Conversa usuario:SuperBraulio13
Ola, benvido á Galipedia. Engadinlle algo máis de texto ó artigo que creaches, Salto, Uruguai. Tiña moi pouco texto e corría o perigo que o borrasen. Seguro que ti tes máis información sobre esa cidade co que poder completar o artigo, eu non sei nada dela, o que puxen copieino da wikipedia en castelán. Anímote a que sigas a aprender a nosa lingua, podes consultarnos calquera cousa ós que aquí andamos, será un pracer axudarche.--Biógrafo 15:24, 9 xaneiro 2009 (UTC)
Ligazóns que che poden ser útiles
[editar a fonte]
Benvido á Galipedia, SuperBraulio13!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo.
interwikis
[editar a fonte]Ola, meu! Por favor, cando crees artigos traducidos doutras wikis, amais de meter unha interwiki no artigo en galego, estaría ben que foses ao artigo noutra lingua e lle meteses unha interwiki cara ao propio artigo en galego, para que así os bots o recoñezan e completen a lista de iws. Onte fíxencho cos artigos de .gs e .gt, se completases os que fixeches hoxe sería fantástico. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:49, 15 de xullo de 2012 (UTC)