Saltar ao contido

Copa do Mundo de Rugby a 7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaCopa do Mundo de Rugby a 7
Nome na lingua orixinal(en) Rugby World Cup Sevens Editar o valor en Wikidata
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor en Wikidata
DeporteRugby a 7 Editar o valor en Wikidata
OrganizadorWorld Rugby Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia1993 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia4 Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialrwcsevens.com Editar o valor en Wikidata

A Copa do Mundo de Rugby a 7 ou Rugby World Cup Sevens é a competición internacional máis importante de rugby a 7. O campionato, celebrado cada catro anos (excepto entre 2013 e 2018), está organizado pola asociación que goberna este deporte a nivel mundial, o World Rugby (WR), e nel participan as seleccións nacionais masculinas afiliadas á dita federación. A primeira edición disputouse no ano 1993 en Escocia, lugar de nacemento desta modalidade do rugby.

Os líderes en vitorias son os combinados de Nova Zelandia e Fiji con dous campionatos cada un. O País de Gales e Inglaterra tamén teñen un título. Na quinta edición do torneo xogada en Dubai comezouse a celebrar o campionato feminino. Nesta categoría os dous campións son Australia e Nova Zelandia. A edición do ano 2018 celebrarase en California, nos Estados Unidos de América. Estre este torneo e o anterior déixanse 5 anos por medio xa que en 2016 se disputará o primeiro torneo olímpico deste deporte.

A Copa do Mundo de Rugby a 7 creouse grazas a unha proposta que lle deu a Scottish Rugby Union á International Rugby Board. A edición inaugural celebrouse no Murrayfield Stadium, en Edimburgo. Catro anos máis tarde, en 1997, o campionato trasladouse a Hong Kong. Na final, Fiji gañou a Suráfrica. No ano 2001, o torneo disputouse en Mar del Plata, Arxentina. Catro ano despois, o campionato regresou a Hong Kong.

En 2005, a IRB fixo unha submisión ao Comité Olímpico Internacional para que o sevens se convertese en deporte olímpico. A submisión foi infrutuosa porque os membros do COI dixeron que a IRB debería de promover máis este deporte en categoría feminina. Para iso, a International Rugby Board creou un torneo feminino para o mundial de 2009. Grazas a esta decisión, o COI fixo que en 2009 se votara que o golf e o rugby 7 se convertesen en olímpicos canda a elección da cidade anfitrioa. Ao final, os dous deportes fixéronse olímpicos para os Xogos Olímpicos de 2016 que se realizarán na cidade brasileira de Río de Xaneiro.

Os sextos mundiais celebráronse no ano 2013 na cidade de Moscova con 24 combinados masculinos e 16 conxuntos femininos.

A Copa do Mundo de Rugby a 7 2018 disputarase en California cinco anos despois do anterior mundial celebrado no 2013 en Moscova.

Torneo masculino

[editar | editar a fonte]
Ano Sede Final Semifinalistas
Vencedor Marcador Subcampión
1930
Detalles
Escocia
Edimburgo, Escocia
Selección de rugby de Inglaterra Inglaterra 21-17 Selección de rugby de Australia Australia Selección de rugby de Fiji Fiji Selección de rugby de Irlanda Irlanda
1930
Detalles

Hong Kong
Selección de rugby de Fiji Fiji 24-21 Selección de rugby de Suráfrica Suráfrica Selección de rugby de Nova Zelandia Nova Zelandia Selección de rugby de Samoa Samoa
2001
Detalles

Mar del Plata, Arxentina
Selección de rugby de Nova Zelandia Nova Zelandia 31-12 Selección de rugby de Australia Australia Selección de rugby da Arxentina Arxentina Selección de rugby de Fiji Fiji
2005
Detalles
Hong Kong
Hong Kong
Selección de rugby de Fiji Fiji 29-19 Selección de rugby de Nova Zelandia Nova Zelandia Selección de rugby de Australia Australia Selección de rugby de Inglaterra Inglaterra
2009
Detalles
Emiratos Árabes Unidos
Dubai, EAU
Selección de rugby de Gales Gales 19-12 Selección de rugby da Arxentina Arxentina Selección de rugby de Kenya Kenya Selección de rugby de Samoa Samoa
2013
Detalles

Moscova, Rusia
Selección de rugby de Nova Zelandia Nova Zelandia 33-0 Selección de rugby de Inglaterra Inglaterra Selección de rugby de Fiji Fiji Selección de rugby de Kenya Kenya
2018
Detalles

California, Estados Unidos

Resultados por selección

[editar | editar a fonte]
Selección1993199720012005200920132018Anos
Selección de rugby da Arxentina Arxentina13º11º6
Selección de rugby de Australia Australia10º6
Canadá15º21º18º13º6
Chile Chile17º1
China Taipei21º21º21º3
Zimbabwe Cimbaue21º21º17º13º4
Corea do Sur11º13º21º4
Selección de rugby de Escocia Escocia14º11º11º5
España España10º13º11º21º4
Selección de rugby dos Estados Unidos Estados Unidos17º18º13º13º13º13º6
Filipinas21º1
Selección de rugby de Fiji Fiji6
Selección de rugby de Francia Francia15º21º13º6
Selección de rugby de Gales Gales11º13º11º5
Golfo Arábigo21º1
Illas Cook11º13º2
Selección de rugby de Inglaterra Inglaterra6
Selección de rugby de Irlanda Irlanda19º19º13º18º5
Selección de rugby de Italia Italia17º17º21º3
Hong Kong17º10º21º21º19º21º6
Selección de rugby de Kenya Kenya19º19º4
Letonia21º1
Marrocos19º1
Selección de rugby de Namibia Namibia21º21º2
Selección de rugby de Nova Zelandia Nova Zelandia1
Países Baixos Países Baixos21º1
Portugal Portugal21º18º10º11º13º5
Romanía Romanís17º13º12
Rusia11º17º3
Selección de rugby de Samoa Samoa10º6
Selección de rugby de Suráfrica Suráfrica6
Tonga Tonga19º11º13º5
Tunisia Tunisia13º13º21º3
Selección de rugby do Uruguai Uruguai21º19º19º3
Xapón13º17º13º13º21º18º6
Selección de rugby de Xeorxia Xeorxia10º11º21º19º4

Torneo feminino

[editar | editar a fonte]
Ano Sede Final Semifinalistas
Vencedor Marcador Subcampión
2009
Detalles
Emiratos Árabes Unidos
Dubai, EAU
Australia Australia 15-10 Nova Zelandia Nova Zelandia Estados Unidos de América Estados Unidos Sudáfrica Suráfrica
2013
Detalles

Moscova, Rusia
Nova Zelandia Nova Zelandia 29-12 Canadá Estados Unidos de América Estados Unidos España España
2018
Detalles

California, Estados Unidos

Resultados por selección

[editar | editar a fonte]
Selección200920132018Anos
Australia Australia2
Brasil10º13º2
Canadá2
China11º2
España España2
Estados Unidos de América Estados Unidos2
Fiji Fiji1
Francia11º2
Inglaterra Inglaterra2
Irlanda1
Italia Italia11º1
Nova Zelandia Nova Zelandia2
Países Baixos Países Baixos13º10º2
Rusia Rusia11º2
Sudáfrica Suráfrica13º2
Tailandia13º1
Tunisia Tunisia13º1
Uganda Uganda13º1
Xapón13º13º2

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]