Coralie Frei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Coralie Frei
Nacemento12 de outubro de 1951
Alma máterUniversidade de Toulouse
Ocupaciónnovelista, poeta e escritora
editar datos en Wikidata ]

Coralie Frei, nada en Ouani o 12 de outubro de 1951, é unha enfermeira e escritora comoriana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou os estudos na súa vila local, e seguiunos en Mutsamudu e despois no Lycée Saïd Mohamed Cheik de Moroni. Despois de obter un baccalauréat en Filosofía en 1973, casou, mais a relación non prosperou e viaxou a Francia para seguir estudando e para lograr o divorcio. Estudou Lingua Inglesa e Lingua Castelá na Universidade de Toulouse e a Universidade de Pau e Pays de l'Adour, e casou de novo. Despois de graduarse en Pau, estudou para ser enfermeira.

Escribe tanto en lingua francesa como en lingua alemá. Publicou seis libros e dous CDs, e parte da súa obra poética foi musicada.[1]

Ten cinco fillos, e é avoa. Actualmente vive en Suíza.

Obra[editar | editar a fonte]

  • La perle des Comores
  • L'autre côté de l'océan
  • Le journal de Maya. Confidences d'un chat[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rencontre avec Coralie Frei". 24 de xullo de 2015. Consultado o 28 de novembro de 2016. 
  2. "Le journal de Maya. Confidences d'un chat - Editions Le Manuscrit - Romans et Nouvelles". Consultado o 28 de novembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]