CoroCoro Comic
CoroCoro Comic (コロコロコミック KoroKoro Komikku?) é unha revista manga xaponesa de periodicidade mensual publicada por Shogakukan[1] e estabelecida o 15 de maio de 1977. O seu público principal son os estudantes de escola primaria, lectores máis novos cós de manga shōnen. Algunhas das súas propiedades, como Doraemon ou a serie de videoxogos de Pokémon, convertéronse en fenómenos culturais do Xapón.
O nome provén de korokoro (ころころ?) que quere dicir "rodando" e tamén representa ó esférico, regordecho ou pequeno, xa que se supón que ós nenos lles gustan ese tipo de cousas. A revista ten un formato A5, uns 6 cm de grosor, e cada número ten 750 páxinas. CoroCoro Comic publícase mensualmente cada día 15 (ou un pouco antes se o día 15 cadra en fin de semana).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Schodt, Frederik L. (1996). Dreamland Japan: writings on modern manga. Stone Bridge Press. p. 83. ISBN 1-880656-23-X.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en xaponés)