Conversa usuario:Xoacas/2013

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Imaxe C. Blanco[editar a fonte]

Si, a orixe asemella turbia. Mais, non poidendo preguntarllo a Xelo, por inactivo, e por aquilo de presumir boa fe, haberá que suponer que a foto orixinal a fixo el. Podería ser, parece feita na década dos noventa. --. HombreDHojalata.conversa 2 de xaneiro de 2013 ás 08:05 (UTC)[responder]

Votación RMS Titanic[editar a fonte]

Creo que os comentarios deron a entender o que non era. Cando eu propuxen o artigo parecíame que estaba ben tal e como estaba, as modificacións que realicei a posteriori foron froito dos comentarios do usuario Piquito. Polo que de votar faino pensando no artigo como esta agora (e non quero soar imperativo ou enfadado). Bo ano --AMPERIO (conversa) 3 de xaneiro de 2013 ás 18:34 (UTC)[responder]

Hola, Florerias ayudarme mejorar la estos articulos gracias; Basílica de Nosa Señora da Candelária, Virxe da Candelaria.--79.158.242.224 8 de marzo de 2013 ás 19:19 (UTC)[responder]

Historia de Lugo[editar a fonte]

Ola Xoacas, desfixen dous cambios de terminacións -ble por -bel por manter a coherencia no artigo. A miña escolla (son o seu primeiro editor) é -ble. Un saúdo. Woden (eh ho?!) 12 de marzo de 2013 ás 14:42 (UTC)[responder]

Proposta[editar a fonte]

Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:20 (UTC)[responder]

Obradoiro de edición na Coruña[editar a fonte]

Boas, mira, vou dar un obradoiro de iniciación á edición da Galipedia na Coruña e precisaba que a cousa tivera a máxima participación posible, se coñeces algunha persoa que poda estar interesada, ¿poderías comentarlle esta posibilidade? Tes máis información na taberna e tamén podes preguntarma directamente na miña conversa. Graciñas e saúdos! :), --Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 13:28 (UTC)[responder]

Ola Xoacas.

Temos marcada a posible conveniencia de fusionar Hórreo dos Ancares con Hórreo galego.

Que pensas? Convén fusionalos? Non?

En caso afirmativo, anímaste a facelo?

Graciñas, un saúdo e a seguir? --. HombreDHojalata.conversa 12 de agosto de 2013 ás 21:15 (UTC)[responder]

interwikis das categorías[editar a fonte]

Ola, Xoacas! Alegroume un montón ver que andaches a crear categorías requiridas. Porén, sería interesante que lle engadises as correspondentes interwikis. Eu metinllas xa ás categorías "Sporting de Gijón" e "Real Zaragoza"; fas ti o resto? Agora o proceso é a través de Wikidata; podes buscalo directamente alá (wikidata.org) ou procurando a categoría noutra lingua e dándolle a "editar as ligazóns" no recadro das interwikis.

Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 24 de agosto de 2013 ás 02:13 (UTC)[responder]

Fachada da Catedral de Santiago[editar a fonte]

Boas noites, Xoacas. A catedral tiña unha fachada -románica- diante do pórtico da Gloria. Esta fachada estaba aberta, sen portas, con tres arcos que coincidían cos tres arcos do Pórtico. En 1519 pecháronse os arcos con portas, o que esixiu dividir o arco central cun piar central, e obrigou a retirar as estatuas que había nese arco (insisto, diante do Pórtico). En 1738, encargáronlle a Casas Novoa a fachada actual, barroca, e para constrúíla botou abaixo o resto da fachada románica (rosetóns e outros elementos). As estatuas que había nesa fachada, por fóra, disemináronse por aí (2 no Museo de Pontevedra, 2 na plataforma das escalinatas do Obradoiro, 2 no Pazo de Meirás e outras dúas que non sei onde foron parar. Parte do rosetón está no museo da catedral, así como algunhas doelas.

A fachada que hoxe vemos xa non ten que ver coa orixinal dos tempos de Mateo. Queda, iso si, o primeiro corpo das dúas torres, aínda qaue modificados. Queda tamén a cara interior daquela fachada, o que chaman a contraportada e que vemos diante do Pórtico. Podo mandache ó teu correo un escaneado da fachada hipotética no s. XIII, e se te fixas no debuxo de Vega y Verdugo (1657) verás os cambios que xa sufrira a fachada neses tempos, e logo compáraa coa actual. Podo buscar tamén referencias escritas desta "destrución" da fachada románica. Por todo o anterior, debo manter o escrito, aínda que se a ti te chamou a atención será porque está mal escrito. Mirareino para modificar a redacción e evitar eses malentendidos. Xa me contarás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 4 de setembro de 2013 ás 22:50 (UTC)[responder]

As Imaxes ...[editar a fonte]

Os nomes oficiais desas imaxes son os que teñen, excepto un PIA que o escribín en minúsculas, de feito son os nomes do catalogo usado en varias webs institucionais do goberno americano, a wiki inglesa incluso usa varios marcadores ligados a esta nomenclatura (para facer hipervinculos, marca de copyright e outras cousiñas), como verás algunhas imaxes incluso traen esta nomenclatura a xeito de nome dentro da imaxe, en todo caso poderíase usa-lo nome do artigo que foi extraído, pero algunhas desas fotos saíron do catalogo directamente e outras saen en varios artigos, eu preferín polo nome do catalogo para así poder buscar por elas directamente, do mesmo xeito que se fai con case tódalas estrelas que teñen o nome da súa catalogación ....--Xabier Cancela (fálame) 6 de setembro de 2013 ás 12:09 (UTC)[responder]

Nin si nin non, o material escuro de Cerberus Fossae non é coñecido como ESP 011930 1875 (pero a imaxe si que está oficialmente catalogada coma ESP 011930 1875), pero se nunha misión sacan 93 imaxes (e centos de imaxes derivadas) da Fossae, non collen e lle poñen ás fotos 93 variantes do nome Cerberus Fossae (sería un "balbordo"); dependendo do catalogo, póñenlle un número de identificación, dependendo da misión, o número pode indica-lo número da órbita ou do día da misión en que se fixo a foto e o número da orde en que se fixo, as veces as coordenadas, as veces indican ademais o instrumento da sonda con que foi feito, a data e incluso en "RED" quere dicir que foi "corrida" ó vermello ou que foi sacada no infravermello, por ex. a extensión PSP é da misión "PRIMARY SCIENCE PHASE" da sonda Mars Reconnaissance Orbiter, a do teu exemplo é da misión "EXTENDED SCIENCE PHASE" da mesma sonda e o primeiro número é da órbita (supoño que o segundo número será para a localización); se miras por exemplo a ligazón da imaxe que pos de exemplo verás que hai varias imaxes derivadas ou compostas coa mesma raíz do catalogo, incluso teñen arquivos coa extensión .lbl onde informan do xeito da compilación e renderización da imaxe; a verdade é que é bastante complexo o tema, pero para buscar nos catálogos é moito mellor (o meu ver) usa-lo nome oficial do catalogo, aínda que o nome sexa pouco ou nada descritivo, por que aquelas imaxes de catálogo pouco "publicitadas", nunca as poderías atopar na rede polo "alcume", pero si polo número de catalogo, a parte de que en canto unha persoa que estea interesada nun grupo de imaxes, decatarase que teñen un xeito de ser catalogadas (por órbita, misión e localización ...), aínda que para serche sincero, eu so coñezo os detalles por riba e só dalgúns casos, por que a verdade estes catálogos son bastantes "atravesados", nada que ver cos eventos no sistema solar: data do evento, número do evento (por se hai varios na mesma data) e posición (normalmente respecto a un obxecto astronómico) e listo.--Xabier Cancela (fálame) 7 de setembro de 2013 ás 01:23 (UTC)[responder]

Pode que teñas razón no dos comentarios, que sexan poucos detallados para alguén non acostumado á astronomía, a meirande parte da xente poida que non saiba buscar por Cerberus Fossae (por ex.), que está en Marte, para min é sinxelo, pero para outra xente pode non selo, de agora en diante serei un pouco máis 'detallista' e coidadoso nos comentarios, gracia polas túas indicacións.--Xabier Cancela (fálame) 7 de setembro de 2013 ás 02:00 (UTC)[responder]

Xuntanza[editar a fonte]

Boas, propuxen na taberna facer unha xuntanza de galipedistas, se che interesa o tema comenta por alí o que che parece e o lugar e datas que estarías libre. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de setembro de 2013 ás 08:59 (UTC)[responder]

Boas, primeiro quero pedirche desculpas por non facer avanzar este tema debidamente pero lamentablemente estes dous últimos meses estiven ocupado con outras cousas. Quería volver a relanzar esta proposta e para iso pediríache que actualizaras as datas nas que estarías dispoñible no mes de novembro para facer o encontro. Tamén propuxen separar o encontro da presentación en Ourense polo que me gustaría que comentaras esa idea. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de outubro de 2013 ás 00:13 (UTC)[responder]

Hórreo galego[editar a fonte]

Ola! Grazas polos teus comentarios, sempre son de axuda. Comentarte algunha cousas:

Respecto da tradución, intento sempre indicalo cando é unha tradución directa. Neste caso, é verdade que foi baseado no artigo inglés, pero completado con outras referencias. De todos os xeitos indicareino.

Respecto da arquitectura vernácula, ben sei destes autores, de feito teño incluso traballos propios (incluído o meu proxecto fin de carreira), o artigo estaba por completar por algúns libros que teño. Está claro que os elementos sustentadores do hórreo xa se explican no artigo do hórreo ou do hórreo galego; mais pensei que estes elementos tan característicos da arquitectura galega como son os pés dos canastros (ás veces atopados hoxe illados en xardíns) merecían dun artigo propio.

Os staddle stones non son para nada algo diferente aos pés dos nosos hórreos, polo que o artigo debe estar redireccionado cara eles. Se ben é certo, o nome do artigo non é correcto, porque aínda que lle dei o nome de tornarratos, falo dos dous elementos (esteos e tornarratos, que forman o pé) quizais sería recomendable mudar o nome do artigo a pé de hórreo (non o fixen porque me parecía unha denominación menos empregada). O que si non faría é falar de todos os elementos sustentadores do hórreo, porque os outros carecen de importancia e xa están reflectidos no artigo hórreo galego.

O tema das redireccións estaba tamén por completar, especialmente o de capela. Unha vez máis grazas polos teus apuntamentos, e se che parece, mudo o nome do artigo a pé de hórreo. Un saúdo.Nachonion (conversa) 12 de setembro de 2013 ás 07:29 (UTC)[responder]

Sobre a modificación do artigo "Eduard del Castillo Velasco"[editar a fonte]

Ola, Xoacas! Cambiei a foto por unha de máis calidade e engadín só o posto de traballo actual, sen modificar máis nada. Tiven en conta non engadir datos subxectivos. Grazas polo aviso! --Eduard-Gz-Cat (conversa) 23 de setembro de 2013 ás 21:49 (UTC)[responder]

Datos dunha imaxe[editar a fonte]

Ola Xoacas.

Por favor. Poderías completar a caixa de datos de Ficheiro:Plano de Urbino na Idade Media.png.

Graciñas. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 24 de setembro de 2013 ás 12:47 (UTC)[responder]

O mesmo con todas estas:

Ficheiro:Urbino dalla sommità del Colle delle vigne (disegno del '600).jpg
Ficheiro:Urbino, acquarello del 1626.jpg
Ficheiro:Veduta prospettica di Urbino con il Palazzo e il piano del Mercatale.jpg

--. HombreDHojalata.conversa 24 de setembro de 2013 ás 12:52 (UTC)[responder]
Boas, puxen as imaxes que non se atopan na Galipedia nin en Commons como texto non wiki para que a túa conversa non apareza na categoría de páxinas con ligazóns rotas a ficheiro. Isto puido deberse a que os nomes dos ficheiros son incorrectos ou a que as imaxes foron borradas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de outubro de 2013 ás 13:06 (UTC)[responder]

Fusión de artigos[editar a fonte]

Boas rapás!, unha cousiña, cando hai artigos duplicados non hai que borrar ningún ficheiro, hai que facer unha fusión dos artigos para que se manteñan os historiais de edición dos dous artigos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de outubro de 2013 ás 09:46 (UTC)[responder]

Si, podes avisarme a min ou poñelo na taberna, como prefiras. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de outubro de 2013 ás 21:29 (UTC)[responder]
Ok, cando vaia tendo un rato xa me poño. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de outubro de 2013 ás 08:23 (UTC)[responder]
Coa axuda de HombreDHojalata conseguín facer as fusións, perdoa pola tardanza. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de decembro de 2013 ás 00:59 (UTC)[responder]

RE: Also sprach Zarathustra[editar a fonte]

Boas Xoacas! Mirarei se o podo ampliar dende outra wiki e con algo que teña eu por casa. Se non che importa irei pouco a pouco ou comezarei en serio con el en novembro, agora non teño moito tempo para poñerme en profundidade cun artigo. Se ves que tardo lémbramo , aínda que mo vou poñer en pendentes. Apertas! Piquito (conversa) 17 de outubro de 2013 ás 12:41 (UTC)[responder]

Boas Xoacas! Penso que xa podo dar por finalizada a revisión e ampliación do artigo, pensei que tería máis por casa, pero penso que pode valer perfectamente así. Engadín cousiñas doutras wikis e algo máis das referencias da wiki en inglés, así que canto menos creo que conseguimos ter o artigo máis longo de todas as Wikipedias, que algo é. Unha aperta, se tes algunha cuestión máis tentarei amañala na medida das miñas posibilidades. Piquito (conversa) 27 de novembro de 2013 ás 23:12 (UTC)[responder]

Modelo dos distritos de Uganda[editar a fonte]

Pois non sei como amañalo.--Calq (conversa) 27 de outubro de 2013 ás 01:27 (UTC)[responder]

Xa o amañou Javi o outro día :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de outubro de 2013 ás 08:55 (UTC)[responder]

Longueirón (molusco)[editar a fonte]

Ola Xoacas. Quizais fun un pouco "ousado" ao remitrir Longueirón (molusco) a Ensis siliqua, pero fíxeno polas seguintes razóns:

  • O artigo Ensis siliqua (editado por este servidor) é máis completo e está debidamente documentado. O anterior, ademais de ser unha repetición doutros referidos a navallas' e longueiróns, non o está. Para evitar estas repeticións é polo que eu, en todos os artigos de solenoideos que estou editando, poño como "AP" Solenoideos.
  • Todos os solenoideos son coñecidos en Galicia maioritariamente polos nomes longueirón e navalla, e aínda non hai una lista patrón de moluscos autorizada. Podería dicirse que o dicionario da RAG di que o nome científico de longueirón é Ensis silicua, e indica que se confronte con navalla que, para a Academia, sería a especie Ensis ensis; con todo o debido respecto para a douta institución (que me honrou nomeándome membro correspondente), isto vai contra as normas de nomenclatura das especies biolóxicas (que has hai) que non permiten denominar con nomes comúns diferentes a especies de xéneros biolóxicos distintos, salvo que haxa razóns de uso, o que nmon é o caso, xa que, no galego falado, navalla e longueirón son sinónimos absolutos. En canto acaba coa revisión de todas as especies de solenoideos fareille chegar á Academia as miñas razóns.
Gustaríame que me dixeras cales foron as túas razóns para a reversión. Un cordial saúdo, Luís Daviña. --XoioÉche o que hai 2 de novembro de 2013 ás 13:55 (UTC)[responder]
Ola de novo. Xa vexo que, mentres te escribía, me responderas ao dos motivos da reversión. Eu, xa se ve, son pouco entendido nestes temas de manexo de artigos, fusións, etc. Efectivamente, trátase da mesma especie, Ensis siliqua (o mesmo fixen onte con Ensis ensis). Pero se entendín ben (creo que non) o de deixar as dúas páxinas, ademias de ser "imporpio", xa que se trata do mesmo animal, quedaría o problema das interwikis. Polo tanto penso que mellor sería a fusión, e modificar a páxinma de homnónimos longueirón (o único outro homónimo é o da taboa de surf).--XoioÉche o que hai 2 de novembro de 2013 ás 14:05 (UTC)[responder]
Unha cousiña máis, na que acabo de reparar: en Longueirón (molusco) dise que pertence á familia dos Solenidae, cando o certo é que forma parte da dos Pharidae, e tamén que Ensis é unha tribo, cando é un xénero. --XoioÉche o que hai 2 de novembro de 2013 ás 14:40 (UTC)[responder]

Estou dacordo no de fusionar os artigos, pero penso que o que debe ser redireción é o nome científico xa que hai un nome común en galego para el. É o que se debe facer segundo a política de nomes de artigos. A non ser que haxa algunha razón especial para non facelo así, que eu non vexo agora neste caso, ou si? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de novembro de 2013 ás 00:38 (UTC)[responder]

  • Perdoade que interveña, pero tecnicamente navalla=Ensis ensis e longueirón= E. siliqua. Son dúas especies diferentes (aínda que haxa que ter moito ollo para distinguilas), o que pode explicar que se comercialicen todas baixo o nome de navallas, algo no que tamén inflúe que a navalla é máis cara có longueirón [pasa o mesmo coa zamburiña e a volandeira, dúas especies distintas que se confunden no mercado (confusión voluntaria, claro). A falta dunha lista patrón, a Consellería de Mar (Pesca de Galicia.com) e a Resolución que fixa as denominacións populares das especies pesqueiras son referencias máis que autorizadas. Pedro --Lameiro (conversa) 3 de novembro de 2013 ás 01:15 (UTC)[responder]


Volvo a intervir nesta animada conversa, e quixera achegarvos estas miñas reflexións:

  1. Todos temos as nosas teimas, os nosos erros, as nosas vacilacións, as nosas contradicións (eu, o primeiro), e ninguén é infalíbel (eu, o primeiro).
  2. En materia de norma para o idioma galego a única autoridade para fixar a ortografía e a morfoloxía é, por lei, a Real Academia Galega.
  3. Porén, e dado que nun dicionario de lingua non aparecen, por razóns obvias, todos os nomes vulgares das especies biolóxicas (en ningún dicionario de lingua de ningunha lingua), a Galipedia, que tamén ten a súa propia norma interna, admite como nomes válidos en galego os rexistrados nas consideradas fontes válidas (enciclopedias, dicionarios, libros de divulgación, documentos da administración galega, etc.) aínda que sen precisar, que eu saiba, cales son os criterios para considerar até que punto todas estas fontes son fiábeis.
  4. A este respecto teño que dicir que, para min, e con todo o respecto, a Consellería de Pesca non é unha fonte nada fiábel (tampouco non o era, nos meus tempos de docente, a de Educación), xa que ela mesma non respecta os criterios da Academia, dado que na súa páxina web Pescadegalicia.com a sección na que fala dos «tamaños mínimos de extracción e comercialización dos organismos mariños» se titula «Tallas mínimas» facendo caso omiso do que di a Academia sobre talla «O uso desta palabra co significado de ‘tamaño’, ‘medida’ (véx. talle, ac. 2, 3) non é recomendable en galego». (Ademais de usar, para a especie Solen marginatus, o nome de longueirón vello, que non sei de onde o sacaría).
  5. Na miña modesta opinión, como simple afeizoado ás ciencias e ás letras que son, en Galicia todas as especies da superfamilia dos solenoideos (Solenoidea) coñécense popularmente como navallas e tamén como longueiróns. Porén, na Galipedia, aparecen (ou aparecían, porque nalgúns casos tiben a ousadía de redirixilos cara ao nome científico) artigos dedicados ás especies Ensis ensis (Longueirón (molusco), Solen marginatus —titulado inicialmente como Longueirón vello— e Navalla (molusco), que non sei se está dedicado á especie Ensis ensis (o longueirón molusco citado) ou a Ensis arcuatus sinónimo antigo de Ensis magnus. É dicir, que para a Galipedia, son sinónimos, aparentemente e polo menos en parte, Longueirón (molusco) e Navalla (molusco), sen que niguén reparara (antes) niso.
  6. O dicionario da RAG só recolle dúas especies, Ensis ensis, para a que dá o nome de navalla e Ensis siliqua, para a que establece o nome de longueirón, non considerando ambas as voces como sinónimas; polo costrario, marca ás dúas coa cifra Cf. (compárese).
  7. Como eu non estou de acordo con iso, porque segundo as normas internacioinais para o establecemento de nomes vulgares ou vulgarizados de especies biolóxicas, que tamén as hai, e que recomendan non empregar nomes comúns diferentes para especies do mesmo xénero, a non ser que haxa razóns de uso, que son as primeiras a ter en conta, sempre que os nomes en cuestión non contradigan a estrutura do idioma, o que, segundo a miña opinión, non existen neste caso, estes días ando a preparar un pequeno informe para remitrir á douta institución esta miña discrepancia. A este respecto, hai que recordar que o dicioanrio da Academia é unha obra en costrución (en realidade, todos os dicionarios, académoicos ou non, o son), e cómpre dicir que a Academia incorre á veces en erros, vacilacións e contradicións internas (como nos pasa a todos) e que, pouco a pouco vai corrixindo. A xeito de exemplo, algúns pocos exemplos:
– Antes, para o produto da excreción dos mamíferos só admitía o termo ouriños (ademais dos populares mexo e pis. Agora admite o cultismo urina.
– Contradicións morfolóxicas internas: admite o termo angüiliformes (orde ao que pertencen, entre outros peixes, a anguía), pero tamén anguílidos (familia de peixes angüiliformes á que pertence a anguía).
— Contradicións ortográficas internas: ao lado de zifíidos, voz na que respecta a morfoloxía e ortofonía do latín científico Ziphiidae, vemos cicónidos (latín Ciconiidae), na que non se respectan.

A continuación trascribo unha pequena parte do informe que estou a preparar para a Academia.

Nas praias de Galicia están documentadas as seguintes especies:

– Familia Pharidae
– Xénero Ensis
Ensis magnus Schumacher, 1817, sinónimo Ensis arcuatus (Jeffreys, 1865)
Ensis ensis (Linnaeus, 1758)
Ensis minor (Chenu, 1843)
Ensis siliqua (Linnaeus, 1758)
– Xénero Pharus
Pharus legumen (Linnaeus, 1758)
– Familia Solenidae
– Xénero Solen
Solen marginatus Pulteney, 1799, sinónimo Solen vagina auct.

Botándolle unha ollada á bibliografía dispoñíbel, parece que todos os solenoideos que se encontran en Galicia son coñecidos, indistinta e maioritariamente, polos nomes de longueirón e navalla.

Ríos Panisse inclúe, no seu Inventario,[1] as especies:

Ensis ensis (L.), da que recolle os nomes de aguillolo blanco, aveso, cadela, caíño, carabela, carallete, espadín, meisán e pisasote, rexistadas en cadanseu porto; carallote, en dous; longueirón (e as súas variantes) en 23 localidades, e navalla, en 18.
Ensis siliqua (L.), para a que recolleu os nomes de carabela, caramela, navalla e longueirón (e variantes), cada unha nun lugar (cómpre dicir que tanto navalla como as tres variantes de longueirón citadas, foron recollidas por Maria do Carmo Henrííquez Salido no Grove).
Solen dactylus, da que rexistra os nomes, obtidos indirectamente, de carallete (Abuín), carallote (P. Crespo, Abuín), lingueirón (P. Crespo), longueirón (P. Crespo, Cornide, Abuín) e navalla (P. Crespo). Por outra parte di que descoñece as claves que manexara o P. Crespo, e que polos nomes vulgares que dá, sospeita que se trata dun sinónimo de Solen vagina, ou ben das dúas especies de Ensis citadas arriba. Desde logo que o Padre Crespo non puido manexar as claves actuais, xa que Solen dactylus é unha especie descrita en 1989 por Cosel, propia das augas de Paquistán; quizais a recollera da obra do presbítero Cristóbal de Medina Conde Relación Ichthyologica, o de los pescados fluviales y marítimos de todas especies, mariscos, árboles, plantas, y otras producciones que se sacan y cogen en estas costas de Málaga, con lo demás perteneciente a la Conchiliologia, publicada en 1789, e que cita a especie Solen Dactylus, que, efectivamente, se identifica coa actual Solen marginatus (que Ríos engloba en Solen vagina).

Rosa Ramonell, na súa Guía [2] só recolle tres:

Ensis ensis, á que lle dá o nome de navalla, admitindo como sinónimos numerosos nomes recollidos da Nomenclatura de Ríos Panisse para Solen vagina, entre eles longueirón.
Ensis siliqua, á que adxudica o nome de longueirón, admitindo como sinónimos carabela e linqueirón, pero tamén navalla, e
Solen marginatus, para a que escolle dous nomes, longueirón e longueirón vello (nome non recollido por Ríos Panisse), ademais de moitos outros, entre eles navalla.

É dicir que, para esta autora, son aplicábeis os nomes de navalla e longueirón para as tres especies por ela recollidas, aínda que sexan de dous xéneros diferentes. (Pola contra, a RAG distingue entre navalla, nome que dá a Ensis ensis, e longueirón, que reserva para Ensis siliqua, aínda que sexan especies do mesmo xénero).

Na máis moderna Guía dos moluscos de Galicia, de Emilio Rolán e Jorge Otero-Schmitt,[3] estes autores recollen as seguintes especies, para as que dan os nomes que se indican:

Ensis arcuatus (os mesmos nomes que para Solen marginatus e, ademais, o de caramela)
Ensis ensis (non se indica nome)
Ensis minor (non se indica nome)
Ensis siliqua (os mesmos nomes que para Solen marginatus e, ademais, o de caramela)
Pharus legumen (non se indica nome)
Solen marginatus (carallote, carallete, navalla e longueirón)

Finalmente, no Vocabulario multilingüe dos profesores Lahuerta e Vázquez,[4] que non recolle só as especies propias das nosas augas, senón moitas outras de distribución mundial que son de interese pesqueiro, e que conta coa colaboración do Termigal para o tratamento lingüístico e terminolóxico, podemos ver:

– Xénero Cultellus
Cultellus tenuislongueirón africano
– Xénero Ensis
Ensis directusnavalla de América do Norte
Ensis ensisnavalla
Ensis gorensisnavalla de Gorea
Ensis siliqualongueirón
– Xénero Pharus
Pharus legumennavallón
– Xénero Siliqua
Siliqua patulalongueirón de Alasca
– Xénero Solecurtus
Solecurtus strigilatusnavallón curto raspado
– Xénero Solen
Solen capensislongueirón do Cabo
Solen guineensislongueirón de Guinea
Solen marginatuslongueirón vello
Solen oblicuuslongueirón antillano
– Xénero Tagelus
Tagelus adansoniinavallón de Adanson
Tagelus plebeiusnavallón macizo

Os autorees parecen decantarse por reservar o termo común navalla para o xénero Ensis (e especies similares doutros xéneros), e o de longueirón para Solen (e especies similares doutros xéneros); iso si, coa contradición de que Ensis siliqua é o longueirón propiamente dito.

Polo tanto, na miña opinión, o conveniente sería esperar a que a Academia se pronuciase (se é que se pronuncia) e, mentres tanto, encabezar os artigos sobre estas especies polo nome científico (como, consecuentemente, estou a facer) e así, de paso, aproveitar para corrixir as incongruencias —e mesmo os erros— que se observan nas páxinas Longueirón (molusco) e Navalla (molusco). Cordiais saúdos. --XoioÉche o que hai 4 de novembro de 2013 ás 15:36 (UTC)[responder]

  1. Ríos Panisse, Mª del Carmen (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Univerdsidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
  2. Ramonell, R. (1986): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3.
  3. Rolán, R. e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.
  4. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.

Día da xuntanza[editar a fonte]

Boas, mira, Estevo propuxo facer a xuntanza o día 30 de novembro en Pontevedra xa que coincide co Culturgal, cando poidas, comentas alí se che vale a data e o sitio? Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de novembro de 2013 ás 01:46 (UTC)[responder]

Esta fin de semana que ven é a do 30 e a temos que decidir o sitio para a xuntanza, paréceche ben o de Pontevedra ou queres propor outro sitio? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de novembro de 2013 ás 01:24 (UTC)[responder]

Votación Estados Confederados de América[editar a fonte]

Deixei un comentario na votación relacionado co que dis dos Artigos con problemas. --AMPERIO (conversa) 17 de novembro de 2013 ás 11:54 (UTC)[responder]

Xuntanza o sábado día 30[editar a fonte]

Despois de moitas voltas, perdón pola parte que me toca a este respecto, parece que este vindeiro sábado día 30 vai ser cando se faga a xuntanza. Pasa pola conversa da taberna e vota pola cidade na que queres que nos xuntemos. Tamén podes propor co teu voto unha hora de quedada e así imos perfilando os detalles. A ver se nos vemos o sábado! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2013 ás 09:09 (UTC)[responder]

Ó final quedamos ás 4 en Pontevedra diante do concello. Se che dese unha arroutada vémonos alí, se non quedará para a próxima! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de novembro de 2013 ás 14:37 (UTC)[responder]
Fixen un pequeno resumo da reunión na conversa da taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de decembro de 2013 ás 02:35 (UTC)[responder]

Proposta nova[editar a fonte]

Boas Xoacas! Deixei unha proposta na taberna, se podes e queres pásate a opinar e aportar as túas ideas e aportacións sobre os temas que máis controles, chega con que vaias a Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_que_a_Galipedia_debera_ter. Unha aperta!! Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 14:09 (UTC)[responder]

Creo que xa funciona, se segues tendo problemas avisa na taberna para seguir mirándoo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de decembro de 2013 ás 01:44 (UTC)[responder]