Corralón da Gaiteira
Corralón da Gaiteira | |||
---|---|---|---|
![]() O Corralón da Gaiteira o 24 de agosto de 1907, nun partido entre o Deportivo da Sala Calvet e o Pontevedra Sporting, correspondente ao Campionato de Galicia e Asturias. | |||
Tipo | instalación deportiva ![]() | ||
Persoas e organizacións | |||
Propietario/a | Eduardo del Río | ||
Dimensións | |||
Superficie | Céspede | ||
Localización | |||
Estado | España | ||
Comunidade autónoma | Galicia | ||
Provincia | provincia da Coruña | ||
Concello | A Coruña ![]() | ||
Localización | A Coruña | ||
[ Wikidata ] |
O Corralón da Gaiteira, tamén coñecido como Corralón da Palloza, foi un recinto deportivo situado na Coruña, que foi utilizado para diferentes competicións entre finais do século XIX e comezos do XX. Acolleu probas ciclistas, concursos hípicos e competicións de atletismo e tiro ao pombo, e foi o escenario dos primeiros partidos de fútbol disputados na cidade. O Deportivo da Coruña disputou neste campo case todos os partidos dos seus primeiros dous anos de vida.
Historia
[editar | editar a fonte]O Corralón da Gaiteira era un terreo duns 18 000 metros cadrados situado na cidade da Coruña, a carón do río Monelos (límite entre os concellos da Coruña e Oza) e a poucos metros da Fábrica de Tabacos, ocupando parte do que hoxe son as rúas Ramón y Cajal, Novoa Santos e Pastor Díaz.[1][2][3] O lugar era utilizado como zona de descanso para o gando que se descargaba no porto da Coruña. En 1892, sendo propiedade do empresario Nicolás María del Río, foi o escenario dunha grande exposición e unha feira de gando. Máis tarde foi herdado polo fillo de Nicolás del Río, Eduardo del Río, e comezou a acoller numerosas probas deportivas, funcionando como velódromo e organizándose nel concursos hípicos.
En 1894 xogouse no Corralón o primeiro partido de fútbol do que se ten constancia na Coruña e que enfrontou a membros do British Lawn Tennis Club con membros do Sporting Club coruñés.[4][5] En 1906 disputou neste terreo o primeiro partido da súa historia do Deportivo da Sala Calvet (actual Deportivo da Coruña), que derrotou o Corunna por 2-1.[6] O Corralón foi o escenario de case todos os partidos do Deportivo durante os seus dous primeiros anos de vida, ata que en 1909 foi inaugurado o campo de Riazor, e foi o terreo no que se disputaron as primeiras edicións do Campionato de Galicia e Asturias organizado pola Liga de Amigos.[1] Máis tarde acolleu probas atléticas e competicións de tiro ao pombo.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Novo, Lois (25 de novembro de 2024). "El Corralón de A Gaiteira, donde el fútbol y el Deportivo aprendieron a caminar". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2025.
- ↑ "“Eran el alma máter de A Coruña”". La Opinión A Coruña (en castelán). 8 de decembro de 2021. Consultado o 13 de febreiro de 2025.
- ↑ "Corralón de A Gaiteira en la llanura del Parque Europa y Ramón y Cajal – Al fondo la zona de A Gaiteira y O Montiño" (en castelán). 1 de xaneiro de 2018. Consultado o 13 de febreiro de 2025.
- ↑ Ventureira 2022, pp. 30-31.
- ↑ "Nova". El Anunciador (en castelán). 2 de marzo de 1894. p. 3. Consultado o 13 de febreiro de 2025.
- ↑ Ventureira 2022, pp. 50-51.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ventureira, Rubén (2022). De la Sala Calvet al título olvidado [Da Sala Calvet ao título esquecido] (en castelán). A Coruña: Fundación Real Club Deportivo de La Coruña SAD. ISBN 978-84-09-46119-6.