Corpo de Voluntarios "Benito Juárez García"

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corpo de Voluntarios "Benito Juárez García"
TipoInfantaría
Nomeado en referencia aBenito Juárez
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

O Corpo de Voluntarios "Benito Juárez García" foi un continxente mexicano que participou na Guerra civil española, integrado nas Brigadas Internacionais.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Creado tras o comezo da Guerra civil española como unha unidade de voluntarios, tiña como obxectivo combater a prol da Segunda República Española, ameazada polo golpe de estado comandado por Emilio Mola e despois por Francisco Franco. A intervención de tropas nazis e fascistas en favor do bando sublevado tivo como resposta a chegada de numerosos voluntarios internacionais en defensa da República española.[2]

A unidade, da que se descoñece o número, estaba integrada por crioulos, ex-revolucionarios e milicias do Exército mexicano, así como militantes socialistas e comunistas, entre outros. Dirixiu o continxente Felipe Garrido Llovera, fillo do comunista mexicano Tomás Garrido Canabal, fundador das Camisas Rojas. A unidade foi nomeada en honor ao destacado político mexicano de mediados do século XIX.[3]

Unha vez organizado en España, foi integrado na XV Brigada Internacional. O continxente cesou as súas operacións en 1938, coa retirada dos voluntarios internacionais e a disolución das Brigadas en outubro dese ano.[4]

México foi un país de acollida de moitos exiliados, entre os que se atopaban os coñecidos como Nenos de Morelia.[5]

Os exiliados españois participaron nas reformas culturais e educativas do entón presidente Lázaro Cárdenas del Río. A contratación de mestres e de artistas como Luis Buñuel deu como resultado a fundación do Colexio de México, centro de investigación e ensino superior.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Engel, Carlos (1999). Historia de las Brigadas Mixtas del Ejército Popular de la República. Madrid, Almena. 84-922644-7-0. 
  2. Thomas, Hugh (1976). Historia de la Guerra Civil Española (en español). Barcelona: Círculo de Lectores. pp. 30–33. ISBN 84-226-0873-1. 
  3. Cdigital.uv.mx («Memorias de un excombatiente: Nestor Sánchez Hernández»)
  4. Robert A. Rosenstone. Crusade of the Left: The Lincoln Battalion in the Spanish Civil War, pp. 140ss. New York, Pegasus 1969.
  5. Niñosdemorelia.blogspot.mx («Las vías del exilio. Niños de Morelia: un éxodo a México.»)
  6. Corchea69.com («Ciencia, Arte y Pensamiento en el Exilio: Españoles en México [1936-1977]»)


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]