Copa de Menendo
Copa de Menendo | |
![]() | |
Tipo | Copa |
Data | 1004 - 1008 |
Cultura | Cultura galego-portuguesa, influencias mozárabes |
Características | |
Anchura | 11 cm (diámetro superior) 7 cm (diámetro inferior) |
Materiais | Prata dourada |
Conservación | |
Localización | Museo da Sé de Braga (sala 9)[1] |
A copa de Menendo e Tutadona, erroneamente chamada cáliz de San Xiraldo, é unha copa de mesa encargada arredor de 1004 ou 1008, por Menendo II Gundisalviz e Tutadona Moniz, condes do condado portucalense.[2]
Descrición
[editar | editar a fonte]A copa, en prata dourada, está esculpida e estampada cun aro circundante, leóns e aguias están representados nas catro áreas redondas. O fuste, atravesado por arcos de ferradura, ten claramente unha influencia mozárabe.
Na base da copa atópase a seguinte inscrición:
"In N(omi)ne D(omi)ni Menendus Gundisalvi Et Tuda D(o)mna Sum."[3]
Cofre
[editar | editar a fonte]
Vai acompañado dun cofre de marfil, tamén mozárabe, da mesma época, quizais de Córdoba, cunha inscrición árabe parcialmente borrada:
"En nome de Deus. A bendición de Deus, felicidade e fortuna sexan co hágibe Seifadaula, glorifícao Deus! por ter mandado facer este traballo ao seu servidor ... amarita."[4][5]
O conxunto exposto no Museo da Sé de Braga é símbolo dunha convivencia que non sempre foi belicosa entre cristiáns e árabes na Península Ibérica nos séculos X-XI.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O Tesouro-Museu da Sé de Braga". se-braga.pt. Consultado o 2024.
- ↑ 2,0 2,1 Moura Pinheiro, Paula; Ramôa Melo, Joana. "Um cálice com mil anos". ensina.rtp.pt. Consultado o 2014.
- ↑ Belino, Albano. "Archeologia christã; descripção historica de todas as egrejas, capellas, oratorios, cruzeiros e outros monumentos de Braga e Guimarães 096".
- ↑ Belino, Albano. "Archeologia Christa" (PDF). ftpmirror.your.org. Consultado o 2024.
- ↑ Lopes, David. "Cousas arabico-portuguesas, a inscripção arabe do cofre da Sé de Braga" (PDF). museudoscoches.gov.pt. Consultado o 2024.