Conversa usuario:Margoz~glwiki

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido/a á Galipedia Margoz. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:34, 23 xaneiro 2007 (UTC)

Hai moito que corrixir[editar a fonte]

Olá, Margoz. Lin o teu comentario sobre unha edición túa na que exclamabas: "e hai moito que corrixir". Fíxome sorrir. Claro que si! Recibe a miña benvida. --Xosé (✉) 22:59, 25 xaneiro 2007 (UTC)

Pequeniño problema[editar a fonte]

Ola Margoz. Teño un pequeno problema coa forma galega de gavilán, pensei que era gavián pero no dicionario non aparece esta forma. Poderías sacarme de dúbidas. Moitas grazas e bo traballo. --Beninho 19:28, 2 febreiro 2007 (UTC)

  • Moitas grazas. Se teño calquera outra dúbida preguntareina. Xa vexo que estás facendo un importante traballo na correción. --Beninho 19:53, 2 febreiro 2007 (UTC)

Confírmoche que reito é, efectivamente, treito. Grazas.--Xosé (✉) 21:37, 4 febreiro 2007 (UTC)

Río Sarria[editar a fonte]

  • Non tes que pedir permiso para editar un artigo, especialmente se non mantén o que se chama punto de vista neutral (abreviado ás veces NPOV, "neutral point of view"), como é o caso. Fixechese moi ben en explicar na páxina de discusión cais son as súas deficiencias e como as vas resolver. Agora estará claro para quen o volva a ver por que se modificou. Un saúdo e parabéns polo teu traballo. --Xosé (✉) 19:43, 5 febreiro 2007 (UTC)

Río Sarria[editar a fonte]

Entrei momento e vin a túa mensaxe a Xóse. Se o artigo inclúe textos que non seguen as políticas da Wikipedia (punto de vista de neutral, redacción en primeira persoa, valoracións, etc.) debe modificarse no que sexa preciso respectando na medida do posible o traballo de MPereiro que ten feito contribucións moi valiosas para o proxecto. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:45, 5 febreiro 2007 (UTC) Non vira a resposta de Xosé. --Prevert(talk) 19:46, 5 febreiro 2007 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario[editar a fonte]

18 de marzo de 2015 ás 01:45 (UTC)

Renomeado[editar a fonte]

19 de abril de 2015 ás 07:39 (UTC)