Conversa usuario:Luimipi~glwiki

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Olá, Luimipi, benvido. Tes razón que non é doado atopar quen son os "administradores" (sysops). Para pór-nos en contacto entre nós utilizamos a Taberna, como xa sabes. Nela hai varias seccións (Novas, Políticas, Técnica, Propostas, Axuda, Xeral), onde deixar comentários pero, coa tua suxestión, acabo de crear unha ligazón para a lista de administradores. De todas as maneiras, non son todos os que están (12), xa que 5 deles non son galegos (no inicio de cada proxecto da Wikipedia hai sempre alguén de fora para axudar a pór as cousas en marcha) e estes non pasan por aqui case nunca xa. Eu non estaba daquela, levo ano e medio. Porén, se deixas calquer comentario na Taberna alguén che respostará e xa nos iremos coñecendo.

Sobre a norma do galego, nos artigos segue-se a Normativa oficial do galego, ou sexa, as da RAG. A tua pergunta non é ridícula, en absoluto, e ten causado discusións que verás por aí de cando en vez. Parece lóxico seguir unha única norma, porque a coeréncia lingüística axuda a dar-lle un aspeito máis integrado a todo o traballo que se fai. Logo, nas páxinas de discusión, cada un pode escreber como queira (eu mesmo verás que utilizo outras, pero no corpo dos artigos obedezo as Normas). Hai, certamente, ocasións en que temos dúvidas, ás veces por interpretacións, por descoñecimento ou porque nos enfrontamos a solucións ainda inexistentes no uso real. Nese caso, o que facemos é redixir o artigo coa nosa opción preferida e, na páxina de discusión, pedir a opinión dos demais. Hai lingüistas entre os colaboradores e axudan a tomar a decisión.

Sobre o de Portugal, existe esa proposta desde hai un tempo. A base de datos non se pode compartir, pero si se poden utilizar os seus artigos (requiren só unhas modificacións gráficas e talvez de vocabulário), asi que che animo a ir por ese camiño, se queres. Un saúdo e, de novo, benvido. Xosé (✉) 17:51, 7 maio 2006 (UTC)

A continuación a resposta ás túas preguntas, mediante Special:Listusers/sysop podes coñecer a lista de administradores, deles os administradores activos son: Xelo2004, Alyssalover, Agremon, Rocastelo, un administrador especial o Moderador e finalmente eu mesmo. Cómpre que teñas en conta que os wikis crecen como comunidades virtuais, nalgúns hai unha ou varias (segundo o seu tamaño) e tamén colaboradores que actúan illadamente. Isto quere dicir que non todos os wikis son iguais e dependen moito da comunidade que os sustenta, polo tanto, comparalo coa Wikipedia en castelán non resulta moi apropiado. Por outra banda, non creo que as miñas opinión sexan moi importantes, o importante e que aquí nos xuntamos un grupo de persoas con orixes, ideas e motivacións distintas para crear un wiki que sexa útil para difundir o coñecemento libre e que sexa valioso -na medida do posible- para Galicia e os galegofalantes. A cuestión da lingua é esencial pero non é o único elemento a ter en conta. Clasificar os colaboradores segundo a concepción que teñan dela ou sobre calquera outro tema, non resulta moi beneficioso para o proxecto. Tal como está agora pretende ser un proxecto integrador de todo tipo de colaboradores, facer o contrario sería totalmente contraproducente. Procuramos traballar en común por riba das nosas diferenzas -no caso de que existan- e construir un proxecto valioso para todos. Sobre o galego coido que está ben claro que o wiki está escrito segundo a normativa actual do galego. Por exemplo, en Wikipedia:Política e normas:Toponimia hai algunhas indicacións sobre o uso de Galicia e Galiza, se unha persoa cambia no contido dun artigo unha palabra por outra, sexa cal sexa, por regra xeral desfacemolo, iso faíse extensivo ao outro tipo de cambios semellantes. Sobre o tema da base de datos e facer unha base de datos común coa Wikipedia en portugués: ademais das dificultades técnicas que iso suporía, nin en pt.wiki nin aquí estamos por ir nesa liña. É evidente que establecer unha relación máis estreita cos compañeriros da Wikipedia en portugués si é unha idea que sempre se tivo en consideración neste wiki, de feito recentemente comezamos a colaborar con eles en Commons. Como dixen o sentido deste wiki non só está asociado á lingua, e algúns dos posibles beneficios para os galegofalantes perderíasen se se fusionaran as bases de datos. Espero que con isto respondera a todas as túas preguntas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:32, 8 maio 2006 (UTC)
  • Copio aquí a resposta sobre liliense por se non chegas a vela na páxina de discusión do artigo: O problema con liliense é que non hai fontes onde poda confirmarse, as únicas referencias que aparecen en Internet son páxinas de discusión da wikipedia española onde úsaches ti mesmo o termo. En cambio con Sanxenxino si hai referencias. As edicións da Wikipedia deben poder verificarse en fontes fiables de xeito sinxelo. A miña resposta non quere dicir que as fontes teñan que reducirse a Internet, nin que polo feito de aparecer en Internet sexan fiables, tampouco quere dicir que pense ou pensemos que a túa afirmación non é certa, nin sequera que un xentilicio sexa preferible ao outro. Só que para poder incluirse no artigo ten que haber algún xeito de poder comprobalo por calquera colaborador (ou lector) sen grandes dificultades. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:45, 10 maio 2006 (UTC)
  • Como xa dixen na mensaxe anterior non dubido do que dis. Xa que eres de Sanxenxo aproveito para pedirche que nos botes unha man —se queres e podes— co artigo, tamén sería de grande axuda se puideras publicar algunha imaxe da vila que sexa túa e estea libre de dereitos. Incluso podería servir para publicar na páxina de Sanxenxo en Commons. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:44, 18 maio 2006 (UTC)

A explicación sobre as imaxes pola que preguntas refírese a cuestións técnicas ou ao tema das licenzas? E dicir, como carregar as imaxes na Galipedia e como inserilas nas páxinas ou que licenzas son compatibles coa Wikipedia e que imaxes se poden usar. Ou ambas cousas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:58, 24 maio 2006 (UTC)

saúdo e comentarios sobre Enric Miralles[editar a fonte]

Ante todo un saúdo e unha benvida á Galipedia: Estiven lendo o teu artiguiño de Enric Miralles e gustoume que se vaian inserindo textos cada vez máis enciclopédicos, máis de temática variada. Ademais, estes dias estou de visita preto do que supoño que será a túa facultade, na Coruña. Trala lectura, quería comentarche uns detalles para mellorar o teu traballo:

  • Mellor sería non deixarse ceder ante o uso de opinións persoais, non constrastables e que outra persoa poida pór en dúbida (ou non opinar o mesmo: eu sen ir máis lonxe por exemplo eu podo non coincidir contigo en que chegara "a un nivel de deseño e comprensión da realidade fora do común", que "mente privilixiada, recoñecida por todo o mundo da arquitectura" ou que "foi a máis grande promesa da arquitectura" [polo menos porque a Arquitectura Española non rematou a súa historia]: opino así porque sufro a falta de funcionalidade das súas obras no Campus de Vigo);
  • Coloca ligazóns mediante [[]], que sempre fai máis útil o texto para relacionalo con outros artigos;
  • Ten coidado cos tempos compostos: "mestre adxunto nas dúas universidades nas que había estudiado" >> "mestre adxunto nas dúas universidades nas que estudiara"; "súa idade xa había chegado a un nivel de deseño" >> "súa idade xa chegara a un nivel de deseño"
  • É moi útil que os especialistas en cada tema, no teu caso de arquitectura, vaiades categorizando en candanseu tema: category:personalidades da arquitectura, category:arquitectura, category:movementos artísticos dentro de category:personalidades da arquitectura, así logo é mellor para atopar as cousas para os non iniciados. Podes participar no debate e propoñer unha estrutura para a categoría Arquitectura nesta páxina: por exemplo, ¿sería útil ter as obras arquitectónicas apartadas?. Ademais, se ves o listado de Category:Personalidades da arquitectura ou Category:arquitectura sempre se che poden ocorrer ideas de autores ou obras que deberiamos ter;
  • Reviseiche un pouco o léxico ("so" leva til se é adverbio, "onde" non, "felmente" está máis relacionado co "fel" que con ser "fiel", e "a parte"/"á parte" creo [falo de memoria e podo trabucarme] agora coa nova norma creo que se escribe xunto) e o estilo (de estilo, por exemplo, se usas "comiñas" mellor non duplicar con cursiva). Tampouco te preocupes moito por isto da ortografía e a gramática, sempre virá alguén detrás nosa que o poida mellorar [esa é a virtude da Wikipedia].
  • Por certo, da túa páxina de usuario, por se o queres ter en conta: aportar significa "chegar a porto", non "fornecer" ou "contribuír" e po-lo de "por+o" escríbese sen guión (con guión é "pór+o" = "poñer+o"). E para xoven prefírese "mozo";

Grazas pola túa atención e quedo ó teu dispor aquí (tamén se tes dúbidas de lingua), na medida na que eu vaia visitando a Galipedia. Sorte na carreira, que sei por referencias directas que é dura.

Por certo, déixoche esta táboa que fixen cando comezaba a colaborar na Galipedia coma guía para os novos que viñesen tras de min.

Ola, os colaboradores xa rexistrados dámosche a benvida á Wikipedia en galego, a Galipedia, e desexámoste que te unas ó noso grupo de traballo. Queremos tamén informarte un pouco para que non te perdas entre tanta silveira de páxinas:
  • As páxinas divídense entre os artigos da enciclopedia e as que usamos nós para a xestión, organización e coñecemento interno dos colaboradores rexistrados. O normal (e desexable) é que as segundas comecen sempre por "Wikipedia:". Neste segundo grupo hai unhas páxinas especiais para cada usuario: a de presentación (para que a estrutures ti ó teu gusto) e a de discusión (para que a xente se comunique contigo). Cada usuario tamén ten as súas dúas e comezan por "User:" ou "User talk:". Hai outras especiais que comezan por "Special:". O sistema da Galipedia distingue as maiúsculas das minúsculas nos títulos das páxinas, ademáis da existencia de espazos;
  • A páxina inicial da Galipedia é a Portada, con moitas ligazóns pero tamén tes unha benvida máis específica para novos colaboradores en Wikipedia:Benvidos;
  • Tamén se poden relacionar os artigos con wikipedias noutros idiomas, dun xeito moi doado mediante unha ligazón cun formato especial;
  • Só cando te rexistras nunha sesión, o sistema avísate automaticamente das mensaxes que che envian outros colaboradores á túa páxina de discusión. Para responder, normalmente faise na páxina de discusión de quen che escribiu. Se accedes á súa páxina principal, a páxina onde se responde esta na lapela á dereita de "páxina de usuario", na parte superior da páxina. Para crear un novo apartado, faise automaticamente premendo na lapela "+", un pouco máis á dereita;. Lembra asinar para que saiban que es ti quen escribes: é o penúltimo botón da barra de ferramentas;
  • Se queres, podes ler unha guía en Wikipedia:Libro de estilo (en construción), onde se fala de como se estruturan habitualmente os artigos e certos consellos de ortografía;
  • Para comentarios para tódolos usuarios, podes publicalos nas diferentes seccións da Wikipedia:A Taberna;
  • Máis adiante e con paciencia xa irás aprendendo moitas máis cousas (que é un wikiproxecto, cal é a filosofía GNU, coñecéndonos a algún de nós), non teñas présa. De momento nós xa estamos contentos de que esteas entre nós;

--Sobreira 16:07, 24 maio 2006 (UTC)

Imaxes II[editar a fonte]

Como inserir imaxes nun artigo?

   Carregar a imaxe na Galipedia

No lateral esquerdo, na caixa de ferramentas: Cargar ficheiro.
No formulario: Nome de ficheiro a cargar, escoller un nome significativo, por exemplo: Castelao_Rianxo_2006.jpg, premer en browse para buscar a imaxe no disco duro.
No caso de que a imaxe teña un nome asignado pola cámara ou por un mesmo que non cumpra os requisitos, pódese cambiar no campo Nome do ficheiro de destino
En Descrición engadir canta información se teña da imaxe: fonte, orixe, licenza. Está información tamén pode editarse a posteriori na páxina de descrición da imaxe. Temos unha táboa de información para incluir os datos. En Marcadores de licenza de imaxe hai unha lista de marcadores de imaxe dispoñibles, tamén se poden introducir no paso posterior.
Hai algunhas licenzas que se poden escoller na lista desplegable deste campo.
É imprecindible incluir unha licenza de uso da imaxe. Pequena guía de uso sobre a licenza.
É unha imaxe propia?
Si. ok Licenza GFDL, Dominio Público ou Creative Commons ShareAlike 2.1
Non. Pasar á seguinte pregunta.
Ten outra orixe e ten unha licenza libre?
Si.
É a licenza compatible coa Wikipedia? (Permite obras derivadas e uso comercial)
Si. ok Mesma licenza ca que teña.
Non. En principio non se pode usar.
Non. Non se pode usar.
Cargar ficheiro.

    Como inserir a imaxe na páxina?

Premer na icona na parte superior da caixa de edición. Esta icona insire o código [[Image:Exemplo.jpg]], sustituir Exemplo.jpg polo nome da nosa imaxe.
Agora trátase de elixir opción de presentación da imaxe: posición, tamaño e texto descritivo. No enlace anterior están as instrucións.

Espero que esta pequena guía sirva para que teñas unha idea de como funciona o tema. Pode servir de punto de partida para posteriores aclaracións. Sobre todo a parte das licenzas é moi complexa. Benvido novamente á Galipedia, e espero que a túa axuda sirva para facer avanzar un pouco máis este proxecto. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:18, 24 maio 2006 (UTC)

Continúa...[editar a fonte]

A resposta a esta parte da pregunta non é fácil e me temo que polo de agora non podo facer unha resposta coma a anterior. Necesito máis tempo para pensalo e para poder elaborala como unha guía. En principio da maioría das páxinas web, a non ser que expresen o contrario, non se pdoen obter imaxes libres de dereitos. Con respecto ás publicacións en papel ten que pasar un período de tempo (en España 70 anos) desde a morte do autor. Noutros países os períodos de tempo varian. A resposta é un pouco simplificada porque hai moitos máis elementos a considerar. No caso de que as fotos as saques ti, es ti quen asigna os dereitos, o uso que se pode facer da fotografía. A licenza da Wikipedia implica atribución, permitir obras derivadas ou uso comercial. E dicir que se alguén usa a foto ten que recoñecer a túa autoría, pode facer cambios na foto (por exemplo reencuadrala, utilizar só unha parte,...) e pode utilizala con fins comerciais. Se a licenza que lle pos á foto é GFDL implica que tamén sexa GFDL o sitio onde se utiliza, e reproducir o texto da licenza. Cousa que non ocorre se a pos no dominio público. Xa sei que a resposta non aclara demasiado pero traballarei, cando teña un pouco de tempo, nun texto que dea máis respostas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:34, 24 maio 2006 (UTC)



  • Desde decembro non saen estatísticas detalladas novas, pero podes facerte unha idea do avance se ollas os gráficos e táboas de Wikipedia:Actualidade. O nome Galipedia ven do principio do wiki, de feito na cronoloxía da páxina que citei está. Que estamos avanzando —é moito— tamén o certifica isto. Hai semanas que non o actualizo pero cando comecei case ninguén nos enlazaba. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:19, 24 maio 2006 (UTC)

Estatísticas[editar a fonte]

Sairon as novas estatísticas, podes consultalas neste enlace aquí. Tamén incluín en Wikipedia:Actualidade unhas táboas e cadros comparativos. Espero que che sirvan para facerte unha idea do que me preguntabas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:08, 25 maio 2006 (UTC)

Imaxes sen licenza[editar a fonte]

  • Amigo Luimipi, cargaches un par de imaxes sen licenza e son as seguintes: [1] e [2]]; comentarche que aunque poñas que as fixeches tí no transcurso do verán do 2005, información que se pode poñer a maiores, non por elo te exime da obligación de engadirlle unha licenza. Tes información referida o caso un pouco máis arriba (na túa páxina de discusión) na que o compañeiro Prevert che explica paso a paso como debes de facer para cargar unha imaxe e, asimesmo, como engadirlle unha licenza. Un saúdo --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 14:05, 28 maio 2006 (UTC)
  • Pois claro que se pode arranxar sen necesidade de que teñas que subir de novo a imaxe, teslle que inxerir este parámetro {{GDFL}} (abonda conque o copies e o pegues na páxina correspondente -a da foto-) a maiores agradeceríache que cando subas unha foto, no espazo da descrición engadises esta táboa cumprimentada para evitarmos problemas, ou tamén copias o mesmo e o pegas dentro do cadro da foto (sempre por enriba do GFDL) e poñas a información que vexa precisa.

Táboa cos datos identificadores da imaxe

-http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:sustituir_polo_nome_da_imaxe.png
Orixe/Source: --Rocastelo(fálame aquí) 19:33, 29 maio 2006 (UTC)
Autor/Author:
Copyright:
Publicada por/Publish by:
Data/Date:

Tes un exemplo directo que podes copiar en pegar (cambiando a información do cadro adxunto) [3] neste mapa (tamén a licenza é para fotos). Un saúdo --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 20:43, 28 maio 2006 (UTC)

SANGENGO!![editar a fonte]

  • O de Sangengo é irónico: o comentario primario é que en castelán tamén hai quen escribe "Sangenjo" e outros "Sanjenjo", dubidando entre g e j. É unha desmostración fáctica de que en castelán non está asentado.
  • Sobre o dos tempos compostos confundinte con AlbertGaliza a causa disto]

--Sobreira 18:19, 30 maio 2006 (UTC)

Imaxes río Sil[editar a fonte]

Ola Luimpi. Gustáronme moito as imaxes que subiches do río Sil. Engadinas a Commons: Commons:Category:Rivers and waterways of Galicia. Escríboche a seguinte mensaxe porque ademais me parece interesante engadilas á páxina do concello ó que pertencen, cousa que eu non me atrevo a aventurar. Se sabes a que concello pertencen, agradézoche que mo indiques.

Espero que subas máis imaxes. Non é doado encontrar imaxes con que ilustrar algunhas páxinas da wikipedia. En Galería de imaxes de Galicia verás que son moi poucos os concellos dos que temos imaxes abundantes. Convén, ademais, cando o saibas indicar a parroquia que representan as fotos, pois nas páxinas das parroquias temos escasísimas fotos, moitas veces, como é normal, por ignorar ese dato.--Lmbuga Commons - Galipedia 20:26, 31 maio 2006 (UTC)

  • Ante todo cando me escribas faino mellor abaixo de todo, que se non teño que andar a buscar onde e quen me enviou.
  • Sobre o tema do epígrafe, non quero polemizar nin utilizar moito tempo en debater algo que non está nas miñas mans. Eu estudei Filoloxía Galega e dentro duns anos serei Doutor. Ainda que vaia en contra dos meus intereses, debo recoñecer que non sempre estou de acordo coa NOMIG, pero en artigos e textos formais respétoa tanto como podo e sei. Son da opinión de que moitísima xente fala das NOMIG sen coñecelas, pois son bastante abertas. Teñen erros de concepto e de coherencia, pero tamén as da RAE e ninguén se leva as mans á cabeza.
  • Sobre a relación entre portugués e galego, é innegable. Pero unha lingua non é só un sistema sonoro: é un sistema de comunicación social, sen (comunidade de) falantes non hai lingua, e somos os falantes os que decidiremos en conxunto o que vai ser do galego. Creo que a xente que pretende un achegamento radical é minoría, por moito que nos meus círculos sociais sexan frecuentes;
  • Outro cantar é no uso e elección da norma culta. Traballo de asesor lingüístico e as nosas eleccións e propostas sempre teñen coma referente ó portugués en caso de dúbida. Isto é o que creo que hai que facer, pero só en caso de dúbida: cando en galego xa existe ou existiu algo, preferimos utilizar ou recuperar o que é de noso. Por exemplo: por moito que queiramos, en Galicia non hai lexico dos touros, de automobilismo ou de enoloxía coma en portugués porque non constaron nunca nas nosas tradicións e necesidades léxicas. É bo ter o portugués coma referencia, pero non cando falemos de carballos, carpintaría, sobreiras e alfarería. Para iso temos o que os devanceiros levan conservando séculos (os meus avós e no medievo).
  • En caso de necesidade nunca é imposible inventar sempre dentro dos parámetros do esperable no galego: penso en adestrar, beirarrúa, beiravía, Deus, avó, albéitar, albanel, etc.
  • De verdade pensas que "O que se aílla, morre"? (pénsao ben)
  • De tódolos xeitos, se comprendemos ben o portugués, adiante, mellor, sorte para nós que é unha menos das 6500 linguas para estudar. Pero iso non implica que sexan a mesma lingua, sobre todo cando nas linguas sempre pode haber connotacións identitarias: podo entender o asturiano ou o mirandés e non me identifico cos seus falantes;

Non teño moito máis que dicir. Non son moi dado nestas polémicas (que eu considero en boa medida políticas, aínda que a ver que cousa hai que sexa humana e non sexa política), gústame máis dedicarme a traballar (aínda que teña erros) que ó debate. Atentamente --Sobreira 12:41, 1 xuño 2006 (UTC)

galego bis[editar a fonte]

Ante todo, non quería parecer borde, non se trata exactamente de "perder o tempo": como comprenderás falo ou escoito falar deste tema día sí e día tamén. É simplemente iso, que considero máis útil ser culturalista e currela que andar a profundar (como dicía o do conto). Á parte, fáiseme moi lento e canso pensar, resumir as miñas ideas e concentralas, escribir e pensar como o escribo ó mesmo tempo. En canto ó tema da RAG, moito cambiaron as cousas (contexto e e presidentes) dende que foi García Sabell ata o actual XR Barreiro. Fíxate que ata cambiou o goberno!! A liña da RAG foi trabucada no inicio 1980 por iso sería incoherente modificala agora (polo menos substancialmente, porque o cambio de norma do 2003 para o 2004 para moitos foi radicalísimo: para outros, do que se deduce do que dis, é imperceptible).

Respecto á diversidade de variedades, todo é moi relativo, pero non todo é tan público e notorio como se quere facer ver: si cada comarca case fala unha variedade pero un verinés enténdese cun de Mugardos mellor ca un boliviano cun andaluz (e mesmo os andaluces entre si ou con respecto ó setentrionais). Dicir que o galego é unha lingua moi dialectalizada é non ter moita perspectiva verbo das outras linguas. Tamén disinto que o habitual (o que cunde?) é o castrapo, porque teño feito traballo de campo e hai verdadeiras marabillas por aí, pero é unha mágoa que a evolución do panomama demográfico e o carácter relíctico ou ritual de verbas (dende léxico coma setestrelo a fraseoloxía pasando por sintaxe, morfo, etc.) fanme estar cada vez máis de acordo.

En realidade non sei en que consiste en a túa proposta: unirse coa lusofonía sen perder carácter propio? como? non entendo como a levarías á práctica se tiveses capaciadade de decisión. De tódolos xeitos xa sabes, a envexa é o pecado capital dos españois e é moi difícil facerse profeta (lingüístico) na terra dun (máis cando é un tema que está en boca de todos e dos que todos poden falar), e entre eles os galegos. Xa o dicía Napoleón: os españois sodes ingobernables.

Sobre o de que eu sexa unha persoa a quen poidas recorrer... Ben, diríache que non son moi diferente a ti: non son ningún erudito en sociolingüística inda que coñeza o tema algo ben. A maior diferencia é que eu teño maiores coñecementos para formarme unha opinión, pero non deixa de ser a miña opinión. É persoal e polo tanto subxectiva. É como se ti dis que Miralles é bo ou malo. A outro pódelle gustar moito ou vivir incómodo nos seus edificios e ter outra opinión. Outra cousa é se mo demostras ensinándome a súa técnica estrutural, recursos materiais, se as súas mallas evitan a torsión ou a tracción dalgún xeito espectacular, se inventou algunha articulación especial nas estruturas, se é capaz de crear ambientes sen obra ou monta todo o edificio prefabricado estilo Bauhaus, blau, blau (Sto. Xto., canta burrada xunta!), e aí xa é cuestión de se quero renderme ás evidencias ou non. O problema é que en linguas (en xeral en tódalas ciencias sociais) hai poucas evidencias, e as poucas que hai son empíricas e non demostrables.

Do de "illarse e morrer" xa che comentarei máis adiante a miña opinión, que agora debo marchar.

--Sobreira 15:07, 1 xuño 2006 (UTC)

Respondo a pregunta que fixeches sobre os bots na páxina do Moderador. Son programas que realizan tarefas tediosas ou repetitivas automaticamente. Para usarse nunha Wikipedia requiren aprobación e para manexalos hai que ter certos coñecementos técnicos. Os máis comúns son os que se adican aos interwikis, pero hai moitos outros. Na Wikipedia inglesa teñen un amplo repertorio deles e en Commons hai un que se adica a mover categorías, a saudar aos usuarios novos ou a avisalos de que faltan as licenzas das imaxes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:01, 1 xuño 2006 (UTC)

E un tema controvertido, en Wikipedia:Bots tes máis información. --Prevert(talk) 23:36, 1 xuño 2006 (UTC)

Imaxes río Sil. Continuación 1[editar a fonte]

  • Grazas pola resposta. Estiven mirando os concellos que quedan por baixo do de Sober e son, de esquerda a dereita os seguintes: Nogueira de Ramuín, Parada do Sil e A Teixeira. Non me atrevo a dicir en cal deles puideches tirar a foto da vista aérea. De tódolos xeitos non te preocupes se non o sabes, é o normal. Se non o sabes, non fai falta que me respondas.

Engadín as fotos ás páxina de Sober en Commons:

Procurarei, a non ser que desexes facelo ti (esperarei uns días), incorporar as fotos (Image:CanondoSil.JPG, Image:Viñedossil.JPG, Image:CanonSilAerea.JPG)tamén na páxina de Sober da Galipedia.

Grazas pola resposta. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 09:04, 2 xuño 2006 (UTC)

Tamaño das fotos[editar a fonte]

  • Para poñer miniaturas das fotos tes que facer o seguinte: [[Image:Nome_da_imaxe.extensión|thumb|descrición]]. tes engadir o parámetro thumb. Se queres variar a situación da foto (á esquerda ou a dereita/left ou right). Exemplo: [[Image:Nome_da_imaxe.extensión|thumb|right|descrición]]. Se queres que a foto sexa pequena pero un pouco máis garnde co tamaño estándar engades o número de píxeles, ex.: 250px, resultado [[Image:Nome_da_imaxe.extensión|thumb|right|250px|descrición]]. Se queres crear unha galería de imaxes, usas <gallery></gallery> e no medio escribes as imaxes sen parámetros (só a descrición), nen corchetes. Exemplo: <gallery> Image:Nome_da_imaxe1.extensión|descrición1 Image:Nome_da_imaxe2.extensión|descrición2 Image:Nome_da_imaxe3.extensión|descrición3 </gallery> As diferentes imaxes en distintas liñas, aínda que aquí se presente todo seguido. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:02, 2 xuño 2006 (UTC)

Ola Luimipi!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:15, 15 setembro 2006 (UTC)

Olá amigo, sou um usuário da Wikipédia em português e sempre ando a ler as suas contribuições no que me deu vontade de perguntar se você não teria vontade de nos visitar de vez em quando na nossa Wiki e em nossa página PGL, pois nos daria muito prazer a sua visita. Desde já agredeço em nome dos brasileiros e portugueses.


Ganesh Aqui 04:10, 16 setembro 2006 (UTC)


Movín a túa resposta a Ganesh a User talk:Ganesh porque a sinatura ten erros e apunta a unha páxina errónea. Por certo alégrome que esteas de novo por aquí. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:40, 8 outubro 2006 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Luimipi. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:45, 6 decembro 2006 (UTC)

Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:28, 3 outubro 2007 (UTC)

Benvido de novo[editar a fonte]

Ola Luimipi, benvido de novo! O da mensaxe na wiki castelá fora eu, vexo que surtiu efecto. Un cordial saúdo. AlberteSi, digame? 14:00, 22 outubro 2007 (UTC)

Olla para aí. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:32, 30 novembro 2009 (UTC)

Trasladei a conversa a Conversa:Converxencia XXI. *Vinteún é incorrecto en galego (sería vinte e un). --Alberte Si, dígame? 13:24, 30 novembro 2009 (UTC)
Vaites! Sorpréndeme moito que un partido político rexistre un nome cunha falta de ortografía. Xa que é un dos nomes oficiais (non sei se utilizan máis *Vinteún ou XXI) vouno pór como redirección. Grazas, un saúdo. --Alberte Si, dígame? 16:31, 1 decembro 2009 (UTC)

Imaxe con orixe en Commons[editar a fonte]

Imaxe borrada
Esta imaxe foi borrada por estar xa presente en Commons.
Ficheiro:Viñedossil.JPG

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Ficheiro:Viñedossil.JPG, localizouse a orixe da imaxe en Commons (Commons:Viñedossil.JPG), sendo a orixe unha imaxe idéntica ou de mellor calidade.

Posto que as imaxes de Commons poden empregarse na Wikipedia galega sen previamente teren que ser subidas, a imaxe Ficheiro:Viñedossil.JPG foi borrada. En caso de que dita imaxe non sexa idéntica á de Commons (unha tradución, por exemplo), póñase en contacto co usuario que envía a mensaxe para que a imaxe sexa restaurada. .

Grazas pola súa colaboración. Non dubide en contactar comigo se ten algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo

--Stegop 17:42, 19 de setembro de 2011 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario[editar a fonte]

18 de marzo de 2015 ás 01:44 (UTC)

Renomeado[editar a fonte]

19 de abril de 2015 ás 07:39 (UTC)