Copa de Europa de hóckey a patíns feminina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liga de Campioas
Fundación 2006
Rexión Unión Europea Europa
(CERH)
Actual campión Cataluña CP Voltregà
(4º título)
Máis laureado Asturias Biesca Gijón HC
Cataluña CP Voltregà
(4 títulos)
Organizador CERH
Sitio web Site oficial da CERH

A Copa de Europa de hóckey a patíns feminina, tamén coñecida como Campionato Europeo é a máxima competición europea de hóckey a patíns a nivel de clubs en categoría feminina. Foi creada na tempada 2006-07 e nela se enfrontan cada ano os mellores cubs europeos da especialidade, a meirande parte deles proceden das ligas española, portuguesa e italiana, sendo os equipos da liga española os grandes dominadores, de feito, das catro finais disputadas tres foron xogadas por dous equipos da liga española. Está organizada polo Comité européen de rink hockey (CERH), o máximo organismo europeo do hóckey a patíns, que ten a súa sede central en Lisboa (Portugal).

Historial[editar | editar a fonte]

Edición Ano Sede Campión Subcampión Resultado
I detalles 2007 Sant Hipòlit de Voltregà (Cataluña) Asturias Biesca Gijón HC Cataluña CE Arenys de Munt 1-0
II detalles 2008 Mealhada e Luso (Portugal) Cataluña CP Voltregà Flag of Portugal.svg Fundação Nortecoope 2-1
III detalles 2009 Coutras (Francia) Asturias Biesca Gijón HC Cataluña CP Voltregà 0-0 (penaltis 1-0)
IV detalles 2010 Xixón (Asturias) Asturias Biesca Gijón HC España CP Alcorcón
V detalles 2011 Weil-am-Rhein (Alemaña) Cataluña CP Voltregà Asturias Biesca Gijón HC 2-1 (gol de ouro)
VI detalles 2012 Sintra (Portugal) Asturias Biesca Gijón HC Cataluña Xirona CH 3-0
VII detalles 2013 Xirona (Cataluña) Cataluña CP Voltregà Cataluña Xirona CH 3-2
VIII detalles 2014 Coutras (Francia) España CP Alcorcón Francia CS Noisy le Grand 4-3
IX detalles 2015 Manlleu (Cataluña) Flag of Portugal.svg SL Benfica Francia US Coutras 5-2
X detalles 2016 Manlleu (Cataluña) Cataluña CP Voltregà Cataluña CP Manlleu 4-4 (2-1)

Palmarés[editar | editar a fonte]

Por equipos[editar | editar a fonte]

Equipo Campionatos gañados Subcampionatos
Asturias Biesca Gijón HC 4 (2007, 2009, 2010, 2012) 1 (2011)
Cataluña CP Voltregà 4 (2008, 2011, 2013, 2016) 1 (2009)
España CP Alcorcón 1 (2014) 1 (2010)
Flag of Portugal.svg SL Benfica 1 (2015)
Cataluña Xirona CH 2 (2012, 2013)
Cataluña CE Arenys de Munt 1 (2007)
Flag of Portugal.svg Fundação Nortecoope 1 (2008)
Francia CS Noisy le Grand 1 (2014)
Francia US Coutras 1 (2015)
Cataluña CP Manlleu 1 (2016)

Por ligas[editar | editar a fonte]

Equipo Campionatos gañados Subcampionatos
España OK Liga Feminina 9 (2007, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2016) 7 (2007, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2016)
Flag of Portugal.svg Liga Portuguesa 1 (2015) 1 (2008)
Francia Liga Francesa 2 (2014, 2015)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Roller hockey pictogram.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]