Saltar ao contido

Cornelia Barns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCornelia Barns
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1888 Editar o valor en Wikidata
Flushing Editar o valor en Wikidata
Morte4 de novembro de 1941 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Los Gatos Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
ResidenciaFiladelfia Editar o valor en Wikidata
EducaciónPennsylvania Academy of the Fine Arts Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante de prensa, gravadora Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeArthur Selwyn Garbett Editar o valor en Wikidata
PaiCharles Edward Barns Editar o valor en Wikidata

Cornelia Baxter Barns, nada en Flushing, Nova York, o 25 de setembro de 1888 e finada en Los Gatos, California, o 4 de novembro de 1941, foi unha debuxante política, feminista e socialista.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Cornelia Barns naceu en 1888, a máis vella dos fillos do matrimonio de Charles Edward Barns e Mabel Balston Barns.[2] Charles Barns inicialmente estudou dereito, mais despois pasou ás ciencias antes de comezar a súa carreira como xornalista no New York Herald. Mentres viviron en Nova York, tamén gañou reputación como escritora e poeta.[3] Contra 1910 a familia mudouse a Philadelphia, onde Charles Barns se estableceu como director de teatro, e Cornelia estudou arte.

Cornelia Barns matriculouse na Pennsylvania Academy of the Fine Arts en 1906, onde foi discípula de William Merritt Chase e John Henry Twachtman.[1][4] Vencellouse con Robert Henri e a súa escola Ashcan.[5] O seu traballo foi honrado con dúas bolsas Cresson Traveling Scholarships, grazas ás que realizou a súa primeira viaxe a Europa en 1910 e facilitaron unha segunda en 1913.[1] Expuxo na Pennsylvania Academy e contra 1910 estaba na listaxe de pintores do American Art Annual.[4][6] Cando tiña uns vinte e cinco anos casou con Arthur S. Garbett, un crítico musical británico que traballaba en Philadelphia.[7][5] A parella tivo un fillo en Philadelphia e crese que pasaron uns anos en Nova York.[5]

O estilo artístico de Cornelia Barns baseábase en liñas pesadas de crayon e un estilo distintivo de banda deseñada nos seus retratos do privilexio social, a dominación masculina e a inocencia da infancia.

Max Eastman, editor da revista The Masses, escribiu:

Los dibujos de Art Young, Cornelia Barns e William Gropper eran de natureza intrinsecamente cómica. As lendas eran innecesarias, ou polo menos suplementarias... adoito, de feito, agregábanas os editores na oficina.[8]

"American Salon of Humorists" foi unha exposición realizada en Nova York en 1915, e Cornelia Barns foi unha das vinte e tres artistas que se presentaron.[9][10]

Sufraxio e socialismo: os anos en Nova York

[editar | editar a fonte]

De 1913 a 1917 Barns foi unha frecuente colaboradora de The Masses, unha revista socialista que atraeu un talentoso grupo de escritores e artistas. Durante tres anos, Barns traballou no seu comité editorial. Como a historiadora del arte Rebecca Zurier comentou:

O máis próximo a unha declaración feminista por parte dunha editora de Masses aparece nas historietas de Cornelia Barns, que evitou calquera análise social serio.[1]

Cando se suspendeu a publicación de The Masses por encargo do goberno, fundoouse unha nova revista, The Liberator, por parte de Max Eastman e Crystal Eastman.[11] Cornelia comezou a colaborar nela, xunto aos seus colegas Robert Minor, Boardman Robinson e Art Young.[12] En 1926, un grupo de artistas que quixo resucitar The Masses fundaron The New Masses, unha revista polémica ligado ao Partido Comunista que estivo vixente ata 1946.[11] Unha vez máis, Cornelia Barns figuraba como colaboradora.[13]

Nestes xornais socialistas, moitas historietas de Barns trataban o tema do sufraxio feminino e da igualdade de xénero. Tamén publicou historietas en revistas sufraxistas como a neoiorquina Woman Voter e a revista do Partido Nacional das Mulleres.[2]

En 1918, no seu segundo ano de publicación, Cornelia Barns e Lou Rogers foron nomeados editores de arte da revista de Margaret Sanger Birth Control Review. Nela publicou algunhas das súas posturas máis feministas. A súa primeira contribución titulouse "We Accuse Society!", e nela vese unha muller visibelmente embarazada e con moitos fillos xunto a un marido que parece apoiala, ineficazmente.[14][15]

California

[editar | editar a fonte]

Debido a problemas de saúde, en 1917 Barns mudouse a California co seu marido, Arthur S. Garbett, e o seu pequeno fillo.[1] Buscando oportunidades de traballo, mudáronse despois a Berkeley. Garbett converteuse en director de programación dunha radio, tendo un programa propio. Traballou tamén como crítico musical para un xornal de San Francisco.[5] Barns traballou principalmente ilustrando, con debuxos e cubertas para a revista Sunset, o Oakland Post Enquirer e o New York World, entre outros.[16] Garbett e Barns retiráronse a Los Gatos, California, pouco antes de que Cornelia falecese de tuberculose en novembro de 1941.[5][16]

  1. 1 2 3 4 5 Zurier, Rebecca (1988). Art for the Masses. Philadelphia, PA: Temple University Press. pp. 216. ISBN 0877225133.
  2. 1 2 Sheppard, Alice (1994). Cartooning for Suffrage. University of New Mexico Press.
  3. Sawyers, Eugene. "Charles Edward Barns". History of Santa Clara County,California (en inglés).
  4. 1 2 Petteys, Chris (1985). Dictionary of Women Artists: An International Dictionary of Women Artists Born before 1900. Boston, MA: G. K. Hall. p. 45.
  5. 1 2 3 4 5 Hanley, Terence E. (4 de maio de 2011). "Arthur Selwyn Garbett (1883-1955)". Tellers of Weird Tales. Consultado o 26 de xaneiro de 2013.
  6. American Art Annual. Nova York: American Art Annual. 1910. p. 91.
  7. "Cornelia Baxter Barns (1888 - 1941)". AskArt. Consultado o 17 de xaneiro de 2013.
  8. Eastman, Max (1936). Enjoyment of Laughter. Transaction Publishers. p. 72. ISBN 9781412822626.
  9. Baury, Louis (xaneiro de 1915). "Wanted: An American Salon of Humorists". The Bookman (en inglés): 525–540. Consultado o 30 de marzo de 2016.
  10. "Humor Has Its First Salon!". The Washington Post (en inglés). 6 de xuño de 1915. p. 32.
  11. 1 2 Herbst, Susan (1994). Politics at the Margin: Historical Studies of Public Expression Outside the Mainstream (1. publ. ed.). Cambridge: Cambridge University Press. p. 125. ISBN 9780521477635.
  12. McKay, Claude; Jarrett, Gene Andrew (2007). A long way from home. New Brunswick: Rutgers University Press. p. 82. ISBN 9780813539683.
  13. Browder, Laura (1998). Rousing the nation: Radical Culture in Depression America. Amherst: Univ. of Massachusetts Pr. ISBN 9781558491250.
  14. Barns, Cornelia (1917). "We Accuse Society". Marxist Internet Archive.
  15. Hein, Hilde; Korsmeyer, Carolyn (1994). Aesthetics in Feminist Perspective. Indiana University Press. ISBN 9780253114884.
  16. 1 2 Jones, Margaret (2014). Heretics and Hellraisers: Women Contributors to The Masses, 1911-1917. University of Texas Press. ISBN 9780292780491.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]