Saltar ao contido

Conversa usuario:Saulokei

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Nova sección
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Último comentario: Piquito hai 1 ano no fío «Votacións»
Dámosche a benvida á Galipedia, Saulokei!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 22 de marzo de 2025 ás 19:39 (UTC)Responder

grazas!!!! Saulokei (conversa) 29 de marzo de 2025 ás 08:30 (UTC)Responder

Votacións

[editar a fonte]

Ola Saulokei! Benvido á Galipedia! Grazas por participar nas votacións a artigos de calidade, tanto votando as propostas como propoñendo artigos. Lamentablemente aínda non cumpres os requisitos para participar nas votacións (aquí os podes consultar) e polo tanto teño que riscar o teu voto e pechar a votación que abriches. Anímote a seguir colaborando na Galipedia, axiña acadarás o número mínimo de edición e poderás participar en todas as votacións da comunidade! Saúdos! Piquito (conversa) 7 de xuño de 2025 ás 18:14 (UTC)Responder