Corpse Bride

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corpse Bride
Título orixinal Corpse Bride
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Tim Burton
Mike Johnson
Produtor Tim Burton
Allison Abbate
Joe Ranft
Guión John August
Caroline Thompson
Pamela Pettler
Tim Burton
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes Johnny Depp
Helena Bonham Carter
Emily Watson
Tracey Ullman
Paul Whitehouse
Joanna Lumley
Albert Finney
Música Danny Elfman
Fotografía Pete Kozachik
Montaxe Chris Lebenzon
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor Warner Bros.
Ano 2005
Duración 77 min.
País Reino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Animación
Orzamento $40.000.000
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior {{{anterior}}}
Filme seguinte {{{seguinte}}}
Ficha en IMDb

Corpse Bride (A noiva cadáver) é un filme de animación do ano 2005 dirixido por Tim Burton.

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Ante un matrimonio de conveniencia que unirá o sangue dos enriquecidos burgueses Van Dort e dos paupérrimos aristócratas Everglot, os noivos, Vítor e Vitoria, frustrados porque non se viran nunca antes, sentirán o frechazo dun amor a primeira vista a véspera da súa voda .

Foran prometidos polos seus pais e en canto se ven namóranse, pero Víctor, atacado polos nervios no ensaio pre-voda, non consegue pronunciar os seus votos, acaba queimando o vestido da súa futura sogra e sae correndo cara ao bosque. Alí empeza a ensaiar os votos e acaba colocando a súa alianza no que resulta ser o dedo do cadáver enterrado dunha nova noiva, Emily, que foi asasinada polo seu prometido, que a enganou para roubarlle as xoias e os cartos.

Tempo despois, Vítor ó verse nun apuro, vai ó mundo dos mortos a vivir coa súa agora esposa, e alí ve a diferenza que separa a este do dos vivos.

Ó regresar Víctor ó mundo real coa súa verdadeira prometida, vaise dando conta que en realidade sente algo por Emily e quere correspondela.

Trivia[editar | editar a fonte]

  • A película rodouse fotograma a fotograma e está baseada nunha historia ruso-xudía do século XIX inspirada á súa vez nunha historia xudía aínda máis antiga.

A película segue o estilo de Pesadelo antes de Nadal un filme de animación anterior de Burton na que Mike Johnson traballou como animador.

Premios[editar | editar a fonte]

Ademais foi nominada a outros premios entre os que destaca o Oscar ó mellor filme de animación.

As voces en España[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]