Conversa usuario:Miguelferig/arquivo2014

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Proposta na taberna[editar a fonte]

Boas Mighelferig! Fixen unha proposta na taberna que penso que pode ser interesante, se queres podes pasarte a opinar. Unha aperta!! Piquito (conversa) 7 de xaneiro de 2014 ás 13:11 (UTC)[responder]

Solicitar o borrado dunha categoría[editar a fonte]

Non é molestia ningunha.

Abonda con que lle poñas {{Lixo}} cunha pequena explicación. Por exemplo: {{Lixo|Nome incorrecto, a categoría correcta xa está en: [[:Categoría:Tetrapirrois]].}} --. HombreDHojalata.conversa 7 de xaneiro de 2014 ás 18:36 (UTC)[responder]

Si, para borrar é o mesmo. A diferenza é antes de borrar. As páxinas pódense mover e as categorías non. No caso das categorías hai que pasar todo a man (ou cun bot). --. HombreDHojalata.conversa 7 de xaneiro de 2014 ás 18:52 (UTC)[responder]

Proposta na taberna[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para tentar organizar un traballo conxunto da comunidade, se che interesa comenta alí o que che parece, a proposta está aberta e se a comunidade o decide pode ser adaptada ó que faga falta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 01:23 (UTC)[responder]

acetil coencima A[editar a fonte]

Boas Miguel. ¿Non cres que o título correcto do artigo "Acetil coencima A" debería ser así, na súa forma completa, e non na forma abreviada "Acetil-CoA" (mantendo a redirección desta á aquela)? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 31 de xaneiro de 2014 ás 20:29 (UTC)[responder]

xibas e chocos[editar a fonte]

Boas, Miguel. Non fun capaz de abrir a imaxe que mandaches, e iso que me descarguei unha versión de 30 días de Corel Paint Shop ProX6, que foi o programa que me aconsellaba windows. Cos programas de imaxes que teño eu non mo abre. Por iso só podo falar de esguello. Ben. A min gústame máis estes mapas de distribución en cores porque son máis visuais, máis accesibles á primeira vista. Ten o problema de solapamento de áreas, e de aí o uso de puntos ou manchiñas de cor, que permite dúas formas diferentes nun mesmo punto. Pero ti faino como mellor o vexas, sen problemas. A interpretación que fas das cores é a correcta, e eses dous puntos verde escuro son Rinlo e Ribeira, onde din xibia, que asimilo (por iso a cor) a xiba; o terceiro lugar, Figueiras, non ía no mapa. Non te preocupes por non incluír os datos de Constantino, xa que cos de Ríos Panisse son máis que suficientes. Pregunteille tamén á miña muller, que en cousas de nomes de cousas de comer me dá moitas luces e discrimina matices que a min se me escapan. Ela di que xiba é a grande e choco o pequeno, e que logo están os choquiños, que disque xa non hai. Engade que non sabe se serán ou non a mesma especie, pero que supón que si, que son iguais, salvo no que se refire ó tamaño. Pero ten en conta que ela é de Ourense, aínda que leve xa anos no Grove. Aínda así, cabe supoñer que se simultanean xiba e choco en Portonovo e Cambados, non sería estrano que tamén se fixera no Grove. Sorte co mapa. Pedro --Lameiro (conversa) 1 de febreiro de 2014 ás 20:14 (UTC)[responder]

RE:Problema cunhas imaxes[editar a fonte]

Bótolle un ollo en canto poida, a máis tardar á noitiña. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de febreiro de 2014 ás 10:35 (UTC)[responder]

Xa está amañado, as imaxes saían en vermello porque os orixinais estaban na en.wiki, xa as pasei a Commons e amañei a ligazón á páxina do autor da versión en inglés, penso que agora non hai problema ningún. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de febreiro de 2014 ás 22:42 (UTC)[responder]
A mandar, non dubides en contactar comigo se podo serche de axuda nalgo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2014 ás 11:31 (UTC)[responder]

Miñocas[editar a fonte]

Se basicamente concordo no que dis, tan só cría necesario indicar cales eran as formas que lle dá a RAG, dime se agora concordas coa redacción.--Sernostri (conversa) 23 de febreiro de 2014 ás 13:29 (UTC)[responder]

Brasicáceas[editar a fonte]

Ola! Perdoa por non te escribir antes, tíñao pendente. Máis que nada agradecer a túa opinión e axuda na parte de botánica, na que queda tanto por facer...un saúdo.

RE: Modelo:Convert[editar a fonte]

Perdoa que tardase dúas semanas en contestar. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 25 de febreiro de 2014 ás 14:32 (UTC)[responder]

Opinión[editar a fonte]

Boas Mighuelferig! Poderías opinar sobre esto? Graciñas! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2014 ás 10:41 (UTC)[responder]

Votación para poñer avisos das votacións dos artigos de calidade[editar a fonte]

Boas, cando teñas un momento libre, poderías votar a proposta? Grazas, --Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2014 ás 02:00 (UTC)[responder]

Template:Convert[editar a fonte]

I wrote Module:Convert which has been copied to implement Template:Convert. I'm wondering if anyone would like to modify the module for a better result at this wiki. Just about all text can be translated (input units and options; output text; number format). The template appears to not be used much here, so there may not be much interest in adapting it, but I wanted to let you know that it is possible, and I would help with putting translations in the module. Are you interested in working on that? If so, are there any specific problems that you are aware of (apart from the fact that no localization has been done)? Johnuniq (conversa) 12 de abril de 2014 ás 10:13 (UTC)[responder]

Gerhard Herzberg[editar a fonte]

Boas Miguel. No artigo sobre Gerhard Herzberg dicimos que "...determinou a estrutura molecular das moléculas diatómicas e poliatómicas, incluíndo hidróxeno triatómico, H3, o Hidróxeno molecular protonado, H3 , e os radicais libres". Non sei se existe iso de "hidróxeno molecular protonado", se é cousa distinta do "hidróxeno triatómico" nin se se poden chamar H3 ós dous. Bótalle un vistazo e corríxeo se procede. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 12 de abril de 2014 ás 14:21 (UTC)[responder]

Grazas. Xa tiña presente que a tí che ía máis a bioquímica que a química pura, pero é que a min me pillan as dúas cousas case igual de lonxe. Saúdos e ata sempre, Pedro --Lameiro (conversa) 12 de abril de 2014 ás 18:34 (UTC)[responder]

Opinión[editar a fonte]

Boas, fixen unha proposta na taberna, dado que é un asunto que afectaría á portada creo que canta máis xente opine mellor. Un saúdo, Piquito (conversa) 14 de abril de 2014 ás 17:31 (UTC)[responder]

Gráfico do experimento Miller-Urey[editar a fonte]

Boas Miguel, fai uns días un usuario en Commons modificou o gráfico na versión en inglés e como resumo da edición puxo que "quitaba o CO porque non foi un dos gases incluídos no experimento orixinal de Miller-Urey, segundo a documentación orixinal". Ti que controlas do tema, cres que tamén temos que quitar o CO da imaxe en galego? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de abril de 2014 ás 01:44 (UTC)[responder]

Si, non te preocupes, xa me encargo eu, só quería que me confirmaras que o cambio era correcto. Grazas e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 26 de abril de 2014 ás 12:42 (UTC)[responder]
Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de abril de 2014 ás 19:10 (UTC)[responder]

Thank you for being one of Wikipedia's top medical contributors![editar a fonte]

please help translate this message into the local language
The Cure Award
In 2013 you were one of the top 300 medical editors across any language of Wikipedia. Thank you so much for helping bring free, complete, accurate, up-to-date medical information to the public. We really appreciate you and the vital work you do!

We are wondering about the educational background of our top medical editors. Would you please complete a quick 5-question survey? (please only fill this out if you received the award)

Thanks again :) --Ocaasi, Doc James and the team at Wiki Project Med Foundation

Ei! parabéns!! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de maio de 2014 ás 20:47 (UTC)[responder]
Noraboa!! --AMPERIO (conversa) 13 de maio de 2014 ás 20:49 (UTC)[responder]

Petición[editar a fonte]

Boas Miguelferig!! Quería pedirche unha cousiña, a ver se é posible. Como sabes na nosa wiki hai moi poucos artigos de calidade e a maior parte deles están relacionados con personalidades e xeografía. O que quería pedirche é se podes proponer artigos propios sobre ciencia ou se non queres propoñelos ti me indiques cales son os que poden ser artigos de calidade para propoñelos eu. Sei que non es partidario de autopropoñer artigos, mais cos poucos que somos, se non facemos así non vamos dar xuntado artigos de calidade a pesar de ter moitos que o poderían ser. Pidocho porque sei que entendes do tema, eu a pesar de ser de ciencias non me vexo capacitado para dicir se un artigo científico pode ser ou non de calidade se non é traducido doutro artigo de calidade noutra lingua. Unha aperta!! --Piquito (conversa) 12 de maio de 2014 ás 17:18 (UTC)[responder]

Fasciolose[editar a fonte]

Ola Miguel. Non sei se sabes que hai uns anos publiquei con Ferro Ruibal unha Monografía etnolingüística do gando vacún, no que recollimos moitísima información sobre a vaca en toda Galicia, incluídas enfermidades e tratamentos. Salvo excepcións, a información procedía de enquisas orais, vocabularios, monografías, etc, que recollían información popular, non técnica, de modo que temos a definición que nos dan, ou a descrición, ou por analoxía con outras fontes xa confirmadas; non sempre o comseguimos pero intentamos contrastar a información con veterinarios clínicos, gandeiros, tratantes, que nos daban os detalles necesarios para confirmar o significado das voces, os matices, etc. Ben, con todo isto quero dicir que faixa como distomatose é común, seguro, e tamén adopta as variantes afaixada (sust), e os adxectivos enfaixada, enfeixada, faixada; e os verbos enfaixarse, faixear e te-la faixa. Como ves, fontes hai de abondo. Un dos síntomas da enfermidade é a aparición dunha banda de pelo erizado na zona das costas (a faixa famosa), máis común nos casos crónicos. Toda esta información, con indicación detallada das fontes de cada forma recollida, e máis datos, xunto coas outras denominacións da enfermidade, podes atopala aquí, nas px. 636 a 638. Utiliza isto como referencia. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 10 de xuño de 2014 ás 21:32 (UTC)[responder]

Ola, mira, cando teñas un momento, podes revisar a frase "Ajon et al.[121] mostraron que a agregación celular inducida pola luz UV media o intercambio de marcadores cromosómicos con alta frecuencia en S. acidocaldarius."? Non lle pillo o senso, non sei se é un erro ou é que non a entendo.

Tamén poderías revisar se deixei correctamente a frase "Este proceso utiliza unha forma moi modificada do ciclo de Calvin[94], unha vía metabólica recentemente descuberta chamada o ciclo do 3-hidroxipropionato/4-hidroxibutirato.", antes tiña unha redacción que non entendía, penso que así está ben. A frase orixinal era "Este proceso implica quer unha forma moi modificada do ciclo de Calvin[94] quer unha vía metabólica recentemente descuberta chamada o ciclo do 3-hidroxipropionato/4-hidroxibutirato". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xuño de 2014 ás 12:23 (UTC)[responder]

Vale, moitas grazas polas aclaracións. Na primeira frase non me cadraba o uso do verbo "mediar", fixen un pequeno cambio que creo que facilita a comprensión, se non che convence desfaino sen problema. Na segunda frase o "quer" ese non o coñecía pero como é correcto podes deixalo se o prefires, aínda que na miña opinión a redacción da Galipedia debe buscar a sinxeleza para facilitar a súa comprensión, é función doutros proxectos potenciar e recuperar o galego. Pero isto último é unha opinión persoal que non afecta ós artigos e como ti fuches o primeiro redactor podes poñer a forma que vexas máis axeitada :).
As grazas teño que darchas eu a ti por traer estes estupendos artigos cunha calidade tan alta! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de xuño de 2014 ás 08:41 (UTC)[responder]
Boas, comparando o artigo co da wiki.es vin que ó artigo da Galipedia fáltalle un apartado de historia e como me pareceu que o da wiki.es estaba ben fixen a tradución. Se tes un momento a ver se lle podes botar un ollo, se non o ves correcto podes borralo todo ou cambiar o que vexas. Hai outros apartados como o de "Taxonomía" e "Filogenia" que non temos, pero non sei se serán interesantes de incluír porque non están moi desenrolados. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de xuño de 2014 ás 08:37 (UTC)[responder]
Xa vin os cambios, moi ben todo. Paréceche ben que propoña o artigo a Wikipedia:Artigo destacado, ou cres que habería que mellorar algo máis? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de xuño de 2014 ás 22:27 (UTC)[responder]
Boeno, eu non teño présa, o do gráfico ese xa o vou mirando eu, e logo tamén podo facer a tradución dalgún artigo que consideres necesario. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de xuño de 2014 ás 21:24 (UTC)[responder]

Xa fixen a tradución do ficheiro, cando teñas un momento bótalle unha ollada e se está ben póñome a meter as coordenadas das ligazóns no modelo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de xullo de 2014 ás 21:22 (UTC)[responder]

Si, as coordenadas coinciden porque a última hora xa as cambiei para probar como funcionaban :). Este modelo usa a extensión imagemap no que as ligazóns do mapa defínense (neste caso) como recadros poñendo as coordenadas da esquina superior esquerda e a esquina inferior dereita, as coordenadas póñense como a distancia ó bordo da esquerda e a distancia ó bordo de arriba da imaxe, tes a documentación aquí.
Sobre o de subir as imaxes, eu normalmente uso o Firefox pero acabo de probar co Exploter e non se sae o Upload Wizard, sáeme a páxina antiga de subida de imaxes, cousa rara porque antes si saía o Wizard, deben andar fedellando. De tódolos xeitos a páxina antiga de subida de imaxes debería funcionarche, esta é a ligazón, se tes algún problema avísame e tento miralo.
Sobre as ligazóns, se cres que hai algunha importante que haxa que ir facendo avísame e vouna traducindo, agora vou propor o artigo para destacado e se alguén atopa algunha necesidade xa a comentará. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de xullo de 2014 ás 10:42 (UTC)[responder]
Tes razón, hai que poñer o nome do lago en Italiano xa que pola política de topónimos non hai nome en galego para el. Polo demais vou propor o artigo a calidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de agosto de 2014 ás 11:34 (UTC)[responder]

Pois eu acabo de probar co Firefox (versión 30.0) e co Internet Explorer (versión 10) en Windows 7, e funcionoume ben o upload wizard... Cambiarías algo no teu ordenador? Xa metín a licenza no ficheiro que me comentas, para cambiar os datos dunha imaxe que xa está subida o que hai que facer é premer na ligazón de editar e así podes modificar a información da imaxe. Cando editas esa información podes poñer a licenza no apartado permission do modelo ou nun apartado aparte. Os modelos de licenza están aquí pero é máis sinxelo copialo doutra imaxe que teña a licenza que ti queres.

Non sei o que pode pasar co teu navegador, se non cambiaches nada tenta actualizalo, se é que non tes a mesma versión que a miña, porque ó mellor cambiaron algo en Commons que fai que non funcione correctamente coas versións antigas.

Se non che funciona actualizar o navegador proba a ligazón en inglés da carga antiga de imaxes, aquí (preguntarei por que non funciona a versión en galego pero mentres tanto podes traballar con ese), nesta si que funciona a caixa para seleccionar as licenzas. Se me das máis detalles de por que non che funciona o uploader wizard tentarei atopar axuda para amañalo, precisaría saber versión do teu navegador, sistema operativo, ligazón dende a que accedes á páxina para subir imaxes e as mensaxes ou pantallas que che aparecen. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xullo de 2014 ás 17:38 (UTC)[responder]

Opinión[editar a fonte]

Boas, fixen unha nova proposta na taberna e creo que é importante que opine o maior número de usuarios posible, polo que pido a túa opinión. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de xullo de 2014 ás 14:42 (UTC)[responder]

RE:Outra imaxe[editar a fonte]

Vale, moi ben, cando teña un momento libre esta semana cámbioa e xa che conto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xullo de 2014 ás 21:26 (UTC)[responder]

Xa está cambiada a imaxe, se ves algo mal avísame e doulle un repaso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xullo de 2014 ás 22:57 (UTC)[responder]

Creo que xa amañei o modelo, usei unha ferramenta da wiki que fai moito máis doado o traballo, só hai que premer co ratón para ir definindo as áreas. Se queres usala tes que crear, se non o tes xa, un ficheiro common.js como o meu. É sinxela de usar, vas definindo as áreas e na parte de abaixo vai xenerando o código que tes que copiar logo no modelo. Se a instalas aparecerache na parte de abaixo das imaxes unha ligazón para expandila na mesma pantalla, aquí tes unha captura de pantalla.

No modelo non metín a ligazón ás Bacteroide Cytophaga porque na versión anterior había tres ligazóns, unha a Bacteroide, outra a Cytophaga e outra a Bacteroide-Cytophaga, que hai que facer con estes bichos? :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de xullo de 2014 ás 19:38 (UTC)[responder]

Xa che fixen eu a páxina esa de commons.js, non tes que instalar nada, agora cando abras unha imaxe dentro da Galipedia aparecerache a ligazón á ferramenta ImageMapEdit debaixo dela e xa poderás usala, se tes algún problema, avisa. Tamén amañei as ligazóns no modelo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de xullo de 2014 ás 20:58 (UTC)[responder]
Se tes calquera dúbida xa sabes a quen berrarlle. :)
Outro tema agora que veño por aquí, agora que as arqueas son un artigo destacado, pensas que xa pode ser proposto a artigo de calidade? Pregunto porque vin que aínda o editas de cando en vez, se precisas que eu faga algo dimo e se podo fareino encantado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de agosto de 2014 ás 02:07 (UTC)[responder]

Boas Miguelferig! Non sei se é un tema do que controles moito, pero animaríaste a ampliar o artigo sobre o ébola e/ou crear un artigo sobre o brote deste ano? Non estaría mal tentar destacar ou propoñer para calidade un artigo sobre un tema de actualidade. Por certo, cara final de mes proporei para calidade o artigo das arqueas, parabéns polo traballo! Unha aperta!! Piquito (conversa) 3 de agosto de 2014 ás 21:54 (UTC)[responder]

Xa o fixen eu agora. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de agosto de 2014 ás 11:52 (UTC)[responder]

Ola Miguelferig! Antes de nada darche as grazas por poñerte co artigo tan rápido e pola atención que lle prestaches ao tema facendo os outros artigos relacionados, amais disto felicitarche polo traballo que estás a facer con todos os artigos que tocas. Non entendo moito do tema pero entendo polo que me dis que eses artigos que faltan son importantes para que este sexa de calidade, pero non te preocupes, todo se andará e xa os crearemos entre todos, non te apures :) E máis nada, se algunha vez tes algunha petición de creación ou ampliación de algún artigo (especialmente relacionado coa música clásica) non tes máis que pedirmo e tentarei collelo case tan rápido como colliches ti este :) Unha aperta e a seguir! --Piquito (conversa) 7 de agosto de 2014 ás 17:16 (UTC)[responder]

Grazas pola túa aclaración. Mirei antes no DRAG pero non vin que puxese "feminino", agora vexo que está nas "observacións".

Ola Miguel. Parabéns polo teu artigo arqueas, que non reparara nel (eu son máis de "bichos grandes", aínda que nestes días ando metido en historias da historia) até que vin que estaba proposto para "artigo de calidade". Desde logo, é un artigo impesionante. Tesnos a todos abraiados. Quen for capaz de facer algún de tanta calidade! --XoioÉche o que hai 8 de agosto de 2014 ás 14:13 (UTC)[responder]

Boas. Estou quitando ligazóns vermellas do artigo de Michael Jackson e topeime coa do propofol. Como eu non che teño moita idea sobre este tema, preguntábame se te animarías a facelo. Aproveito para felicitarte polo teu gran traballo na wiki, e sobre todo polo teu bo criterio. Un saúdo e moitas grazas sexa cal sexa a resposta. --Breogan2008conversa 20 de setembro de 2014 ás 15:28 (UTC)[responder]

Agradézocho moito! Unha aperta --Breogan2008conversa 20 de setembro de 2014 ás 18:44 (UTC)[responder]

Re:Wikidata[editar a fonte]

Ola Miguel.

A min non me deu problema actualizar d:Q410246.

En canto ao outro, se non hai interwiki posible ... para que?--. HombreDHojalata.conversa 28 de setembro de 2014 ás 22:24 (UTC)[responder]

Ola, Miguel! Como vai?

Hoxe apareceu na prensa unha nova relativa á orixe do SIDA. Poderías actualizar o artigo? Dado que é un artigo de calidade, creo que é importante incluír a información que se vaia descubrindo, e pídocho a ti porque fuches un dos principais editores do artigo e supoño que sabes mellor onde incluír estes datos. Un saúdo, e graciñas!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de outubro de 2014 ás 13:08 (UTC)[responder]

Ola, Miguel! Mil grazas pola información. O certo é que tal como aparece formulado na prensa parece que foi un descubrimento maior do que realmente foi; non tiña moita idea do asunto, por iso cho comentei. Penso que o novo parágrafo achega información interesante e queda ben referenciado. Grazas de novo, e un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de outubro de 2014 ás 23:42 (UTC)[responder]

Proposta do ébola[editar a fonte]

Boas Miguelferig! Vin o teu comentario na votación de ébola para artigo de calidade. Teño que recoñecer que non son experto na materia, por eso recoñezo o erro e pídoche desculpas se che pareceu que a proposta non era axeitada. No futuro consultareiche antes de propoñer un artigo sobre a materia para calidade, xa que ao saber moito máis ca min podes dicir se o artigo merece ser de calidade ou non. Sen máis agradecerche o traballo que estás a facer na Galipedia e agradecerche de novo ter traballado no artigo do ébola tan rápido dende que cho propuxen, e nada, que se hai algún artigo dalgún compositor, ópera, sinfonía, ou sobre calquer tema da música clásica que creas que estaría ben mellorar ou que che interese non tes máis que pedirmo e tentarei traballar nel todo o rápido que poda. Unha aperta!! Piquito (conversa) 7 de outubro de 2014 ás 16:44 (UTC)[responder]

Grazas polas aclaracións, tereinas en conta no futuro. Eu non son entendido nestes temas e vendo o artigo me pareceu que estaba moi ben, pero claro, ao non ser consciente do que me dixeches (moi lóxico, por certo), sumado a que non entendo demasiado do tema fixo que o propuxera un pouco guiado pola euforia de ter un artigo tan bo sobre un tema de actualidade. No futuro preguntareiche polos artigos sobre ciencia que podan ser candidatos a calidade, porén creo que é mellor que os propoñas ti que sabes do tema... non hai nada malo en propoñer artigos propios (eu canto menos non o vexo), ti sabes mellor ca min se o artigo das arqueas ou do virus é brillante ou non, eu podo ler o artigo e dicir se me parece completo (esto é, se se me ocorre algunha dúbida que non poda responder ou se comparándoo con outro artigo de calidade é dun nivel similar), se se entende, podo a duras penas revisar a ortografía (que non é o meu forte), ver a estética... e pouco máis, de todos xeitos non te quero presionar, se non queres propoñelos ti preguntareiche por algún que poda ser de calidade e o proporei eu. Grazas de novo e parabéns polo traballo nos artigos relacionados coa bioloxía, unha aperta! Piquito (conversa) 8 de outubro de 2014 ás 17:28 (UTC)[responder]

Galencontro 2014[editar a fonte]

Propuxen na taberna facer un novo galencontro de galipedistas, en Coruña ou en Lugo dependendo da aceptación da xente. Tamén se poden propor temas para tratar no encontro aínda que non se poida asistir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2014 ás 23:37 (UTC)[responder]

Opinión[editar a fonte]

Boal Miguel, podes opinar aquí, no referente ao tema da bioloxía especialmente? Grazas! --Norrin (Fálame) 22 de outubro de 2014 ás 07:33 (UTC)[responder]

Aviso para editatón de Lugo[editar a fonte]

Boas, propuxen na taberna poñer un aviso na cabeceira das páxinas, se tes un momento indica alí se concordas ou non, grazas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de outubro de 2014 ás 16:20 (UTC)[responder]

RE:Licencia rara dunha imaxe[editar a fonte]

A cousa rara que viches non era a licenza, a licenza estaba ben, a cousa rara era unha ligazón ó permiso que o autor orixinal deu para a publicación desa imaxe xa que podía interpretarse que estaba extraída desta web que ten dereitos de autor. Xa está amañado, puxen o mesmo permiso OTRS na túa versión. Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de novembro de 2014 ás 12:32 (UTC)[responder]

Si, pero iso é para que a xente non use os OTRS dunhas imaxes noutras que non teñen que ver, que non é o caso (boeno, eu polo menos sempre o fixen así e polo momento ninguén me dixo nada ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de novembro de 2014 ás 16:58 (UTC)[responder]

Dúbida coa tradución de citas en inglés[editar a fonte]

Boas Miguelferig! Hai un tempo traducín o artigo da Sinfonía nº 8 (Sibelius) da Wikipedia en inglés (creo que en Le Sacre du printemps tamén había, pero non eran tan conflitivos). O caso é que nalgunhas citas había palabras que aparecían con corchetes e outras que tiñan unha ou varias letras entre corchetes, o caso é: que significa iso? Que debo facer con eses casos? Cando a palabra está enteira entendo que é unha aclaración de algo que había antes no texto orixinal, pero cando son unha, dúas ou tres letras dentro dunha palabra non sei a qué se pode referir... que fago neses casos? Moitas grazas!! Piquito (conversa) 18 de novembro de 2014 ás 00:01 (UTC)[responder]

Entón que farei con eses corchetes? Os quitarei? Ou mellor lle pregunto a outro usuario? Graciñas!! --Piquito (conversa) 18 de novembro de 2014 ás 16:32 (UTC)[responder]
Moitas grazas! Preguntarei a alguén máis para asegurarme e cando poda farei o das citas orixinais que me comentas. Unha aperta!! --Piquito (conversa) 18 de novembro de 2014 ás 17:53 (UTC)[responder]

Actividade e galencontro Coruña[editar a fonte]

Boas, anunciei unha actividade na taberna que podería ser do teu interese, tes máis información aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2014 ás 11:36 (UTC)[responder]

Nova proposta na taberna[editar a fonte]

Fixen unha nova proposta na taberna, cando teñas un momento bótalle un ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de decembro de 2014 ás 01:44 (UTC)[responder]

Mosca do Vinagre[editar a fonte]

Hola, Miguel. O teu artigo Mosca do vinagre aparece entre as páxinas na categoría "Páxinas con ligazóns rotas cara a ficheiros". Polo que vin, débese á imaxe "Ficheiro:Rh1.jpg: Expresión da rodopsina 1 (Rh1) en fotorreceptores R1-R6", que non estaba en Commons senón na en:wiki. Non sei a solución pero crin que debías sabelo. Grazas e bo nadal. Pedro --Lameiro (conversa) 24 de decembro de 2014 ás 00:06 (UTC)[responder]

Lípidos[editar a fonte]

Boas noites. Non puxen -conscientemente-ningunha subcategoría na cat. Lípidos, e se fixen tal foi por erro. O único que pretendín facer foi corrixir a alfabetización dos ácidos graxos: uns alfabetizáronse con til e outros sen til, e así quedaron divididos en dous grupos. Por sistema, quedan sempre mellor ordenados sen til (no A, ó principio). Outro tema no que non entrei é se están ben categorizados: polo que me dis están duplicados, na categoría ácidos graxos e na cat. lípidos. De ser así sobra, evidentemente, a cat. Lípidos, por redundante. Non sei se sobrarían outras categorías. Acabo de ver que o erro dos tiles está tamén na cat. Ácidos graxos; na propia categoría, sobra o til. ¿Queres que saque a cat. Lípidos e elimine os tiles na cat. Ácidos graxos? Ti dirás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 25 de decembro de 2014 ás 20:41 (UTC)[responder]

Evidentemente, se ten varias categorías e un Ordenar diante, o acento elimínase do Ordenar. Deixame logo o dos tiles que o fago eu mañá. Agora vou ver EL HOBBIT. Ata sempre, Pedro --Lameiro (conversa) 25 de decembro de 2014 ás 21:13 (UTC)[responder]

Boas Miguel! Non esquezas poñer o marcador de uso no artigo da sangue. Parabéns polo traballo! --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 20:11 (UTC)[responder]