Conversa usuario:Zumbi

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Zumbi!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--BaNjO talk 13:59, 16 febreiro 2007 (UTC)

Seriedade[editar a fonte]

En absoluto é unha expresión pouco seria. 'Morrer de morte matada' ou 'de morte morrida' é unha expresión normal e non coloquial, ao igual ca 'falecido'. Pero iso son detalles, ;) Bo traballo. --Xabier Cid 11:33, 4 xullo 2007 (UTC)

Traducións[editar a fonte]

Ola Zumbi. Por favor inclúe no campo resumo, o que hai xusto debaixo da caixa de edición, un texto semellante a este "tradución do artigo Nome_do_artigo da Wikipedia en Nome_lingua..." cando se trate dunha tradución doutra Wikipedia. Por exemplo para José Mário Branco sería "tradución do artigo pt:José Mário Branco da Wikipedia en portugués". A licenza da Wikipedia (GFDL) require atribución, ademais indicar a orixe permite que calquera usuario poida verificar o artigo con maior facilidade. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:26, 11 xullo 2007 (UTC)

Warning sign
Esta imaxe, salvo que se lle engadan os datos requiridos,
vai ser borrada no prazo dunha semana.
Image:Suspiros de kaña.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Suspiros de kaña.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro. A indicación como orixe do texto A Regueifa Platadorma é insuficiente para que se poida comprobar a licenza. Para poder poñer unha licenza Creative Commons, na páxina de orixe, ou no lugar do que se pille a imaxe, ten que aparecer dita licenza

Tódalas imaxes subidas á Galipedia procedentes de páxinas web teñen que ter unha licenza e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta.

Na orixe (páxina da que procede a imaxe) debe indicarse con exactitude a licenza con que a imaxe debe ser compartida na Galipedia. En caso contrario a imaxe será borrada.

Agradecémosche que indiques nos datos da imaxe o lugar preciso da páxina de orixe en que se fai mención exacta da licenza con que a imaxe se comparte na Galipedia. Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


Nota: A lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna) indica que non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright. Polo tanto só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen explícitamente que as imaxes están no dominio público, permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial e indiquen a licenza con que poden ser compartidas.


Lmbuga Commons - Galipedia 11:06, 9 agosto 2007 (UTC)

  • Ola de novo. Síntoo pero as imaxes de http://www.aregueifa.net/ non son válidas nin para a Wikipedia nin para Commons. Certo é que pon ó fondo licenza Creative Commons, pero, se fas click onde pon Creative Commons, aparécenche os datos da licenza e verás que se prohibe o uso comercial. Tódalas imaxes da Galipedia teñen que permitir o uso comercial. A licenza que ti colocaches non é a mesma cá que hai na páxina pois indica que se permite o uso comercial, como tódalas licenzas que temos.
Síntoo, pero non se me ocorre máis alternativa que borrala, pois é unha violación do copyright. Cando teñas algunha dúbida sobre imaxes non dubides en recorrer a min. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 10:29, 10 agosto 2007 (UTC)
Ola, estiven buscando en libros de demografía afroaestadounidense e non atopei ningunha referencia, si aparece abondo afroamericano (e nos máis antigos negro) e estás seguro que a un negro chileno, arxentino aparece nalgures como afroamericano, podes dicir que son de orixe africana e americana pero un americano de orixe marroquí ou exipcia que son tamén de orixe africana xamais aparecen baixo o epígrafe de afroamericano, en teoría o que expós é certo pero os termos teñen os seus usos fixados e aínda que non sexan sempre precisos non os podemos cambiar se a comunidade científica non o fai primeiro, saúdos.--André 09:54, 12 agosto 2007 (UTC)
Para afroestadounidenses atopei 9100 entradas e parte son de páxinas moi mal traducidas do inglés onde na versión inglesa aparece afroamericano, podes ver na páxina en castelán afroestadounidense [1] e na orixinal en inglés african american por exemplo [2], o mesmo pasa con páxinas da administración americana, afroestadounidense en castelán [3],

African-American en inglés [4], e afro-américains en francés [5], non atopei ningún traballo científico onde apareza afroestadounidense xa que afroamericano é un termo oficial nos Estados Unidos para referirse a un grupo demográfico, tan só informes do goberno dos Estados Unidos pero o castelán que adoita empregar non é precisamente un exemplo académico con estruturas gramaticais cuspidiñas do inglés.

É certo que nalgúns países como Colombia se emprega afroamericano, en relación ao amefricano que pon na wikipedia en castelán é a primeira vez que o vexo e non teño idea. O que quero dicir é que aínda que adoptemos afroamericano para referirnos a todos os americanos de orixe africana subsahariana non vexo que podamos adoptar afroestadounidenses para referirnos especificamente á poboación negra dos Estados Unidos por que as referencias que vin son de baixo nivel: traducións (rápidas) ao castelán de documentos, informes ou webs. Pero a miña é só unha opinión e non é nin mellor nin peor que outras.--André 14:08, 12 agosto 2007 (UTC)

  • Por min paréceme ben, é razoable.--André 18:27, 12 agosto 2007 (UTC)

Si, existen varios tipos de 2.5. Un exemplo é o da imaxe (que non permite o uso comercial, motivo polo cal non pode estar na Galipedia) outro, o da licenza que temos na Galipedia: Se fas click en Template:Cc-by-sa-2.5-es e despois en "Attribution-ShareAlike 2.5 Spain" verás que na Galipedia non se prohibe o uso comercial. Insisto, tódalas imaxes da Galipedia e de Commons deben permitir a realización de obras drivadas e o uso comercial. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 01:54, 14 agosto 2007 (UTC)

  • As imaxes doutras wikipedias deben ser subidas á Galipedia ou a Commons para que poidan estar activas e funcionar.
Tódalas imaxes subidas a Commons están activas en tódalas wikipedias, pero non ocorre o mesmo coas imaxes subidas a unha wikipedia concreta. O motivo é que a lexislación que atinxe ás wikipedias, dependendo do país de orixe, é diferente; por exemlo, moitas das imaxes cargadas na wikipedia inglesa, por mor da lexislación, son inadmisibles na Galipedia e en Commons. Iso si, as licenzas GFDL (é o que entendo, pois non o sei todo) son admisibles en tódalas wikipedias--Lmbuga Commons - Galipedia 02:17, 14 agosto 2007 (UTC)

Xa corrixín cara a este reenvío, que debería ser o correcto segundo a opinión de XCid na páxina de discusión e o propio logotipo. Pregunta sen dobre intención: Ti non tés botón de "mover"? Enjoy life. --Sobreira (parlez) 11:51, 18 agosto 2007 (UTC)

Aniversario[editar a fonte]

Ola Zumbi. Felicitacións polo teu primeiro aniversario na Galipedia. Aínda que o teu contador sinala o día 24 de febreiro de 2007 a túa primeira contribución está rexistrada uns días antes o 16 de febreiro. Parabéns. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:26, 18 febreiro 2008 (UTC)

encima del armario[editar a fonte]

Boa tarde!

como ben me comentou Beninho hai un tempo, coméntoche agora sobre o libro de estilo. Adóitase usar a cursiva para os títulos de cd's, ep's, películas e libros, e as aspas para as cancións, poemas...

outra recomendación é que cando traduzas ou crees un artigo que existe noutra wiki, engadas neses artigos unha ligazón ó artigo na wiki:gl (caso de Nuberu, estaría ben engadir a ligazón nos artigos en asturianu e en castelán).

como non hai dous sen tres: ó actualizar o modelo de artigos solicitados, está ben pór no resumo da edición os artigos que retiras e os que engades.

Saudiños, e ata máis ler.

--Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 18:22, 4 marzo 2008 (UTC)

Ola, Zumbi, si, en galego é Os Azores. Xa corrixo eu o que sinalas. Se hai algo máis, avisa, ok? Saudiños. --Xabier Cid Conversa 12:57, 20 novembro 2008 (UTC)

Ola Zumbi. Púxenlle o marcador {{SenReferencias}} ao artigo Narón TV porque aparecen moitos datos e afirmacións que cómpre referencialos con citas de fontes fiables acreditadas (por exemplo que foi "a primeira de ámbito local en emitir con normalidade e un referente dentro das emisoras locais"). Como ti es o creador do artigo supoño que terás información para localizar esas referencias, se necesitas axuda en canto ao xeito de incluílas no artigo ou sobre cales son válidas e cales non aquí estamos para botar unha man. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:26, 23 outubro 2009 (UTC)

Grazas por engadir a fonte tan rápido, vou descargar o documento e lelo e en función do que diga dareille formato a referencia co modelo {{Cita Web}}, se vexo que queda algo pendente xa cho digo. Fareino máis tarde porque agora mesmo teño que marchar. Outra vez grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:10, 23 outubro 2009 (UTC)
Ola outra vez. Xa puxen as referencias no formato da Galipedia. Revisei o documento 'Tres décadas de televisión en Galicia' e efectivamente hai un erro coas datas de comezo das emisións na páxina 155 di 1984 e na 244 1988, comprobei noutras fontes e recollen 1988. Retirei a frase "un referente dentro das emisoras locais" por ser valorativa e non atopar en que sustentala, mudei o nome Ferrolvisión-Canal 29 por Ferrolvisión Canal 29, polo que puiden comprobar semella ser un erro. Por último engadín o marcador {{Cómpre referencia}} á frase "acabar integrada na rede de emisoras locais Localia como Localia-Ferrol" porque no documento non recolle ese dato, polo tanto cómpre atopar outra referencia para ese dato concreto. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:45, 23 outubro 2009 (UTC)
Tes razón pasouseme, quitei {{Cómpre referencia}}. Semella que esa información en realidade parte dunha tese doutoral chamada Diarios nas televisións locais de Galicia. A información televisiva no espazo local de Rodríguez Váquez e prestei máis atención ao documento que falaba dela e ese detalle pasouseme, desculpa. En canto ao valorativo de 'referente' retireino porque remite a modelo, a experiencia fundadora a seguir, iso implica unha valoración da que non temos datos polo menos no artigo (tendo en conta tamén que houbo outras experiencias tal e como se sinala no texto do Consello da Cultura Galega. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:30, 23 outubro 2009 (UTC)