Corrente de Benguela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Correntes oceánicas no Atlántico sur.
A corrente fría de Benguela pódese ver á dereita da imaxe.

A corrente de Benguela é unha corrente fría que flúe cara ao norte e forma a parte oriental do xiro do océano Atlántico sur, e que se dirixe ao norte paralela á costa oeste de África (Suráfrica, Namibia, Angola). Toma o seu nome da cidade angolana de Benguela.

Conforme se vai acercando ao ecuador vai quecendo e derivando cara ao oeste pola forza de Coriolis e pola propia conformación da costa africana orixinando a corrente ecuatorial do Sur (corrente cálida) que se dirixe cara ás costas do Brasil.

Características[editar | editar a fonte]

A corrente de Benguela ten a súa su orixe no ascenso de augas moi frías do fondo abisal do Atlántico sur debido ao movemento de rotación terrestre de oeste a leste. Orixina un clima desértico nas costas de Suráfrica e Namibia (deserto do Namib) porque as augas frías evapóranse con moita maior dificultade en comparación coas correntes cálidas que provocan pluviosidade dada a súa forte evaporación. Este afloramento costeiro de augas frías deixa unha zona libre de nubes canda a costa, o que explica o clima desértico da zona costeira (desertos de Kalahari e do Namib), como pode verse na seguinte ligazón da NASA[1].

Porén, estas augas frías orixinadas nos fondos abisais son moi ricas en nutrientes que alimentan unha enorme poboación de fitoplancton, primeiro elo da cadea trófica oceánica, co que a pesca na zona é moi abundante.

Notas[editar | editar a fonte]