 90, no 3. pp. 546–554.
  • Falardeau G & Desgranges JL. (1991). HABITAT SELECTION AND RECENT FLUCTUATIONS IN POPULATIONS OF FARMLAND BIRDS IN QUEBEC. Can Field-Nat. vol 105, no 4. pp. 469–482.
  • Flood NJ. (1984). Adaptive Significance of Delayed Plumage Maturation in Male Northern Orioles Icterus-Galbula. Evolution. vol 38, no 2. pp. 267–279.
  • Flood NJ. (1985). INCIDENCES OF POLYGYNY AND EXTRAPAIR COPULATION IN THE NORTHERN ORIOLE. Auk. vol 102, no 2. pp. 410–413.
  • Flood NJ. (1990). Aspects of the Breeding Biology of Audubon's Oriole. J Field Ornithol. vol 61, no 3. pp. 290–302.
  • Freeman S & Zink RM. (1995). A phylogenetic study of the blackbirds based on variation in mitochondrial DNA restriction sites. Syst Biol. vol 44, no 3. pp. 409–420.
  • Graf RL & Greeley F. (1976). NESTING-SITE OF NORTHERN ORIOLE IN AMHERST, MASSACHUSETTS. Wilson Bull. vol 88, no 2. pp. 359–360.
  • Greenberg R, Bichier P & Sterling J. (1997). Bird populations in rustic and planted shade coffee plantations of eastern Chiapas, Mexico. Biotropica. vol 29, no 4. pp. 501–514.
  • Hobson KA & Sealy SG. (1987). COWBIRD EGG BURIED BY A NORTHERN ORIOLE. J Field Ornithol. vol 58, no 2. pp. 222–224.
  • Hubbard GB, Schmidt RE, Eisenbrandt DL, Witt WM & Fletcher KC. (1985). Fungal Infections of Ventriculi in Captive Birds. Journal of Wildlife Diseases. vol 21, no 1. pp. 25–28.
  • Jobin B, DesGranges J-L & Boutin C. (1998). Farmland habitat use by breeding birds in Southern Quebec. Canadian Field Naturalist. vol 112, no 4. pp. 611–618.
  • Kerlinger P & Doremus C. (1981). Habitat Disturbance and the Decline of Dominant Avian Species in Pine Barrens of the Northeastern USA. American Birds. vol 35, no 1. pp. 16–20.
  • Kondo B, Baker JM & Omland KE. (2004). Recent speciation between the Baltimore Oriole and the Black-backed Oriole. Condor. vol 106, no 3. pp. 674–680.
  • Labedz TE. (1984). Age and Reproductive Success in Northern Orioles Icterus-Galbula. Wilson Bull. vol 96, no 2. pp. 303–305.
  • Lambert C. (1992). Winter northern oriole in Tucker, Dekalb County, Georgia. Oriole. vol 57, no 1-4.
  • Mackenzie DI, Sealy SG & Sutherland GD. (1982). Nest Site Characteristics of the Avian Community in the Dune Ridge Forest Delta Marsh Manitoba Canada a Multi Variate Analysis. Canadian Journal of Zoology. vol 60, no 9. pp. 2212–2223.
  • Marr NV. (1985). Gopher Snake Pituophis-Melanoleucus Preys on Northern Oriole Icterus-Galbula Nestlings. Murrelet. vol 66, no 3. pp. 95–97.
  • Martinez Del Rio C & Eguiarte LE. (1987). Bird Visitation to Agave-Salmiana Comparisons among Hummingbirds and Perching Birds. Condor. vol 89, no 2. pp. 357–363.
  • Matson RH. (1989). Distribution of the Testis-Specific Ldh-X among Avian Taxa with Comments on the Evolution of the Ldh Gene Family. Systematic Zoology. vol 38, no 2. pp. 106–115.
  • Neudorf DL & Sealy SG. (1992). Reactions of four passerine species to threats of predation and cowbird parasitism: Enemy recognition or generalized responses?. Behaviour. vol 123, no 1-2. pp. 84–105.
  • Omland KE, Lanyon SM & Fritz SJ. (1999). A molecular phylogeny of the new world orioles (Icterus): The importance of dense taxon sampling. Mol Phylogenet Evol. vol 12, no 2. pp. 224–239.
  • Palmer T. (1992). Population Changes in a Long-Term Northern Oriole Winter Roost in Central Florida. Florida Field Naturalist. vol 20, no 1. pp. 18–20.
  • Parry D, Spence JR & Volney WJA. (1997). Responses of natural enemies to experimentally increased populations of the forest tent caterpillar, Malacosoma disstria. Ecol Entomol. vol 22, no 1. pp. 97–108.
  • Perkins MW, Johnson RJ & Blankenship EE. (2003). Response of riparian avifauna to percentage and pattern of woody cover in an agricultural landscape. Wildlife Society Bulletin. vol 31, no 3. pp. 642–660.
  • Pleasants BY. (1979). Adaptive Significance of the Variable Dispersion Pattern of Breeding Northern Orioles. Condor. vol 81, no 1. pp. 28–34.
  • Quay WB. (1989). Timing of Sperm Releases and Inseminations in Resident Emberizids a Comparative Study. Condor. vol 91, no 4. pp. 941–961.
  • Quinn JS, Guglich E, Seutin G, Lau R, Marsolais J, Parna L, Boag PT & White BN. (1992). Characterization and Assessment of an Avian Repetitive DNA Sequence as an Icterid Phylogenetic Marker. Genome. vol 35, no 1. pp. 155–162.
  • Richardson DS & Bolen GM. (1999). A nesting association between semi-colonial Bullock's orioles and yellow-billed magpies: evidence for the predator protection hypothesis. Behav Ecol Sociobiol. vol 46, no 6. pp. 373–380.
  • Richardson DS & Burke T. (1999). Extra-pair paternity in relation to male age in Bullock's orioles. Mol Ecol. vol 8, no 12. pp. 2115–2126.
  • Richardson DS & Burke T. (2001). Extrapair paternity and variance in reproductive success related to breeding density in Bullock's orioles. Animal Behaviour. vol 62, pp. 519–525.
  • Rising JD. (1973). MORPHOLOGICAL VARIATION AND STATUS OF ORIOLES, ICTERUS-GALBULA, I-BULLOCKII, AND I-ABEILLEI, IN NORTHERN GREAT PLAINS AND IN DURANGO, MEXICO. Can J Zool-Rev Can Zool. vol 51, no 12. pp. 1267–1273.
  • Rising JD. (1996). The stability of the oriole hybrid zone in Western Kansas. Condor. vol 98, no 3. pp. 658–663.
  • Rohwer S & Johnson MS. (1992). SCHEDULING DIFFERENCES OF MOLT AND MIGRATION FOR BALTIMORE AND BULLOCKS ORIOLES PERSIST IN A COMMON ENVIRONMENT. Condor. vol 94, no 4. pp. 992–994.
  • Rosenberg KV, Ohmart RD & Anderson BW. (1982). Community Organization of Riparian Breeding Birds Response to an Annual Resource Peak. Auk. vol 99, no 2. pp. 260–274.
  • Roskaft E, Rohwer S & Spaw CD. (1993). COST OF PUNCTURE EJECTION COMPARED WITH COSTS OF REARING COWBIRD CHICKS FOR NORTHERN ORIOLES. Ornis Scandinavica. vol 24, no 1. pp. 28–32.
  • Rothstein SI. (1977). COWBIRD PARASITISM AND EGG RECOGNITION OF NORTHERN ORIOLE. Wilson Bull. vol 89, no 1. pp. 21–32.
  • Rothstein SI. (1978). Mechanisms of Avian Egg Recognition Additional Evidence for Learned Components. Animal Behaviour. vol 26, no 3. pp. 671–677.
  • Schaefer VH. (1980). Geographic Variation in the Insulative Qualities of Nests of the Northern Oriole Icterus-Galbula. Wilson Bull. vol 94, no 4. pp. 466–474.
  • Schemske DW. (1975). TERRITORIALITY IN A NECTAR FEEDING NORTHERN ORIOLE IN COSTA-RICA. Auk. vol 92, no 3. pp. 594–595.
  • Sealy SG. (1979). Prebasic Molt of the Northern Oriole Icterus-Galbula. Canadian Journal of Zoology. vol 57, no 7. pp. 1473–1478.
  • Sealy SG. (1980). Reproductive Responses of Northern Orioles Icterus-Galbula to a Changing Food Supply. Canadian Journal of Zoology. vol 58, no 2. pp. 221–227.
  • Sealy SG. (1994). OBSERVED ACTS OF EGG DESTRUCTION, EGG REMOVAL, AND PREDATION ON NESTS OF PASSERINE BIRDS AT DELTA MARSH, MANITOBA. Can Field-Nat. vol 108, no 1. pp. 41–51.
  • Sealy SG. (1996). Evolution of host defenses against brood parasitism: Implications of puncture-ejection by a small passerine. Auk. vol 113, no 2. pp. 346–355.
  • Sealy SG & Neudorf DL. (1995). Male northern orioles eject cowbird eggs: Implications for the evolution of rejection behaviour. Condor. vol 97, no 2. pp. 369–375.
  • Searcy WA & Yasukawa K. (1981). Sexual Size Dimorphism and Survival of Male and Female Blackbirds Icteridae. Auk. vol 98, no 3. pp. 457–465.
  • Skowron C & Kern M. (1980). The Insulation in Nests of Selected North American Song Birds. Auk. vol 97, no 4. pp. 816–824.
  • Steinegger DH, Aguero DA, Johnson RJ & Eskridge KM. (1991). MONOFILAMENT LINES FAIL TO PROTECT GRAPES FROM BIRD DAMAGE. Hortscience. vol 26, no 7. pp. 924–924.
  • Stephen BH, Dawn MB, Ken AE, Michael DC & Lyle F. (2004). Partial cutting of woodlots in an agriculture-dominated landscape: effects on forest bird communities. Canadian Journal of Forest Research. vol 34, no 12. p. 2467.
  • Swiderski J. (2002). A winter Baltimore Oriole flock in Valdosta, Georgia. Oriole. vol 67, no 1-2.
  • Underwood TJ & Sealy SG. (2006). Grasp-ejection in two small ejecters of cowbird eggs: a test of bill-size constraints and the evolutionary equilibrium hypothesis. Animal Behaviour. vol 71, pp. 409–416.
  • Zegers DA, May S & Goodrich LJ. (2000). Identification of nest predators at farm/forest edge and forest interior sites. J Field Ornithol. vol 71, no 2. pp. 207–216.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]