Coandro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Coriandro»)
Coandro
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Apiales
Familia: Apiaceae
Subfamilia: Apioideae
Tribo: Coriandreae
Xénero: Coriandrum
Especie: C. sativum
Nome binomial
Coriandrum sativum
L.
Sinonimia
  • Bifora loureiroi Kostel.
  • Coriandropsis syriaca H.Wolff
  • Coriandrum diversifolium Gilib.
  • Coriandrum globosum Salisb.
  • Coriandrum majus Gouan
  • Coriandrum majus Garsault
  • Selinum coriandrum Krause
  • Sium coriaudrum Vest[1]

O coandro ou coriandro [2] (Coriandrum sativum) é unha herba anual da familia das apiáceas (antes chamadas umbelíferas). Especie do xénero Coriandrum, que é o único membro da tribo Coriandreae.

As súas orixes son dubidosas, aínda que xeralmente considérase nativo do norte de África e o sur de Europa. O coandro úsase desde tempos inmemoriais e o seu nome aparece dúas veces na Biblia. (Éxodo 16:31 e Números 11:7)

Descrición[editar | editar a fonte]

Planta anual que alcanza uns 40 ou 60 cm de altura. Ten talos erectos, follas compostas, flores brancas e froitos aromáticos. É de uso común na cociña mediterránea, india, latinoamericana, chinesa e do sueste asiático. Todas as partes da planta son comestibles, pero xeralmente úsanse as follas frescas e as sementes secas.

Detalle das flores.

Cultivo e usos[editar | editar a fonte]

É de hábito anual e baixo condicións normais, o coandro alcanza de 40 a 60 cm de altura. Dáse ben en solos lixeiros e permeables e en climas tépedos ou de montaña na zona tropical. Aínda que é bastante resistente ao frío, non sobrevive en terreos encharcados.
É unha herba pouco complicada que pode plantarse en xardíns ou macetas. As súas flores, pequenas e brancas aparecen no verán.

As sementes seméntanse en fileiras, a 30 cm unhas das outras, poñéndoas a 1 cm de profundidade; a máis profundidade non xerminan pois necesitan claridade. Ás tres semanas abrollan as plantas.

A escala industrial, xeralmente cultívanse en filas separadas de 30 a 50 cm coa mesma maquinaria utilizada para os cereais. Úsanse de 20 a 40 kg de sementes por hectárea.

Os seus principais problemas son o pulgón do coriandro (Hyadaphis coriandrii) e os fungos se hai excesiva humidade.[3]

Usos[editar | editar a fonte]

Todas as partes da planta son comestibles, mais, son as follas frescas e as sementes secas as de uso culinario máis frecuente.

Uso dos froitos[editar | editar a fonte]

Sementes.

Os froitos do coriandro úsanse xeralmente secos. Despiden un aroma cítrico cando se moen ou esmagan. Empréganse para condimentar e son indispensables na cociña india, en preparacións como o curry.[4] Son un ingrediente básico dalgunhas cervexas belgas, salchichas alemás e surafricanas, pan de centeo en Rusia e países centroeuropeos (como substituto da carvea) e en certos pratos da cociña etíope e árabe. Son un dos botánicos usados na fabricación do vermú.[5] Finamente, engádense moídos como aromático ao café no Medio Oriente.

Uso das follas[editar | editar a fonte]

As follas frescas son ingrediente esencial do chatni, da salsa verde e o guacamole mexicanos. As follas picadas tamén se usan como adorno, engadidas ao final do cocemento ou xusto antes de servir, sobre sopas ou outros pratos. O coandro fresco nunca se cociña porque a calor destrúe totalmente o seu aroma e sabor. Debe conservarse no frigorífico dentro de envases herméticos, procurando consumilo en poucos días, xa que mirra rapidamente. Non debe secarse nin conxelarse porque perde o aroma.

En Panamá, o seu uso é básico na cociña tradicional, empregadas en sopas, carnes e guisos.

En Colombia, emprégase amplamente na preparación de sopas, ensaladas e puré de aguacate (tamén coñecido nese país como guacamole); aderezos con chile, entre outros usos. Hai dúas variedades que conservan o mesmo sabor, a que se sementa en clima temperado cunhas follas grandes e claras e a de clima frío, máis verde e con follas moi finas.

No Perú, esta herba coñécese como culantro, e úsase para preparar unha das comidas máis típicas: o arroz con polo. Tamén se utiliza para preparar o uchucuta (salsa para guisos feito desta especia combinada con chile).

En Honduras tamén se coñece como culantro, e é utilizado en diferentes acompañantes, como pode ser o chimol ou salsa caseira mexicana (tomate, pemento verde, cebola e o coandro; ou para realzar o sabor dos prebes ou outras gornicións.

En Cuba utilízase para aderezar a popular potaxe de feixóns negros, e algúns preparados con carne e polo.

En México o seu uso é moi extenso, utilízase na preparación de diversas salsas e moles, como saborizante en sopas e caldos, e fresco e picado como aderezo de diferentes tipos de tacos e antojitos.

En Guatemala, Costa Rica e outros países de América Central, coñécese como culantro ou cilantro e utilízase frecuentemente para proporcionar sabor ás sopas ou caldos, agregándose a estes unha ramiña —incluíndo a raíz e as follas— xusto antes de retiralos da cociña.

En Canarias é moi popular o uso das follas frescas en mollos que acompañan tanto carnes como peixes.

En Chile utilízase na salsa pebre e nas cazuelas.

En Paraguai coñécese en guaraní como kuratu. Emprégase fresco nunha gran variedade de preparacións, tales como sopas, guisos, verduras, ensaladas, peixes e aves. Combinado con outras especias aromáticas, emprégase na elaboración de embutidos e chacinados, e en adubos para carnes de cordeiro e de porco. Tamén para darlle un mellor sabor á cervexa no seu proceso de fabricación. Os grans, enteiros ou triturados, utilízanse en carnes asadas, hortalizas recheas, salsa curry e en conservas con vinagre. Un adubo tradicional para conservar carnes consiste nunha mestura de coandro, comiño e vinagre.

En Venezuela considérase un ingrediente fundamental da cociña nacional. É amplamente utilizado na preparación de sopas, guisos, carnes, peixes, ensaladas e salsas, como a famosa guasacaca[6] (salsa preparada a base de aguacate, pemento verde, allo, cebola e coandro). O seu aroma e sabor son moi apreciados na gastronomía venezolana, tanto así, que os venezolanos asocian esta herba á súa cociña autóctona.

Uso da esencia[editar | editar a fonte]

A esencia ou aceite esencial de coandro úsase como aromatizante de licores e bebidas dixestivas e en perfumaría.
Tamén se utiliza como complemento nalgúns pratos como sopas e similares.

Uso medicinal[editar | editar a fonte]

En herboloxía utilízanse os preparados de coriandro polas súas propiedades estimulantes, antiespasmódicas e estomacais.[7]

Debido ás súas propiedades antibactericidas utilízase para combater o mal alento, mastigando as follas. Tamén evita o mal olor das axilas aplicando o xugo extraído das partes brandas da planta sobre elas.[8]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome vernáculo "coriandro" en todos os idiomas da Europa Occidental deriva do latín coriandrum e á súa vez do grego antigo κορίαννον (koríannon), de orixe non indoeuropea.[9]

Nome común[editar | editar a fonte]

Coñecido tamén como coendro, cuandrillo, xendro.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]