Conversa usuario:Voltamoda
Benvido(a) á Galipedia, Voltamoda!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo.--Lmbuga Commons - Galipedia 21:58, 6 novembro 2006 (UTC)
Image:LOGO SNOBISMO.jpg foi borrado[editar a fonte]
Grazas por colaborar connosco.
O borrado débese a dous motivos, inda que foi realizado por mor do primeiro deles:
- A imaxe é unha violación do copyright. Na páxina de orixe aparece o logo, e nesa páxina aparece a mensaxe "Tódolos dereitos reservados".
- Nota: A lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna) indica que non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright. Polo tanto só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen explicitamente que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.
- Na Galipedia non se permite a realización de propaganda. A iniciativa dunha revista galega de moda paréceme loable e, sen dúbida, podería caber unha mención a ela na Galipedia. Con todo, o adecuado para benestar do noso proxecto é que os artigos sexan realizados por persoas independentes que poidan manter un punto de vista neutral. É evidente, polo que escribiras, que non estás en disposición de manter un punto de vista neutral.
Non dubides en contactar comigo para o que desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 23:38, 6 novembro 2006 (UTC)