Corfú, Corfú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Corfú, cidade»)
Modelo:Xeografía políticaCorfú, Corfú
Κέρκυρα (el) Editar o valor em Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 39°37′26″N 19°55′17″L / 39.6239, 19.9214Coordenadas: 39°37′26″N 19°55′17″L / 39.6239, 19.9214
EstadoGrecia
División administrativaDecentralized Administration of Peloponnese, Western Greece and the Ionian Islands (en) Traducir
PeriferiasIlhas Jónicas (pt) Traducir
PrefecturasCorfu Regional Unit (en) Traducir
ConcelloMunicipality of Central Corfu and Diapontia Islands (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación23.541 (2021) Editar o valor em Wikidata (561,77 hab./km²)
Xeografía
Superficie41,905 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude10 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Evento clave
4 de novembro de 1798Siege of Corfu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal49100 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico2661 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Patrimonio da Humanidade  
Tipo  → Europa-América do Norte
Data?
Identificador978

Páxina webcorfu.gr Editar o valor em Wikidata
Cidade vella de Corfú
Vista da cidade vella
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísGrecia Grecia
TipoCultural
CriteriosIV
Inscrición2007 (31ª Sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador978

Corfu ou Kerkyra (/kɔːrˈf, -fj/; grego: Κέρκυρα, Kérkyra, grego antigo: Κόρκυρα, latín: Corcyra) é unha cidade e un antigo municipio na illa de Corfú, illas Xónicas, Grecia. Desde a reforma do goberno local de 2011, forma parte do municipio da illa de Corfú.[1] É a capital da illa e da Unidad periférica de Corfú. A cidade tamén serve de capital para a rexión das Illas Xónicas. A cidade (poboación 24.838 en 2011) é unha grande atracción turística e desempeñou un papel importante desde a antigüidade.

Historia[editar | editar a fonte]

A antiga cidade de Corfú, coñecida como Korkyra, participou na Batalla de Síbota, que foi un catalizador para a Guerra do Peloponeso e, segundo Tucídides, a maior batalla naval entre estados gregos ata entón. Tucídides tamén relata que Korkyra foi unha das tres grandes potencias navais do século V a.C., xunto con Atenas e Corinto.[2] Os castelos medievais que marcan posicións estratéxicas en toda a cidade son un legado das loitas na Idade Media contra as invasións de piratas e otománs. A cidade pasou a ser coñecida desde a Idade Media como "Kastropolis" (Cidade dos castelos) por mor dos seus dous castelos[3].

De 1386 a 1797, Corfú foi gobernada pola nobreza veneciana, gran parte da cidade reflicte esta época en que a illa pertencía á República de Venecia, con edificios de varios pisos en rúas estreitas. A Cidade Vella de Corfú ten unha clara influencia veneciana.[4] A cidade foi sometida a catro notables asedios en 1537, 1571, 1573 e 1716, no que a forza das defensas da cidade impuxose unha e outra vez, debido principalmente á eficacia das poderosas fortificacións venecianas. Will Durant asegurou que Corfú debía á República de Venecia o feito de que era a única parte de Grecia nunca conquistada polos otománs.[5]

En 2007, a cidade vella de Corfú inscribiuse na UNESCO como Patrimonio da Humanidade.[6][7][8] A unidade municipal da cidade de Corfú ten unha área de terra de 41.905 km²[9] e unha poboación total de 39.674 habitantes. Ademais da cidade de Corfú / Kérkyra, as súas maiores cidades son Kanáli (poboación 4.086), Potamós (3.840), Kontokáli (1.660), Alepoú (3.149) e Gouviá (838).

Palaiopolis[editar | editar a fonte]

Templo de Kardaki en Corfú

Na cidade de Corfú, as ruínas da antiga cidade de Korkyra, tamén coñecida como 'Palaiopolis', inclúe antgos templos que foron escavados na localización do palacio de Mon Repos, que se construíu sobre as ruínas do Palaiópolis. Os templos son: Templo Kardaki, Templo de Artemisa, e Templo de Hera. O templo de Hera está situado nos límites occidentais de Mon Repos, preto do Templo de Kardaki e ao noroeste.[10] É aproximadamente a 700 m. ao sueste do Templo de Artemisa en Corfú. O templo de Hera construíuse na parte superior do cerro de Analipsis e, debido á súa situación destacada, era moi visible para os barcos que pasaban preto do litoral da antiga Korkyra.[10]

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Mapa da "Fortaleza Vella" de Corfú, 1573.
Casas típicas da cidade de Corfú.

As antigas fortificacións da cidade, anteriormente tan grandes como para requirir unha forza de 10.000 a 20.000 soldados para defendelas, foron en gran parte derribadas polos británicos no século XIX. En varias partes da cidade pódense atopar casas do tempo dos venecianans, con algúns trazos do pasado esplendor. O Palacio de San Miguel e San Xurxo, construído en 1815 por Sir Thomas Maitland (1759-1824; Lord Alto Comisionado das Illas Xónicas) é unha grande estrutura de pedra branca maltesa. Preto de Gasturi está o Achilleion do estilo pompeiano, o palacio construído para a Emperatriz Isabel de Baviera, e comprado en 1907 polo Emperador alemán, Guillerme II de Alemaña.

Das trinta e sete igrexas gregas a máis importante é a catedral, dedicada á Virxe da Cova, San Espiridón, coa tumba do santo patrón da illa e a igrexa suburbana de San Xacobe e San Sosipater, sendo a máis antiga da illa. A cidade é a sé dun arcebispado grego e católico-romano, e conserva un ximnasio, un teatro, unha sociedade agrícola e industrial, unha biblioteca e un museo nos edificios anteriormente dedicados á universidade, que foi fundada por Frederick North, 5º conde de Guilford (1766-1827, primeiro chanceller en 1824) en 1823, pero privado do seu status oficial no cesamento do protectorado británico.

Baseándose na avaliación do ICOMOS da cidade vella de Corfú,[7] inscribiuse na Lista do Patrimonio Mundial. Os expertos do ICOMOS sinalaron que "ao redor do 70% dos edificios anteriores ao século XX datan do período británico" e que "bloques enteiros foron destruídos" na Cidade Vella durante os combates da segunda guerra mundial, estes foron "substituídos por novas construcións nos anos sesenta e setenta". O tecido urbano clasificouse como predominantemente do período neoclásico "sen características arquitectónicas especiais polas que podería distinguirse".[7]

Trazado[editar | editar a fonte]

Vista da cidade vella
Rúa Agion Panton

A cidade de Corfú está situada na parte ancha dunha península, cuxa terminación na cidadela veneciana (grego: λαλαιό Φρούριο) está separada dela por un foso artificial, formado nun barranco natural, cunha gabia de auga salgada no fondo, que serve tamén como unha especie de porto coñecido como Contra-fossa. A cidade vella creceu dentro das fortificacións, onde cada metro de terreo era precioso, é un labirinto de rúas estreitas pavimentadas con lastros, ás veces tortuosas, pero na súa maioría agradables, coloridas e brillantes. Estas rúas chámanse "kantounia" ( καντούνια) e as máis antigas ás veces seguen as suaves irregularidades do chan mentres moitas delas son demasiado estreitas para o tráfico de vehículos. Hai un paseo marítimo cara á baía de Garitsa (Γαρίτσα), e tamén unha explanada entre a cidade e a cidadela chamada Modelo:Interlanguage link multi (Λιστόν) onde abundan restaurantes de luxo e bistros de estilo europeo. A orixe do nome Liston ten varias explicacións: moitas antigas cidades venecianas teñen un cadrado dese nome, procedente dunha palabra veneciana que significa "paseo nocturno", pero tamén pode referirse a unha gran zona reservada á nobreza rexistrada no Libro d'Oro.

A cidadela apareceu no anverso e reverso do billete grego dos dracmas gregos de 1983 a 2001.[11]

Vista panorámica da cidade vella

Cultura[editar | editar a fonte]

A cidade de Corfú ten unha longa tradición nas belas artes. A Sociedade Filharmónica de Corfú forma parte desa tradición. O Museo da Sociedade Filharmónica de Corfú presenta en detalle o patrimonio musical da illa.

Clima[editar | editar a fonte]

A cidade de Corfú ten un clima mediterráneo. Os veráns son quentes, sen choiva, pero húmidos, con temperaturas que alcanzan o nivel de temperatura dos 33º. Os invernos son suaves e húmidos, con temperaturas ao redor ou superiores a 10 °C.

Datos climáticos para Corfu
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 20,5 22,4 26,0 28,0 33,8 35,6 42,4 40,0 37,4 31,0 25,0 22,0 42,4
Media máxima en °C 13,9 14,2 16,0 19,0 23,8 28,0 30,9 31,3 27,6 23,2 18,7 15,3 21,8
Media diaria en °C 9,7 10,3 12,0 14,9 19,6 23,9 26,4 26,3 22,7 18,4 14,3 11,1 17,5
Media mínima en °C 5,1 5,7 6,8 9,2 12,9 16,4 18,4 18,8 16,5 13,4 9,9 6,8 11,7
Temperatura mínima en °C −4,5 −4,2 −4,4 0,0 4,6 8,7 10,0 11,3 7,2 2,8 −2,2 −2,0 −4,5
Chuvia media mm 136,6 124,6 98,1 66,7 37,0 14,1 9,2 19,0 81,3 137,7 187,4 185,6 1 097,3
Media de días con chuvia 16,1 14,6 14,5 12,9 8,0 4,9 2,3 3,4 7,0 11,8 15,7 17,5 128,7
Humidade relativa media (%) 75,4 74,3 73,4 72,8 69,5 63,4 60,0 62,2 70,4 74,6 77,5 77,2 70,7
Media de horas de sol mensuais 117,7 116,8 116,0 206,5 276,8 324,2 364,5 332,8 257,1 188,9 133,5 110,9 2 545,7
Fonte #1: Hellenic National Meteorological Service[12]
Fonte #2: NOAA (extremes and sun 1961−1990)[13]

Barrios[editar | editar a fonte]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kallikratis law Arquivado 27 de abril de 2017 en Wayback Machine. Ministerio do Interior de Grecia (en grego)
  2. Thucydides, History of the Peloponnesian War 1.36.3
  3. "Home Page". Municipality of Corfu. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2017. Consultado o 2010-03-23. 
  4. Italian Corfu city
  5. Will Durant. The Renaissance. page 684. MJF Books. New York, 1981 ISBN 1-56731-016-8
  6. BBC news on UNESCO World Heritage list
  7. 7,0 7,1 7,2 UNESCO Advisory Body (ICOMOS) report on Corfu History retrieved 3 de xullo de 2007
  8. Old Town of Corfu on UNESCO website retrieved 3 de xullo de 2007
  9. "Population & housing census 2001 (incl. area and average elevation)" (PDF) (en grego). National Statistical Service of Greece. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de setembro de 2015. Consultado o 08 de xuño de 2019. 
  10. 10,0 10,1 Philip Sapirstein (1 de xaneiro de 2012). "THE MONUMENTAL ARCHAIC ROOF OF THE TEMPLE OF HERA AT MON REPOS, CORFU". Hesperia: The Journal of the American School of Classical Studies at Athens , Vol. 81, No. 1 (January–March 2012), Pp. 31-91 (The American School of Classical Studies at Athens) 81 (1): 31–91. JSTOR 10.2972/hesperia.81.1.0031. doi:10.2972/hesperia.81.1.0031. 
  11. Bank of Greece Arquivado 28 de marzo de 2009 en Wayback Machine.. Drachma Banknotes & Coins: 500 drachmas Arquivado 05 de outubro de 2007 en Wayback Machine.. – Retrieved on 27 de marzo de 2009.
  12. "Mean Corfu Climatic Averages". Hellenic National Meteorological Service. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2015. Consultado o 1 de marzo de 2015. 
  13. "Kekira Climate Normals 1961–1990". National Oceanic and Atmospheric Administration. Consultado o 1 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]