Conversa usuario:Xabier Cid/datos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola, paréceme interesantes as métricas que expós nesta paxina, tanto a automatica [1] como as calculadas por ti. Gostaria de comentar contigo varias opinions ao respecto (ainda que teñamos puntos de vista distintos noutros temas, non hai razóns para non compartir opinions noutros), enfin, vou ao miolo:

Coido sería bon complementar os datos "en cru" cunha analese "cociñada", en 2 aspectos:

  • 1) ¿onde estamos? : comparativa con outras wikis. Haberia que atopar boas "benchmark" (outras wikis con situacions analogas en poboacion e/ou diglosia e/ou etc).
  • 2) ¿a que velocidade vamos? aqui coido que tamen haberia que compararmonos con outras wikis, para ver que tal vamos relativamente.

Tamén me parece interesante tratar de extraer conclusions posicionais, a modo de exemplo (non o analicei moito, son conclusions atrevidas):

  • Paréceme que de [2] se poden extraer conclusions moi importantes de cara a comparármonos (benchmarking) con outras wikis:
  • 1) estamos na posicion 39 en canto a artigos bos, e na 35 en canto a imaxes => temos unha ratio de imaxes lixeiramente por riba do que nos corresponde en cantidade de artigos (=>as paxinas teñen unha cantidade de ilustracións acorde coa situacion da galipedia)
  • 2) no posto 42 en canto a edicions: un pouco por baixo do que corresponderia, pero non está mal, razonable
  • 3)usuarios: estamos no posto 48 => somos uns usuarios que traballamos por riba da media (=> ou ben somos mais traballadores do wikipedista medio ou ben estamos utilizando ferramentas que nos dan + produtividade (inclinome polo segundo, en tantos usuarios non acostuma haber desviacion importante, talvez somos mais produtivos debido a facilidade de traducion(por exemplo do castelan, do que existe tradutor automatico web)
  • O do obxectivo cuantitativo dos 40.000 artigos a fins de ano pareceme ben, pero ¿en base a que se estableceu tal cantidade? coido que sería moi interesante establecer obxectivos en base ás comparativas de "benchmark" que che comento mais enriba, de cara a ver por onde é posible mellorar mais (supoñendo que se outras wikis analogas progresan mais, fixarnos o mesmo ritmo como obxectivo, e a continuacion fixarnos en que fan para progresar mais ca nos).

enfin, soamente queria compartir algunhas ideas. Grazas por escoitar e bon traballo--Maañón 20:25, 17 setembro 2007 (UTC)


Non creo que as estatísticas ás que te refiras teñan demasiado valor. A min faime graza ver se imos por diante do grego ou por detrás, pero non ten máis valor ca iso. A profundidade entendo que é a única variábel medianamente interesante.

  • A posición 35 con respecto a imaxes non é exacta, porque hai algunhas wikipedias, coma o español, que non soben imaxes. Tampouco sei se é positivo ter moitas imaxes e de calquera cousa, ou ter moitos artigos con imaxes aínda que sexan de commons. E ese concepto non está medido.
  • A posición 42 con respecto a edicións creo eu que é moi frouxa.
  • Eu leo os usuarios ao revés ca ti: non temos usuarios moi produtivos; temos poucos usuarios, e particularmente poucas usuarias.
  • A cifra dos 40.000 estableceuna Prevert porque lle petou e eu copieina porque tamén. Como un reto psicolóxico e divertido. Non creo que deba ser un obxectivo a cantidade, senón a calidade. Como creo que non deberiamos ser tan partidarios das traducións. E non porque sexan do español, que grazas a deus non teño problema con iso, senón porque o valor que teñen os artigos que son simples traducións é baixo, e ademais presentan numerosos erros de todo tipo. Nalgún dos teus comentarios falabas hai tempo do modelo do lombardo: sinceramente, gustaríame que a Galipedia fose algo máis ca un bot.

Finalmente, e fóra de que pequenas campañas poidan ter unha efectividade real (imos completar os concellos galegos, imos completar as aves galegas, imos completar os estados dos EUA...) creo que a promoción da creación de artigos, non só é inútil, senón contraproducente. Estas estatísticas teñen o valor do pavero, máis nada. --Xabier Cid 21:26, 17 setembro 2007 (UTC)

Obxectivos 2011[editar a fonte]

Xabier, e ti cres que é realizábel o obxectivo de chegarmos aos 100.000 artigos antes de que acabe o ano? A nosa mellor marca é 12.500 novos artigos nun ano (é certo que estabilizada e seguramente a rebasar este ano), pero de aí a 30.000 novos hai un chimpo do demo. Un saúdo e ben por eses datos. --Atobar (conversa comigo) 12:48, 26 de marzo de 2011 (UTC)

hahaha. :D Non, creo que non... pero se empezamos a facer maratóns como o doutro día, quen sabe... Ora, tiñamos que facer máis maratóns de edicións, que temos a profundidade —e polo tanto a calidade— de caspa caída. --Xabier Cid Talk, please 09:49, 27 de marzo de 2011 (UTC)