Corregimiento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O corregimiento é unha subdivisión administrativa de Colombia de nivel intermedio entre o municipio e a vereda. Administrativamente é o lugar que tén un casarío onde os municipios descentralizan os seus servizos. Neste tipo de estruturas sociais e administrativas, pódese atopar postos e inspeccións de policía, xunto con outros servizos que a municipalidade desexe descentralizar, sexa por esixencias da poboación local, sexa por que a distancia dende este casarío ó casco urbano é demasiado grande para ser percorrida en caso de emerxencia. Polo xeral, comprenden a moita xente baixo a súa administración e teñen varias veredas na súa xurisdición.