Saltar ao contido

Corpo de Nissl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corpo de Nissl
 Instancia de
 Epónimo
Códigos e identificadores
Freebase/m/0f5wgj Editar o valor en Wikidata
MeSHD009562 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC37753355 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Imaxe dunha sección histolóxica con tintura de Nissl do hipocampo dun roedor amosando varios tipos de neuronas.

Os corpos de Nissl ou gránulos de Nissl ou tamén denominados substancia cromófila, son acumulacións basófilas, que se atopan no citoplasma de células nerviosas. Reciben o nome por Franz Nissl, neurólogo alemán (1860-1919).

Estes gránulos son retículo endoplasmático rugoso (con ribosomas) e son sitios de síntese de proteínas.

Os corpos de Nissl atópanse no pericarion e na primeira porción das dendritas, faltan no axón e no cono de inicio do axón.

A súa presenza deixa notar unha coloración intensa, xa que teñen grande afinidade polos colorantes básicos ó facer un estudo histolóxico. A presenza de corpos de Nissl pode ser demostrada por unha tintura selectiva desenvolvida por Nissl que se base nunha tintura de anilina usada para marcar gránulos extranucleares de ARN.

Presentan variantes baixo certas condicións fisiolóxicas e no caso de condicións patolóxicas poden se disolver e desaparecer (cariólise).