Conversa usuario:Xas/arquivo 1

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hola, Xas. Gumersindo Areán era mi abuelo. Me ha emocionado mucho tu esfuerzo por recordarle. Me encantaría entrar en contacto contigo y con los demás editores de este artículo. Mi email es luis_arean arroba hotmail punto com.

Aproveito que che comento un detalle para darche a benvida e desexarche unha boa xeira. Cambieiche o molde de Babel-5 a Babel-2 na túa presentación de usuario para que non che saia código pedindo 3 linguas que faltan. Este Xavier Navaza, non é irmán de Gonzalo Navaza? Para categorizar os persoeiros que andas a facer, mellor usa a categoría Category:Personalidades do xornalismo e Category:Personalidades da política porque xa están creadas. Se algún día se debaten e cambian será máis doado localizar os artigos. Avisa se precisas algo. --Sobreira (parlez) 20:24, 11 agosto 2007 (UTC)

Artigos duplicados[editar a fonte]

  • Primeiro tes que decidir cal dos dous artigos, Luís Amado Carballo ou Luis Amado Carballo, debe permanecer (supoñamos que o primeiro), empregar o material aproveitábel do segundo e, finalmente, convertir este nunha redirección ao primeiro, para o que borras todo o contido do segundo e deixas a páxina con só este texto: #REDIRECT [[Luís Amado Carballo]].
Se non estás familiarizado coa temática ou non tes tempo, etc., márcaos colocando isto no primeiro: {{fusióndesde}} [[Luis Amado Carballo]] e estoutro no segundo: {{fusión}} [[Luís Amado Carballo]]. Isto explícase mellor aquí. --Xosé (✉) 20:34, 6 setembro 2007 (UTC)
  • Ao convertires a páxina Thomas Kuhn nunha redirección perdeuse o seu historial, ou sexa, o traballo dos que editaron nela. Existe un procedemento especial polo que se fusionan os historiais da páxina final e a páxina que fica como redirección. Está explicado en Help:Fusionar páxinas. Xa o fixen. Como é algo que precisa de permisos de administrador porque implica borrar unha páxina temporalmente, deixas un aviso no taboleiro dos administradores e xa está. Un saúdo. --Xosé (✉) 21:51, 6 outubro 2007 (UTC)
  • As normas para os títulos están en Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos. Recoméndase usar o nome máis común, que neste caso para nós indudabelmente é Thomas Kuhn. Eu non toquei o artigo porque é unha recomendación e, ainda que pareza lóxica, pode ser debatíbel: nas demais wikipedias hai división, máis ou menos metade e metade, entre as duas opcións. --Xosé (✉) 09:09, 7 outubro 2007 (UTC)

boa tardiña/noite!!
Como sei que che gustan os artigos de literat@s galeg@s, podes botarlle un ollo a este e amplialo? Deixeille a ligazón á súa ficha na BVG. O caso é que non a coñezo, e prefería que aumentaras ti o artigo por se sabes máis dela.
Un millón!!

Saúde, e pola sombra!! --Estevoaeipa o que queiras... 18:44, 19 novembro 2007 (UTC)

bravo, bravisimo!!!
Por fin o artigo de Paz Andrade!! Aínda hoxe lendo "unha ducia de galegos" díxenme que había que facelo xa, pero non sabía por onde empezar. Bravo! Agora facía falta o do seu tío Juan Bautista Andrade.
Parabéns!! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 21:05, 10 decembro 2007 (UTC)

boas Xas. Desculpa os meus abusos, pero recurro a ti (e isto non é "peloteo") porque coido que fas moi bos traballos.
Penso que era importante crear un artigo sobre Xosé Manuel Pereiro. Anímote a facelo, o caso é que non sei de onde sacar datos, sobre todo do relacionado coa música, coa revista que creou co irmán...

En calquera caso, parabéns polo xa feito. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 10:11, 12 decembro 2007 (UTC)

Imaxe:Ingeborgbachmann.jpg é unha violación do copyright[editar a fonte]

Warning sign A imaxe Imaxe:Ingeborgbachmann.jpg foi borrada por violación dos dereitos de autor

Grazas por colaborar subindo imaxes. A imaxe Imaxe:Ingeborgbachmann.jpg foi borrada por ser unha violación dos dereitos de autor.

A imaxe está presente nunha páxina (http://www.pencatala.cat/ctdl/autors_traduits/ingeborg_bachmann/fragments/dir_coses_fosques.php) que non especifica que o seu contido permita obras derivadas e uso comercial. Tódalas imaxes da Galipedia deben permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Por certo, se non colocas de onde quitas as imaxes, estas serán borradas, é dicir, é indispensable colocar a orixe
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 18:34, 13 decembro 2007 (UTC)

Warning sign
Esta imaxe, salvo que se lle engadan os datos requiridos,
vai ser borrada no prazo dunha semana.
Image:Bachmann busto.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Bachmann busto.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia procedentes de páxinas web teñen que ter unha licenza e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta.

Na orixe (páxina da que procede a imaxe) debe indicarse con exactitude a licenza con que a imaxe debe ser compartida na Galipedia. En caso contrario a imaxe será borrada.

Agradecémosche que indiques nos datos da imaxe o lugar preciso da páxina de orixe en que se fai mención exacta da licenza con que a imaxe se comparte na Galipedia. Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


Nota: A lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna) indica que non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright. Polo tanto só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen explícitamente que as imaxes están no dominio público, permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial e indiquen a licenza con que poden ser compartidas.

Retirei a imaxe da páxina en que estaba presente mentres non lle engadas os datos requiridos. Lmbuga Commons - Galipedia 18:46, 13 decembro 2007 (UTC)

Coméntame o que queiras cando queiras. Estou á túa disposición. O único problema é que ultimamente non sempre respondo inmediatamente. Malo será que tarde máis de 48 horas. Non o sei todo sobre imaxes, pero podo axudar. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 20:45, 13 decembro 2007 (UTC)

Jacinto del Prado[editar a fonte]

Acabo de mandarche un emilio. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:58, 17 decembro 2007 (UTC)

nova proposta[editar a fonte]

boas, Xas! ¿podes crear o artigo de Samuel Solleiro? velaquí está a ficha en xerais. Tamén hai por aí varias entrevistas. Recentemente traduciuse ó seu primeiro libro ó castelán. ¿Coñeces a súa obra? Recoméndocha. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 17:59, 22 decembro 2007 (UTC)

Premio da crítica de narrativa galega: Prob. coas datas[editar a fonte]

Ola, vendo o historial do artigo Premio da Crítica de narrativa galega observei que o fixeras ti, eu estou a traballar no artigo de Manuel Rivas e teño problemas cos anos dos Premios da Crítica Española tanto por O Lapis do Carpinteiro como en Os libros arden mal. A editorial Xerais pon como data dos premios os anos 1999 e 2007 respectivamente [1], sen embargo no artigo cítanse anos distintos, concretamente os anos 1998 e 2006. Poderías indicarme de onde sacaches os datos?, para poder comprobalos, eu de momento mantiven as datas que coinciden co artigo creado por ti para que a cousa fose lóxica, pero quero comprobalo, porque estou a engadir unha referencia que da un dato contradictorio, por iso agradeceríache moitísimo se me poideras botar unha man. Grazas e saúdos. Alma (fálame eiquí) 19:49, 29 decembro 2007 (UTC)

Si, pero sendo da mesma editorial semella un tanto "surrealista" que na súa propia páxina web poñan as datas incorrectas, pero en fin, cousas que pasan, :) grazas pola comprobación, engaderei a fonte nos premios de Manuel Rivas. Feliz ano e deika outra. Alma (fálame eiquí) 14:02, 2 xaneiro 2008 (UTC)

Gracias pola axuda en argumentum ad hominem[editar a fonte]

Gracias, pola axuda, debía estar bébedo cando fixen esa traducción. Canto erro. Pero unha cousa: "tódolos" é correcto en galego, non é? correxíchelo por "todos os". Se cadra na nova norma do 2003 non é correcto, é iso certo?. Un saúdoXermánico! 17:34, 2 xaneiro 2008 (UTC)

Ola, Xas... Non sei se non metería a pata con Romay Beccaría... Recuperei a data que puxeches e borraches, a do 18 de xaneiro. Fixen algo mal? Saúdos.--Xabier Cid 22:50, 7 xaneiro 2008 (UTC).

Ah, pois daquela mellor estandarizar as datas de nacemento na liña inicial ca incluílas no texto interior. Perfecto, ;) Saudiños --Xabier Cid 23:14, 7 xaneiro 2008 (UTC)
Ola de novo, Xas. Gústame moito o traballo que fas, a meticulosidade e a precisión. Parabéns! --Xabier Cid 10:38, 16 xaneiro 2008 (UTC)

xuntanza-ceanza[editar a fonte]

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos.

--Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:50, 30 xaneiro 2008 (UTC)

boa tarde!! ¿Podes botarlle un ollo ó artigo e ver se se pode aumentar na sección de escritores galegos? Eses tres foron os primeiros que me viñeron a cabeza, pero estou certo de que hai máis. Un millón. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 18:22, 5 febreiro 2008 (UTC)

boas, Xas!

andiven onte tirando fotos por Angoares, e lembrei a Pexegueiro, e ó chegar aquí flipei con que non teña artigo. Anímaste? O certo é que non hai moito del, pero cun bosquexiño xa me daba cun canto nos dentes.

Coma sempre, un millón, e desculpa a reiteración das peticións.

--Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 13:28, 13 febreiro 2008 (UTC)

Mosteiro do Couto[editar a fonte]

Moi boas, Xas. Acabo de ver que editaches un pequeno parágrafo sobre dito mosteiro. De onde sacaches que está situado na parroquia de Xuvia? A parroquia á que pertence é a que lle dá o seu nome eclesiástico San Martiño de Xuvia, máis coñecida en Narón e en Ferrloterra por Parroquia do Couto, que non confundiremos con Xuvia, que ten por nome eclesiástico Santa Rita da Xuvia. Se tes algunha pregunta sobre o tema e podo resolvercha, non teñas dúbidas. Contacta.--PepedoCouto 16:39, 26 febreiro 2008 (UTC)

bo traballo o de pór nos anos as persoas que naceron... procurarei ir facéndoo nos artigos novos. Graciñas! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 15:37, 28 febreiro 2008 (UTC)

Marquei a imaxe como imaxe sen orixe. É preciso saber quen foi o autor do debuxo e se leva máis de 70 anos morto para que a imaxe estea no dominio libre. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:33, 21 marzo 2008 (UTC)

Aniversario[editar a fonte]

Ola Xas, vexo polo modelo que tes na túa páxina de usuario que levas xa 1 ano (e 1 día!) rexistrado como usuario na Galipedia. Parabéns polo teu gran traballo, felicidades polo teu primeiro aniversario. AlberteSi, digame? 20:50, 30 marzo 2008 (UTC)

bo día, Xas!

levado pola euforia da creación do artigo de Pexegueiro, creei o artigo deste libro. pódeslle botar un ollo? e teño un certo conflito. Supoño que o título en castelán debería redireccionar ó título en galego. Non puxen máis datos da primeira edición porque non sei moito dela.

Quizais estou pedindo demasiado, non sei se sabes algo do tema. En calquera caso, toda axuda será benvida. Recoméndoche o libro; prestoume moito!

Lémonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 08:23, 31 marzo 2008 (UTC)

Ola, Xas. Quero darche os meus parabéns polo traballo que estás facendo de creación de modelos de lugares para parroquias. É un traballo laborioso e intenso. Porén, quería facerche dúas suxestións.

  • Antes de crear unha páxina de redirección a un topónimo, podes comprobar que non existen outros topónimos co mesmo nome. É o caso de Soutolongo, por exemplo. Podes facelo nesta páxina do nomenclátor oficial.
  • Non sei se fuches ti o creador dos lugares da parroquia de Graba, pero vounos borrar. Son demasiado incompletos. Aparentemente foron creados por unha IP anónima, pero como ti editaches despois sobre eles, pensei que ao mellor tiñas relación con eles. Habería que achegar máis información para que eses artigos puidesen manterse. Un saudiño. --Xabier Cid 00:29, 5 abril 2008 (UTC)
Ufff, esas cuestións sobrepásanme... Por que non lle preguntas a Sobreira, que é quen sabe de parroquias? --Xabier Cid 22:36, 5 abril 2008 (UTC)
Erbo e Fontecabalos: Disculpade a intromisión. No Nomenclator vén tal como dis pero na web do IGE (fonte dos datos poboacionais) Erbo de Arriba é lugar de Palmou e Erbo de Abaixo éo de Sello (parroquia na que tamén inclúe Fontecabalos). Na Gran Enciclopedia Galega, os dous Erbos pertencen a Palmou. Eu, persoalmente, son do criterio de utilizar como referencia fiable o Nomenclátor aínda que neste caso, respectando o que este diga, sería bo meter un comentario con esas discrepancias doutras fontes. Pedro --Lameiro (conversa) 23:01, 5 abril 2008 (UTC)
Ola Xas!! Cando teño dúbidas sobre parroquias adoito visitar a páxina do arcebispado de Compostela, pero claro, isto só é válido nese arcebispado. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 01:50, 6 abril 2008 (UTC)

ola Xas! podes botarlle un ollo a este artigo e ver se se pode aumentar ou amañar? Collín onte o libro de Alberto Lema e ten boa pinta. A ver se lle fago artigo cando o remate. Graciñas!! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 02:08, 6 abril 2008 (UTC)

parroquias da Deza[editar a fonte]

Xa enviei a túa consulta sobre as parroquias a alguén que pode sabelo, a ver que me di. Usuario:Sobreira (parlez)

Ola, :) unha suxestión. Intenta poñer os títulos dos modelos con comas, non con parénteses, que ese é o xeito estándar de facelo na gl.wp, ok? :) Saudiños --Xabier Cid 14:30, 7 abril 2008 (UTC)

Ola, Xas. Parabéns polo traballo meticuloso que estás facendo. Un consello: cando teñas un erro como ese de Dorlenas, que é algo que sucede frecuentemente (de feito, debe suceder), marca o artigo como {{lixo}} e explica por que o marcas. Se simplemente borras os contidos, pode pasarlles desapercibido aos administradores, e queda a páxina creada por moito moito tempo. Porén se o marcas como lixo vémolo nun plisplás. ;) --Xabier Cid 15:14, 10 abril 2008 (UTC)

Ah, e outra cousa: en casos coma este, procura non copiar contidos, senón movelos. Se os moves, mantense o historial, e se os copias, todos os trocos que se foron facendo nas edicións anteriores pérdense, ;) Ao mellor non me explico ben, pero se tes algunha dúbida, pregúntame o que queiras, vale. Un saudiño. --Xabier Cid 15:17, 10 abril 2008 (UTC)
Nada, a mandar... ;) --Xabier Cid 22:00, 10 abril 2008 (UTC)

Topónimos da Deza[editar a fonte]

Déronme explicación pero non é satisfactoria: as parroquias do Nomenclátor non coinciden coas doa IGE. E asumo que tampouco teñen motivo para coincidir coas eclesiásticas. Polo tanto non resolvemos nada. Sinto non ter servido de maior axuda. Para casos puntuais teño acceso a algún recurso bibliográfico a maiores (un libro de parroquias eclesiásticas dos anos ¿90?), pero non para listaxes masivas. Son partidario de comentalo no artigo e crear tódolos necesarios ou as redireccións precisas. Coido que deberiamos centrarnos nunha fonte e habería que debatelo. -- Sobreira (parlez) 21:18, 14 abril 2008 (UTC)

Alfredo García Ramos[editar a fonte]

Gracias por añadir esta información al artículo de Alfredo García Ramos, te escribiría en galego pero yo soy catalonoparlante y de momento el galego lo domino muy poco. Esta es la única aportación que he hecho al Galipedia, aunque soy wikipedista de la Viquipèdia (en català), de hecho he creado el artículo sobre Alfredo García Ramos en castellano y català. Me ha gustado mucho conocer más datos sobre Alfredo García Ramos, desde aquí desde Barcelona es bastante difícil encontrar información sobre él. Hasta prontoJavier del Campo --161.111.139.199 10:25, 22 maio 2008 (UTC)

  • Cambiei a edición que fixeches en Andrés Torres Queiruga, penso que as fontes deben ir nun apartado específico para que se saiba que serviron de referencia para escribir o texto do artigo, se se poñen noutro apartado perden o seu sentido orixinal, cousa diferente sería que o texto sufrise modificacións importantes, entón si que se podería poñelas como ligazóns externas ou como bibliografía.--Arco de Rayne 14:24, 27 maio 2008 (UTC)
  • Creo que o problema é que en realidade en moi poucos artigos se di realmente cales son as fontes de onde se tiran os datos (agás nos casos das traducións doutras wikipedias), e penso que é un dato necesario para aumentar a credibilidade da Galipedia.--Arco de Rayne 14:35, 27 maio 2008 (UTC)

Request for Help, please[editar a fonte]

Hola Xas,

Nice to meet you.

Could you kindly help me translate these passages into the brilliant and fantastic Galego? Please.


"La santa comunión es el sacramento que conmemora la muerte de nuestro Señor Jesucristo. Permite participar de la carne y de la sangre del Señor y estar en comunión con él para poder tener vida eterna y resucitar en el último día. Este sacramento se realiza tan a menudo como sea posible, y se utiliza pan sin levadura y zumo de uva."


Your help would be very Gratefully Appreciated, Thankyou very much.

Yours Sincerely, --Jose77 08:56, 28 maio 2008 (UTC)

Uxía Senlle[editar a fonte]

ola Xas!

no artigo de Uxía Senlle pon que naceu o 19 de novembro; porén, no artigo 1962 puxeches que naceu o 16. trabucácheste ó escribir ou o correcto é o 16?

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 15:06, 1 xullo 2008 (UTC)

Valentín Paz Andrade[editar a fonte]

boa tarde, Xas!

era para lembrarte que tes o marcador de "en uso" no artigo de Valentín Paz Andrade, e para saber se é que o esqueciches, ou se aínda vas pór algo máis. Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 15:24, 30 xullo 2008 (UTC)

Licenza non fundamentada na orixe[editar a fonte]

{| align="center" style="background-color:#FFFFF8; border:2px solid #FF0000; padding:5px;" |- |[[Imaxe:Nuvola apps important.svg|45px|Perigo]] <big> | <center><big>'''Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza'''</big> <center><big>'''[[:Image:Razón.jpg]]'''</big></center> |}

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Razón.jpg cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro. Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

É obriga do usuario que sobe as imaxes facilitar os datos necesarios para que a licenza poida ser comprobada.

Para incorporar ese dato, debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes

Lmbuga Commons - Galipedia 16:33, 30 setembro 2008 (UTC)

  • Estiven buscando imaxes semellantes en Commons, pois descoñezo cando as publicacións están no dominio público. Achei algunha posterior (Image:Junio 37 1.jpg, por exemplo), polo que supoño, pero non estou seguro, que a túa imaxe non ten problemas. O que me custa comprender é que, supoñendo que a imaxe do xornal estea no dominio público, ti, só por escaneala, poidas colocar unha licenza en que haxa que nomearte (en Commons tamén pasa). Eu persoalmente considero ese procedemento incorrecto, a non ser que o que ti fixeses coa imaxe puidese ser unha obra derivada, pero non o parece.
Poño un exemplo. Segundo sei (pero non o sei todo e podería estar confundido, inda que non creo), as imaxes dos cadros de autores do Renacemento están no dominio público. Salvo algunha foto excepcional que poida ter entidade artística, uha foto normal dun cadro, sempre que non presente obxectos en 3 dimensións (o marco, por exemplo), pode ser escaneada dun libro e subida á Galipedia. Persoalmente penso que o mesmo se podería facer coa túa imaxe e non nomearte. Na miña opinón, salvo que haxa na imaxe algunha aportación túa, a imaxe é {{PD-old}}. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:51, 30 setembro 2008 (UTC)

Borrado por erro[editar a fonte]

Vaia..., síntocho! Xa a restaurei. Supoño que lle engadirás algo máis información, non? Saúdos e perdón polo meu erro. --Toliño Fala aquí comigo 16:51, 14 outubro 2008 (UTC)

lugares e parroquias[editar a fonte]

ola Xas!

non sei se hai unha norma escrita. Lembro telo comentado algunha vez con Pepe do Couto. Eu penso que é mellor pór tamén o cadro de parroquias no artigo dos lugares. Resulta máis cómodo ir dunha parroquia a outra.

Como xa dixen, non me soa que haxa norma escrita, e supoño que queda a decisión a gusto da editora. Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 16:32, 15 outubro 2008 (UTC)

Penela (homonimós)[editar a fonte]

Ola Xas vexo que renomeas unha paxina sin mirar si hai algunha paxina que poida facer referencía a paxina que ti nomeas, pois si bén non esiste a paxina si podo decirche que por exemplo na paxina Distrito de Coimbra hai unha que fai referencia a Penela polo que no momento que nomeas unha paxina con ese nome ou ben nomeas as outras, cousa que en este caso concreto xa fixen eu, ou senon que mellor que facer unha de homonimos que nos deixa o sitio libre para facer a paxina en entredito, polo que se refire a palabra homonimo ou homonimos creo que tes razón pois foi un lapsus que se me pasou.Por otrabanda non mais e si consideras volvela a nomear ou non, deixocho da tua man. Un saudo--Alfonso Márquez 17:25, 16 outubro 2008 (UTC)

Ola Xas. Só un apunte, vin a mensaxe que lle deixaches a Toliño, a páxina Wikipedia:Taboleiro dos administradores non se pode editar pero a seccións incluídas nela si. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:33, 17 outubro 2008 (UTC)

Re: Fusión[editar a fonte]

Xa están os dous historiais fusionados. O de que non podes deixar mensaxes no taboleiro dos administradores é debido a que esa páxina está protexida fronte á edición (protexina eu como podes ollar aquí). O motivo, como pon o rexistro, é para evitar que se publiquen entradas aquí, dado que os novos temas van en cadansúa sección. O taboleiro funciona como a páxina principal da Taberna, onde aparecen as mensaxes de todas as seccións pero non se pode editar a páxina en si (só poden facelo os usuarios con dereitos de administrador). Espero ter explicado ben o asunto. Xa sabes onde estou se tes calquera outra dúbida ou necesitas axuda con algo. Deica logo. --Toliño Fala aquí comigo 17:39, 17 outubro 2008 (UTC)

Beramendi[editar a fonte]

Ola Xas! Lendo hoxe os xornais dixitais atopeime que Xusto Beramendi gañou o "Premio Nacional de Ensayo" que entrega o ministerio de cultura. Cando me dispuña a engadir esa info ó artigo de Xusto... atopeime que non existe!

Como ti tes feito, e aínda fas, un enorme traballo con escritores galegos, atrévome a pedirche, se podes, crear o artigo Xusto Beramendi. Moitas grazas por adiantado e noraboa polo teu traballo. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 22:28, 17 outubro 2008 (UTC)

Moitas grazas :) --Alberte Si, dígame? 23:39, 17 outubro 2008 (UTC)

modelos de lugares de parroquia[editar a fonte]

ola Xas! como vexo que ultimamente creas bastantes modelos de lugares de parroquia, veño pedirche un favor. Hoxe creei o artigo Abuín, Leiro, Rianxo, pero a parroquia Leiro, Rianxo aínda non ten dito modelo. É por isto que, se non é molestia, pídoche a creación de dito modelo.

Moitas gracias polo teu traballo, que non sempre é gratificante, pero que resulta moi útil.

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 22:04, 19 outubro 2008 (UTC)

nova solicitude[editar a fonte]

ola Xas!

Regaláronme polo aniversario o libro metalurxia, de Carlos Santiago, e mirei que non hai nada sobre o autor na galipedia; Anímaste a comezar un artiguiño?

Se algunha vez resulto demasiado pesado coas solicitudes de artigo, non dubides en dicilo, eh? Un saúdo.

--Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 18:51, 26 outubro 2008 (UTC)

disto e do outro[editar a fonte]

ola Xas! tiña bastante esquecido o artigo da Colección Documentos, e os teus cambios foron totalmente correctos, polo que che animo a seguir editando.

Outro asunto; como verías, fixen o artigo de Alain Badiou; Vin que fixeches ti o artigo de Francisco Sampedro; saberías cal é o título orixinal do libro que lle traduciu?

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 22:33, 15 novembro 2008 (UTC)

Casardeita[editar a fonte]

Bas Xas !
Alegrome moito de ver que eres dos que fan un traballo enorme para que todos pobos de Galicia estén na Galipedia. E ainda máis cas parroquías son as aldeas que eiqi llamanse lugares as que máis levamos no corazón, polomenos eu levo dous lugares que ainda non están na Galipedia ! De nena anduven moito por Ramirás e Celanova, por esto podo decirche que para a xente de istes concellos a cidade é Celanova , onde se vai para todo antes de ir a Ourense ou a Vigo ! E por eso ca xente de Casardeita, Ramirás paso o tempo indo a Celanova, agás para todo o que é oficial, xulgado, concello etc, porque a parroquía debe chamarse Casardeita (Santiago) pertenecendo o concello de Ramirás. Averiguei isto no nomenclator da Xunta :
*Nas parroquías de Celanova vese unha parroquía Casardeita (Santiago) que só ten un lugar O Pazo. Logo se vas o sitio web do concello de Celanva e que consultas as parroquías de Celanova póis non atopas Casardeita !
*Indo agora no nomenclator o concello de Ramirás ves ven as dez parroquías das cales Casardeita (Santiago) que ten sete lugares contando O Pazo.
Todo isto concorda coas miñas lembranzas, toda xente da parroquía de Casardeita ten que ir o xulgado do Picouto (Ramirás) !
Debese ser un erro da Xunta esa parroquía de Casardeita, Celanova. Só hai Casardeita, Ramirás que é Casardeita (Santiago). Eu non sei como amañar isto e conto contigo. Saúdos Xas e grazas polo que poidas amañarElviraConversa comigo 22:02, 22 novembro 2008 (UTC)

Acabo de ver que propuñas a modificación da páxina Wikipedia:Toponimia en relación a Miño, pero non sei moi ben por que... Podes explicarmo? Un saudiño --Xabier Cid Conversa 16:01, 23 novembro 2008 (UTC)

Con razón non o entendía... :) Desculpa. --Xabier Cid Conversa 16:08, 23 novembro 2008 (UTC)

Homónimos[editar a fonte]

Ola, Xas. Teño unha dúbida con respecto aos homónimos, e quería preguntarche o que pensabas dela. Afecta cando creamos unha páxina de homónimos de topónimos, e o significado do termo como nome común é tamén importante. Estoume referindo por exemplo, e por poñer exemplos moi dispares a piñeiro, merlán ou balsa. Estes días fíxeno con merlán, porque me cadrou, pero hoxe fixeches ti o de balsa. Creo que sería mellor mover a balsa a balsa (homónimos) e deixar o sitio prá outra es:balsa, pero quería consultarche a túa opinión. --Xabier Cid Conversa 16:29, 6 decembro 2008 (UTC)

ola Xas!! Logo de case dous meses, volvo dar a lata.

Sei que andas metida no asunto dos Lugares de Parroquia, e debo felicitarche polo gran labor. Pero, para variar un pouco, propóñohe creares o artigo dun escritor. Hoxe comprei un libro del, en parte porque a ligazón no artigo novela negra estaba en vermello...

Feliz solsticio de inverno! --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 20:09, 19 decembro 2008 (UTC)

+ dous autores galegos[editar a fonte]

ola Xas!

como noutras ocasións, volvo proporche a creación de artigos de dous autores galegos. Un é Xesús Fraga (Xesús Antón Fraga Sánchez), e o outro é Isaac Xubín (Isaac Fernández Fernández).

A ver se che presta. Un saúdo! --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 12:37, 15 xaneiro 2009 (UTC)


Boas Xas! Son o usuario que ampliou a información de Lira, en Salvaterra de Miño. Grazas polos teus arranxos.

Paz Andrade[editar a fonte]

Boas, Xas. Acabo de ver que hai pouco máis dun ano creáche-lo artigo sobre Paz Andrade, co marcador de "en uso". Non sei se o tes esquecido ou é que xa o consideras rematado, pero en calquera caso hai tempo que non andas nel e cómpre retirar xa ese marcador, ¿non cres?. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:27, 22 xaneiro 2009 (UTC)

Nova categoría raíz[editar a fonte]

Ola. En canto teñas un rato, agradeceríache que te pasaras a dar a túa opinión sobre a necesidade ou non dunha nova categoría raíz. Atentamente, --Iago 22:29, 26 febreiro 2009 (UTC)

solicitude[editar a fonte]

bon día, Xas; Escríboche para animarte a facer a páxina de homónimos de A Bouza, que xa ten uns cantos artigos. Outra cousa: Non sei se controlas de toponimia, pero coido que sería interesante, neses casos, facer mención da orixe do topónimo. P.e., neste caso, podería dicirse "O topónimo fai mención a unha bouza, un terreo sen cultivar, ou cheo de maleza.

Douche a lata a ti nesta ocasión, dado que a última vez xa lle solicitei a Pepe do Couto que fixese O Outeiro :) Parabéns aos dous polo excelente traballo.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:42, 5 marzo 2009 (UTC)

Boas! Poderías revisar os dous últimos lugares en Vilamarín (homónimos)? Os dous dicen "parroquia de Vilamarín", pero un apunta á Mabegondo, Vilamarín e o outro a Mabegondo, Monforte de Lemos. Poderías revisar e poñer a correcta? Moitas grazas! :) Saúdos --Banjo tell me 08:18, 6 marzo 2009 (UTC)

Ola: Dime unha parroquia que teña o modelo de caixa de lugares que propos, pois teño tal lio, que xa nin sei cal é. Por outra banda,¿como podo ver a edición da ditos lugares nunha páxina unha vez editados? Grazas --Céltigos 16:57, 17 marzo 2009 (UTC)

Ola Xas, desfixen a túa edición neste artigo xa que o Freixeiro co que ligas non é tal. Este Freixeiro é unha parte do barrio de Piñeiros, concello onde resido e polo que pasa o río Freixeiro. Nesta imaxe Ficheiro:Canalización río Freixeiro.JPG pódese ver precisamente na parte superior a saída da AP-9. Un saúdo e parabéns polo teu inmenso traballo.--PepedoCouto (dimo aquí) 14:25, 13 abril 2009 (UTC)

O letreiro da autopista poñer pon ese nome, mais non temos editado aínda ese lugar. Por certo, de ser editado, debería ser Freixeiro, Piñeiros, Narón, Narón e nin sequera teño feito Piñeiros, que hei facer máis cedo ou máis tarde.--PepedoCouto (dimo aquí) 14:47, 13 abril 2009 (UTC)

Imaxes da Agolada[editar a fonte]

Boas, Xas. Lin no teu perfil que fas fincape no tocante ao Deza. Aproveitando que estás conectado, unha preguntiña: non terás por aí algunhas imaxes da Agolada, máis concretamente do val de Carmoega? É que ando interesado en calquera cousa que teña relación con ese val e co río Arnego que o atravesa. Se tes fotos, mándamas nun correo se non é moito pedir, e xa che explico algo máis polo miúdo na resposta. Se non, pois nada. De calquera maneira, graciñas.--Atobar (conversa comigo) 22:02, 13 abril 2009 (UTC)

Grazas, Xas. Coñecía o blog, que está moi ben -rastrexei ben a rede-. Moitas grazas, de calquera maneira, pola información. Agora ando baldado, derreado coma quen di, de modo que axiña hei marchar para a cama, pero con certeza mañá che mando un correo comentándote con máis vagar a cuestión. Graciñas outra vez. Aburiño.--Atobar (conversa comigo) 22:28, 13 abril 2009 (UTC)

Vandalismo do usuario:85.91.87.250[editar a fonte]

Vexo que agora mesmo es ti o único administrador que anda por aquí. Olla para as súas contribucións. O tipo non para. Bloqueo?--Atobar (conversa comigo) 10:21, 14 abril 2009 (UTC)

Estamos a falar do mesmo tipo? Olla para aquí.--Atobar (conversa comigo) 10:26, 14 abril 2009 (UTC)

novas solicitudes[editar a fonte]

Boa noite, Xas!

Era, cousa rara, para facerche solicitudes de autoras galegas. Trátase de Luz Fandiño, Igor Lugrís e Andrea Núñez. Andiven de cuchipandi poética este sábado e tireilles unhas fotos, e agora sería unha mágoa que quedasen nunha carpeta do computador. Anímaste?

Un forte saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:29, 19 abril 2009 (UTC)

Preguntiña sobre o río Arnego[editar a fonte]

Boas, Xas. Por casualidade sabes se o río Arnego ten algún muíño no seu curso? E de sabelo, onde queda? Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 16:19, 1 maio 2009 (UTC)

Sírveme, e de moito. Graciñas, Xas. Estás en todo. Aburiño.--Atobar (conversa comigo) 18:51, 1 maio 2009 (UTC)

Toponomia do Estado Español en territorios con cooficialidade de linguas[editar a fonte]

Unha pregunta, Xas. Fóra de Galiza pero dentro do Estado Español, como cómpre nomear os artigos en areas con cooficialidade de linguas? En Galiza, o único topónimo oficial é o galego, pero que pasa co País Vasco, Illas Baleares ou o País Valenciano? Verbo de Cataluña, aí supoño que será igual que para nós. Catalán e punto, é dicir: Xirona - Girona (opción galega e catalá). Pregúntocho porque vexo que non está moi clara a liña, pois namentres o artigo de Castellón da Plana se chama Castelló de la Plana (con redireccións nos nomes noutras linguas, iso si) o de Alacante é Alacante - Alicante - Alacant. É o mesmo con Zarautz ou Arrasate que contrastan con Donostia-San Sebastián. Graciñas.--Atobar (conversa comigo) 15:36, 6 maio 2009 (UTC)

agradecemento[editar a fonte]

Ola Xas! Xa subín a foto. Desculpa polo retraso, pero ando desleigado. Moitas grazas por creares os artigos solicitados.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:25, 21 maio 2009 (UTC)

Fotos Camilo Nogueira e Chus Pato[editar a fonte]

Xas, poderías recortar as imaxes de Camilo Nogueira e Chus Pato da imaxe que subiches hoxe e digo eu que agrandándoas un chisco valerán para llas inserir aos artigos sobre cada un deles. Que dis, poderase? Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 22:39, 13 xuño 2009 (UTC)

Boas, Xas. Fixeches un bo traballo co artigo pero quería deixar aquí o comentario de que a decisión de borrar ou corrixir (para manter) un artigo non pode tomarse tendo en conta que "se se borra, seguramente vai ser creado de novo". Esa posibilidade, que claro que existe, só xustificaría un novo borrado e o bloqueo do autor. Pero, salvando ese matiz, reitero as felicitacións, sobre todo polo teu traballo para cubri-los 30.000 lugares deste país. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:34, 17 xuño 2009 (UTC)

O Mosteiro, Meis[editar a fonte]

Temos un problema que non sei ben como se debe corrixir. O lugar do Mosteiro, capital do concello de Meis, está na parroquia de Nogueira (San Vicente de Nogueira), en contra do que dicimos no artigo O Mosteiro, San Tomé de Nogueira, Meis. Aínda que xa mo contaran hai tempo, confirmei esta localización a través dun correo ó propio concello, que me contesta que: "Comunicolle que o lugar do Mosteiro encóntrase na parroquia de Nogueira (San Vicente)". O Nomenclátor dá dous "O Mosteiro", este e mailo de San Tomé de Nogueira. De feito, o límite entre os concellos debe pasar pola metade do lugar porque teño unha foto (que subirei agora) dunha placa na parede dunha casa do centro do lugar que indica tal linde. Na Gran Enciclopedia Galega, s.v. Meis di o seguinte: "A súa capital é O Mosteiro, lugar da freguesía de Nogueira"; e na voz Mosteiro, O volve dicir algo semellante: "O Mosteiro: lugar da parroquia de Nogueira (San Vicente)... é capital do municipio...", e a seguir cita o outro Mosteiro, "Lugar da parroquia de San Tomé de Nogueira...". Esta é a referencia que achego, e non o correo do concello (que non sei se serve de referencia pero hai que admitir que eles saberán ben deste tema). O lugar, ó te-la capitalidade, foi crecendo e hoxe as casas se estenden ben por San Tomé. Como este cambio implica cambiar as caixas de lugares (e dáme certo medo andar nelas), e como hai que ter en conta o tema das ligazóns, prefiro dicircho a ver como o arranxas. Se precisas algún dato máis, intentarei achegalo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:39, 17 xuño 2009 (UTC)

Maximiliano I[editar a fonte]

Nin conta me din. De feito, argalleino porque vin a ligazón en vermello na páxina da portada, nas efemérides. Graciñas. Haberá que marcalo para borrar. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 15:14, 19 xuño 2009 (UTC)

Parroquias[editar a fonte]

Ola Xas. Moitas grazas por corrixir o erro na cabeceira dos lugares das parroquias, foi un erro afortunado porque levaba unha chea de tempo pensando en deixarche unha mensaxe de agradecemento e iso dáme a oportunidade que esperaba. Quero agradecerche o abondoso traballo que levas facendo desde hai moito tempo, os meus parabéns. Penso que é importante lembrar periodicamente o traballo dos nosos compañeiros, non como unha mera cortesía senón como recoñecemento de que están facendo algo útil e valioso tanto para os editores como para os lectores, é un xeito de dicir que todos percorremos o mesmo camiño. Por outra banda, particularmente teño moita querenza por todos aqueles artigos que serven para cartografar o noso país, algo no que ti editas a miúdo. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:22, 22 xuño 2009 (UTC)

Grazas polas túas palabras. No trebón que vive nestes días a lingua e a cultura galega cómpre que turremos todos en todas partes e con todas as forzas para facer de dique, de aí que tente sumar algo de axuda. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:39, 22 xuño 2009 (UTC)

Boa tarde, Xas! POderías botarlle un ollo a este artigo, que marcaras con "en uso", e ver de completalo? Un saúdo, e graciñas. --Estevo(aei)pa o que queiras... 14:09, 24 xullo 2009 (UTC)

Modelo:Lp Oín[editar a fonte]

Xas, bota un vistazo ó modelo:Lp Oín (parroquia de Rois). Non sei por que pero aparece categorizado en vermello como "Caixas de lugares de Oín". A ver se o podes arranxar. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 22:51, 25 xullo 2009 (UTC)

Grazas por desfacer edicións vandálicas[editar a fonte]

Ola Xas. Vexo no historial da miña páxina de conversa que desfixeches unha edición vandálica. Estiven ausente e non sei que pasou, vexo que ti mesmo foches vítima do vandalismo supoño que a causa de desfacer a edición na miña páxina. Grazas por estar atento e limpar de vandalismo a miña páxina. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:08, 26 xullo 2009 (UTC)

Re: Caixa de parroquia[editar a fonte]

Ola Xas. Pasoume ese caso en Penosiños. O que fixen ao poñer o modelo foi usar o modo substitución que significa que no canto de chamar ao modelo o que fai é substituílo polo contido. Todo sería igual agás no comezo que hai que escribir {{Subst:Parroquia e logo facer unha edición para arranxar a dupla de ligazóns no campo concellos. Outra opción é coller directamente o código da táboa de Penosiños e poñer os datos que lle correspondan á parroquia da que se trate. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:54, 26 xullo 2009 (UTC)

homónimos[editar a fonte]

Ola Xas! Que tal todo? Xa de volta das vacacións?

Poderías mirar o artigo San Clodio, que veño de convertilo en "homónimos", e completar cos lugares que faltan?

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:50, 18 agosto 2009 (UTC)

Ríos de Galicia[editar a fonte]

Hola Xas! Son un usuario novo na Wikipedia e comecei a editar no tema dos Ríos de Galicia. Atobar comentoume de que antes de seguir, que o comentase contigo e con Lameiro, que sodes os expertos en xeografía.

Pois ben, eu quería traballar na sección sobre a Hidrografía de Galicia. Procurei as páxinas relacionadas e atopeime ca de Ríos de Galicia, que era un listado alfabético. Ó meu parecer era necesaria tamén unha clasificación xeográfica, e entón engadín outra lista neste artigo cunha clasificación por vertentes, rías e cuncas (non sei se terá varios erros), e engadín uns mapas que creei eu e xa deixei no dominio público, en Wikimedia Commons (están as cuncas, pero aínda faltan uns que teñan os ríos debuxados).

Como me dixo Atobar, quero ser prudente, e entón preguntovos se é máis recomendable seguir con ese artigo ou crear un novo que se chame Hidrografía de Galicia? Mirade tamén un par de artigos que creei ou modifiquei, non sei se metería a pata: Vertente, Costa da Morte, Ría de Lires, Ría de Camariñas e Ría de Corme e Laxe

Espero servir de axuda a wikipedia, e non estragar nada. Un saúdo! --Iagocasabiell 15:26, 4 setembro 2009 (UTC)

Ola, Xas! Cando poidas bótaslle un ollo a este artigo, que lle tes o marcador de "en uso" desde hai meses? Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:39, 7 setembro 2009 (UTC)

homónimos[editar a fonte]

Ola Xas; veño de amañar un pouco o artigo Castelo. Podes botarlle un ollo, e ver se é pertinente crear O Castelo? Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:04, 15 setembro 2009 (UTC)

Xas, tes o marcador EnUso en Basilio González Besada e Rafael González Besada dende hai máis dun ano. Mira de quitarllelo ou rematalos cando atopes o momento. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:59, 15 setembro 2009 (UTC)

Ola, Xas. É costume da wiki galega poñer os nomes ao revés: dende o nome menos coñecido, redireccionado ao nome máis coñecido. (dígoo por Souto). ;) --Xabier Cid Conversa 17:48, 2 outubro 2009 (UTC)

Falo de memoria, pero creo que para mover un artigo sobre unha redirección ten que facelo un administrador ou administradora. Non te preocupes, que todos os males sexan ese... :) --Xabier Cid Conversa 18:40, 2 outubro 2009 (UTC)

Poeta e poetisa[editar a fonte]

Xas, toma nota que a muller que escribe poesía é unha poetisa, non unha *poeta. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:36, 9 outubro 2009 (UTC)

  • O caso é que as Normas Ortográficas só contemplan poeta e poetisa, entre as formacións especiais do feminino, e no VOLGa establece claramente poeta (m) e poetisa (f). Así que, cinguíndonos ás regras de estilo que rexen a Galipedia, non nos queda máis opción. Síntoo. Pedro --Lameiro (conversa) 12:01, 10 outubro 2009 (UTC)
Pódelo comprobar aquí, Xas. Nas entradas poeta e poetisa. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 12:06, 10 outubro 2009 (UTC)

Sobre Ledoño[editar a fonte]

Grazas pola túa aportación, Xas. O que ocorre é que é moi complicado atopar referencias no eido da toponimia popular. Neste caso, os lugares que aparecen no nomenclátor da Xunta, na miña opinión, non son de todo correctos. Os veciños coñecen tanto os que aparecen aí como outros que non están (non só un), e están a igual altura. Trátase dunha situación moi típica do rural galego, casas aquí e acolá, e cada grupo ten un nome; daquela, chega o lexislador e quere telo todo "no seu idioma". Que me recomendas facer? O monstro da ria

As Neves (bis[editar a fonte]

Grazas estaba a voltarme tolo tentando arranxar a desfeita. O motivo penso que foi o exceso de vacacións que me fixeron perder o fio.Tentarei recuperalo--Céltigos 21:19, 19 outubro 2009 (UTC)

Lugares e Parroquias[editar a fonte]

Ola Xas. Cada día que pasa e vexo as túas edicións sobre as parroquias e lugares de Galicia estou máis impresionado polo traballo que levas feito. Aínda lembro cando apenas había un feixe de artigos de concellos na Galipedia, en comparanza mesmo semella que imos chegar a ter entradas de todos os lugares de Galicia. Moitas grazas por todo o teu esforzo para que iso se convirta en realidade. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:56, 20 outubro 2009 (UTC)

Máis lugares[editar a fonte]

Ola Xas: O motivo polo que troquei a páxina da parroquia das Neves de Ortigueira, foi que as anteriores parroquias que editei do concello tiñan ese formato. Tanto me ten dun ou doutro xeito, so que era a mecánica que tiña apresa. Agora deberías trocar as outras, pois foi o meu intento de onte o que me levou á desfeita.Un saúdo--Céltigos 20:55, 20 outubro 2009 (UTC)

Revisa por favor o teu voto pois propuxen unha nova versión da imaxe.

Un cordial saúdo--

Axuda a un usuario novo[editar a fonte]

Olas, Xas. A ver se lle podes botar unha man ao usuario:J. Pais, porque está a voltas co artigo Rapote, un lugar da parroquia de Broño, Negreira, e ao ser novo non dá posto o formato. Dígocho a ti porque es o experto neste tipo de artigos. Graciñas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 14:27, 21 novembro 2009 (UTC)

Ola Xas! Grazas por estar ó tanto cos vandalismos. Desgrazadamente non teño tanto tempo coma antes e vai camiño de ser un continuo esta situación, así que agradécese calquera axuda revisando vandalismos. Parabéns polo traballo! --Alberte Si, dígame? 16:41, 1 decembro 2009 (UTC)

RE: Traslado de conversa[editar a fonte]

Feito! Feito! Coido que xa está todo onde debe estar. --Toliño Fala aquí comigo 10:07, 5 decembro 2009 (UTC)

Reis e Raiñas[editar a fonte]

Ola Xas, acabo de ver a corrección que lle fixeches á caixa dos monarcas galegos que ando a repasar -estou tentando darlle unha coerencia aos reis e ao reino dentro da galipedia-, e comecei a empregar outra caixa como ben saberás, non por estilo estético, que me gusta máis a azul, senón porque desgraciadamente, e aínda que me gusta o escudiño do reino, temos que ter en conta que as representacións heráldicas naceron sobre o século XII, e a nosa aínda tardou un cachiño máis, por iso coido que sendo respetuosos coa historia -e historia da arte tamén- non debera aparecer o escudo nesa caixa sobre todo cando estamos a escribir sobre reis moi anteriores á propia creación do escudo. Con todo non vería nada mal darlle outra utilidade. Contame que opinas ;).--Alexandre Vigo 16:42, 7 decembro 2009 (UTC)

Francisco Javier Rodríguez[editar a fonte]

No artigo sobre Francisco Javier Rodríguez dis que naceu o 17 de abril de 1779 e morreu en 1860. Porén, Antón Santamarina (Diccionario de diccionarios) dá como datas 1825?-1855. ¿Podes comprobar as túas fontes? Eu non atopo información deste home por ningures. Graciñas. Pedro --Lameiro (conversa) 20:52, 8 decembro 2009 (UTC)

Imaxes de Lalín[editar a fonte]

Ola Xas. Moi bo traballo coas imaxes, tanto na realización como na introdución e categorización na Galipedia.

Diríxome a ti ademais por algo que non entendo presente nas túas imaxes. Non é problemático, pero pode ser que non o fagas conscientemente. Se o fas conscientemente non pasa nada. De feito non vexo necesidade de que cambies nada en ningunha das imaxes que subiches.

Trátase de que na caixa de datos colocas "Copyright: GFDL" e como licenza pos {{PD}}. Quizais desexes que as imaxes túas poidan ser usadas con calquera das dúas licenzas (quen o desexe, pode usar a imaxe como GFDL; quen o desexe, como PD). Se é así, pois quedaría máis claro, pódoche crear un modelo en que aparezan as dúas licenzas, semellante á licenza que eu estou a empregar actualmente ({{GFDL ou cc-by-sa-3.0,2.5,2.0,1.0}}). Se non fose así, poderías retirar a licenza GFDL da caixa de datos (deixar esa liña en branco) e colocar abaixo a licenza que desexes. É só unha idea... non teño claro o que pensas.

Eu persoalmente considero estraño colocar a licenza PD cunha GFDL, pois a PD non ten restricións de uso, pero é perfectamente posible. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  10:44, 16 decembro 2009 (UTC)

Intentei completar a estrutura de Categoría:Imaxes de Lalín. Creei bastantes subcategorías. Quizais che dean algunha idea para facer fotos, se as puideses facer, as subcategorías que hai agora-- Lmbuga / Conversa comigo  11:58, 16 decembro 2009 (UTC)
Eu entendo que podes deixar as imaxes como están, mesmo non pasa nada porque continúes facéndoo igual, inda que creo que é preferible que retires esa liña. Penso que ó poñer a licenza PD anulas a licenza GFDL e que case dá igual que a poñas ou que non a poñas. Non te preocupes, non ten importancia ningunha este asunto pois non concibo que as imaxes poidan sufrir ningún risco de seren borradas no futuro por ese dato. Déixaas estar como están. Decide ti o que facer coas seguintes que subas. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  13:33, 16 decembro 2009 (UTC)
Por certo, non dsei se saberás desta ferramenta (http://toolserver.org/~daniel/WikiSense/Gallery.php?wikilang=gl&wikifam=.wikipedia.org&since=&until=&img_user_text=Xas&order=-img_timestamp&max=25&order=-img_timestamp&format=html ). A min resúltame moi útil, pois podo acceder as imaxes que subín a calquera dos proxectos, tanto á Wikipedia como a Commons. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  13:51, 16 decembro 2009 (UTC)

RE: Borrado de páxina[editar a fonte]

Feito! Feito! Xa borrei a páxina. Como apuntamento dicirche que hai dispoñible unha opción no formulario de traslados que di "Deixar unha redirección detrás", se a desmarcas "borras" a primeira páxina xa que se cancela a creación da redirección que queda despois do movemento. Axuda a aforrar algo de tempo. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 19:32, 16 decembro 2009 (UTC)

Re: Imaxe en caixa de parroquia[editar a fonte]

Ola Xas. Para que se visualizase a imaxe limpei o código e deixei o imprescindible, agora funciona. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:03, 16 decembro 2009 (UTC)

Antón Baamonde[editar a fonte]

que majo!! Ía pedirche que creases o artigo, pero dábame non-sei-que, logo de terche pedido un cento deles.

Graciñas mil, e bo inverno. Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14:31, 27 decembro 2009 (UTC)

lugares compartidos[editar a fonte]

Ola Xas. Reparo no artigo Ponte Arnelas e vexo que o damos como dous lugares, un en Ribadumia e outro en Vilanova. Hai máis casos coma este, de lugares a cabalo de dúas parroquias ou concellos diferentes. ¿Non sería bo engadir debaixo un pequeno comentario que veña dicir que realmente se trata dun único lugar repartido nos dous concellos? Tal como o escribimos agora semella que sexa dous lugares que nada teñen que ver. Pénsao por se fose útil. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:02, 28 decembro 2009 (UTC)

Necesito un mapa[editar a fonte]

Boas Xas. Necesitaba un mapa de Galicia no que estean marcadas as áreas de produción da Pataca de Galicia, para o actual artigo pataca e o futuro Pataca de Galicia. Algo así como os que subía Aricum (ver, por exemplo, Comarca da Limia). O mapa que quero ha se-lo que podes ver na ficha técnica de Medio Rural (http://mediorural.xunta.es/fileadmin/arquivos/alimentacion/produtos_calidade/ficha_pataca.pdf), px. 2. ¿Podes facermo ti ou sabes dalgún usuario que poida facermo? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 16:54, 6 xaneiro 2010 (UTC)

  • Mágoa. Asocieite con isto pola túa especialización en concellos e lugares. Bueno, intentarei buscarme a vida. Grazas de todas formas. Pedro --Lameiro (conversa) 17:18, 6 xaneiro 2010 (UTC)

Rubia Barcia[editar a fonte]

Feito, :) --Xabier Cid Conversa 20:08, 6 xaneiro 2010 (UTC)

RE: Traslado e borrado[editar a fonte]

Feito! Feito! En canto á opción, a min aparéceme enriba de "Vixiar esta páxina". Quizais estea trabucado e só lles apareza esta posibilidade aos administradores. Síntocho, entón cando queiras facer estas cousas terás que marcar a páxina para borrar ou volvermo pedir. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 11:41, 9 xaneiro 2010 (UTC)


Retratos de familia[editar a fonte]

Ola Xas.

Pareceume que o que teñen Estevoaei e PepedoCouto é unha boa idea para facilitar o contacto entre os usuarios e ter sempre a man unha lista de persoas a quen pedirlles unha axudiña. Por iso estiven a facer algo parecido, mais incluíndo unha imaxe, que din que vale mais que mil palabras e serve para identificar mellor a xente. A cousa é que nin ti nin Toliño tendes imaxes nas vosas páxinas de usuario e era para propoñerte que puxeras a que mais che guste. Que te parece a cousa?

E so unha suxestión. Se pensas que é unha parvada no me parecerá mal. ----HombreDHojalata Conversa comigo. 19:40, 10 xaneiro 2010 (UTC).

Incorporado, quedaches moi guapo :-) --HombreDHojalata Conversa comigo. 20:11, 10 xaneiro 2010 (UTC).

Galería de imaxes[editar a fonte]

Vin que creaches a Galería de imaxes en Xares, A Veiga, pero está incompleta. Pódese completar con máis tomas es crear a páxina principal da Galería. Que diferenza habería entre ambas? Deizón Conversa con Tiberio 22:05, 11 xaneiro 2010 (UTC)

Artigo Radio 3[editar a fonte]

Ola, Xas. Hai que recoñece-la túa paciencia polo traballiño que levaches corrixindo este artigo (con Atobar, que non o esquezo). Mandeille unha mensaxe ó editor conversa usuario:Arroyo advertíndolle de que non se poden facer traducións automáticas nin ignora-la orixe do artigo. De ter visto o artigo antes, borraríao sen compaixón pero non o fago agora polo teu traballo de corrección. Pero ten presente que aceptar estas traducións, estes "artigos", e asumi-lo traballo de corrixilos, leva a sentar malos precedentes. Hai que ter paciencia cos novos usuarios pero, eu, non tanta. Bueno, vou volver coloca-la marca de atención porque seguen quedando erros derivados desa tradución tan descoidada (como que "Robles Piquer" pasou a chamarse Carballos Piquer). Saúdos e ata sempre, Pedro --Lameiro (conversa) 20:34, 15 xaneiro 2010 (UTC)

Novo modelo en lugares[editar a fonte]

Ben, como me preguntas polas posibles bantaxes deste modelo nonche poderia decir con precisión cales serian agas as esteticas, pero como nas de colaboración se solicita a axuda para trocar por este modelo, que por outrabanda a min particularmente non me disgusta, pois poñome a facer as dos concellos da miña zona.--Alfonso Márquez 14:02, 16 xaneiro 2010 (UTC)

Boas imaxes[editar a fonte]

Boas imaxes e bo traballo na categorización. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  23:28, 16 xaneiro 2010 (UTC)

Non me quedou claro onde tiñas problemas para categorizalas. En Commons as imaxes están ben (abonda con categorizalas en Lalín), así que supoño que te refires a categorizalas na Galipedia.

É doado (pensei que xa o sabías), pero hai un proceso que precisa ser asimilado:

  1. As tres deben ser categorizadas en Categoría de imaxes de Goiás, Lalín
  2. Tras categorizalas, se observas que esa categoría non existe, tes que creala e categorizala con [[Categoría:Imaxes de parroquias de Lalín|Parroquias]] (Categoría:Imaxes de parroquias de Lalín)
  3. Se esa categoría tampouco existise, terías que creala e categorizala con [[Categoría:Imaxes de Lalín|Parroquias]] (Categoría:Imaxes de Lalín) e con [[Categoría:Imaxes de parroquias da provincia de Pontevedra|Lalín]] (Categoría:Imaxes de parroquias da provincia de Pontevedra)

Ademais pode ser necesario categorizar as imaxes noutra categoría. Por exemplo, a da igrexa pode ser categorizada en Categoría:Imaxes de igrexas de Lalín. Se a categoría non existe, hai que creala e categorizala con [[Categoría:Imaxes de Lalín|Igrexas]] (Categoría:Imaxes de Lalín) e con [[Categoría:Imaxes de igrexas da provincia de Pontevedra|Lalín]] (Categoría:Imaxes de igrexas da provincia de Pontevedra)

Se queres, fágoo eu. Pero vendo que as categorías superioresd existen, non creo que che sexa difícil. De tódalas maneiras se queres que o faga eu, dimo. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  00:06, 17 xaneiro 2010 (UTC)

Se queres categorizalas mellor en Commons é complicado. En Commons practicamente non hai categorías de parroquias e eu non me dou diversificado o suficiente como para crealas. Ou traballo aquí e teño en mente os esquemas de aquí, ou traballo alá; ter en mente os dous esquemas levaría a ter erros continuos, erros que de tódolos xeitos ás veces teño. O único que se me ocorre é que existe a categoría [[Category:Churches in Pontevedra]], inda que o digo de memoria-- Lmbuga / Conversa comigo  00:11, 17 xaneiro 2010 (UTC)
Tamén poderías crear unha categoría en Commons, pero o nome da categoría debe estar en inglés. Para ver cómo se crea, o preferible é que procures algunha semellante para ver como a escriben. Así se queres crear unha categoría sobre esa igrexa, vai a Commons:Category:Churches in Pontevedra e busca unha categoría doutra igrexa-- Lmbuga / Conversa comigo  00:17, 17 xaneiro 2010 (UTC)
Creo que comprendo. Pregúntasme cómo editar a imaxe se procede de Commons. É doado. Hai dúas alternativas:
  • Escribir na caixa de procura o nome que ten a imaxe en Commons (ou o que ten na Galipedia, dá igual) e despois premer na pestana editar. Se a imaxe procede de Commons e nunca foi editada, terás a caixa de datos baleira. Nesa caixa de datos baleira é onde tes que incorporar os datos.
  • Facer click sobre a imaxe despois de tela incorporado a algún artigo na Galipedia (a partir de aí é válido o dito na liña anterior)
A ver se era isto, se non era, volve preguntar, ó mellor son eu o que non dá entendido.
A verdade non é doado comprender que as imaxes están compostas por dous arquivos dos cales non sabemos o nome: un o dos datos da imaxe e outro o da imaxe. Cando categorizamos unha imaxe de Commons, creámoslle un arquivo de datos na Galipedia diferente do arquivo de datos de Commons (que sempre se ve), pero o arquivo da imaxe é o mesmo (se queres que cho explique máis detidamente, faimo saber)-- Lmbuga / Conversa comigo  00:48, 17 xaneiro 2010 (UTC)

Real Academia Galega[editar a fonte]

Ola Xas. ¿Non te parece demasiado precipitado dar xa a nova composición da RAG antes de que se celebre o pleno que nomee o novo presidente? Pode importar pouco, xa que son fabas cantadas, pero é por ser respectuoso co quen ten que elixir. Por outra banda, postos a actualizar, quedoute Barreiro como presidente na entradilla do artigo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:18, 22 xaneiro 2010 (UTC)

artigos en uso[editar a fonte]

Bon día, Xas; Efectivamente, tiña esquecidos os artigos Teixido e Régoa, Cedeira; Deixara na páxina de conversa de Teixido, Régoa, Cedeira a miña dúbida sobre a denominación correcta, pero sen solución. Graciñas por andar atento.

Por certo; onte creei as páxinas de homónimos de Confurco e O Confurco; podes botarlle un ollo, a ver se están ben?

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 09:34, 23 xaneiro 2010 (UTC)


Non sabía do formato de lugar[editar a fonte]

GRAZAS polos formatos de Caldelas de Tui. Non sabía eu que había casilla para os lugares. --(XurxoLois) (fálame) 22:52, 24 xaneiro 2010 (UTC)

Pregunta sobre ríos[editar a fonte]

Ola Xas. Ás veces teño que categorizar fotos sobre ríos. Lin a páxina de homónimos sobre o río Mera, ¿sabes dalgunha fonte fiable sobre ríos ou de algo que sexa semellante ó que é o Nomenclator da Xunta de Galicia para os topónimos. Se non sabes, non é preciso que respondas. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  13:24, 26 xaneiro 2010 (UTC)

Graciñas. Creo que xa o corrixín e categoricei adecuadamente a imaxe de Carballedo confundida. Menos mal que hai moitos ollos. Quizais debese traballar cun pouco máis "siso" (eu sempre dixen "siso", pero creo que é "seso"), pero se o fixese intentando ó 100% non confundirme, faría moito menos da metade. Non teñas reparos en comunicarme as miñas confusións ou en corrixilas ti mesmo. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  19:28, 26 xaneiro 2010 (UTC)

Grazas polo labor de revisión. Enganeime coa presencia de dous Vilanova tan próximos no mapa-- Lmbuga / Conversa comigo  17:14, 30 xaneiro 2010 (UTC)

Quédame agora rectificar o nome das imaxes... creo que por hoxe xa perdín as ganas de facer máis: xa metín abondo a pata-- Lmbuga / Conversa comigo  17:18, 30 xaneiro 2010 (UTC)
Xa subín as imaxes con nome correcto e solicitei o borrado aquí e en Commons das anteriores. Espero non terme esquecido de nada. Un cordial saúdo e grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  19:12, 30 xaneiro 2010 (UTC)

Vaites, a foto subina eu fai tempo, cando non podía utilizar Lmbuga. O malo é que non recordo o contrasinal. Se o recordase sería máis doado, pois podería subir de novo a foto con outro nome e solicitar o borrado desa.

Ó facelo desde outro usuario, debo pedilo. Fíxeno na páxina da foto en Commons. Xa solicitei dúas. Se tardan moito, aviso persoalmente a un administrador-- Lmbuga / Conversa comigo  17:09, 31 xaneiro 2010 (UTC)

Artigos de lugares[editar a fonte]

Acudo a ti como o máis posto nos artigos de lugares para que me digas que opinas sobre unhas decisións que tomei á hora de elaborar os artigos dos lugares de San Xosé de Ribarteme, As Neves. 1.Tanto na galipedia como na web do Instituto Galego de Estatística aparece o lugar de A Muradella, ainda que eu sempre escoitei dicir A Moradella. Optei por manter o nome tal e como figura no IGE e no corpo do texto comentar que tamén se coñece coa outra variante. 2.Na escolma dos nomes de lugares da parroquia aparece Currás. Eu sempre pensei que máis que un lugar era unha zona do lugar de Casal da Vila e, efectivamente, no nomenclátor do IGE non aparece. Deixeino estar pero non lle fixen o artigo. 3.E, para rematar, unha dúbida co tema dos homónimos. Como non podía saber se existen máis nomes en Galiza iguais que os de cada un dos lugares (agás algúns moi comúns coma Rodeiro ou Quinteiro), editei cada artigo introducindo o código para homónimos e ó mostrar a vista previa comprobaba se existía ou non un artigo feito con ese homónimo. Se estaba feito deixábao estar e se non, pois borraba o código de homónimos nese artigo. Hai outro xeito máis doado de facelo? Buff, menudo rollo che metín...Graciñas por adiantado!!--Paradanta 12:02, 6 febreiro 2010 (UTC)

Graciñas!!--Paradanta 16:27, 6 febreiro 2010 (UTC)

Re:Imaxes duplicadas[editar a fonte]

Eu creo que vin pouquísimas. Nestes dous ou tres días ningunha. Voume encargar desas dúas que dis. Coméntoche o que normalmente fago

Comprobar que as dúas estean en Commons. Se unha das dúas está só na Wikipedia, non incorporo a de Commons ou, se xa a incorporei, márcoa na Galipedia para borrar con {{Lixoporque|Duplicado de [[:Ficheiro:Nome_da_imaxe.jpg]]}}.

Se as dúas están en Commons, a que é máis nova ou está máis ligada márcoa en Commons con {{Duplicate|Nome_da_outra_imaxe_sen_file:.jpg}}. Ademais diso procuro, antes de solicitar o borrado que non estea usada, é dicir, substituíla pola outra e se foi incorporada na Galipedia solicitar o borrado.

Isto ocorreu porque o usuario de Flickr subiu as fotos antes a Commons. É difícil de detectar. Vou avisar a Xoacas de que non suba máis fotos dese usuario, que mo deixe a min, pois en xeral as súas fotos sóanme.

Por certo -coméntocho porque o sistema é moi parecido-, para borrar en Commons unha imaxe con nome incorrecto, hai que subir a imaxe co nome correcto e escribir na primeira {{Bad name|Nome_da_imaxe_correcta_sen_file:.jpg}}. Hai a opción de solicitar que se renomee: {{Rename|Nome_correcto_da_imaxe_sen_file:.jpg|motivo}}.

Se o desexas, podes comunicarme as que vexas e encárgome eu.-- Lmbuga / Conversa comigo  11:37, 13 febreiro 2010 (UTC)

Volvín editar a mensaxe para incorporar a extensión .jpg-- Lmbuga / Conversa comigo  17:11, 13 febreiro 2010 (UTC)
Ollo cunha cousa: As imaxes teñen que ser idénticas. Ficheiro:Capela de Santa Minia, Brión.jpg e Ficheiro:Capela de Santa Minia-Brión-Galicia.jpg son a mesma imaxe, pero non son idénticas, polo que poden manterse en Commons (ou iso creo)-- Lmbuga / Conversa comigo  17:51, 13 febreiro 2010 (UTC)

categoría:Poesía[editar a fonte]

Boas, Xas!

Unha preghunta; que che parecería crear, dentro da categoría:Poesía, unha categoría:Premios de poesía, dado que xa hai uns cantos artigos? Por outra banda, cumpriría en dous deles Premio de Poesía Caixanova e Premio de Poesía Martín Codax movelos e crear artigos con "poesía" en minúsculas, acorde ao resto;

Outra cousa; quizais xa o viches, fixen a categoría:Obras de poesía en galego; o nome non me gusta demasiado, mais non atopo ningún mellor, e penso que está bastante acorde a categoría:obras narrativas en galego e categoría:obras de teatro en galego. Pensei en chamala categoría:obras poéticas en galego, pero non me convencía en absoluto. Como o ves?

Un saúdo, e beizóns a eito pola túa aparición televisiva. Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 01:27, 25 febreiro 2010 (UTC)

Ficheiros duplicados[editar a fonte]

O traballo de subir imaxes de Flickr á Wikipedia témolo repartido entre Lmbuga e máis eu do seguinte xeito: eu subo as imaxes a Commons e logo el encárgase de todo o que ven despois, o cal inclúe tamén corrixir os erros de localización e/ou nomeado que eu puidese cometer. O que ti propós facer cos ficheiros duplicados creo que é o procedemento axeitado, pero nunca o fixen, eu seino porque Lmbuga mo explicou algunha vez. Será mellor que llo consultes a el directamente. Xa lle deixei unha nota na súa páxina de conversa contándolle brevemente o caso. Saúdos. --Xoacas(Góstache o pemento?) 13:27, 25 febreiro 2010 (UTC)

Díxome Xoacas que reparase na mensaxe que lle deixaras sobre o borrado de ficheros duplicados. Quixen fai 2 ou 3 horas localizalos, pero xa non puiden pois deberon xa borralos. Creo que o fixeches ben. Coméntoche no que eu reparo á hora de marcar un ficheiro para borrar:
Evidentemente estamos a falar de ficheiros que están en Commons. Na páxina de Commons miro as ligazón a artigos das wikipedias que os ficheiros teñen (é algo novo que aparece desde fai un pouco tempo). Marco para borrar o que ten menos ligazóns (mellorando se podo os datos e a categorización do que queda se é preciso). Procuro ademais substituír, nas wikipedias en que se emprega a imaxe que vai ser borrada, esa imaxe pola que vai quedar. Isto último ti non tes que facelo, sempre que marques para borrar a imaxe nova.
Persoalmente, creo que traballas moi ben. Mesmo non me estrañaría que todo o que dixen xa o soubeses e fixeras. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  19:27, 25 febreiro 2010 (UTC)

Pontesiño[editar a fonte]

Ola, moitas grazas pola axuda. Empecei a editar o artigo Ponte, por varios motivos: 1º) é a miña parroquia, 2º) quería ampliar o pouco que habia escrito sobre ela e 3º) que @s usuari@s da Galipedia puidesen disfrutar con este artigo. Claro, aotepeime con ese problema: aparecían 8 nomes de lugar cando en realidade son 10, e pensei en modificalos. Claro que se teñen que coincidir cos do nomenclátor, non digo nada. Con todo, farei algunha referencia no artigo acerca deste asunto. Por certo, como podo facer para pór fotos? Hai que subilas a algun sitio antes? Grazas de novo --Pontesiño 14:55, 28 febreiro 2010 (UTC)

Problema[editar a fonte]

Ola de novo. Mirei na caixa de ferramentas pero non atopo a opción cargar ficheiro. Sera que non me deixa por ser membro desde onte. En canto ao dos lugares, hai confusións por culpa de non dar os datos ben. Á miña familia pasoulle que na dirección tiña A Regueira, Taboada, Silleda, en vez de Ponte, Silleda, e as cartas iban para este lugar de Taboada. Grazas--Pontesiño 16:09, 28 febreiro 2010 (UTC)

Categoría[editar a fonte]

Xas, estou tratando de facer unha análise realista do proxecto e quero comentar a situación actual das categorías, pero non é o meu forte. Amais, as páxinas que atopo con información e índices ao respecto están desactualizadas (son de hai un ano). Será que non sei buscar. Pois iso, a ver se me podes informar de cantas categorías raíz temos, cantas no total dos totales e como estamos con respecto a outras wikis, sobre todo aquelas de lingua romance e as que están ao noso redor, dende a vasca até a nepalí ou grega. Todo o que me poidas dicir, benvido será. Esta mensaxe mensaxe deixeilla tamén a Albert galiza e a Iago Pillado, porque polo que vexo sodes os tres que máis andades co asunto. Graciás de antemán. --Atobar (conversa comigo) 17:40, 8 marzo 2010 (UTC)

Nova categoría[editar a fonte]

Ola Xas. En primeiro lugar darche as grazas por como traballas, Estimo que, se non o é xa, en pouco tempo o teu papel pode ser crucial no wiki, pero iso é algo que xa sabes que penso e que en próximas mensaxes evitarei dicir porque pode resultar tedioso.

En segundo lugar, o motivo da mensaxe, creei unha categoría nova Categoría:Imaxes das pinturas da Igrexa de Santa María de Soutolongo, para incluír estas imaxes en Categoría:Imaxes sobre pintura en Galicia. Pareceume de bo gusto comentarcho. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  19:17, 13 marzo 2010 (UTC)


Bo día: Segundo unha vella "Xeografía descriptiva de la comarca de Ortiguiera" do profesor Julio Dávila do ano 1931, aparece Teixido (San Andrés de)como lugar de Régoa(Santa María). No remate do epígrafe engade: "A base del santuario de S. Andrés de Teixido se ha formado canónicamente una parroquia aneja a la de Régoa, pero con administración completamente independiente y con esa denominación, a la que agregaron los lugares de Candocia, Ermida, Lamelas, Meizoso, Teixidelo, Viduido y Vilar, al que llaman tambien Furado". Como a Xunta tomou de base esta Xeografía, polo menos na comarca do Ortegal. Danse algúns anacronismos, e dicir, existen no nomenclátor oficial lugares que hai moitos anos xa ficaron abandonados e no olvido, e outros pola contra de máis recente formación non aparecen ou son coñecidos por outro nome. Todo isto sen tomar en conta outros erros que coido esixirían unha revisión oficial na miña opinión. Neste caso cocreto é evidente para min, que se debería ter en conta o que dí Julio Dávila, pero quen ou quenes tiñan que oficializar esa cuestión non o fixeron. Iso si, do nomenclátor desapareceron os lugares adscritos a Teixido que di Dávila. En fin, isto é todo o que che podo aportar. Se precisas algo máis tentarei colaborar. Un sáudo e desculpa pola tardanza pero é que non sei como trabuqueime coa túa páxina de conversa --Céltigos 15:58, 15 marzo 2010 (UTC)

Boa tarde, Xas; Estou agora toleando coas matemáticas, e a ver se me podes resolver unha dúbida, como profe de filosofía e coñecedor da lingua galega.

O símbolo ou ↔ en inglés pode lerse iff, en castelán sii, e en portugués sse; sabes se existen referencias en galego para lelo see ou sse, ou se debe lerse se e só se?

Un saudiño, e beizóns a eito! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:01, 16 marzo 2010 (UTC)

Ola de novo!

O profe de mates explicounos o da abreviatura en castelán de sii para si y solo si, e fedellando nas wikis en inglés e portugués atopei as abreviaturas iff e sse; O que quería saber é se hai algunha referencia en galego (RAG, CRPI, UVI...) dalgunha abreviatura para se e só se. Por curiosidade, e tamén porque na clase procuro coller os apuntamentos en galego e quería saber se no exame lle vou poder pór algunha abreviatura ou se lle poño todo.
Agradecido! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15:59, 17 marzo 2010 (UTC)

Boas, Xas.

Estás seguro do que puxeches? Pode que a obra se titule "Cartografía" en galego e "Un manantial en la noche" na versión oficial traducida ó castelán.

Saudiños. --HombreDHojalata conversa 13:41, 19 marzo 2010 (UTC).

Discusión[editar a fonte]

Temos unha discusión aberta na que sería interesante que tomaras parte. Saúdos. Xoacas(góstache o pemento?) 19:36, 30 marzo 2010 (UTC)

Ola Xas.

Na páxina do título fixen unha proposta que igual é do teu interese.

Saúdos --. HombreDHojalata.conversa 11:04, 11 de abril de 2010 (UTC)

categorías imaxes[editar a fonte]

Boas, solleiras e primaverais tardes!
Ao ver esta imaxe dunha ara que acabas de cargar, viume axiña á mente estoutra; anímaste a crear unha categoría común?
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:59, 14 de abril de 2010 (UTC)

Estouche a dar moito traballo co dos homónimos, non? Se queres boto unha man a medida que vou creando os artigos. Un saúdo. --Beninho 09:44, 25 de abril de 2010 (UTC)

Mais sobre lugares[editar a fonte]

Boas vexo que estas a quitar nos artigos que estou a facer os apartados sobre os lugares do concello e mais as referencias relacionadas con Galicia, poderiasme decir porque, a caso non cumple os estilos da galipedia? Un saudo--Alfonso Márquez 00:20, 2 de maio de 2010 (UTC)

toponomia[editar a fonte]

Ola, Xas; Supoño que xa coñeces este novo buscador de topónimos, pero polo si ou polo non, mándoche a ligazón. É máis completo có anterior, creo, pois inclúe tamén accidentes xeográficos e nomes de terras.

Un saudiño! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:39, 17 de maio de 2010 (UTC)

Elección de administrador[editar a fonte]

Ola Xas.

Aceptarías ser elixido administrador pola comunidade? --. HombreDHojalata.conversa 15:42, 23 de maio de 2010 (UTC)

Grazas de todas--. HombreDHojalata.conversa 15:59, 23 de maio de 2010 (UTC)

colección Benito Soto[editar a fonte]

Boa tarde, Xas! Podes botarlle un ollo a este artigho que acabo de crear? Non atopei moitas fontes, polo que quizais metín algunha zoca.
Un millón! Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:48, 24 de maio de 2010 (UTC)

Ola, Xas! Acudo a ti como o máis posto en artigos de lugares. Resulta que fixen o artigo de A Viña do Pazo, Taboexa, As Neves e engadinlle o marcador de homónimos de A Viña, pero cando quixen facer o devandito artigo de homónimos atopeime con que estaba redirixido cara A Viña, Irixoa. Penso que non é lóxico e que cómpre facer o artigo de homónimos de A Viña, desfacer esa redirección e a partir dese artigo de homónimos dirixir a cantos topónimos haxa con ese nome en Galiza. Que opinas? E, de estares dacordo comigo, como se pode desfacer esa redirección? Moitas grazas e un agarimoso saúdo!--Paradanta 14:54, 1 de xuño de 2010 (UTC)

formatos de nomes[editar a fonte]

Boa noite, Xas; Mañá, con tempo, busco, pero creo que a comunidade comentara iso, que o formato de comas para topónimos e para outras cousas (prensa, discos, novelas...), parénteses. Porén, creo recordar que se fixera unha excepción cos Papas. En caso de non atopar ese debate, quizais non estaría de máis reabrilo e cheghar a un acordo. O dito, mañá rebusco. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:36, 6 de xuño de 2010 (UTC)

Botando un ollo por riba só atopei no arquivo do apartado de políticas da Taberna, no 5º apartado ("Papas e emperadores"), algho que comentara Xabier Cid sobre o uso en páxinas de homónimos, pero non me acaba de quedar claro se se cheghou a alghunha conclusión. Á tarde seghirei. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 06:02, 7 de xuño de 2010 (UTC)

Ola, Xas! Estiven ultimamente categorizando artigos de poetas nas categorías "Poetas" e "Poetas de Galicia", segundo fosen ou non galegos. Estevoaei comentoume que vós xa tocarades este asunto, polo que me decidín a retomalo contigo. Penso que a poesía ten relevancia de seu no eido da literatura para ser merecente dunha categoría propia, na cal se subcategorizase aos poetas atendendo á súa orixe e á lingua na que escriben ou escribiron. Estas categorías deberían, ao meu xeito de ver, estar encadradas dentro da Categoría:Escritores por xénero literario (que de feito é onde vexo que están!), Subcategoría:Poetas e dentro delas as correspondentes subcategorizacións ás que aludín antes. Deste xeito non habería conflitos coas categorías de escritores por lingua e procedencia.

Espero terme explicado e a túa opinión e axuda. Eu aínda son demasiado novato e non me considero nin coa capacidade nin coa lexitimación para efectuar estes cambios eu só.

Un cordial saúdo!--Paradanta 12:39, 14 de xuño de 2010 (UTC)

De seguir entón o teu criterio e o de Atobar habería entón que "cargarse" a categoría, porque non tería moito sentido que aparecesen uns poetas si e outros non. Por exemplo, Celso Emilio Ferreiro tamén escribiu prosa polo que non tería cabida nesta categoría, o que sería absurdo porque foi na poesía onde máis destacou e, sen embargo, outros poetas "menores", ao escribiren só poesía, si figurarían.

Con todo, sigo a pensar que pagaría a pena a distinción entre xéneros literarios. Saúdos!--Paradanta 14:32, 14 de xuño de 2010 (UTC)

Ola, perdona esta intrusión[editar a fonte]

Buenos días, perdóname no sé casi nada de gallego aunque lo entienda... Me llamo Claudi Balaguer/Capsot y estoy llevando a cabo una campaña de recogida de soporte para la creación de un Chapter Wikimedia en catalán de la Asociación "Amical de la Viquipèdia" que hasta ahora no se ha conseguido ya que se interpreta que se necesita ser un estado propio para tener Chapter... Espero que perdonarás mi intrusión pero si la Asociación logra obtener bastante soporte acaso puedan cambiar el punto de vista dominante y abrir la puerta a todas las otras wikipedias que no gozan de un estado propio (no solo nosotros sino también los esperantistas, los pueblos indios etc...). Para indicar tu soporte puedes añadir la plantilla Modelo:Wikimedia CAT a tu página de usuario. Otra vez más perdón por ser tan inculto en gallego y espero no haver ofendido tus convicciones, moitisimas grazas por tu atención. Os deseo mucho éxito! Hasta la próxima, que te vaya todo bien y te deseo un verano estupendo, Capsot 20:39, 14 de xuño de 2010 (UTC)

Ola, Xas. A Trabe de Ouro redirixe a A Trabe de Ouro (revista); sabes se é necesaria a desambiguación, ou se o artigo da revista pode levar o título principal? Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:36, 14 de xuño de 2010 (UTC)

República Galega[editar a fonte]

Xas, hai agora un ano lembro que se discutiu aquí se pór unha efeméride sobre a efímera República Galega ou unha cousa así. Se cadra foi unha discusión sobre un artigo, non che sei dicir moi ben. O caso é que se era un artigo sobre a República Galega, cousa que non dou atopado, era ben chantarlle, a modo de cita a cargo da Asociación Cultural Foucelhas, isto: "Aló polo 27 de xuño de 1931, xusto un día antes das eleccións ás Cortes Constituintes da República Española, Campos Couceiro, Eduardo Ponte, Alonso Rios, etc., declararán que a solución para o problema galego non é a República Española senón a galega. No pleno municipal do día anterior, a proposta da creación inmediata dun Estado Galego á semellanza do que pasara en Cataluña fora posta sobre a mesa, e contaba co apoio dos obreiros composteláns. Ao rematar o mitin o concello compostelán é asaltado, dimitindo inmediantamente todas as autoridades, e sendo Alonso Ríos, que exercía practicamente como o presidente provisorio da Galiza, presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega. Finalmente, a falta de seguimento da proclamación noutras comarcas, logrou o cese da Xunta Revolucionaria en poucas horas"., tirado de aquí [2]. A ver se ti tes máis memoria ca min. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:14, 18 de xuño de 2010 (UTC)

A ver logo se mañá fago un oquiño para crealo, e se non que o faga Lameiro, que tamén lle van moito estas cousas sobre Galiza. Graciñas e saúdos, Xas. --Atobar (conversa comigo) 17:44, 19 de xuño de 2010 (UTC)

Retirei o marcador {{enuso}} que ti colocaches nos artigos Clasificación Decimal Universal e Manuel Vidal Rodríguez. Levaba posto ben máis dun mes. Dígocho por se non estás de acordo, para que podas reverter a miña edición. Un saúdo. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 02:48, 20 de xuño de 2010 (UTC)

Rep. Galega[editar a fonte]

  • Feito! Feito!, daquela maneira. Por favor, dálle un lavado, que agora non achega gran cousa. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10:17, 20 de xuño de 2010 (UTC)

Asturias galegófona[editar a fonte]

Boas Xas. Como sei que ti andas con artigos da xeografía galega, coméntocho a ti. Atopei unha categoría (Concellos galegofalantes de Asturias) coa maioría das súas páxinas inconclusas. Comecei a completar Degaña, pero caín na conta de que igual as caixas informativas non estaban actualizadas ou había algún acordo que eu non coñeza. Por iso decidín deixalo para alguén que soubese máis do tema, que quizá sexas ti. [ Furagaitas * ] 15:15, 21 de xuño de 2010 (UTC)

Preguntiñas[editar a fonte]

Ola, Xas. Parabéns porque che propuxeran para administrador/a. Fíxenche un par de preguntas na páxina da votación. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 06:56, 22 de xuño de 2010 (UTC)

Ola, Xas. Non sei se viches estas preguntas... --Xabier Cid Conversa 09:57, 1 de xullo de 2010 (UTC)
Ola, Xas. Quería explicarche o das preguntas, porque parece que entendeches a miña vontade xusto ao revés. En primeiro lugar, é un feito común noutras wikipedias. Na nosa elíxense dous administradores ao ano, e non cadrou, pero creme que se barallou esa posibilidade de preguntas xa hai tempo e con outros candidatos. Se eu estivese máis metido na wikipedia durante os últimos meses, probablemente non che faría estas preguntas. Un administrador é un posto de moita responsabilidade, porque un bo fai pouco máis ca un bo editor, pero un malo pode ser un auténtico desastre. Por iso as cuestións que che preguntei, que querían coñecer a túa opinión sobre a resolución de conflitos, me pareceron importantes. Non se trata de "examinar", e moito menos de acosarte ou presionarte. Ben ao contrario. De feito, sinto non votar ao teu favor, pero a última vez que entrei (día 2) ti aínda non responderas, e cando entrei de novo (hoxe), xa se pechara a votación. Polo demais, non estou de acordo co dos bloqueos indefinidos, pero si, e moito, coa túa resposta sobre as barbies. Moitos parabéns por ser elixido, e moita sorte. --Xabier Cid Conversa 07:20, 12 de xullo de 2010 (UTC)

Boas tardes, Xas. Vou cambia-los homónimos das distintas revistas que existiron co título Suevia, de acordo coa análise que fai Alonso Girgado no facsímile da Suevia de Bos Aires (no que fala das outras revistas homónimas). Dígocho porque ti fuches quen engadiu os homónimos hai un mes, por se tes fontes que contradigan o que vou poñer. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:19, 3 de xullo de 2010 (UTC)

  • Calquera lle discute a Neira Vilas, se el di que a Suevia cubana de 1916 é unha cousa distinta das Suevias anteriores, así que volvo poñer esta segunda entre os homónimos. Agora ben, co mesmo título e o mesmo director... pouca distancias haberá. Outro dato a ter en conta é que a GEG non a menciona como cabeceira propia e, cando fala da Suevia de 1910 -entrada que escribe o propio Neira Vilas-, di que remata ós dous anos. Bótalle un vistazo ó que queda e xa me dirás. Pedro --Lameiro (conversa) 21:26, 3 de xullo de 2010 (UTC)

Administrador[editar a fonte]

Ola Xas! Xa es administrador. Parabéns. Xa sabes que calquera dúbida podes contar comigo. Sorte nesta nova (pero semellante) andaina. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 22:14, 5 de xullo de 2010 (UTC)

  • Parabéns, Xas. Hoxe estamos de celebración. Xa verás que o único problema do cargo que estrenas vai ser mante-la cabesiña fría e actuar con sentido común, dúas virtudes que tes de abondo. E paciencia, moita paciencia. Sorte e a mandar. Pedro --Lameiro (conversa) 22:56, 5 de xullo de 2010 (UTC)
  • Parabéns. Invitas ti. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:39, 5 de xullo de 2010 (UTC)
  • Parabéns Xas, estou segura ca túa seriedade é garantía de éxito para desenvolver as calidades necesarias. Teño moita confianza na túa lealdade ao proxecto da Galipedia. Elvira (conversa comigo) 02:14, 6 de xullo de 2010 (UTC)

Lareira e forno[editar a fonte]

Boas Xas. Vin que subiches a foto dun forno de Curro no artigo lareira. Resulta evidente que non se trata dunha lareira, aínda que así o titulase o autor da foto, senón da boca dun forno de pan. Propóñoche, logo, que retires esa foto do artigo lareira e que a pases ó artigo forno. Sería un atrevemento imperdonable que o faga eu. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:58, 8 de xullo de 2010 (UTC)

García Barros[editar a fonte]

Xas, non atopo pola rede referencias ao premio dado en 2010. Onde o liches/escoitaches? --Atobar (conversa comigo) 14:44, 15 de xullo de 2010 (UTC)

Monteferro[editar a fonte]

Ola Xas.

Abrín un fío que igual é do teu interese aquí: Conversa:O Monteferro, Panxón, Nigrán.

Saúdos --. HombreDHojalata.conversa 19:21, 20 de xullo de 2010 (UTC)

Lugares do Grove[editar a fonte]

Bos días, Xas. Rematei cos artigos sobre os lugares do Grove, a falta de meterlle máis fotografías e algunha información que teño dispersa por aí. Desculpa o chollo cos homónimos. Bueno, a cuestión é que na parroquia de San Vicente di o artigo (da parroquia) que ten 15 entidades de poboación pero no cadro Lp San Vicente do Grove hai 22. As sete que nos faltan (Carríns | Os Coupríns | A Fonte | Pereiriña | Quinteiros | Tempráns | A Torre) están listadas no Nomenclátor pero non nas estatísticas de poboación do IGE (e como mínimo dúas (Coupríns e Tempráns) están poboadas; seguramente as outras tamén pero non o podo asegurar agora. A pregunta é que se fai nestes casos: damos por bo 15 ou 22 lugares; e ¿como se cubre a información desas sete se non temos o dato da poboación? Supoño que este caso se dará noutros concellos e que terás buscada algunha solución. Xa me contarás. Pedro --Lameiro (conversa) 10:52, 26 de xullo de 2010 (UTC)

Redirección[editar a fonte]

Ola, Xas. Entendo que a redirección en Xohán Ledo debería ser ao revés, dado que este é o nome polo que foi coñecido. :) Un saudiño --Xabier Cid Conversa 07:35, 6 de agosto de 2010 (UTC)

Pontesiño[editar a fonte]

Ola Xas, perdoa que tivese que contestar na miña páxina de conversa, pero e que a túa non me cargaba naquel intre. Aproveito para consultarche unhas cousas: - Pódese empregar unha foto sen cargala, é dicir, a través dunha ligazón a unha web? - Se quero resaltar algo, póñoo en negriña? - Como se pon o índice dunha páxina? Porque eu fíxeno ao engadir o apartado Véxase tamén. Hai outra forma? Bueno, moitas grazas de antemán pola axuda e xa acudirei a ti se teño algunha outra dúbida. Un saúdo --Pontesiño 21:31, 9 de agosto de 2010 (UTC)

Dúbidas[editar a fonte]

Moitas grazas, Xas. Cando teña mais dúbidas, preguntareiche. Un saúdo --Pontesiño 23:03, 9 de agosto de 2010 (UTC)

A mesma foto en dous lugares[editar a fonte]

Ola Xas.

Pois a cousa é que temos a mesma imaxe para ilustrar dous lugares diferentes:

  1. Santiago, Rubiás dos Mixtos, Calvos de Randín.
  2. Rubiás, Rubiás dos Mixtos, Calvos de Randín.

Que opinas?--. HombreDHojalata.conversa 20:00, 26 de agosto de 2010 (UTC)

Mandaio - Oza dos Ríos - Galicia 05.jpg[editar a fonte]

Ola, Xas. Tes idea de como resolver o que se di na páxina de Conversa ficheiro:Mandaio - Oza dos Ríos - Galicia 05.jpg? Estou intentando retirar os marcadores de atención, pero deste tema non teño a menor idea. Saúdos. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:22, 27 de agosto de 2010 (UTC)

Galiñeiro[editar a fonte]

Ola, Xas! No artigo de homónimos Galiñeiro retiraches a referencia á serra do mesmo nome. Penso que é bo conservala, xa que non é o mesmo a serra que o Monte Galiñeiro. Un saúdo!--Paradanta (Cóntame) 14:47, 28 de agosto de 2010 (UTC)

Certo, acabárame de dar conta agora, desculpas! Se cadra, sería bo engadirlle ao artigo da serra a sección de "Véxase tamén:outros artigos" co artigo do monte e viceversa, porque é moi probable que alguén ande na procura dun e só atope o outro, dado que só se diferencian no artigo. Saúde, compañeiro!--Paradanta (Cóntame) 14:54, 28 de agosto de 2010 (UTC)

Ola, Xas. No cabezallo deste artigo fálase de Canedo dunha forma xenérica e menciónase despois Vilanova de Lourenzá. Pódese afinar a parroquia e o lugar ti que sabes destas cousas? --Atobar (conversa comigo) 17:01, 2 de setembro de 2010 (UTC)

Graciñas polo traballiño da fortaleza. E graciñas tamén pola corrección d'A Nosa Terra. Pasoume por non comprobar, pensei que dirixía á publicación que vén de pechar e non a unha páxina de homónimos. --Atobar (conversa comigo) 21:14, 2 de setembro de 2010 (UTC)

---

Xas, trabucácheste, puxeches a benvida na paxina do Usuario:Ernestolake en troques de na páxina de conversa--. HombreDHojalata.conversa 18:59, 4 de setembro de 2010 (UTC)

Modelo:Trobadores galego-portugueses[editar a fonte]

Ola, Jazz. Ti que entendes máis ca min de categorías, poderías botarlle unha olladiña a Modelo:Trobadores galego-portugueses e mirar se está categorizado a dereitas? Graciñas por anticipado. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:11, 8 de setembro de 2010 (UTC)

igrexa de Carmoega[editar a fonte]

Boa noite, Xas! Carguei de novo a imaxe da igrexa de Carmoega, pero fedellei no photoshop e eliminei os cables que se veían, paréceche? Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:23, 9 de setembro de 2010 (UTC)

Parafilia[editar a fonte]

Ola, Xas. Ti que destas cousas controlas máis ca min, tes idea de por que me sae todo en negras no cabezallo de Parafilia? Estou toleando intentando amañalo, pero non son capaz. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:23, 15 de setembro de 2010 (UTC)

:) --Xabier Cid Talk, please 18:30, 15 de outubro de 2010 (UTC)

Moitas grazas pola túa axuda en Categoría:Xéneros de nubes. Un saúdo, compañeiro!--Paradanta (Cóntame) 09:29, 18 de outubro de 2010 (UTC)

Estilos nos lugares[editar a fonte]

Ola, Xas. Estaba precisamente reducindo os estilos escalonados nos lugares. Creo que non ten moito sentido poñer lugares e parroquias como título, pra introducir unicamente caixas de navegación. Ti como o ves?--Xabier Cid Talk, please 22:36, 18 de outubro de 2010 (UTC)

É que esa é a percepción que teño: que os artigos de lugares, e en boa medida os de parroquias, teñen tropecentos títulos sen contidos dentro. De feito, é o único caso onde poñemos títulos pra contermos unicamente caixas de navegación. Incluso é estraño ver que no artigo dun lugar temos unha sección chamada lugares e parroquias... Bueno, quizais debamos botarlle un ollo a todo iso de novo —sobre todo se Prevert borrou a súa reflexión— no proceso ese que estamos abrindo (e a ver se levamos a bo porto) de reformar os concellos de cara a maio de 2011. En todo caso non lle vou volver tocar a iso. Vou seguir recategorizando todo, pouco e pouco, pero non lle vou tocar aos modelos eses. Ah, só unha cousa máis: se segues usando eses estilos, parroquias debería ir con minúscula. ;) Un saudiño --Xabier Cid Talk, please 22:54, 18 de outubro de 2010 (UTC)

Cea do sábado 23[editar a fonte]

Xas, maniféstate.[3] Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 10:00, 19 de outubro de 2010 (UTC)