Conxa Borrell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Conxa Borrell
Ocupaciónsindicalista e prostituta
editar datos en Wikidata ]

Concepción Borrell Bernaus, máis coñecida como Conxa Borrell, é unha prostituta, educadora sexual, sindicalista e militante polos dereitos das traballadoras sexuais española, actual líder e portavoz de APROSEX e do Sindicato OTRAS. Chegou á fama como cara visible de OTRAS, o primeiro sindicato de prostitutas español, debido á polémica xerada en torno á súa constitución.[1]

Traxectoria laboral e sindical[editar | editar a fonte]

Comezos na prostitución e creación de APROSEX[editar | editar a fonte]

Conxa Borrell comezou a prostituirse no 2006, baixo o pseudónimo de Paula VIP.[2]​​[3] Até entón, estando casada, tiña dous traballos (un deles de contable), pero a necesidade de cartos por problemas económicos e débedas do seu home, así como a idea de poder pagar o colexio do seu fillo, lévana a introducirse no mundo da prostitución.[3][4]​​​[5] Mantivo nun principio o seu traballo de contable polas mañás, mentres se prostituía polas tardes.​[5] Saíu do armario como puta, ante familia e amizades, no ano 2010.[2]

No 2012, concienciada perante a necesidade de defenderse dos estigmas sexuais que afectan ás traballadoras sexuais, creou APROSEX, definida nas súas palabras coma a primeira organización integrada e dirixida exclusivamente por traballadoras sexuais de España.​[1] Esta asociación suscitaría polémica no seo do feminismo español polos seus cursos para ser prostituta, os seus obradoiros sexuais para mulleres e o seu financiamento.​​​[1][2][6] Dentro dos devanditos obradoiros, Borrell encargaríase persoalmente de levar o curso de aprendizaxe para ser prostituta.​​​[2][3][4] Tamén faríase cargo dun blog de terapia sexual asociado á organización.[7]​ Ademais, como presidenta e cara visible de APROSEX protagonizaría as súas primeiras polémicas, destacando un encontro con Lidia Falcón en 2014.[8]

Creación do Sindicato OTRAS[editar | editar a fonte]

Tras dous aos de estudo do sindicalismo español, en agosto de 2018, Borrell, Sabrina Sánchez e outras compañeiras traballadoras sexuais crean o Sindicato OTRAS e rexístrano exitosamente no BOE.[1][9] Este feito provoca un terremoto político en España, ao dicir respecto a isto Magdalena Valerio, ministra de traballo interina, que lle meteron un "gol pola escuadra",[10] sendo o comezo dunha dura polémica no seo do PSOE que implicaría a Susana Díaz e a Pedro Sánchez.[11][12] Esta polémica só remataría co cesamento de Concepción Pascual, a entón directora general de trabajo, quen tramitara a inscrición de OTRAS no BOE.[13]

No medio da tormenta política subseguinte á creación de OTRAS, Borrell sería entrevistada por medios de alcance nacional, como El Español, ou Libertad Digital.[14][15] Ademais, protagonizaría novos enfrontamentos na televisión con Nuria González, da asociación cultural l'Escola, e con Elisa Beni, quen chegou a insultar a Borrell pola súa defensa do traballo sexual. En 2019, sería entrevistada por Eldiario.es para xustificar a necesidade da participación de OTRAS no greve do 8 de marzo dese ano.[16]

En abril de 2021, Borrell sería novamente entrevistada en El Mundo, onde criticaría os ataques políticos de Carmen Calvo e Irene Montero (respetivamente, nese momento, a vicepresidenta primeira do Goberno de España e a ministra de Igualdade) á prostitución española, e falaría do banco de alimentos do Sindicato OTRAS, posto en marcha como axuda ás traballadoras sexuais do Estado ante a crise da Covid.​[17] Tras a legalización dos estatutos do Sindicato OTRAS polo Tribunal Supremo en xuño de 2021, Borrell declarou a súa intención de reunirse, en tanto representante de OTRAS, coa patroal do sector do sexo español, con Irene Montero, e coa ministra de Traballo Yolanda Díaz.[18][19][20]

Obras[editar | editar a fonte]

Non ficción[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Trabajadoras del sexo. Entrevista a Conxa Borrel del sindicato OTRAS". Galde. 2018-12-19. Consultado o 2021-10-03. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 20minutos (2017-07-14). "Conxa, profesora de prostitutas: "No es no, incluso si eres puta"". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2021-10-03. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "El sindicato de trabajadoras sexuales: "Contamos con Ciudadanos y Podemos para sacarnos del limbo legal"". ELMUNDO (en castelán). 2018-11-12. Consultado o 2021-10-03. 
  4. 4,0 4,1 "¿Quieres ser prostituta? Yo te enseño cómo". Yorokobu (en castelán). 2015-02-03. Consultado o 2021-10-03. 
  5. 5,0 5,1 ""La palabra puta nos da poder"". La Vanguardia (en castelán). 2014-03-26. Consultado o 2021-10-03. 
  6. Cid, Míriam de Saint-Germain | Sara (2021-02-09). "El Sindicato del Sexo no aclara quién es su patronal". el taquígrafo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2021. Consultado o 2021-10-03. 
  7. "Terapeuta Sexual Conxa Borrell". www.terapeutasexual.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2021. Consultado o 2021-10-03. 
  8. Espí, Sergio (2014-02-21). "Una 'profesora' de prostitución sale pitando de 'Las Mañanas de La1': "Ser puta no es fácil"". Periodista Digital (en castelán). Consultado o 2021-10-03. 
  9. "Dos hombres y una 'escort': quién está detrás del sindicato de trabajadoras sexuales". elconfidencial.com (en castelán). 2018-08-31. Consultado o 2021-10-03. 
  10. "Valerio asegura que le han «colado un gol» y que anulará el sindicato de trabajadoras sexuales". abc (en castelán). 2018-08-30. Consultado o 2021-10-03. 
  11. "Susana Díaz urge a Sánchez a "parar" la creación del sindicato de trabajadoras sexuales". El Independiente (en castelán). 2018-08-30. Consultado o 2021-10-03. 
  12. "Pedro Sánchez: "Este Gobierno no dará respaldo a ninguna organización donde se recoja la prostitución"". www.publico.es. Consultado o 2021-10-03. 
  13. Castro, Irene (2018-09-03). "El Gobierno cesa a la directora general que autorizó un sindicato de "trabajadoras sexuales"". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2021-10-03. 
  14. Caldeiro, Luis (19 de novembro de 2018). "Concha Borrell: "Los abolicionistas de la prostitución viven instalados en el buenismo"". cronicaglobal.elespanol.com (en castelán). Consultado o 2 de outubro de 2021. 
  15. Berberana, Elena (23 de novembro de 2018). "La presidenta del Sindicato de Prostitutas: "Los mismos políticos que nos quieren vetar se van de putas"". libremercado.com (en castelán). Consultado o 2 de outubro de 2021. 
  16. Reche, Elisa (7 de marzo de 2019). "Conxa Borrell, secretaria general de OTRAS: "Convocamos la huelga de 24 horas porque las trabajadoras del sexo no tienen ningún derecho laboral"". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2 de outubro de 2021. 
  17. ""Por mujeres como la vicepresidenta Calvo y la ministra de Igualdad, las putas somos feministas en defensa propia"". ELMUNDO (en castelán). 2021-04-16. Consultado o 2021-10-03. 
  18. "El sindicato de prostitutas reivindica su papel como interlocutor y pide reunirse con el Gobierno". abc (en castelán). 2021-06-07. Consultado o 2021-10-03. 
  19. "El sindicato de trabajadoras sexuales OTRAS piden reunirse con Yolanda Díaz e Irene Montero para tratar su situación". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-06-07. Consultado o 2021-10-03. 
  20. 20minutos (2021-06-07). "El sindicato de trabajadoras sexuales OTRAS pide reunirse con Díaz y Montero tras el reconocimiento del Supremo". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2021-10-03. 
  21. EL BLOG DE PAULA - CONCEPCION BORRELL BERNAUS - 9788499164083. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]