Conversa usuario:Tony Fernández Barco

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Tony Fernández Barco!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Ola, Tony! Por favor, ao cargar as imaxes indica a autoría das mesmas, así como unha breve descrición para poder darlles categoría en función do municipio ao que pertencen, ou da materia que está fotografada. Bótaslle un ollo ás que subiches?

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22 de novembro de 2018 ás 22:11 (UTC)[responder]

artigos de persoas[editar a fonte]

Ola, Tony. En vez de incluír no artigo da parroquia a información sobre Juan Antonio Fernández Carriba e Manuel Fernández Anta, o que debes facer é crear os artigos correspondentes. Non obstante, debes ter en conta dúas cousas: os artigos deben estar referenciados e incluír bibliografía, e ademais existe o conflito de intereses, polo que non é correcto editar sobre familiares. En relación coas ligazóns externas, non deben incluírse na enciclopedia páxinas de Facebook ou redes sociais, que ademais nin sequera son oficiais. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de novembro de 2018 ás 23:38 (UTC)[responder]

--== Contestar ==

Ola, boas. Eu creo que os autores de Meda teran que estar na Wikipedia de Meda. Además a paxina de Facebook e oficial podelo comprobar no apartado de propiedade e autoría. Na enciclopedia de Meda haberá que por información de interese de Meda non borrala ou bloquear a páxina cada vez que se poña algo novo. Tony Fernández Barco (conversa) 24 de novembro de 2018 ás 09:08 (UTC)[responder]