Corrección de probas (bioloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo corrección de probas ou revisión de probas (do inglés proofreading) utilízase en bioloxía molecular para referirse aos procesos de corrección de erros, propostos orixinalmente por John Hopfield e Jacques Ninio, que se producen na replicación do ADN, especificidade do sistema inmunitario, recoñecemento encima-substrato e outros procesos, que requiren unha gran especificidade pero nos que se poden cometer inicialmente erros. Os mecanismos de corrección de probas de Hopfield e Ninio son procesos activos de non equilibrio que consomen ATP para mellorar a especificidade de varias reaccións bioquímicas.

Nas bacterias, as súas tres ADN polimerases (a I, II e III) teñen capacidade de corrección de probas, para o cal utilizan unha actividade exonuclease 3’ → 5’. Cando a ADN polimerase recoñece que se colocou un par de bases incorrecto (non complementario co seu molde), a ADN polimerase inverte a súa dirección recuando un par de bases no ADN e escinde a base mal apareada. Despois da escisión da base, a polimerase pode reinserir a base correcta e a replicación continúa.

En eucariotas só ten capacidade e corrección de probas (actividade exonuclease 3’ → 5’) a polimerase que realiza a elongación (delta e epsilon).[1]

A corrección de probas ocorre tamén na tradución do ARNm para a síntese de proteínas. Neste caso, un mecanismo é a liberación de calquera aminoacil-ARNt incorrecto antes da formación do enlace peptídico.[2]

A extensión da corrección de probas na replicación do ADN determina a taxa de mutación, e é diferente en distintas especies.[3] Por exemplo, a perda da corrección de probas debido a mutacións no xene da ADN polimerase epsilon ten como resultado un xenotipo hipermutado con >100 mutacións por Mbase de ADN nos cancros colorrectais humanos.[4]

A extensión da corrección de probas noutros procesos moleculares pode depender do tamaño efectivo de poboación das especies e do número de xenes afectados polo mesmo mecanismo de corrección de probas.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moldovan, G. L.; Pfander, B.; Jentsch, S. (2007). "PCNA, the Maestro of the Replication Fork". Cell 129 (4): 665–79. PMID 17512402. doi:10.1016/j.cell.2007.05.003. 
  2. Translation: Protein Synthesis Arquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine. by Joyce J. Diwan. Rensselaer Polytechnic Institute. Retrieved October 2011
  3. Drake, J. W.; Charlesworth, B; Charlesworth, D; Crow, J. F. (1998). "Rates of spontaneous mutation". Genetics 148 (4): 1667–86. PMC 1460098. PMID 9560386. 
  4. The Cancer Genome Atlas Network; Bainbridge; Chang; Dinh; Drummond; Fowler; Kovar; Lewis; Morgan; Newsham; Reid; Santibanez; Shinbrot; Trevino; Wu; Wang; Gunaratne; Donehower; Creighton; Wheeler; Gibbs; Lawrence; Voet; Jing; Cibulskis; Sivachenko; Stojanov; McKenna; Lander; et al. (2012). "Comprehensive molecular characterization of human colon and rectal cancer". Nature 487 (7407): 330–337. Bibcode:2012Natur.487..330T. PMC 3401966. PMID 22810696. doi:10.1038/nature11252. 
  5. Rajon, E., Masel, J.; Masel (2011). "Evolution of molecular error rates and the consequences for evolvability". PNAS 108 (3): 1082–1087. Bibcode:2011PNAS..108.1082R. PMC 3024668. PMID 21199946. doi:10.1073/pnas.1012918108. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]