Conversa usuario:Vanesa rodriguez 15
Benvido(a) á Galipedia, Vanesa rodriguez 15!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 19 de marzo de 2019 ás 14:25 (UTC)
Fotos de Castro Caldelas[editar a fonte]
Boas Vanesa, mira, tivemos que borrar unha das túas fotos de Castro Caldelas porque non tiña unha licenza correcta, se revisas Wikipedia:Política de uso de imaxes podes ver que as imaxes que se usen teñen que ter liberados os seus dereitos de autor, permitindo as obras derivadas e o uso comercial. Por este motivo non se poden subir a Commons fotos collidas de Internet que teñen dereitos de autor. Por iso , pídoche que se algunha das fotos que subiches está collida dalgunha páxina de Internet, nos avises para borrala e que non se incumpran os seus dereitos de autor. Se precisas axuda con algunha cousa, podes preguntarme co que precises e tentarei axudarche :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de abril de 2019 ás 21:59 (UTC)