Conversa usuario:Xosnel

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Parroquia de Malpica e Lugar de Seaia[editar a fonte]

Na igrexa parroquial de Malpica, reza o que sigue: Iglesia parroquial de San Julián de Malpica. Se a parroquia se chámase Malpica de Bergantiños, figuraria así na igrexa . As entidades de poboación da parroquia son 6, as 5 de sempre: Malpica, Piñeiros, Seaia, Seixas e Vilarnovo, máis As Illas Sisargas. Agora vou dar información sobre Seaia: antiga comarca, abranguia o territorio formado polos atuais concellos de Malpica de Bergantiños e Ponteceso, daquela, ainda non había concellos, arciprestado, ata hai uns anos que se integrou no de Bergantiños, abranguia parroquias de Malpica de Bergantiños e Ponteceso e creo que algunha de Cabana de Bergantiños, parroquia e capital do arciprestado, ata que foi pra Malpica nos séculos XV ou XVI, non sei se a capital do arciprestado foi pra Malpica canda a parroquia, ou quedou algún tempo en Seaia, o pazo do arcipreste, polo menos do século XII ainda se conserva e está habitado, a antiga igrexa parroquial de Seaia estivo ahí, aldea ou lugar pero pola súa configuración, podería ser unha vila ou unha aldea vila, porque eu non coñezo nengún lugar que teña tantos rueiros coma Seaia se non é unha vila ou cidade, eso sí, non ten rúas, entendendo por rúa, unha vía con nome. A continuación vou dar a relación dos rueiros de Seaia que veñen sendo dende a idade media ata os edificados e habitados a partires da década dos 50 do século XX ata agora, estes, vounos marcar, así que o resto, teñen dende preto dos 100 anos a preto de 1000 ou máis Algúns nomes vounos escribir como se pronuncian e dicir xuntando a preposición de co a ou o da seguinte palabra, tamén quero dicirlles que os enderezos das 200 casas da zona, ata preto do século XXI era Seaia, 15113 Malpica de Bergantiños, A Coruña. E penso eu que se os enderezos eran así, era porque estaban en Seaia: A Agra de Canle*, A Agra de Lucas*, A Brañeira*, A Camuza#, A Cancela Dareas#,( A Cancela de Areas) A Cova* A Fontedorta, A Horta Nova* A Orxeira* A Pedreiriña# A Vista# Cepido* O Arnado, O Castiñeiro, O Mato Douteiro* (O Mato de Outeiro) O Petón, O Picho, O Poceiro, Os Carrís* Os Medros# e Sorrio1#

  • Habitados a partires dos anos 50 do século XX
  1. Chamados erroneamente, lugares ou entidades de poboación da parroquia de Malpica, cando son rueiros ou núcleos de poboación do lugar de Seaia.

1 Neste rueiro, está o pazo do arcipreste, onde na teoría, deberían estar soterrados os alicerces da igrexa parroquial de Seaia Saúdos de Xosnel




Xosnel (conversa) 4 de xaneiro de 2017 ás 18:26 (UTC)[responder]

toponimia[editar a fonte]

Ola! Na Galipedia usamos os criterios seguidos no Nomenclátor de Galicia, rexistro oficial de poboacións. Nel indícase que o concello é Malpica de Bergantiños, que a parroquia é Malpica de Bergantiños, e que as entidades de poboación son as que aparecen no recadro. O feito de que se coñeza popularmente como Malpica non indica que ese sexa o seu nome oficial, do mesmo xeito que falamos de Santiago para nos referir a Santiago de Compostela, ou Vilagarcía para referirnos a Vilagarcía de Arousa. O que di na placa dun templo relixioso non é vinculante para a toponimia oficial. Amais, os barrios e rueiros tradicionais non sempre conservan a súa denominación na toponimia oficial ao se integrar nun lugar maior.

Doutra banda, os topónimos non sempre se escriben como se pronuncian, senón que responden tamén ás Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. De ser así deberiamos escribir Vilagharsía ou no canto de Vilagarcía (de Arousa) ou Cee.

En calquera caso, lembra que a Wikipedia é unha enciclopedia e que todo o que nela se publica debe estar referenciado. Este non é lugar para publicar investigacións propias. Sería moi interesante facer un traballo sobre a microtoponimia de Seaia, pero tería que aparecer nunha publicación especializada, non aquí. Lembra tamén podes enviar suxestións ás persoas que coordinan o proxecto do Nomenclátor de Galicia para que realicen correccións, no caso de que existan erros. Pero repito: a Galipedia cínguese ás referencias oficiais existentes.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de xaneiro de 2017 ás 21:25 (UTC)[responder]

Galipedia: información ou desinformación[editar a fonte]

A Galipedia, tén que dar información veraz pra iso tén que contrasta_las informacións, dándolle o mesmo creto, ó ige, o ine, o nomenclátor e a calquera persoa. No caso da toponimia, os nomes que escribin na conversa, parroquia de Malpica e Seaia, excepto estes, nunca tiveron en ningún organismo oficial, porque só existía o lugar de Seaia.Xosnel (conversa) 5 de xaneiro de 2017 ás 16:34 (UTC)[responder]

Afirmacións sobre Malpica e Seaia[editar a fonte]

Ola Xosnel, coido que se o que afirmas é certo iso seria un apartado para a historia de Seaia ou Malpica sempre e cando o poideras referenciar pois lembroche que a galipedia non é fonte de información primaria motivo polo que sen referencias contrastadas non se admitiria o por ti esposto. Outra cousa non escribiches na páxina de conversa da parroquia de (Malpica de Bergantiños, Malpica de Bergantiños), na cal por certo pon no comenzo San Xulián de Malpica de Bergantiños é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Malpica de Bergantiños, senon que escribiches na do concello (Malpica de Bergantiños) asi mesmo cando queiras ter unha conversa con outro usuario tes que facelo na páxina de conversa de dito usuario e non na tua pois desa forma non se enteraria a menos que entre na tua páxina de conversa. Un saudo--Alfonso mande 5 de xaneiro de 2017 ás 22:03 (UTC)[responder]