Conversa usuario:Xoacas/2011

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Artigos máis buscados[editar a fonte]

Pois aí temos un pequeno problema, porque o buscador existe, pero para o galego non (existir existe, pero está desfasado e non dá resultados novos dende 2008[1]). Non obstante, non creas que varían demasiado con respecto a en.wiki. Así, con base na wiki inglesa, os populares das últimas horas son estes [2]. Hai esta estatística para o galego, pero non sei eu se está ben [3]. Isto si está ben, e axuda a ver por onde tira o internauta galego. Os artigos máis visitados en en.wiki en 2009 foron estes. En fin, que é unha lea. O mellor é que mesturando un pouco todo, trates de atopar un artigo que che interese e que creas que non está o suficientemente expandido e que por riba, revisándolle o historial de visitas, repares en que ten unha chea de visitantes diarios. Isto vale para moitos dos artigos porno (hai moito vicio) e tamén, por exemplo, para Galipedia, que tamén é visitado moito, moito [4]. --Atobar (conversa comigo) 15:59, 1 de xaneiro de 2011 (UTC)

Por certo, outra tarefa realmente útil e de relevancia é crear os artigos fundamentais[5] ausentes en gl.wiki. Repara nesta lista de wikis por calidade, onde por certo estamos caralludamente colocados (acabamos de subir do 35 ao 33, e quédanos percorrido) [6] e verás que é unha das eivas que debemos solucionar apra seguir gabeando no top de calidade. --Atobar (conversa comigo) 01:36, 5 de xaneiro de 2011 (UTC)
Perdón por meterme onde non me chaman...O:). Sobre este tema de artigos vitais e tal e tal, trouxera da wiki en inglés as súas listas de artigos fundamentais por niveis. Según esa filosofía os artigos do nivel 1 e moitos do 2 deberían ser artigos de calidade en cada unha das wikis. Do nivel dous faltan algúns artigos moi interesantes, o que xa non sei é si eses artigos entran nesas listas de clasificación.
Sobre a páxina dos artigos populares hai que ter en conta que é unha lista dos artigos populares únicamente do día 20-07-2010..., co cal é unha información desfasada e demasiado puntual... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:42, 5 de xaneiro de 2011 (UTC)

A vaca, de Castelao[editar a fonte]

A vaca

A vaca é o símbolo da paz.// Val máis o que siñifica unha vaca que o que simboliza un león rampante. Xa o dixo un dos nosos economistas: “O albre xenealóxico d-unha vaca de leite é máis útil que o albre xenealóxico d-un aristócrata”. // A vaca esqueceuse dos cornos e dános o o seu traballo, o seu leite, a súa carne, o seu coiro e a carne e o coiro dos seus fillos. Non-os pode dar máis.// O can será o amparo dos ricos, que defende a propriedade do amo e ladra aos pobres que van pol-os camiños. En troques a vaca é o amparo dos pobres libres.// Os concursos de vacas leiteiras valen máis que os “Concursos de Belleza”.// A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid. E o que non lle dá de comer a unha vaca non ten dereito a muxila.// As “señoritas” que choran pol-a morte d-un can ridículo non comprenden a door d-unha familia labrega cando se lle morre unha vaca. // Se non fose pol-o leite das vacas, a piolleira das cibdades morreríase desnutrida. A vaca é a ama de cria da Humanidade.// O día que nós emitamos papel-moeda non estamparemos n-él o retrato dos políticos nin dos sabios nin dos artistas; estampariamos, somentes, a figura d-unha vaca, como símbolo da nosa economía humanamente distribuída.// O día que Galiza sexa unha comunidade cooperativa ergueremos un gran moimento c-unha vaca en bronce dourado// Tamén hai razas de vacas; e a mellor é a nosa.// O día que seipámo-lo que val unha vaca, Galiza quedará redimida.

CASTELAO: Obras. Henrique Monteagudo (coord.). Galaxia, Vigo 1999. O texto procede de Sempre en Galiza 1, XXXII, Bos Aires 1944, aínda que fora escrito en Barcelona, en 1937.

As dobres barras (//) indican salto de parágrafo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:40, 5 de xaneiro de 2011 (UTC)

  • Perdón: *seipámo-lo --> seipamos o. Pedro --Lameiro (conversa) 23:42, 5 de xaneiro de 2011 (UTC)

Vaca[editar a fonte]

Boas noites. Un par de cousas: cando falas da vara da envexa, o acebiño escríbeo con v e que a ligazón interna remita a acivro. E cando ó principio falas do yak escríbeo iac, que é como o recolle o VOLGa. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:37, 6 de xaneiro de 2011 (UTC)

A vaca na cultura popular[editar a fonte]

Fareino, por suposto, agora que estou liberado de certos compromisos. ¡Ganas lle tiña! E material teño máis do necesario. Pero teno presente para non solaparnos co que ti escribas no teu artigo vaca. Pedro --Lameiro (conversa) 19:45, 6 de xaneiro de 2011 (UTC)

máis vacas[editar a fonte]

Dentro da familia Bovidae témo-la subfamilia Bovinae, que comprende bois, bisontes, búfalos e certos antílopes. Sinceramente, non sei de ningún rasgo anatómico ou fisiolóxico do noso boi que sexa específico e distinto dos outros conxéneres. Son xéneros diferentes e non sei se esas diferenzas irán máis aló das características externas. Posiblemente non, pero non o podo asegurar; tamén pode ser que si existan. Buscarei na miña biblioteca a ver se atopo algunha cousa. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:03, 9 de xaneiro de 2011 (UTC)

  • Non era ese o libro ó que se refería Servando. É este. Pedro --Lameiro (conversa) 14:26, 10 de xaneiro de 2011 (UTC)
  • O debuxo do uro non é unha reconstrución. É unha copia dun orixinal tomado do natural. O último exemplar de uro, unha femia, morreu por causas naturais en 1627. Pedro --Lameiro (conversa) 14:36, 10 de xaneiro de 2011 (UTC)
  • A afirmación de que "Dispón de dous cornos, que son ocos, non ramificados e permanentes" non a podes aplicar ó aparato reprodutor senón a unha sección, aínda inexistente, sobre a descrición exterior. Eses cornos, non ramificados e permanentes son os cornos da cabeza da vaca (carácter a extinguir, por certo). O útero ten tamén dous cornos, pero nada teñen que ver. Pedro --Lameiro (conversa) 14:47, 10 de xaneiro de 2011 (UTC)
  • "O ubre dunha vaca moi produtora pode chegar a dar 17,1 kg de leite ó día". Unha boa vaca dá tranquilamente 30-40 litros diarios [7] [8]. Tamén: Erich Kolb: Fisiología veterinaria 1976, 2, 812. Teño máis datos pero agora non os atopo. Pedro --Lameiro (conversa) 15:12, 10 de xaneiro de 2011 (UTC)
    • Sigo co leite. A produción de leite calcúlase por lactación, cun pico ás 2-4 semanas do parto para ir descendendo paulatinamente ata o momento do secado. O caso é que o secado parece ser bastante irregular: a cifra estandar era de 300 días, pero vexo resultados que oscilan entre nos 268 e os 429 días. Con esas diferenzas é difícil calcular producións diarias. Os de ACRUGA (asociación da Rubia Galega) dan cifras medias de 7,5 litros diarios e 2.239 litros por lactación (media de 296 días), pero claro: estamos falando dunha raza de carne. Se vemos producións da frisoa, seleccionada pola produción láctea, as cifras dispáranse e falamos xa de records galegos de 18.457 litros (52-61 litros diarios se foran lactacións de 300 ou de 350 días) en 2003, ou de 19.012 litros (52-63) en 2008. O récord mundial teno unha vaca norteamericana con 33.000 litros (94-110). A media en Galicia, segundo cifras de Control Leiteiro, é de 8.341 litros (25-28). Pedro --Lameiro (conversa) 20:46, 10 de xaneiro de 2011 (UTC)
  • O único que atopo é o seguinte: familia Bovidae: Rumiantes con cuernos huecos y persistentes. (Bueyes, antílopes, cabras, ovejas...). Subfamilia Bovinae: Bóvidos de hocico ancho, grandes cuernos y cola larga con un mechón en el extremo (Bueyes, bisontes, búfalos, antílopes de cuernos espirales y antílopes de cuatro cuernos). Non responde á túa pregunta, pero é o que sei. Máis: se queres información sobre as características da vaca frisoa, como arquetipo da vaca, aquí tes o estándar racial (oficial: libro xenealóxico) da raza frisoa española. Pedro --Lameiro (conversa) 20:31, 10 de xaneiro de 2011 (UTC)

Estatísticas actualizadas[editar a fonte]

Por se for do teu interese, [http://www.ige.eu/estatico/pdfs/s3/publicaciones/datos_estatisticos_basicos_Galicia_2010.pdf aquí] tes as estatísticas de 2010, con datos de gando vacún referidos a 2008 (px. 26). E aquí os datos do MARM referidos a toda España, por comunidades, con datos referidos a 2007 (px. 83). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:31, 6 de xaneiro de 2011 (UTC)

  • E aquí tes datos aínda máis modernos. Pedro --Lameiro (conversa) 15:37, 6 de xaneiro de 2011 (UTC)
  • Aquí te-los datos da FAO actualizados a 2009: 1.382.241.378 cabezas de gando (cattle). Non sei se inclúe cebús e iacs; so vexo que exclúe búfalos. Podes preguntarlle datos por país, por continente e por todo o mundo mundial. Segundo esta web, en 2005 eran xa 1.348 millóns e pico, non os 1.272 millóns que dicimos no artigo (se é que estamos falando do mesmo, claro). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15:49, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)

Asinar comentarios[editar a fonte]

Ola, Xoacas! Esqueciches asinar o teu comentario en Conversa categoría:Literaturas por lingua. Por favor, asínao para poder separalo convenientemente do que fixo Cheluco. Grazas! --Paradanta (Cóntame) 16:02, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ola, boas tardes! grazas pola túa benvida! espero poder ser de axuda para a galipedia. Un saúdo --81.32.104.251 18:49, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)

Boas noites, a fonte da que tomei o artigo é unha paxina do Usuario:Lliura na que estaba gardado porque debido aos fallos que tiña non podía estar na paxina do artigo. De todos modos xa o expliquei na conversa da páxina.--83.35.148.17 20:00, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ola, lin o teu comentario e a verdade é que é certo que non serve de nada enfadarse máis molestoume un pouco a forma de actuar de Cheluco con respecto ao artigo. A verdade é que se non tes moito problema en facelo gustaríame que me mostraras algúns exemplos diso das traduccións para poder aprender un pouquiño máis sobre o funcionamento da wikipedia. Un saúdo--83.35.148.17 20:18, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)

Alcalde de Amoeiro. Sobre o seu perfil na Galipedia[editar a fonte]

Estimado Xoacas:

Vaia por diante a miña "bisoñez" no mundo da wikipedia ou da galipedia, que foi o que me impulsou/levou a borrar un contido e por outro por min mesmo (algo que descoñecía que atentaba contra as normas desta publicación, e que por outra banda non resulta estrano). A este respecto, tamén quero expresarlle as miñas disculpas xa que a contribución era súa e, ademais, quero subliñar que non é unha noticia tendenciosa, pero si incorrecta e, obviamente, moi parcial en canto a miña traxectoria ó fronte do consistorio de Amoeiro. Explícome: a querella foi retirada por tres dos cinco querellantes, non polos outros dous; en calquera caso, trátase dun asunto delicado -póñase no caso- xa que, de entrada, admítense a trámite case todas as denuncias e querellas, particularmente si se presentan de xeito tendencioso e con argumentos falsos -como así foi, aínda que Vostede non ten porque sabelo nin crelo-, si ben para prosperar cara un xuízo en senso estricto deben superar a fase de "dilixencias previas" que é o que se está a resolver nestes momentos. En calquera caso, ninguén pode evitar que lle poñan unha querella, por moi falsa que sexa, e esto ocurre especialmente no ámbito da política onde se xoga a miúdo co bo nome dos cargos públicos con fins políticos, como así foi: os tres que retiraron a denuncia e se auto-excluiron do pp de Amoeiro recoñeceronme que puxeron a querella sabendo que era inxusta, pero que así llo transmitiu o entorno baltarista como único medio ó seu alcance para apartarme da alcaldía (polo que se ve, descartaban os comicios democráticos como vía). Adicionalmente, quero transmitirlle o seguinte: ó ser sabedor da infamia, tan pronto se presentou a querella (que foi en xaneiro de 2010) avisei ós meus amigos, familiares e compañeiros da facultade para que soubesen que non había nada de certo nin nada que ocultar; logo, convoquei a todas as parroquias e expúxenlle a querella e os meus argumentos, debendo subliñar que só nun dises actos acudiu un dos querellantes quen o darlle a oportunidade de xustificar o seu acto abandonou sen explicacións o lugar da reunión diante do resto dos veciños. Todo isto dígollo para que teña constancia do malestar que ocasiona unha maldade semelleante, e o meu proceder cando vexo que a galipedia só recolle este feito como o máis salientable da miña traxectoria municipal. Debo engadir, aínda que non é público, que á espera da resolución xudicial, a fiscalía solicitou, ó igual que a defensa, o arquivo do caso, e que un dos dous querellantes que quedan non se opuxo o mencionado arquivo: é dicir, só queda de facto un que segue a querer querellándose (sen base algunha, pero iso é igual). Espero que me comprenda, e disculpe tan longo texto, pero considero que debo explicarme deste xeito. Finalmente, un breve comentario sobre o contido do meu perfil e do perfil doutros alcaldes galegos: as cen primeiras entradas de google como criterio pareceme moi enganoso por varias razóns: a) varían constantemente, e dependen do momento (no meu caso, coa noticia de roubo de paneis electrónicos no concello é obvio), b) reflicten o que lle gusta ós medios (o máis chamativo, como é normal), e, en consecuencia, c) obvian o desempeño real no cargo. Sexa como fora, hai moitas outras cousas nas cen primeiras entradas sobre min que poderían comentarse, e inclúen dende publicacións, o meu perfil profesional en Linkedin, o convenio co Instituto de la Mujer para a posta en marcha por primeira vez en Galicia do programa CLARA, ou o Premio Nacional TRAGSA ó desenvolvemento sostible no medio rural -que se concede por primeira vez a un concello galego-. Obviamente, a súa tarefa na galipedia é complexa e descoñezo os criterios para desenvolvela, pero non estaría mal, digo eu, conversar cos alcaldes para ter información sempre que sexa contrastable, claro está. Non sei que máis dicirlle. Quedo o seu dispor, e gustariame, si é posible, ter unha conversa persoal con Vostede (o meu teléfono é 656 657 057 e o meu mail persoal é: rafael.rodriguez.villarino@gmail.com).

Atentamente,

Rafael Rodríguez Villarino —o anterior comentario sen asinar foi feito por Pakany (conversacontribucións) 10 de xaneiro de 2011 ás 13:21

Video de Jimbo[editar a fonte]

Boas, rapás. Si sabía o do video do Jimbo pero como non teño tempo para máis non o puden nin mirar. Moitas grazas pola tradución, se tivese un momento para miralo e ver si funcionan os subtítulos, nunca probei un video con subtítulos noutro ficheiro, si que poderiamos poñelo. Boeno, si é que nos deixan algún proxector ou algo, que aínda non sei claro. Outra vez grazas pola túa axuda e se tiveras un momento libre achégate ata alí que non teño quen me faga as fotos... ;) (Espero que haxa unha tarta e pode que algunha sorpresa máis). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:56, 11 de xaneiro de 2011 (UTC)

Estaría ben que saise si, pero eu non teño conta de Facebook nin teño idea de como se usa. ¿Non terás conta ti por un casual?. Si non podo avisar na taberna a ver si alguén pode facelo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:42, 11 de xaneiro de 2011 (UTC)
Oki, graciñas!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:17, 11 de xaneiro de 2011 (UTC)
Si que me faría falta alguén que fixera unhas fotiños para a posteridade porque, si aparece alguén :), eu terei que atendelos un pouco. Os da Fundación xa dixeron que era moi interesante que se fixeran fotos para ter como lembranza de todos estos eventos e para que queden para a posteridade e tal e tal. Trae a túa cámara que as de coñecela mellor e logo si queres podes fuchicar tamén coa miña, que tampouco é unha maravilla pero para unhas fotiños de xente vale máis que de sobra. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:37, 12 de xaneiro de 2011 (UTC)

Elíseo>Elisio[editar a fonte]

O de marcar como lixo non o sabía, moitas grazas polo aviso. O de arranxar as ligazóns, imaxinábao; de feito xa fixen o da "Avenida dos Campos Elíseos" e pasei un cacho enleándome eu só para explicarme nas páxinas de conversa. Tiña pensado seguir, pero é que vós sodes os máis rápidos do Oeste ;-D.--vilachan 15:07, 11 de xaneiro de 2011 (UTC)

Galliformes[editar a fonte]

Olá. É certo que non existe un consenso ao respecto pero, neste caso, é improbable que difira da clasificación taxonómica (como ocorre en tódalas wikipedias). A verdadeira razón da creación das catro familias de galliformes é correxir un erro de vulto que fala dos faisáns como se fosen a familia das Phasianidae cando, en realidade, comparten tal familia con galos ou pavos. Usuario:Woden (eh ho?!) 12:04, 12 de xaneiro de 2011 (UTC)

Pois mira, a imaxe é miña máis que nada porque a tirei eu. Non sei porque tomas esa fonte como referencia. Pero apareceu antes en outros sitos web. (eh ho?!)

Cal é método para verificar que en efecto é miña? E, sobre todo, que se supón que debo entender coas ligazóns a diferentes versións da imaxe? (si, o texto tamén é meu). —o anterior comentario sen asinar foi feito por Woden (conversacontribucións) 03:39, 13 de xaneiro de 2011
Repito. A imaxe tireina eu e foi publicada por min e por outros membros da banda en diferentes sitios. En todo caso se a propiedade é de Cats and Monkeys podes estar tranquilo xa que "Cats and Monkeys" está rexistrado baixo unha persoa xurídica (Asociación Cultural Ollo de Vidro) da que eu mesmo son o presidente. Coido que te estás a tomar demasiadas molestias no tocante a esta foto. Tes algo en contra da foto ou do artículo? É evidente que non tódalas imaxes subidas á wikipedia seguen este procedemento exhaustivo raiante no paranoico. Woden (eh ho?!) 10:23, 13 de xaneiro de 2011 (UTC)
Coido que está arranxado e a túa mensaxe o confirma. Como ti dis, se non se especificou nada nas primeras publicacións enténdese que se reservan os dereitos. Ben, isto foi o que especifiquei no ficheiro.

Boas xoacas,

Son o usuario deus, hai tempo mandáchesme unha mensaxe a propósito dun artigo ao que añadín algo de información. En realidade son bastante novo nesto e non o sei manexar ainda moi ben. Por poñer un exemplo, fixen un artigo na Galipedia sobre unha esgrimista (Helene Mayer) e nin as fotos conseguín cargalas nin sei como podo facer para que estea conectado ós outros artigos que sobre esta muller hai noutras linguas, non sei se ti poderíasme facer o favor de explicarme como podo facer estas cousas (lin os informes de axuda pero ou non os sego correctamente ou non atopo o que ando buscando). Doutra banda na tua mesaxe pídeme (non sei se ti ou o administrador) que me rexistre (imaxino que para crear un perfil como o que tés ti porque rexistrado creo que xa estou) e tampouco sei como se fan estas cousas. En fin, se me podes facer o favor de explicarme un pouquiño estaríache enormemente agradecido porque a galipedia è un proxecto moi bo e gostaríame poñer o meu graniño de area.

Un saúdo

Atribución errónea a Manuel Gallego.[editar a fonte]

Ola, Xoacas. Son novo nisto da wikipedia, e aínda estou un pouco perdido. Non sei cómo é o protocolo para facer unha modificación, se hai que avisar ó autor ou facelo directamente, como eu fixen. Nin tan sequera sei se teño que poñerme en contacto contigo mediante deste xeito... Son colaborador do estudio de Manuel Gallego, e démonos conta do erro porque o periódico "el mundo" puxo unha nova na súa edición dixital (con motivo da medalla de ouro) coa foto do concello de Forcarei tomada da wikipedia. O concello de Forcarei non é obra do arquitecto. Participou no concurso, e a súa proposta está recollida na monografía de Tanais e na revista Obradoiro da época. Pero o concurso gañárono César Portela e Pascuala Campos, que serían finalmente os autores desde edificio. A información da páxina de referencia non é, polo tanto, correcta. A ver se aproveito esta incidencia para meterme nisto da wikipedia... Xa me contaredes. Un saúdo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Candilero (conversacontribucións) 14 de xaneiro de 2011 ás 12:29

Ola de novo, Xoacas. Vexo que hai unhas normas de edición que son lóxicas, como é a verificación a través da búsqueda de fontes. O que non sei é se as referencias bibliográficas tamén son válidas, cousa que debería ser así. De outro xeito, podería suceder que o erro se retroalimentase entre páxinas web, xa que unhas referenciaríanse ás outras. Por outro lado, se alguén comunica por escrito un erro deste tipo, o autor orixinal da entrada debería dar o beneficio da duda e comprobalo en profundidade na rede ou por outras fontes, como as bibliográficas ou por información directa dos interesados. Internet non pode ser endogámico e fiarse só das súas propias fontes, xa que caería nun absurdo. De todolos xeitos, basta teclear en google "César Portela Forcarei" para subsanar o erro. Un saúdo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.165.229.35 (conversacontribucións) 14 de xaneiro de 2011 ás 13:56

  • Cando o mes pasado fixen algunhas ampliacións no artigo de Forcarei, só mencionei a autoría de César Portela -realmente o proxecto, que non é exactamente o mesmo- porque era o que dicía a Gran Enciclopedia Galega ("Foi proxectada polo arquitecto pontevedrés César Portela"). Se confirmas que Pascuala Campos é coautora do proxecto sería bo engadilo nese artigo. Pedro --Lameiro (conversa) 18:17, 14 de xaneiro de 2011 (UTC)

RE: Cursivas[editar a fonte]

O modelo está deseñado para deixar de pór en cursiva os títulos a partir das parénteses, para que queden deste xeito: "Nome da película (filme)" e así evitar que "(filme)" apareza tamén en cursiva. Supoño que haberá solución, mírocho decontado. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 11:04, 15 de xaneiro de 2011 (UTC)

Aquí tes a solución! --Toliño Fala aquí comigo 11:21, 15 de xaneiro de 2011 (UTC)

Poliamor[editar a fonte]

Ola, meu; veño de crear o artigo poliamor, adaptando desde a wiki en castelán; Anímaste a botarlle un ollo e revisar? Non inclúe moitas referencias, e non estou seguro de que algunhas frases sexan correctas. Variei en certa medida as afirmacións, pero tampouco son quen de referencialas. Vaia, calquera axuda será benvida.

Un saúdo, e graciñas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22:14, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ola, Xoacas; Perdón por non contestar antes, fóiseme. Moi bo metido ese bisturí, era xusto e necesario. A ver se aparecese algunha bibliografía, e a ver se aparece algunha situación fotografable oportuna. Saúde, e un millón! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16:10, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)

Referencias de?[editar a fonte]

Tres comentarios.

  • Preferiría, cando fales dalgún artigo, que me especifiques cal é. Estou a editar varios artigos para os que busco referencias e información. Por certo, se segues o meu traballo tan de cerca quezás te decataras de que, por exemplo, en Historia de Lugo artigo que, desde logo, aínda non merece tal nome xa que polo de agora non é máis ca unha colección de feitos desligados en evidente construción ten máis de 20 referencias.
  • Preferiría, asimesmo, que empregases unha linguaxe non ofensiva nin sarcástica e que te abstiveras de realizar ameazas. Imaxino que xa sabes que a Galipedia non é túa, senón parte dun proxecto internacional que busca o beneficio dos internautas non a complacencia do teu criterio. Se en realidade estás preocupado pola calidade da Galipedia suxíroche que empeces revisando, sen ir más lonxe, Saudade (revista) que é un artigo creado por ti que non conta con ningunha referencia. Daquela quizais queras botarlle un ollo ao listado de artigos que requiren referencias na que abondan artigos que levan anos pedindo referencias, nada sospeitosos de estaren a ser editados.
  • Por último, non teño ningunha interese en establece ningún tipo de disputa contigo. Levas feito un gran traballo para a Galipedia que recoñezo e eu pretendo contribuir á mesma para benficio dos demais do mesmo xeito que moitos outros contribuiron para beneficio meu. Agradézoche que revises o meu traballo para axustalo ás normas da Wikipedia pero procura ser xusto e racional. Hai moitos artigos na Galipedia con fallas terribles, quizais deberías empezar por eses.Woden (eh ho?!) 16:21, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)

Aí vou ;P Por certo, eu estou engadindo referencias xenéricas sobre as fontes que emprego de xeito que no parágrafo apareza referenciada a obra na que se reflicte a interpretación dos datos presentados. Sen embargo, coido que dalgún xeito as referencias máis solicitadas pola comunidade son as de sentencias do tipo "X é o Y máis Z" (o cal ten moito sentido), mais non puiden atopar ningunha referencia a esta política. Isto é así? Porque de tal xeito priorizaría a procura deste tipo de sentencias. --Woden (eh ho?!) 19:15, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ok, xa os lera, a miña consulta tiña máis que ver con como se referenciaba correctamente un artigo. É dicir, se engadir as referencias de uso xeral como bibliografía e referenciar só a pé de páxina os datos concretos que poidan resultar menos contrastables (por aparecer en pouca bibliografía) ou máis polémicos (por diferir dos dados noutras fontes bibliográfica) ou, pola contra, referenciar xenericamente cada conxunto de información a pé de páxina. Graciñas. Un saúdo. --Woden (eh ho?!) 12:44, 20 de xaneiro de 2011 (UTC)

Historia de Lugo[editar a fonte]

Grazas ;) O certo é que pretendía engadir unha pequena introdución a cada época. Quizais o ideal sería engadir unha ligazón ao artigo concreto da galipedia ao estilo de "Artigo principal: ..." pero con outro enunciado do tipo "A ... en Galiza" ou algo así. Existe algún modelo para isto ou algunha convención da galipedia? --Woden (eh ho?!) 15:43, 21 de xaneiro de 2011 (UTC)

Xusto! Coido que o de {{VT}} podería ser o axeitado. De todos xeitos coido que molestarei a Toliño unha vez máis por se houbese outro máis indicado... __Woden (eh ho?!) 16:01, 21 de xaneiro de 2011 (UTC)

Boas de novo[editar a fonte]

Boas de novo;

Onte respondinche por mail dada a miña ignorancia nestes menesteres, así pois e seguindo as túas indicacións, copio e pego a mensaxe aquí (supoño que é a donde te referías), salvo o meu enderezo -que non procede- Velaí vai, (mais antes un apuntamento sobre da túa observación de ontes: é rexeitable o teu enxuizamento da relación de quen edita un artigo co contido do mesmo somentes polo seu alcume de usuario, que até o dagora ven sendo de libre elección. É propio dos "fans" dalgo escoller nomes relativos á súa interese, ¿non sí?) :

19 de xaneiro de 2011 13:53

Boas Xoacas!;

veño de editar o artigo sobre a Empresa Ribadeo e de ler o teu comentario:

Ola, Idealauto. Poderíasme aclarar que tipo de relación tes coa Empresa Ribadeo S.A.? O teu nome de usuario suxire que algunha hai, de modo que mentres non aclares este tema deberías absterte de editar este artigo e calquera outro que teña relación coa empresa Ideal Auto. Tes, iso si, toda a Galipedia para traballar, e traballo non falta por facer. Para calquera dúbida tesme na miña páxina de conversa. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:37, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)

Pois ben, non hai tal nexo, somentes son un dos coautores do citado libro recén rematado de imprimir. Durante a elaboración do mesmo tivemos o pracer de coñecer persoalmente ás familias ás que inicialmente pertenceron a serie de empresas sobre as que versa a obra,así como xubilados etc..., mais só nos coñecemos pola nosa paixón acerca da temática dende fai uns tres anos, que foi cando eu me rexistrei na Galipedia para cubrir mínimamente o valeiro que con respecto a esa emblemática empresa da miña vila existía na rede. Quedo á túa enteira disposición, e déixoche os meus datos persoáis:--IdealAuto 12:15, 20 de xaneiro de 2011 (UTC)

Cabeceira Tetractis[editar a fonte]

Non podo entender por que non se pode subir a imaxe Cabeceira Tetractis.--Tetractismonelos 12:35, 20 de xaneiro de 2011 (UTC)

Entendo que sobre a portada poda haber dúbidas polas fotografías que aparecen (?); pero sobre a cabeceira: eu son autor, creador, editor e fago cesión de todos os dereitos; polo tanto, sigo sen entender por que non se pode colocar esa cabeceira.--Tetractismonelos 17:00, 20 de xaneiro de 2011 (UTC)

Li a tua mensagem. Para mim o artigo Kriorus está em Galego. Nom é Português. Tem "oms" em vez de "ãos" Se só é válida uma versom do Galego, que é a versom próxima do Castelhano, entam pronto, apaga a página ou corrige-a. Eu desisto.—o anterior comentario sen asinar foi feito por MiguelGMC (conversacontribucións) 23 de xaneiro de 2011 ás 04:17

Este/leste[editar a fonte]

Cento por cento non, pero no Volga non está. Será mellor que lle pregunte a Atobar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:46, 24 de xaneiro de 2011 (UTC)

Xa o comprobei, mirei no dicionario Gran Xerais e di que *este como punto cardinal é incorrecto e que o normativo é leste. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:16, 26 de xaneiro de 2011 (UTC)
A mandar :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:40, 26 de xaneiro de 2011 (UTC)

Orixe da vida[editar a fonte]

Ola Xoacas. Que está a pasar coa edición do artigo Orixe da vida? --Xoio (fálame) 23:20, 25 de xaneiro de 2011 (UTC)

Grazas! Tes que perdoar pero é que son novo nisto e aínda me estou afacendo, e non o sabía! Un saúdo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Breogan2008 (conversacontribucións) 28 de xaneiro de 2011 ás 15:03

Daniel Day-Lewis[editar a fonte]

Moitas gracias, aínda me estou afacendo a isto. Estou tomando como modelo a páxina de Luís Tosar, salvo na filmografía. Saúdos cordiais. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Aralenorimaki (conversacontribucións) 28 de xaneiro de 2011 ás 15:34

Bilbo Bulseiro[editar a fonte]

Ola, Xoacas; Desculpa o retraso ao contestar. Graciñas por avisares da dúbida de Elisardo; a achega de Alberte é correcta, a tradución ao galego da obra serve de referencia para o nome do personaxe.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14:20, 29 de xaneiro de 2011 (UTC)

Bandeiras[editar a fonte]

Arranxado. Graciñas.--Aralenorimaki 18:38, 29 de xaneiro de 2011 (UTC)

Tes razón, desculpa. De tódolos modos (aínda que non sirva de excusa) as dúas liñas que borrei eran miñas e a dúbida xa estaba solventada. Grazas. --Aralenorimaki 13:57, 4 de febreiro de 2011 (UTC)

Charlotte's Web[editar a fonte]

Ola Xoacas! Na miña opinión facerlle o traballo a ese vándalo estadounidense (se non lembro mal) é case como dicir: non hai problema, ti sigue facendo artigos a tradutor automático que nós te axudamos. Pola contra, penso que debemos evitar que as súas edicións, vandálicas, cheguen a ser permanentes, aínda que nos custe algo de traballo ter que andar eliminando e bloqueándoo dende as múltiples ips dende as que salta o bloqueo. Non podemos permitir, ademais, que un usuario bloqueado en infinidade de ocasións (non sei o número de usuarios e ips que ten bloqueadas, pero máis dunha ducia seguro) edite sen máis problema, sen trabas pola nosa parte, coido que non tería moito sentido. Iso si, habería que atopar unha solución, non sei se creando pola nosa conta eses artigos, o problema é que el ten un amplo abano de filmes cos que seguir dándolle que te pego, como xa fixo outras veces... non sei. Que opinas? --Alberte Si, dígame? 01:41, 6 de febreiro de 2011 (UTC)

Infiltrados[editar a fonte]

Moi boas, dígovos esto a ti e a Alberte porque non sei a quen dirixirme. Modifiquei o título de "The Departed" na páxina dos Óscars á mellor película para sustituílo por "Infiltrados", xa que este película emitiuse na Tvg (hai ben pouco). Dito isto nun erro imperdoable creei a páxina "Infiltrados" existindo "The Departed", penso que a miña mellora á existente, e ademáis inclue un pequeno vídeo da promo da peli na TVG, pero o ideal sería meter a info. das dúas nunha e eliminar a outra.

Eu quitaría o enlace á web da Warner en Sudamérica, non lle vexo moito sentido, non sei que ten que ver con nós (sobre todo tendo xa o enlace á web oficial). Tamén creo que a miña sinopse revela bastante menos que a feita na páxina co título orixinal. E pouco máis. O que sí me parece importante é utilizar as fichas das películas, xa que en pouco espacio proporcionan bastante información. Gracias pola túa atención e desculpa polo erro. Saúdos. --Aralenorimaki 15:48, 6 de febreiro de 2011 (UTC)

Artigo para o futuro[editar a fonte]

Para cando teñas tempo. [9]. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 00:02, 7 de febreiro de 2011 (UTC)

C.D. Lugo[editar a fonte]

Moitas grazas pola aclaración Xoacas! Unha cousiña máis, se fago un apartado sobre o himno, hai problemas por utilizar unhas liñas do mesmo a xeito de mostra? --Adorian (fálame) 08:48, 8 de febreiro de 2011 (UTC)

Graciñas de novo. En principio sería para poñer como moito as dúas ou tres primeiras liñas (o himno ten máis de vinte). Grazas de novo pola axuda. Se non hai problema con iso non creo que faga falla investigar. Desculpas polas molestias. Un saúdo!--Adorian (fálame) 12:53, 8 de febreiro de 2011 (UTC)

Modelo de concello[editar a fonte]

Boas, acabo de ver que estás quitando as seccións de persoeiros, pero o modelo de concello aínda non está creado... É unha cousa incrible, está a conversa pero non existe o modelo! :). Penso que antes de seguir con este traballo, e tiña pensado estes días comentalo de novo na taberna, era facer dunha vez ese modelo. É que, por exemplo non estou moi seguro de que haxa que quitar a sección de Persoeiros, penso que forman parte, en certa forma, da historia de cada concello, pero ó mellor non se poden relacionar nese apartado. Isto só é unha idea que podo mudar rápidamente si se me explica un pouco :). Eu xa puxen un aviso na taberna para que o revisara a xente e comentara o que facer pero non pasou nada, vouno tentar agora de novo a ver que pasa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:01, 8 de febreiro de 2011 (UTC)

Moi ben, a ver si damos rematado o modelo e así xa queda todo listo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:37, 8 de febreiro de 2011 (UTC)
Vale, dentro dun momento poño un aviso a ver si damos pechado o tema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:56, 16 de febreiro de 2011 (UTC)
Listo, puxen o aviso en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Outra_vez_co_modelo_dos_artigos_de_concellos e e vou deixar outro comentario na conversa do modelo a ver o que che parece. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:52, 16 de febreiro de 2011 (UTC)

Monumentos BIC[editar a fonte]

Boas, ti que controlas disto a ver si me podes axudar. É que me metín noutro lío ;) e precisaba facer uns listados dos BICs de Galicia pero só os que teñan categoría de monumento [(R.I.) - 51]. Consultei a páxina da Consellería de Cultura e a de Patrimonio e non atopo gran cousa porque precisaba os BIC dos monumentos. Estou usando a páxina do Ministerio de Cultura pero é un coñazo porque hai que ir mirando por cada concello e revisando cada BIC para ver a categoría, ademáis que non teñen os castelos e non sei que mais. ¿Ti saberás ónde podo atopar esta información ou polo menos ónde consultala de forma máis doada?. Isto é o que quería facer agrupados por concello. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:00, 10 de febreiro de 2011 (UTC)

A páxina do ministerio funciona cando lle da a gaña, eu estiven hoxe buscando os BIC do concello de Pontevedra e funcionou a ratos usando o Exploter e agora tamén funciona algo e uso o Firefox. Pois si que é unha boa leria esta dos BIC, boeno, polo menos agora xa teño claro que isto vai ser moito máis complicado do que pensaba. Graciñas rapaz, --Elisardojm (conversa) 22:01, 10 de febreiro de 2011 (UTC)
E outra cousiña sobre deste tema. ¿Non saberás, por un casual, si en Coruña hai oficiña ou delegación da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e ónde está?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:44, 13 de febreiro de 2011 (UTC)
Vale, moitas grazas :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:14, 13 de febreiro de 2011 (UTC)

Home claro que me interesa!!!, moitas grazas. Eu o que vou facer en canto teña un momento, a ver si me da tempo agora, é comezar unha serie de listas (por provincias) cos monumentos que é o que temos que facer na primeira fase do proxecto de Commons. Tamén cando teña un momento porei un aviso na taberna para avisar á xente deste novo proxecto.

Un detalle importante que precisamos para as listas é o identificador do BIC dos monumentos xa que esta marca é única de cada un deles e imprescindible para gardar a información asociada ós monumentos en bases de datos e para tratamento de bots. Un obxectivo paralelo ó de conseguir fotografías dos monumentos é xerar unha base de datos con toda esta información, e claro, todo isto por cada país participante co cal si as cousas sairan todas ben sería bastante doado trasladar a información dos monumentos doutros países á nosa Galipedia e viceversa. Pero este obxectivo secundario é non sei si se dará conseguido. Xa veremos si se consigue o primeiro obxectivo :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:44, 14 de febreiro de 2011 (UTC)

Si, o dos MN xa me fun dando conta co que ti me dixeches e non sei o que vai pasar con eles, eu penso que si teñen categoría de BIC teñen que ter identificador, e os monumentos anteriores a esa lei non poden estar agora desprotexidos (polo menos non os máis importantes deles) así que espero que lles deran un identificador, ou ó mellor na base de datos do Ministerio usan os dous identificadores. Estamos facendo unha carta para mandarlle ó Ministerio de Cultura a ver si nos contan algo, en concreto ó mellor lla mandamos ó "Instituto del Patrimonio Cultural de España" (http://www.mcu.es/contacte/contacteLoadSaveForm.do?layout=contacteIPHE&tipoArea=ba8b37a7-a7c7-dd11-9bc2-005056aa416f&cache=init&language=es), estamos a ver.

Sobre o da base de datos polo momento só sería para os países participantes no concurso (Alemania, Holanda, Francia, Portugal, Polonia, España e non sei cal máis) e aínda que os criterios sexan distintos en cada país iso creo que non importa, creo que o que lles importa é ter unha base de datos centralizada con algún tipo de información enciclopédica que poda ser exportada a calquer proxecto wiki con axuda de bots. Isto podería ser o xerme dunha Wiki Data que axudaría moito a trasladar información entre wikis de forma automática e actualizable de forma sinxela.

Pois si sabes qué leis tratan este tema, e son poucas, podería tentarse votarlle un vistazo para saber qué pasa cos monumentos MN, que é importante saber o estado no que se atopan no Ministerio. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:16, 15 de febreiro de 2011 (UTC)

Comecei a Lista de monumentos da provincia de Pontevedra pero é só a parte do concello de Pontevedra e supoño que estará incompleta. O que non me lembro é por qué non lle puxen o BIC do Arquivo de Ponteveda, a ver si o reviso mañá. Por certo, a lista ten esa estrutura rara porque parece ser que así é máis doada de ler polos bots. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:35, 15 de febreiro de 2011 (UTC)
Acabo de atopar esta páxina, http://www.patrimonionacional.biz/provincia/39/pontevedra, é unha lista de monumentos que me parece que está moi completa. O único malo é que non ten o identificador BIC. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:24, 15 de febreiro de 2011 (UTC)
Estou totalmente dacordo contigo, teño que ir buscando os nomes correctos, cando amañe os que están tentarei seguir. Outra cousiña, acabo de atopar unha páxina (busca Xesta para atopar o sitio) de Caldas, como ti dicías o PXOM, que indica os monumentos nacionais que están no concello. Di que son monumentos declarados e incoados como BIC, os declarados parece que son os que teñen identificador, e logo os incoados non o teñen e nese caso está a Igrexa de Santa María que é Monumento Histórico. ¿Ti sabes o que quere dicir que sexan monumentos incoados?. ¿Que son Monumentos Históricos e que teñen a mesma protección que os BIC ou que están en proceso de protección BIC?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:07, 16 de febreiro de 2011 (UTC)

Moi bonito, Iglesia de La Coruña, así claro que non a van dar atopado na vida, tiñan que poñer Iglesia de La Coru... ;). Vale, xa sei o que son incoados, e os monumentos incoados, ¿é de esperar que sempre sexan BIC ou existe a posibilidade de que sexan rexeitados?. Porque si os incoados sempre van ser BIC entón poden meterse na lista e no identificador poñer simplemente "Incoado" para que se saiba e así teríamos unha lista máis completa. Outra cousa, creo que será ben quitar da lista a columna de "Busca", esa columna está ben para a lista de Commons pero eiquí penso que non é adecuada, ¿ti que dis?. ¿Qué outras columnas serán adecuadas?, ¿data/época da construcción e arquitecto, por exemplo?, ¿tipo e estilo?. Hai que aproveitar agora a poñer esas cousas que logo cando a lista sexa kilométrica vai ser moito máis complicado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:26, 16 de febreiro de 2011 (UTC)

Pero na lista que estou facendo non hai ese problema porque están os que teñen categoría de monumento (BIC 51), logo habería que facer outras listas para as outras categorías, claro está, pero xa con outros datos adecuados ó seu tipo. E nese caso si pode ser factible poñer os datos de data de creación, arquitecto e estilo, aínda que está claro que algúns deles non van a ter o dato ou será aproximado/descoñecido (estou pensando nos grabados rupestres que hai un fato deles). Pero si é interesante para a gran maioría dos monumentos..., habería que poñelo, ¿ti que dis?.
Entón sobre os incoados, ¿que facemos?, ¿metémolos ou non?. Eu dicía que si, así a lista estará máis completa, e cando se resolva o expedente actualízase e listo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:34, 16 de febreiro de 2011 (UTC)
Vale, estou dacordo entón con non poñer os BIC incoados. E sobre os campos da lista de monumentos, ¿quito o campo de data de creación?. ¿Hai algún dato que sería interesante incluir ou deixamos só Id, nome, coordenadas e imaxe?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:12, 17 de febreiro de 2011 (UTC)
Moi ben, vou engadir entón a data de declaración BIC. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:15, 17 de febreiro de 2011 (UTC)

Estiven mirando o de Cualedro aqui e polo que entendo, o castro de San Millao é Monumento Nacional, pero aínda non debe ser BIC e o seu expedente está incoado (igual que o outro castro). Polo tanto é normal que non apareza nin no ministeiro nin na lista fantasma que atopei. Si coñeces algún outro monumento que non esté no ministerio nin na lista fantasma e penses que é BIC avísame e tento facer unha busca específica del para tentar confirmar a súa situación. Polo que di o PXOM de Cualedro os Monumentos Nacionais non pasaron automáticamente a ser BICs, teñen que ser incoados de novo para conseguir esa nova situación, entendo eu, ¿non?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:16, 19 de febreiro de 2011 (UTC)

Pois acabo de atopar que o PXOM foi publicado no BOP o 7 de xaneiro de 2011 e pon:
De xeito particular, o Plan protexe:

A.- Os xacementos no territorio baixo protección arqueolóxica no catálogo e aqueles outros que sen estar incluídos, posúan os seus mesmos valores. Se excepciona o caso do Xacemento

do Castro de San Millao, por tratarse dun elemento afectado por un expediente de declaración como B.I.C, incoado o 28 de abril de 1981 de acordo coa “Ley de Patrimonio Histórico Español”. Trala transferencia das competencias do estado á comunidade autónoma, dito expediente continúa o seu desenrolo baixo a competencia da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, que aínda non rematou a súa declaración como Ben de Interese Cultural.
Parece que as cousas de palacio van despacio, claro que tamén pode ser que non actualizaran esa información..., pero é raro que non apareza tampouco na páxina do ministerio nin na páxina fantasma. O que está claro é que facía falta información oficial clara ó respecto pero veremos si se pode conseguir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:52, 19 de febreiro de 2011 (UTC)

Pois non dou atopado a edición que cambia o nome dos monumentos, as últimas edicións da lista son miñas e de Estevo, ¿ónde está esa edición que dis?.

Sobre os nomes xa dixen na páxina de conversa que coincidía con Lameiro que tiñamos que poñer os nomes oficiais en galego, o nome que lle poñan os do ministerio penso que non é adecuado eiquí. Si logo ese nome fai falta para o proxecto de Commons haberá que poñerllo alí pero eu penso que non vai facer falta. Sobre o de cambiarlle o nome a Lista de Bens de Interese Cultural da provincia de Pontevedra non me convence, na conversa desa páxina tamén puxen que esa é a lista de obxetos BIC coa categoría de monumento (R-I-51), e que logo haberá que facer a lista de obxetos BIC do resto de categorías, xardíns, arquivos, conxuntos, etc. Na cabeceira da lista xa pon que son só BIC con categoría de monumento, pero aínda así ó mellor o nome da páxina non é totalmente correcto e habería engadir o de BIC. Tería que ser Lista de monumentos BIC da provincia de Pontevedra para que o nome da páxina teña toda a información correcta pero non sei si será un pouco excesivo, o que é certo é que sería moito máis claro. Si queres cambiámoslle o nome a Lista de monumentos BIC da provincia de Pontevedra, ¿ti que dis?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:51, 21 de febreiro de 2011 (UTC)

Correction: Pontic Greeks number 4 000 people in Turkey - due to Greek Pontic genocide and Turkish-Greek population exchange. Please see the sources on this.[editar a fonte]

Pontic Greeks number 4 000 people in Turkey - due to Greek Pontic genocide and Turkish-Greek population exchange. Please see the sources on this. This was a previous population before their massacres and expulsion from Turkey before 1923. Please take this into account. Otherwise add a "nationalist point of view" like for the other (Greek) source as well. User:Menikure

Pónticos[editar a fonte]

Ola Xoacas.

A información sobre a poboación de musulmáns gregos (incluíndo os pónticos) en Turquía non é unha fonte académica. Os números non proveñen de fontes fiábeis académica. A información ofrecida por Omer Asan é subxectiva e, dende o punto de vista nacionalista. Non hai máis información sobre unha persoa, pero menos información sobre os gregos pónticos.

Hai moi pouca información fiable e de investigación sobre o número de musulmáns gregos pónticos, pero é moito menor que 300.000.

A poboación estimada do obxectivo (non turco e non grego) fontes indican números moi pequenas.

Estas dúas fontes de usar a información académicas de investigación estatística:

11.000 musulmáns gregos pónticos viven en Turquía acordo co "Joshua Project" http://www.joshuaproject.net/countries.php?rog3=TU e 4.540 persoas en Turquía (última investigación de 1965 por Mackridge), falou póntico http://www.ethnologue.com/show_language.asp?code=pnt acordo co "Ethnologue Database - Languages of the world".

Segundo os termos do Tratado de Lausana http://wwi.lib.byu.edu/index.php/Treaty_of_Lausanne, os cristiáns gregos (incluíndo os pónticos) foron expulsados para a Grecia, pero musulmáns gregos (incluíndo os pónticos) foron autorizados a permanecer: http://untreaty.un.org/unts/60001_120000/14/39/00027946.pdf.

Desculpas para o meu galego malo. Grazas. Menikure (Conversa Usuario:Menikure) 23:33, 12 de febreiro de 2011 (UTC)

Usuarios activos e usuarios novos[editar a fonte]

Sobre dos activos, si. Estamos, hoxe, en 324, e levamos xa un mes roldando os 320-330, cando a media do pasado ano foi duns 280, con picos de 310 e algúns meses de 260. Se isto estiver actualizado teriamos datos máis concreto, pero como non o está, falo de memoria. Logo, sobre dos novos usuarios, non hai diferenza entre este comezo de ano e o anterior; o ritmo é constante. O que sucede é que si a hai, e moita entre ete último periodo e os anos precedentes, porque é certo que houbo un importante número de rexistros, pero non creo que sexa un dato de maior interese, porque moitos viron a partir da creación de conta global e cousas como reservar o nome para que outro non o quite, malia non ser wikipedista de gl.wiki en particular. En fin, que dato relevante o dos usuarios activos (isto estará consolidado o día en que academos, en rigor, os 400) e bo tamén, pero que non nos colle de novas, o dos novos usuarios. Con todo, o último medio ano se por algo destaca é polo aumento moi considerábel dos patróns de calidade, do cal ti concretamente tes boa parte de culpa (como Lameiro, Adorian, Elisardo, Estevo etc etc). Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:34, 12 de febreiro de 2011 (UTC)

Deseño intelixente[editar a fonte]

Ola Xoacas. Por fin fixen o que puiden. Metín a tesoura onde foi posíbel, acortei ao mínimo a introdución, suprimín numerosas referencias, arranxei algunhas que estabal mal, tarducín outras, acortei a bibliografía, suprimín a sección véxase tamén, e conseguin reducir (non demasiado, é verdade) até 137 kb o texto. Considero que, pola miña parte, xa non podo facer máis nada. Se outros wikipedistas poden, fagan o favor de mellorar o artigo. Grazas a todos pola vosa paciencia. --Xoio (fálame) 21:18, 12 de febreiro de 2011 (UTC)

Xoacas, se lle queres dar un repaso a Deseño intelixente, perfecto. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13:20, 13 de febreiro de 2011 (UTC)

sonoridades[editar a fonte]

Ola, Xoacas; Acabo de mirar o comentario da votación de imaxe da semana sobre a cualidade do orgasmo; obviamente son consciente de que non é un son, nin unha guitarra ou un claxon son un son en si mesmos; referíame a gravar o son emitido e relacionado. E ao igual que unha guitarra dá un número inmenso de sons (ben poderá falar disto Beninho), hai multitude de posibilidades á hora de recoller rexistros sonoros de orgasmos, pode dar pé a unha interesante fonte documentaria.

Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:26, 14 de febreiro de 2011 (UTC)

Xoacas, mandáchesme un e-mail, pero baleiro. --Atobar (conversa comigo) 00:25, 15 de febreiro de 2011 (UTC)

RE: Artigos sobre castros[editar a fonte]

Ola Xoancas, o único que fixen foi adaptar os nomes das parroquias que figuraban en vermello aos nomes oficiais que figuran no Nomenclator que son os que usamos na Galipedia. E naqueles casos onde figuraba un nome de parroquia que non existe no Nomenclator, localizar o lugar e situalo na parroquia correspondente. As únicas referencias que utilicei son a mesma Galipedia. Se ves que hai algún erro, desculpa. Saúdos. --Xas (conversa) 15:25, 15 de febreiro de 2011 (UTC)

Categoría:Bens de Interese Cultural[editar a fonte]

Deixei un comentario na Conversa categoría:Bens de Interese Cultural que pode ser do teu interese. Saúdos. --Xas (conversa) 23:07, 15 de febreiro de 2011 (UTC)

Xaime Bello[editar a fonte]

Grazas polos teus consellos, seguireinos sen dúbida.--Ferreolus 18:03, 16 de febreiro de 2011 (UTC)

Can de palleiro[editar a fonte]

Penso que as fotos que colgaches na galipedia son erróneas. Debes documentarte e non crear confusión... . O texto é válido pero non ten referencia. As fotos ?? que tipo de can é??, dendo logo non cumple o standard da descripción. Porque non colgas unha foto más apropiada?? se non queres esa vale? pero colga unha que cumpla o standard que describes. Slds, —o anterior comentario sen asinar foi feito por Risonsinho (conversacontribucións) 17 de febreiro de 2011 ás 01:14

Ti si que non entras en razón. crees que eres o dono de galipedia??? . Si que estamos ben. Dende logo....

Que can é o da foto? Un raza can de Palleiro NON dende logo. Estas creado confusión e non axudas moito a raza se che importa algo, pois todo o contrario. Entra en razón. Revisa s o páinas que estás referenciando e colga unha foto correcta polo ben da raza s O teu can está ben pero noutra páxina non nesta ... Saudos e bloque o que que durmas ben. Risonsinho. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Risonsinho (conversacontribucións) 17 de febreiro de 2011 ás 01:24

Desculpas[editar a fonte]

Xoacas,

Recoñezo o meu erro, e pídoche desculpas polo meu descoñecemento nos procedimentos da galipedia , polo que non teño excusa , xa que debin documentarme de forma axeitada antes de editar. Tamén che pido desculpas polas mensaxes e posteriores procedementos totalmente inadecuados que desmostran o meu descoññecemento sobre a wikipedia . O meu único interés era que o artigo fora o mais axeitado á realidade posible. espero poidas aceptar as miñas desculpas. Un saúdo —o anterior comentario sen asinar foi feito por Risonsinho (conversacontribucións) 17 de febreiro de 2011 ás 23:13

Foto de cabazo[editar a fonte]

Cabazo en Xeve, Pontevedra.

Atopei esta curiosa e bonita foto dun cabazo en Xeve, Pontevedra. Non sei si xa a viras, si é así perdoa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:56, 17 de febreiro de 2011 (UTC)

Pero paréceme que a ponte da escaleira é de madeira, así que imaxino que cando non se tivera que ir a el quitaríanlla e quedaría sin acceso para os ratos. Por iso é aínda máis curioso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:56, 17 de febreiro de 2011 (UTC)

Traiñeiras[editar a fonte]

Estaba nelo, usando o termo traíñas porque é o que escoito na TVG de cote. Pois logo terei que cambia-lo nome do artigo. Neste modelo estaba incluindo ligazóns con outros artigos, algúns como Liga Noroeste de Traíñas 2010, e outros como Liga Galega de Traiñeiras 2007, co cal xa me decatei dos dous nomes, e non sabía cal era o mais axeitado nin cómo facer. ¿Ti poderías cambia-los nomes dos artigos mal escritos?. Eu non sei cambia-lo nome dun artigo, nin sei se son quén para face-lo. Os artigos que empregan a palabra Traíña, que eu saiba, son Liga Noroeste de Traíñas e Liga Noroeste de Traíñas 2010, e ademais o termo se emprega nun bo número de artigos relacionados. Graziñas. Un saúdo. JonnyJonny 22:10, 17 de febreiro de 2011 (UTC)

A taxa de natalidade no Norte da Italia hoje é maior que no Sul, nao percebo o porque de deixar uma frase errada no artigo. Basta consultar [10] e ver, 1,45 filhos por mulher no Norte e 1,35 filhos por mulher no Sul. A regiao com a maior natalidade é o Trentino que fica no Norte da Italia. --Santista1982 00:44, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

Ando algo perdido[editar a fonte]

Boas Xoacas! Ando un pouco perdido. Nestes ultimos dias andiven intentando engadir informacion sobre a parroquia de Ansemil e fai un intre fixenvos unhas preguntas dende unha conversa coa miña IP. Logo lembreime que xa fai tempo eu fixerame unha conta de ususario na wikipedia que abandoara por que me asemellaba moi dificil e puxenme a ver se lembraba o contrasinal. E xa ves atopeino pero sigo igual de perdido que sempre... Deciadesme que tiña que comprobar que o que dicia eu da parroquia era certo. Como o podo demostrar?

(Perdoa polos acentos ortograficos pero debo ter o ordenador cun virus porque o querer por o acento escribeme dous: ´´) --doradorodriguez (fálame) 12:54, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

O enlace que me puxeche dame un erro. --Beninho 17:01, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

  • Coñezo, é a chamada "igrexa nova", situada no centro de Marín. Teño un par de fotos delas que saquei hai uns días pero aínda non descarguei a cámara dende aquela. Vou ver se merecen a pena e as subo. Un saúdo. --Beninho 17:07, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

Aí as tes: dun lado e polo outro. Coido que debería sacarlle unha da fachada dianteira. --Beninho 17:20, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

Perdoa que che moleste outra vez[editar a fonte]

Grazas por molestarte en contestarme. Xa lin o arquivo de verificabilidade e agora ainda me atopo mais perdido. Esta claro que o erro e da Xunta, neste caso do Nomenclator, e por iso non sei o que teño que facer. Non sei ben se pode considerarse como proba unha foto que eu poida sacarlle o cartel de entrada da aldea (na N-540 que une Ourense con Portugal) ou o testimonio dos veciños da parroquia (eso si, non saberia como oficializar iso para a Wiki) ou si e valido que calquera poida ver nas paxinas amarelas que o taller mecanico da aldea, ao igual que o resto dos telefonos dos veciños, ten como direccion Casetas de Ansemil(podelo comprobar se buscas taller Peaguda na provincia de Ourense)pero dende a miña humilde e inexperta opinion non creo que ningunha destas probas poida facer cambiar de opinion a todos aqeules que organizades a Wiki. Sintome frustrado porque o que realmente se esta a poñer na Wiki e un erro(aunque sei ben que non ten moita relevancia xa que Ansemil non e unha parroquia importante) e por iso non sei se o mellor sera comunicarse coa Xunta para que intenten cambiar o que pon no Nomenclator. Non sei ti me diras... Un saudo e moitas gracias por aconsellarme. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Celanova única (conversacontribucións) 18:27, 18 de febreiro de 2011

Si estas no certo[editar a fonte]

Xa che dixen que ando un pouco perdido. Eu tiña unha conta dende fai tempo (Celanova unica) pero deixarao porque me parecia moi dificil. Como non me lembraba ben fixen outra conta Doradorodriguez e o caso e que ahora teño duas. Gustariame borrar unha podese facer? —o anterior comentario sen asinar foi feito por Celanova única (conversacontribucións) 19:51, 18 de febreiro de 2011

A taxa de fertilidade no Norte da Italia é mais alta do que no Sul, nao sei porque insiste em colocar informacao errada no artigo. Se sabe ler italiano vai conferir aqui: [11]:

"Le Regioni più feconde sono quelle del Nord, con in testa le due Province autonome di Trento e Bolzano (rispettivamente1,59 e 1,57 figli per donna), seguite dalla Valle d’Aosta (1,54). Ma valori alti si registrano anche in Lombardia (1,48), Emilia-Romagna (1,46) e Veneto. Nella graduatoria regionale, Sicilia e Campania che fino a non molti anni fa detenevano il primato della fecondità sono scivolate al settimo e all’ottavo posto. In fondo alla classifica Basilicata (1,19), Molise (1,16) e Sardegna (1,13)."

As regioes com as menores taxas estao no Sul da Italia (Sardenha que é a última é considerada Sul), enquanto a regiao com a maior taxa é o Trentino que é no norte.

Venho te pedir para nao reverter mais as minhas edicoes ok?. --Santista1982 12:03, 19 de febreiro de 2011 (UTC)

RW:Castros de Lugo[editar a fonte]

Non, o certo é que non. Alguén creou un artigo só cos castros do concello de Xove, e coma o criterio é listalos por provincias, incorporei ao listado da provincia de Lugo os que non aparecían alí. --Iago dime 18:35, 20 de febreiro de 2011 (UTC)

Se che parece, podemos revertir esta última edición no artigo á espera de ter referencias. Non sería raro que algún dos incorporados estivese repetido. --Iago dime 18:39, 20 de febreiro de 2011 (UTC)

Viktor Frankl[editar a fonte]

Revisei os títulos do apartado "Obras" e todos están editados en castelán. Puxen a primeira reseña ó seu libro máis famoso en alemán coa tradución ó galego xa que non atopei que haxa edición en galego (aínda que tampouco sei moi ben ónde atopar este tipo de datos, só fixen unha busca en Google e non saleu que haxa ningún libro editado en galego. Hai algunhas páxinas que teñen ese texto pero paréceme que só son a tradución do título ó galego). ¿Queda ben así ou hai que poñer tamén a tradución dos títulos do apartado Obras?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:03, 21 de febreiro de 2011 (UTC)

Home, si hai que poñer os títulos orixinais pois póñense, pero supoño que ó estar en alemán haberá que poñer, no caso que se saiba, a tradución do título en galego, ¿non?. Porque así como está é moi exacto e tal, pero, a min que non sei alemán, axudar axuda moi pouco a ter unha idea do que escribeu o señor este... E non habería que poñer tamén os seus ISBNs?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:20, 21 de febreiro de 2011 (UTC)
Oki. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:53, 21 de febreiro de 2011 (UTC)
Grazas, Xoacas. O terei en conta para as vindeiras ocasións. Un saúdo, --Lucien leGrey 21:46, 21 de febreiro de 2011 (UTC)

Estou revisando os títulos, pero non entendo para que incluír traducións ao inglés das súas obras, como se el as escribise en inglés.--Cheluco 15:26, 21 de febreiro de 2011 (UTC)

Creo que xa está, sen ser coñecedor da súa obra é un pouco complicado, xa que nalgunhas obras tiñan un título nas primeiras edición e outro nas seguintes, pero penso que non quedou nada fundamental sen recoller, tamén diferenciei as recompilacións, onde están as obras completas, das edicións que se realizaron en vida do autor. Se ves algo que quedara mal dimo.--Cheluco 19:50, 21 de febreiro de 2011 (UTC)

Deseño intelixente et allii[editar a fonte]

Moitas grazas, Xoacas, polo teu enorme traballo (xa o vira esta mañá), e desculpa polo tempo que che fago perder, pero que redunda en beneficio de todos os (posíbeis) consultantes, eu o primeiro. Como non son parvo de todo, comprendín o que me dis. Dedicarime a asuntos de contido máis breve (algúns, xa teño abordado, como o caso das ediciíons dalgúns críptidos (horríbel palabra) que, na versión galega, estaban curtos e escasos de referencias (mesmo sen elas). Procurarei abordar tamén as ligazóns vermellas do Deseño intelixente (en rematando o Pastafarismo pasarei á Caída intelixente (outra parodia do DI) e outras. E seguirei dedicándome, con moderación, a temas de filosofía da ciencia, historia de ciencia (incluídas biografías de científicos) e, despois, quizais a outros asuntos que me gustan, como zooloxía e botánica (aínda que creo que estes non están tan necesitados, no que respecta a especies, pero si a outros grupos taxonómicos.

Moitas grazas pola túa axuda, e feliz entroido. --Xoio (fálame) 19:36, 22 de febreiro de 2011 (UTC)

Proxecto educación[editar a fonte]

Xa che dixera que os da Viquipedia tiñan algúns proxectos educativos e mira ti por onde que van facer unha xornada sobre isto no seu décimo aniversario. Nesa ligazón hai outras a algúns dos proxectos que teñen e outras wikis que non están dentro da Viquipedia. Teño entendido que o viquiproxecto de plantas medicinais gañou un premio do colexio de farmacéuticos ou algo así. A ver si che axuda algo... Si queres que mire algo máis avisa, sei que hai algúns proxectos en inglés bastante bós pero habería que revisalos con clama, tampouco sei de que nivel educativo son. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:47, 24 de febreiro de 2011 (UTC)

Boas, hoxe atopei esta ligazón que é un proxecto titulado Wikipedia como unha ferramenta para o ensino. Os apartados principais son: Visión xeral, Introducción: Que é Wikipedia?, Obxectivos de ensino e tipos de traballos, Edición básica, ¿Evaluaciones?, Interactuando coa comunidade, e Recursos para o ensino coa Wikipedia. O máis interesante penso que pode ser o de Obxectivos de ensino e tipos de traballos.
Si cres que algunha parte pudera ser intersante para os proxectos avísame e tento poñerme a traducilo.
Tamén vou mirar un pouco o de Edición básica por si podemos reciclar algo para a CambRed. Por certo, que os de CambRed puxeron o logo da Galipedia dos 8 anos na súa web:). Teño que mandarlles un correo a ver si xa nos teñen hora. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:50, 15 de marzo de 2011 (UTC)

Ola Xoacas. A orixe dos textos utilizados póñoos, como me indicou non lembro quen, e como alternativa a en resumo (non sei se alí cabe todo), na Conversa do artigo. Moitas grazas polas correccións a Crenza; así, quedou moi ben. A idea de facer este artigo motivouna a que quería facer o Artigo principal Crenzas do pastafarismo (para aliviar Pastafarismo), polo que me parecía lóxico que, ao falar de crenzas, me asegurase de que na Galipedia había un artigo Crenza e ver o que alí se dicía e, non sen sorpresa, vin que tal artigo non existía, polo que, antes de meterme coas Crenzas do pastafarismo (no que ando agora), dediquei toda a tarde de hoxe a redactalo. Un cordial saúdo. --Xoio (fálame) 00:15, 25 de febreiro de 2011 (UTC)

Re; benvida[editar a fonte]

Moitas gracias por volverme a dar a benvida, intentarei axudar mais, pero a verdade é que a carreira me quita moito tempo. De todos modos inentarei ir plasmando pouco a pouco as cousas aprendidas no curso.--Carronada (Si me quieres escribir, ya sabes mi paradero) 15:15, 25 de febreiro de 2011 (UTC)

Lei antitabaco[editar a fonte]

Feito o cambio, Xoacas. Moi observador ti..:) Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15:35, 25 de febreiro de 2011 (UTC)

  • ¿Poñémolo, entón, como pé de foto:) ? Temos que deixar de fumar, chacho. Pedro --Lameiro (conversa) 20:30, 26 de febreiro de 2011 (UTC)

Teteira de Russell[editar a fonte]

Como se adoita dicir aquí, feito!. --Xoio (fálame) 23:42, 27 de febreiro de 2011 (UTC)

Por certo, non sabía nada desa Lista perosal de artigos solicitados'. Onde está? --Xoio (fálame) 23:44, 27 de febreiro de 2011 (UTC)

Argumentos e constituíntes verbais[editar a fonte]

Polo que eu entendo non é o mesmo, un argumento verbal é un complemento ou constituínte (verbal ou non verbal) que precisa o verbo, por exemplo o suxeito en inglés, pola contra un constituínte verbal son as partes nas que se segmenta o verbo (radical, sufixo número-persoal, vogal temática, etc).--Cheluco 15:38, 28 de febreiro de 2011 (UTC)

Petición[editar a fonte]

Xoacas, se andas por aí faime un favor: quítalle o enuso ou directamente remata (se tes tempo) o artigo Zona eróxena. A cousa é que vai mañá entre as lig. externas dunha entrada do ferrete, e é para que non quede feo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:58, 1 de marzo de 2011 (UTC)

Moitisimas grazas! agora en entroido empezo, polo de agora estoume documentando. É xenial que haxa alguén disposto a axudar a unha novata! :) Estamos en contacto :) :* --Compostelana 15:14, 2 de marzo de 2011 (UTC)

Xoacas, recurro a ti porque me deches permiso! jeje Creei o artigo sobre tarrio. Tiven varios erros e alguns usuarios axudaronme corrixindo, pero, ainda que busco o artigo, non existe... é dicir, na lista de vixilancia aparece que a moveron a varias carpetas, e non entendo nada. Porderias explicarme ti o que pasou? Grazas! --Compostelana 00:33, 17 de marzo de 2011 (UTC)

¿Podemos falar mañá?. Si tes tempo e gañas pon ti a hora e un sitio e falamos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:44, 3 de marzo de 2011 (UTC)

A ver..., tentarei escaquearme o venres, a ver se podo. É que na finde ó mellor vou de ponte. ¿A que hora che ven mellor a ti?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:22, 3 de marzo de 2011 (UTC)
Mandeiche un correo para dicirche que o venres non estou libre ata as 22:00 ou 22:15. Eu non teño problema en ir por Coruña a esa hora, agora ti dirás :). Logo na fin de semana non vou estar en Coruña que marcho de ponte, aínda non sei si virei o martes ou o mércores. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:54, 3 de marzo de 2011 (UTC)
:D. Mira ti tamén isto a ver o que me contas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:38, 3 de marzo de 2011 (UTC)

Boas, mandeiche un correíño sobre o tinglado este, a ver si tes tempo e lle votas unha ollada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 03:10, 17 de marzo de 2011 (UTC)

In fraganti etc.[editar a fonte]

Non o teño tampouco moi claro, pero borrar non o borraría. Deixei unha observación na páxina de conversa. --Atobar (conversa comigo) 00:19, 4 de marzo de 2011 (UTC)

Resposta Xoacas. Imaxes[editar a fonte]

Moitas gracias pola información.Estes días non teño caseque tempo para nada. En canto poida poñome ao chóio. Tentarei editar algunha cousa (a ver se non escarallo nada do feito..) e así autoconfirmarme, logo diso apoño coas imaxes. Non máis, gracias de novo. Vemonos. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 88.29.173.105 (conversacontribucións) 4 de marzo de 2011 ás 14:54

Concordo en que unha lista que inclúa unha simple relación non é útil, pero unha lista que inclúa outros datos é moi útil, por exemplo a lista de concellos de Almería, inclúe a información actualizada da poboación, o que eu considero que pode ser moi útil para aquela persoa que procure eses datos sen ter que ir concello por concello.--Cheluco 09:20, 5 de marzo de 2011 (UTC)

Vigués e veciño de Coia moitos anos. Inda teño propiedades aló ;-)

Pois, para min, "Coia, Vigo" e "Barrio de Coia, Vigo" sonche a mesma cousa. Eu pasaría, se hai algo que pasar, os contido do segundo cara o primeiro e eliminaría Barrio de Coia, Vigo. Iso estaría ben e concordaría coa política habitual da Galipedia--. HombreDHojalata.conversa 15:32, 5 de marzo de 2011 (UTC)

Re:Orfos[editar a fonte]

Vai ser moi difícil que ese tipo de artigos non queden orfos, sen que se fagan lista ou algo polo estilo, xa que son artigos bastante concretos e coma en astronomía non hai moito movemento, pois hai bastantes artigos orfos (aínda que non estean marcados coma tales), dentro dun par de meses, hei de poder volver a retoma-lo choio de facer artigos (ando moi liado ultimamente) e a ver se podo amañar algunhas cousas.--Xabier Cancela (fálame 02:39, 7 de marzo de 2011 (UTC)

Libro de Xosué[editar a fonte]

Gracias polo aviso. Creo que agora quedou mellor "estilizado".

Por certo, ti como ves que se fusione a páxina Xosué, coa que empecei do Libro de Xosué. Aínda que tamén se fala desta persoaxe noutros libros da Biblia como Éxodo ou Números, falar do libro de Xosué e falar da persoaxe. Creo que estaría mellor colocado como apartado dentro da páxina adicada ao libro. --Angeldomcer 14:37, 7 de marzo de 2011 (UTC)

Mandeiche un correo[editar a fonte]

Sobre o de CambRed, cando teñas un momento me comentas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:10, 8 de marzo de 2011 (UTC)

Vale, facemos como dis ti, xa nos vemos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:25, 10 de marzo de 2011 (UTC)
Esta é a páxina que che comentei: http://www.petroglifos.org/. Non a mirei moi a fondo e non sei si ten moitos ou poucos petroglifos, teño que revisala, as descricións están nun galego un pouco raro. E a páxina de patrimonio é: http://www.patrimonio.org/, xa ves, están todos fachendosos de que teñen 172 bens mira ti... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:48, 11 de marzo de 2011 (UTC)

Proxecto Concellos[editar a fonte]

Ola, Xoacas. Dispoño de documentación, fundamentalmente revistas e libros que poden ser do teu interés en relación ao proxecto dos concellos. Se estás interesado mándame un correo electrónico. Un saúdo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Uxío Castelo (conversacontribucións) 11 de marzo de 2011 ás 16:37

Redirecions[editar a fonte]

Ou sexa que as outras redirecións cara a sardiña non estan bén e o traballo que fixo este Usuario:Fabian bello non é vandalismo mira [aqui] Un saudo--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 18:14, 11 de marzo de 2011 (UTC)

Xoacas, o tipo este facía vandalismos claros, pero non polas redireccións, que son discutíbeis, senón por un par de paridas que xa están borrados e por ese motivo non podes ver no historial de contribucións. --Atobar (conversa comigo) 22:46, 11 de marzo de 2011 (UTC)
  • Se vén nos dicionarios si, penso eu. Se non vén, non. --Atobar (conversa comigo) 22:52, 11 de marzo de 2011 (UTC)
Daquela pasa ben. Moitas cousas solucionan as páxinas de homónimos. --Atobar (conversa comigo) 22:55, 11 de marzo de 2011 (UTC)
  • Penso que agora esta bén, o que pasou é que mentras ti estabas a editar eu estaba a escrubir na tua páxina de combersa. Un saudo--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 08:49, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Pero ben tampouco. Todo depende de se mantemos o ritmo mañá, e iso non sabemos como irá. Temos pros e contras: pro, que Alfonso Márquez, a nosa turbina de creación, está inscrito no reto. Contra, que Estevoaei non, nin PepedoCouto, que tamén fai de carallo cando se pon. Eu calculo que os habituais temos que marcar entre 50 e 60 artigos de media, e se iso se dá daquela si que pode ser un exitazo. Mañá ao mediodía andarei de novo dándolle duro, até ás 17.30 soamente. En fin, que as contas aínda están no aire, como as enquisas preelectorais. Un saúdo e deica mañá. --Atobar (conversa comigo) 03:12, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Digo que necesito cando menos unha hora para analizar o asunto, señor Xoacas. O que creo así de primeira é que vai haber un problema á hora de contabilizar, non só polo da hora (12.00 a 12.00? 1 a 01.00?) senón tamén porque dependendo contador se amosan máis ou menos artigos. A cuestión está en esperar un anaco e despois contrastar os contadores. Pero ao que imos: non sei se o superamos. Estamos moi, moi xustiños. Oxalá, pero creo que non. --Atobar (conversa comigo) 00:03, 13 de marzo de 2011 (UTC)
Aquí tes. --Atobar (conversa comigo) 00:29, 13 de marzo de 2011 (UTC)
Creo que os teus son 57,[12] porque un está creado ás 12:08 e polo tanto non contaría.[13] --Atobar (conversa comigo) 00:37, 13 de marzo de 2011 (UTC)

Castro da Lanzada[editar a fonte]

¡Síntoo, Xoacas! regáloche un no seu lugar: mal de ollo, rume, retículo, libro, calleiro, cisticercose, san Lucas, san Mateo... e hai máis. Escolle. Pedro --Lameiro (conversa) 12:32, 12 de marzo de 2011 (UTC)

  • Ou da igrexa de San Pedro de Rebón, Moraña. Pedro --Lameiro (conversa) 12:34, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Thanks Xoacas[editar a fonte]

Thank you for checking my article. If other changes are necessary, please remove what is wrong. Un saluto --Alessandroga80 18:24, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Graciñas Xoacas, xa me dera conta do erro e lle deixara un comentario na súa páxina de conversa pero esquecéuseme borralo na miña.Villalustre (parolo'm) 21:13, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Lufthansa[editar a fonte]

Estou na procura delas, aínda que polo de agora me centro no artigo en si. A cuestión é que a información do artigo a estou a sacar dun libro e non sei se pola rede atoparei moita referencia, pero poreime a elo. De todas formas aínda me quedan 40 aniños de historia e vou a paso algo lento jeje. Un saúdo. --Beninho 12:22, 14 de marzo de 2011 (UTC)

Por un bico ¡que sei eu qué daría por un bico![editar a fonte]

Prometo ler con calma o artigo, que promete moito tras un primeiro vistazo. Por se queres máis información, Muy Interesante publicou en maio de 2010 (nº 348) un artigo titulado "La ciencia del boca a boca", sobre claves psicoantropolóxicas do bico. E aquí tes outro estudo sobre a arte de besar. Debe ser un temna que nos interesa a todos. Por algo será. Bueno. Repasa estas cifras: dis que se consomen "9 miligramos de auga, 0,18 de substancias orgánicas, 0,7 de materias graxas, 0,45 de cloruro sódico". Vai saber ti cómo calculan estas cousas, pero se os científicos o din, haberá que crelo. Nove miligramos de auga paréceme unha miseria, inapreciable, pero 9 gramos sería unha barbaridade. Ou quizais non tanto se consideramos que unha "cucharadita" veñen sendo 5 ml = 5 g. O resto dos conceptos suponse que seguen sendo miligramos, pero habería que comprobalo. Falas de sustancias orgánicas e de materias graxas: a graxa é unha substancia orgánica. Dis tamén que "poden pasar dunha boca á outra centenares de bacterias e millóns de xermes". Bacterias e xermes, como microorganismos ou microbios son termos cuasesinónimos. No concepto de xermes podemos mete-los virus e quizais iso explique a diferenza de millóns contra centenares (nese artigo de Muy din "miles de colonias de bacterias", que me parece máis realista que centos, que falando de bacterias non son nada. Finalmente, dis que "poden chegar a participar ate 29 músculos": na Muy falan de "34 músculos faciales y 112 posturales"; nun paseo rápido por san Google lin que eran 28. Bueno. Haberá que practicar máis e ler menos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:01, 15 de marzo de 2011 (UTC)

República Checa[editar a fonte]

Moitísimas grazas por facer os cambios nas categorías da República Checa, Xoacas! Un saúdo.--Adorian (fálame) 21:20, 15 de marzo de 2011 (UTC)

Lycoperdom[editar a fonte]

http://gl.wikipedia.org/wiki/Lycoperdon_Perlatum#Diferenciaci.C3.B3n Quixen facer este pequeno artigo, así en plan sinxelo e esquematico, xa que non había nada e polo menos empezar por ter algo, digo eu. Moitas gracias de novo polas indicacións. Estou moi verde nesto das edicións,pouco a pouco. Unha axudiña máis. Como se fai para activar enlaces externos, neste caso www.mushroomexpert.com/lycoperdon_perlatum.html que foi de opnde, basicamente, tirei a información do artigo.

Estromatólito[editar a fonte]

Ola Xoacas. Desculpa pola "recorrección" de estromatólito. Que aínda que agora salga en vermello (e *estromatolito en azul) sempre pensei que era, de acordo coa etimoloxía, voz proparoxítona. E agora tamén o pensan as autoridades da lingua (ver criterios de elaboración do VOLGa, pp. 31-32). Así que o que haberá que revisar será *estromatolito (e monolito, aerolito, e outros rematados en -lito no canto de en ´-lito, se os houber. --Xoio (fálame) 21:14, 17 de marzo de 2011 (UTC)

Estromatólito (2)[editar a fonte]

Ola Xoacas. Creo que o artigo xa non está tan orfo e, se cadra, lle poderías quitar, se che parece oportuno, o letreiriño de {{illado}}. Á parte de ter xa bastantes referencias, comentarei que para a ampliación (e ilustración) do artigo, consultei os correspondentes das Wikipedias en castelán, portugués, francés, inglés e alemán (esta última, só para buscar dúas referencias, que o meu "escaso" alemán científico do 3º da carreira xa cho teño moi esquecido). Así mesmo, puxen en Orixe da vida, nun dos seus apartados, no que acaía ben, unha ligazón dom tipo "VT" Estromatólito. Grazas. --Xoio (fálame) 23:10, 18 de marzo de 2011 (UTC)

Re: Ángel Baltar Cortés[editar a fonte]

Pois nalgún sitio téñoos visto así. Sería entón na wiki en castelán. Tomo nota, graciñas e saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:46, 18 de marzo de 2011 (UTC)

Familia Real Española[editar a fonte]

Tes razón que estaría mellor categorizado como Familia real española. A verdade é que non sabía en que categoría englobalos. Grazas e un saúdo. --Imxavitooh 16:02, 18 de marzo de 2011 (UTC)

Breogan2008[editar a fonte]

Ola! Con algún navegadores ao poñer unha bandeira de 25px descuádrase algo o cadro de información (polo menos a mín). Pasa co das referencias que prodecen esa especie "dobre espazo" entre liñas (que comentáramos na Taberna), sobretodo co Explorer e o Chrome. Ao mellor usando o modelo de bandeira de 20px (eu adoito poñer ás veces incluso 15px) queda mellor.--Adorian (fálame) 11:03, 19 de marzo de 2011 (UTC)

Charlotte's Web[editar a fonte]

Eu penso que debería haber unha páxina para o libro "Charlotte's Web" por E. B. White. Probablemente deberá mover Charlotte's Web a Charlotte's Web (homónimos), como na Wikipedia en inglés. Así, gl:Charlotte's Web = en:Charlotte's Web; gl:Charlotte's Web (homónimos) = en:Charlotte's Web (disambiguation). Ademais, a páxina de homónimos debe ser fundida coa Charlotte's Web (filme). 69.243.235.226 03:11, 21 de marzo de 2011 (UTC)

Elección de Toliño[editar a fonte]

Ola, Xoacas; a política de elección de administrador@s expresa que "Os usuarios de Wikipedia que cumpran os requisitos seguintes poderán ser presentados por calquera outro usuario sempre e cando se obteña o consentimento previo do interesado"; Sería interesante que mencionases se lle propuxeches a Toliño a idea de ser burócrata, dado que é necesario para poder elixilo. Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:05, 21 de marzo de 2011 (UTC)

Xéneros musicais[editar a fonte]

Ola Xoacas, vin que andiveche a traballar no tema dos xéneros musicais estes días. Igual habería que chegar a algún tipo de acordo sobre a denominación das mesmas, xa que un traballo semellante ao que fixeche a pasada noite xa o fixera eu tempo atrás con algunhas pero quitando o "musicais". Daquela había categorías que o tiñan e outros que non, é dicir, había dúas categorías iguais ("grupos musicais de punk rock" e "grupos de punk rock") e decidín (igual un pouco atrevido pola miña parte ao non consultalo) eliminar o "musicais". A categoría dos xéneros musicais sempre estivo organizada dun xeito un pouco caótico e talvez poderíamos deixala medianamente aquelada dunha vez por todas. Un saúdo. --Beninho 07:04, 23 de marzo de 2011 (UTC)

  • Certo, non me puxera a pensar que nas outras categorías tamén estaba categorizado así. Pois póñome entón mans á obra para ir botándote unha man e ir cambiando aos poucos a categoría. Un saúdo! --Beninho 12:31, 23 de marzo de 2011 (UTC)
  • Uff, eu tampouco me dera conta de que fixera tantos artigos jeje. Creo que vou facerme algo de comer e continuarei o traballo pola tardiña. --Beninho 13:30, 23 de marzo de 2011 (UTC)

Artigos orfos[editar a fonte]

Xoacas: grazas polas túas indicacións. De todas maneiras, non entendo moi ben como resolver o dos artigos orfos (por exemplo, o de Henrique Dacosta). Poderíasme comentar como arranxalos? Saúdos e apertas. 08:56, 26 de marzo de 2011 (UTC)

Díaz-Fierros[editar a fonte]

Ola. Atendendo á túa amábel suxestión, "recortei" algo as publicacións. Non sei se o suficiente (porque non sei as normas da Galipedia a este respecto; ti me dirás). E xa que estou con isto das normas, e aínda que non teña nada que ver contigo, non sei se haberá algunha norma sobre a veracidade das informacións introducidas, desde a primeira edición do artigo Francisco-Díaz Fierros, o 26 de maio de 2008 (hai case 3 anos) até a miña primeira intervención como editor, hai uns días, pasando por todas edicíóns intermedias, dicíase que o autor era un Xeólogo (e escritor) galego, cando (non na primeria edicíón, pero si nas seguintes) se dicía que era licenciado e doutor en farmacia (que é o que é), ademias de destacado Edafólogo. Non sei se sería unha "confusión" debida aos termos gregos έδαφοσ terra, solo, e γη Terra (corpo no espazo), terra (como un dos "catro elementos", como "país", ou como "terra", "campo de labor"). Pero non creo. --Xoio (fálame) 15:50, 28 de marzo de 2011 (UTC)

Otrosí. Agardo que ningún dos inspectores da Galipedia (que, por outra parte, tan bo e meritorio labor facedes), non me fagan suprimir a 1ª nota sobre o anecdótico dato de que Díaz-Fierros foi, no curso académico 1957-58, porteiro do equipo de fútbol do Instituto "Arcebispo Xelmírez" alegando que é unha carallada. En efecto, éo. E se mo reclaman, borrareina. Pero, polo menos, é un dato certo (eu, estaba alí, e foi cando o coñecín), non coma o de Xeólogo. E, por favor, se fan iso, que non o faga o do xeólogo (que non sei se é "inspector"), nin tampouco o que me corrixiu (este, creo que si o é), no artigo sobre Baltasar Merino, a expresión padres xeuítas por pais xesuítas, e aínda por riba engadiu unha foto dun autógrafo de Merino (cousa que arrequece o artigo), coa lenda firma do pai Merino. Un cordial saúdo. (firmado) --Xoio (fálame) 16:06, 28 de marzo de 2011 (UTC)

Títulos[editar a fonte]

Grazas Xocas. Xa non sei por ónde empezar. O certo é que estaba en Editar, non na propia páxina do artigo, porén na propia páxina do artigo so teño 2 botóns (artigo e conversa). Por riba do título vexo a felicitación ós colaboradores da Galipedia polos 70.000 artigos e por riba da felicitación á esquerda vexo (Artigo e Conversa) e á dereita vexo(Ler, Editar e Ver o historial). É posibel que, xa que levo pouco tempo non teña acceso a tódolos botóns? Pouco me dou tempo a ler da axuda pero creo que lin algo que di que ata que non leve non sei canto tempo, cantos artigos ou cantas edicións que non teño dereito a empregar algunhas utilidades. Segundo, estouche respondendo pero non sei se ben, entrei na túa paxina de conversa pero hai moitos artigos e como non atopaba esta conversa copieina toda dende o principio, dudo que o fixese ben, alomenos espero que o vexas. Terceiro, non teño medo de preguntar, o que non teño é moito tempo. Reitero o meu agradecemento a todos.

Grazas por mover o artigo. Tes razón, o nome en castelán é incorreto, eu simplemente traducín o artigo do castelán, sei que debera ter feito aínda non pratiquei abondo, teño pendente facelo pero tamén melloralo artigo. Agora quixera modificalo en castelán pero non sei se teño que modificalo eu directamente, pedir permiso, modificar e informar ó autor... --Acandals 18:53, 29 de marzo de 2011 (UTC)Acandals

Tomo nota do cambio a facer, pero xa che aviso que non sei cándo caerá porque teño aínda varios choios pendentes e aínda por riba como me disperso tanto..., pois que isto vai pouco a pouco... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 07:47, 30 de marzo de 2011 (UTC)

Anne Philipe[editar a fonte]

Ola Xoancas, fixeches algunhas reversión ás miñas correccións ao artigo Anne Philipe que non entendo ben: Existe unha tradución ao galego do seu libro máis coñecido O tempo dun salaio feita por Xosé Manuel Beiras, precisamente a única ligazón que ten o artigo. Xa que naceu en Bélxica, non se pode considerar unha escritora de Bélxica? Saúdos. --Xas (conversa) 14:50, 30 de marzo de 2011 (UTC)

Títulos en lingua orixinal[editar a fonte]

Xocas, grazas pola axuda. Entendo que, se non hai versión en galego se poña o título orixinal. Teño unha curiosidade: se a obra non foi traducida ó galego e ten un título orixinalmente en chinés, árabe, indio ou outra unha lingua con caracteres distintos ós nosos. Entón, en qué lingua se escribe o título? --Acandals 15:43, 1 de abril de 2011 (UTC)Acandals

Traballos simultáneos[editar a fonte]

Onte estaba traballando no artigo Harrison's Principles of Internal Medicine. Cando xa levaba un bo párrafo escrito dinlle a gardar e algo pasou que non me gardou a información nin puiden volver a tras a ver o que levaba escrito ata ese momento. Cando lle din a recargar a páxina vin que acababas, facía ben pouco, de cambiar o título polo da lingua orixinal, como ben me explicaches. É posible que cando 2 persoas traballan simultaneamente no mesmo artigo poida dar problemas á hora de cargar a información? --Acandals 15:50, 1 de abril de 2011 (UTC)Acandals

categorías lixo[editar a fonte]

Ola, Xoacas! Teño que agradecerche o tarefón de ir marcando como lixo as categorías erróneas, pero fágoche unha recomendación-petición para facilitar a tarefa de borrado. Ao mudar o nome dunha categoría, é importante actualizar as iw. Había algúns casos en que as categorías doutras wikis (por exemplo, un supoñer, "en:Category:Groups of pop" seguía coa iw cara a "gl:Categoría:Grupos de pop" en vez de a "gl:Categoría:Grupos musicais de pop". Isto soluciónase, creo, actualizando as iw ao crear a nova categoría. E para facilitar a tarefa, sería bo en vez de marcar simplemente como {lixo}, facelo como {lixoporque|} e indicar a nova categoría á que corresponde.

Non sei se me expliquei moi ben. Se me botases unha man sería fantástico, porque quedan varias categorías por eliminar, pero deixeinas estar porque aínda tiñan iws.

Un saúdo! Seguimos en contacto!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:38, 1 de abril de 2011 (UTC)

Ola, meu; Os bots fan o traballo automaticamente, pero creo que primeiro hai que darlles un empurronciño para encamiñalos. Eu o que adoito facer é corrixir a iw noutra wiki (en:, es: ou nl:, que seica os bots da nl: van ben), e despois xa eles sós se aclaran, pero é necesario darlles unha pista. Especialmente é importante ao marcar algo como lixo, xa que despois noutras wiki queda a iw cara a un artigo borrado.
Eu tampouco lle piloto moito aos bots, a verdade :/
Saúde! Que vaia ben, mestre. --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:40, 5 de abril de 2011 (UTC)

Grazas e saúdos[editar a fonte]

Boas Xoacas. Tés razón que tiña (e ten ainda seguro) moitos erros, pero é que non son afeito a corrixir ao tempo que vou escribindo, polo que normalmente primeiro escribo todo e despois vou lendo con calma e corrixindo, pero acabei todo xusto antes de xantar, marchei e adiantáchesme na corrección, en todo caso tranquilo que téñolle que dar unha ollada á gramática como moi ben dixeches. Polo que se refire ao campo de resumo da edición onde teño que indicar de que wikipedia estou collendo a información...pódesme indicar onde está para introducilo nun futuro?? Moitísimas grazas pola tua axuda e apoio. Un saúdo. --Deus 14:13, 6 de abril de 2011 (UTC)

Mandáchesme un correo sen o adxunto, Xoacas. --Atobar (conversa comigo) 23:51, 11 de abril de 2011 (UTC)

Perdas de traballo[editar a fonte]

Ola Xoacas. Xa sei, por experiencia (no caso de irse a luz pola noite: non teño gato), de que é preciso gardar noutro sitio o traballo que se está a facer. Fágoo sempre, especialmente cando, coma no caso de Ciencia é un artigo de considerábeis dimensións. Pero desta vez o que ocorreu foi que, nunha sesión maratoniana, das 5 da tarde ás 2 e pico da madrugada, en que rematei case definitivemente o traballo, e ía publicalo xa, aínda que sen rematar a sección Científicos galegos, e mesmo quitando, pola miña conta, o aviso dos arranxos. E cando lle din a gardar a páxina foi cando apareceu o conflito de edición. Xa falei co implicado, que se desculpou moi amabelmente, e a cousa quedou sen que o sangue chegara á ría (é que na miña casa non teño río, senón fondo de ría). Neste momento estou restaurando o perdido e espero que nesta tarde quede listo, non sei se igual ca antes, pero parecido, en todo caso. Moitas grazas por opinares que o artigo está quedando chulo, Como eu son un algo inmodesto, e un chico (digo chisco) chulo, penso o mesmo. Un cordial saúdo. --Xoio (fálame) 16:08, 12 de abril de 2011 (UTC)

RE: Urbino[editar a fonte]

Despois de moito argallar, só podo dicir que é problema do código do modelo {{Cidade de Italia}}. Véndoo, decateime de que non estaba moi ben estruturado, e coido que isto fai que a caixa de información non se vexa ben se non dás información en todos os parámetros. Cómpre corrixir o código, pois. Retirei a caixa do artigo polo de agora, se tes información para encher todos os campos recupéraa no historial e complétaa. --Toliño Fala aquí comigo 14:59, 14 de abril de 2011 (UTC)

  • Se teño tempo (ultimamente ando desaparecido da Galipedia) intento amañalo. Apúntoo ás tarefas pendentes. --Toliño Fala aquí comigo 15:10, 14 de abril de 2011 (UTC)

Edición inxustificada[editar a fonte]

Ola, vexo que desfixeches a miña edición do verbo estabelecer no artigo Aulë, que fora cambiado (inxustificadamente) por establecer. Pégoche aquí un enderezo onde se explica que a forma estabelecer é perfectamente válida.

http://www.amesanl.org/biblioteca/200303_normativaRAG.html

Agora mesmo non teño a Norma do Galego diante e non podo citarche a páxina, mais estou seguro do que digo. Pídoche por favor que restabelezas a versión orixinal.

Grazas e un saúdo. --Manudosde 11:57, 20 de abril de 2011 (UTC)


  • Ola de novo, como vexo que non liches por completo o texto da ligazón, pégoche aquí o parágrafo en cuestión:

OUTRAS MUDANZAS A SALIENTAR:

Pasan a se considerar normativas as formas estudar / estudante, puberdade, reitor (cos seus derivados reitoría, reitoral), seita e vogal.

Prescríbese a acentuación esdrúxula das P4 e P5 dos pretéritos de subxuntivo: andásemos e andásedes, non *andasemos e *andasedes.

Elimínanse triple e cuádruple, por triplo / tripla e cuádruplo / cuádrupla.

Admítense formas duplas do tipo establecer / estabelecer e ouvir / oír.

Vólvoche pedir que desfagas a edición. Grazas e un saúdo. --Manudosde 13:04, 20 de abril de 2011 (UTC)

    • Ningún problema, alégrame que a Galipedia sexa un lugar onde se pode razoar civilizadamente coa xente.

Grazas e un saúdo. --Manudosde 13:24, 20 de abril de 2011 (UTC)

Diagnose[editar a fonte]

Feito! Feito! e saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:30, 20 de abril de 2011 (UTC)

Datos Pereiro[editar a fonte]

Ser, penso que si é así. A ver se entre todos damos encontrado unha referencia, porque é unha pena non deixalo máis claro do que estaba. Imaxino que figurará nalgún libro dos que están a saír este ano. --Atobar (conversa comigo) 21:40, 26 de abril de 2011 (UTC)

Home, podo demostrar que son irmán de Lois desde o 16 de febreiro de 1958, e algúns dos administradores ou ex administradores da galipedia podeno certificar. Eu levei a Lugo ao doutor Pedreira Andrade, que foi quen o atendeu sempre, a declarar no xuízo no que os dous fomos testemuñas. Canto á calidade das miñas augas como fonte, tería gracia que fose máis fiable algo que aparece impreso, cando a fonte na que beberon eles foi a miña (no caso dos que se molestaron en ir ás fontes, non en copipastear o que viron por aí). De todas formas, a miña intención era completar a páxina de Lois -quizais a costa de transgredir a etiqueta da wikipedia- e non promover unha autopsia. Ao fin e ao cabo, ninguén sabe de que morreu Cunqueiro (ou si, pero non penso que sexa relevante). --SHs 20:28, 28 de abril de 2011 (UTC)

Ola Xoacas. Xa ía meter o zoco outra vez, contestándote na miña páxina de conversa. Tes razón, coma sempre (ou case). Tiña medo que esa sección fora considerada como Lista e ma borrasen. Pero vou facer introducións biogáficas máis resumidas, e non só nas novas, senón que arranxarei as que están agora e son demasiado grandes. Ademais, faltan aínda algúns científicos galegos por poñer (bótalle unha ollada á ligazón nova —Álbum da ciencia— que engadín tamén hoxe). Un saúdo. --Xoio (fálame) 22:07, 26 de abril de 2011 (UTC)

Patrimonio[editar a fonte]

Hoxe de casualidade atopei [14], parece ser un novo proxecto que quere: "Catálogo Social do Patrimonio Cultural galego" e tamén "É como unha Wikipedia do Patrimonio.". O malo é que os contidos non son libres e aínda non comezou. Por si che interesara. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:25, 5 de maio de 2011 (UTC)

Boas, acabo de atopar na páxina de Castros da provincia de Pontevedra a ligazón ó PXOM da cidade de Vigo. ¿Según che entendera a información que aparece nos PXOM é pública e libre e pódese copiar literalmente?, ¿incluso as fotografías?. ¿Ou isto só pasa no caso de que se publiquen no DOGA?. É que o PXOM de Vigo é unha pasada, está todo en internete, con fotos e todo, e con esa información podían achegarse un cento de artigos na Galipedia... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:32, 13 de maio de 2011 (UTC)

Ola, Xas. Creo que xa pillei o funcionamneto. Sobre o artigo da AS-PG paréceme todo correcto, o que corrixes, e como eu son novo nisto pois non controlaba algunhas cuestións de formato e demais, mais hai unha cousa. No artigo AS-PG eu creo que, no apartado recoñecementos os accésit si os debemos considerar premios, pois así figura habitualmente nas bases. Un saúdo Xoán Costa--Xoancosta 14:39, 9 de maio de 2011 (UTC)

Como se borra unha imaxe subida prebiamente?[editar a fonte]

Aqui dando a lata de novo, subin unha imaxe e coloqueina na galería de "Imaxes de Cerceda". Recibin recado de que tiña mal o nome 0878.jpg http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:0878.jpg#file. Ben, o que fixen foi subir outra nova cun nome máis axeitado e colocala na galería de imaxes de cerceda, tal como tiña feito anteriormente coa primeira. O problema é que non sei como se borra esa primeira que subin. Poderiasme indicar como se fai ou borrala ti directamente? Gracias. Espero non volver a meter a zoca. Gracias de novo pola axuda. Saúdos

petición de artigo[editar a fonte]

Ola, Xoacas! Vexo que non andas moi activo ultimamente, agardo que sexa por ben. Quería animarte a facer un artigo sobre Castro Candaz, do que non atopo moita información máis que uns artigos de Manuel Gago (1 2). Subín unhas imaxes del. Quedaríache moi agradecido.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 06:02, 16 de xuño de 2011 (UTC)

Galencontro[editar a fonte]

Ola!. Propuxen un galencontro na taberna, si che apetece podes comentar algo alí e si coincidimos podería darche a túa camiseta do reto da Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:45, 28 de xullo de 2011 (UTC)

Ola, Xoacas. Vexo que suprimiches Persoeiros de Ribadeo en Ribadeo, e logo Atobar suprimiu Persoeiros de Ribadeo, co que Ribadeo queda sen ligar cos seus persoeiros de ningún xeito. Coido que habería que amañalo.--Agremon(contacto) 17:57, 14 de agosto de 2011 (UTC)

Ola Xoacas, grazas pola súa observación. Un saúdo.----X4v13r3 (fálame) 05:02, 20 de agosto de 2011 (UTC)

Tódolos ficheiros a Wikimedia Commons[editar a fonte]

Ola, como andamos?

Hai aberta unha discusión, e unha consulta á comunidade derivada da anterior, relativa ó sistema de carga de ficheiros. De se aprobar suporía un importante cambio na Galipedia. É por iso que sería desexable a participación do maior número de usuarios posibles, tanto no debate coma na votación.

Contamos contigo.

Unha aperta.--. HombreDHojalata.conversa 19:28, 18 de setembro de 2011 (UTC)

Jesús Silva Méndez[editar a fonte]

Ola Xoacas. No artigo que creaches sobre Jesús Silva refíreste a el como o "Cura Silva". Tanto nos artigos xornalísticos como por propia experiencia, residín en Ourense durante os anos 60 e 70, sempre se lle coñeceu como "o Padre Silva". Creo que debería cambiarse esta denominación. Ademais nas buscas como Cura Silva aparece un sacerdote chileno acusado de abusos deshonestos, o que podería producir equívocos.--Oestrimnium 10:32, 20 de decembro de 2011 (UTC)

<desafinando> ...vuelve, a caaaasa vuelve, por navidad! </desafinando> 1 1. Exteriores gravados en Galicia (estación de Arcade, Caldas de Reis...) --. HombreDHojalata.conversa 20:52, 23 de decembro de 2011 (UTC)