Cornelius Colbert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCornelius Colbert

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de outubro de 1888 Editar o valor em Wikidata
Condado de Limerick Editar o valor em Wikidata
Morte8 de maio de 1916 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Kilmainham Gaol (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteFerida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaArbour Hill Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIrlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Membro de
Carreira militar
LealdadeÓglaigh na hÉireann Editar o valor em Wikidata
Rango militarcapitán Editar o valor em Wikidata
ConflitoAlzamento de Pascua Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Colbert-396 Find a Grave: 4272 Editar o valor em Wikidata


Cornelius Colbert ou Conchur Ó Colbaird en irlandés (tamén coñecido como Conn Colbert), nado en Castlemahon (Condado de Limerick) o 19 de outubro de 1888 e finado na prisión de Kilmainham (Dublín) o 8 de maio de 1916, foi un rebelde irlandés e un dos fundadores do Fianna Éireann. Pola súa implicación no Alzamento de Pascua de 1916 foi fusilado na prisión de Kilmainham

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Colbert naceu na localidade de Moanleana, en Castlemahon (Condado de Limerick), sendo o cuarto fillo máis novo dun total de trece irmáns.[1] A familia trasladouse á vila de Athea (Condado de Limerick) cando tiña tres anos. Cando tiña dezaseis anos abandonou Athea e foi vivir coa súa irmá Catherne a Ranelagh (Condado de Dublín). Continuou a súa educación nunha escola dos Irmáns Cristiáns en North Richmond street. Colbert traballou nas oficina de Kennedy's Bakery en Dublín.[2] Colbert era profundamente católico e se abstiña de fumar, beber ou xurar.[3]

Fianna Éireann[editar | editar a fonte]

Conn converteuse en instrutor en St. Enda's School, fundada por Pádraig Pearse, como membro da Fianna Éireann. En 1913 foi o membro mais novo dos Voluntarios Irlandeses.[2] Tamén se uniu á Irmandade Republicana Irlandesa.

Alzamento de Pascua[editar | editar a fonte]

Nas semanas anteriores ao Alzamnto, actuou como gardián de Thomas J. Clarke.[2] Durante o Alzamento, loitou en Watkin's Brewery, Jameson's Distillery e Marrowbone Lane.[2] Thomas MacDonagh ás 15:15 horas do domingo 30 de abril rendiuse ao Brigadier-Xeneral Lowe.

Colbert rendiuse coa Marrowbone Lane Garrison xunto coa South Dublin Union Garrison, que estaba liderada por Eamonn Ceannt.[4] Cando a orde de renderse foi enviada, asumiu a comandancia da súa unidade para salvar a vida do seu oficial superior, que era un home casado.[2]

Foron enviados aos cuarteis de Richmond Barracks, onde Colbert foi sometido a un xuízo militar. Trasladado á prisión de Kilmainham, o sábado 7 de maio comunicóuselle que sería fusilado á mañan seguinte. Escribiu non menos de dez cartas durante o seu tempo en prisión. Durante o tempo que pemaneceu detido, non se lle permitiu ningunha visita da súa familia.[5]

Colbert foi executado por un pelotón de fusilamento a mañá do 8 de maio de 1916.

Legado[editar | editar a fonte]

  • A Colbert Railway Station de Limerick recibe o seu nome no seu honor.
  • A Con Colbert Road de Dublín recibe o seu nome no seu honor.
  • Fianna Fáil Cumann na Universidade de Limerick recibe o seu nome no seu honor.
  • A Colbert Street de Athea (Condado de Limerick) recibe o nome no seu honor.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Michael Madden Captain Con Colbert Defender Watkins Brewery Marrowbone Lane Distillery Area Easter 1916 (Limerick,1983)
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 D.J. Hickey & J. E. Doherty, A New Dictionary of Irish History from 1800, Gill & MacMillan (Dublin), ISBN 0-7171-2520-3, Pg.75
  3. http://www.taoiseach.gov.ie/eng/index.asp?docID=2518
  4. Piaras F. Mac Lochlainn, Last Words, The Stationery Office (Dublin), ISBN 0-7076-0101-0, pg.145
  5. Piaras F. Mac Lochlainn, Last Words, The Stationery Office (Dublin), ISBN 0-7076-0101-0, pg.146

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]