Conversa usuario:Lmbuga/discusións 2

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galeria apuros[editar a fonte]

Galería de fotos, apuro: pois sí, estabas no correcto, de entrada a miña idea era de ter algo semellante o que tes ti, para ter sempre unha foto que botar man. Pero o igual que as que lebo cargadas en Galería de imaxes de Lugo, podes subilas a Commons (aunque eu recomendaríache só aquilas que xa están descritas) polo demáis se necesitas distas, procedo a facer unha mera descripción (aunque me faltan moitas mais por cargar) e vai de esquerda a dereita e de arriba a abaixo (vistas dende pantalla) as fotos 1 ó 3 son de burneiros (aldea pertencente a parroquia de San Pedro de Santa Comba) en Lugo; fotos 4 ó 10 son feitas no lugar da Fervenza (corresponden a parroquia de Santalla de Quinte) no Concello de O Corgo; as fotos 11 e 12 son feitas na aldea de Ponte de Neira, da parroquia de San Pedro de Cerceda (tamén do concello de O Corgo); a foto 13 xa dí claramente o que hai; fotos 14 e 15 corresponden o concello de Guntín de Pallares e a foto 16 é dos redores de lugo cidade. Saudos espero que esta información che sirva.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 02:26, 27 abril 2006 (UTC).

Commons[editar a fonte]

  • Efectivamente non se trata dunha votación senón de aportar agurmentos para que a imaxe quede ou se borre. O prazo para borrar non debe ser inferior a sete días, na práctica está entre 14 e 30 días como di o encabezamento da propia páxina. Hai que facer a comprobación dos proxecto nos que se usa con Check Usage e se é preciso ir a eses proxectos e facer a corrección da imaxe, nuns casos cambiandoa por outra, ou eliminando a referencia a esa imaxe. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:10, 27 abril 2006 (UTC).
  • Parabens, compañeiro. A animación quedoulle o artigo coma un toque xeitoso; quizáis a magoa é que o gif non teña gran utilidade ha hora de imprimi-lo artigo, agás iso todo o demáis está moi ben. Saudos.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 01:09, 29 abril 2006 (UTC)

Obrigado![editar a fonte]

Desculpe pela demora... tenho estado muito ocupado ultimamente. Bom, obrigado por ter resolvido o problema das imagens! É muito bom saber que posso contar com alguém no Commons, até então eu não tinha saido da WP:PT. Obrigado novamente!, pt:Usuário:Raphael.lorenzeto, 23:34, 29 abril 2006 (UTC)

Acento prosódico[editar a fonte]

Máis, moito máis en Acento prosódico. Sacado do libro de Galinova Editorial, na bibliografía.

--Sobreira 16:55, 2 maio 2006 (UTC)

Problemas en Commons:[editar a fonte]

Olá! Te he dejado un mensaje en Commons. Cuando tengas tiempo, te agradecería su lo pudieses leer, porque es largo. Gracias! --Martorell 18:20, 19 maio 2006 (UTC)

O dos equipos escoceses[editar a fonte]

Pois moitas grazas polas túas indicacións, nunca están de máis e de feito cando estamos a falar dun ser amateur nestes asuntos coma mín...vén de dez! =:)

Vale, tentarei levar á práctica tódolos teus consellos e o primeiro que farei será rexistrarme inda que eu coidaba xa estalo! E por suposto que logo xa seguirei coas miñas toladas vencelladas con Escocia =:)

Unha aperta!!

Ah! E moitísimas grazas por ter arranxado todo o que eu non fixen enteiramente ben =;)

--Grixandermor 14:44, 21 maio 2006 (UTC)

Correxementos[editar a fonte]

Ola, desta vez é para che facer unha pregunta lingüística, existe a forma correxemento?, no caso de existir non debera ser corriximento. Non a atopei nos dicionarios, e en internet a maioría das páxinas ou son da Galipedia ou son imaxes dela. Quizais para as divisións administrativas de Colombia habería que empregar a súa forma orixinal (corregimiento de...) no caso de non existir en galego, aínda que esas divisións tamén existiron na Idade Moderna en Galicia polo que me extraña que non teñan unha forma galega e si aparece nos dicionarios o maxistrado que a rexía (o corrixidor), grazas pola axuda.--Rocastelo(fálame aquí) 10:21, 21 maio 2006 (UTC) PD en Correxemento hai algunha consideración sobre a tradución pero parece fonte primaria polo que se debera borrar de non darse referencias, que opinas?.--Rocastelo(fálame aquí) 10:26, 21 maio 2006 (UTC)

  • Ola compañeiro, deixeille unha resposta a Rocastelo con relación a Correxemento; botalle unha ollada e consulta as túas fontes, pero coido que xa estamos cerca dunha solución. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 01:51, 22 maio 2006 (UTC)
  • Boas de novo. Deixeille unha ligazon a Rocastelo con relación o correxemento; eu boteille unha ollada por enriba, e deime a entender que o correxemento que se está a buscar aproximase máis o termo parroquia que o de concello coma se pensaba nun principio. Botalle unha ollada e haber que impresións sacas. saudos. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 00:58, 23 maio 2006 (UTC)
  • En Wikipedia:Mantemento#Imaxes está detallado o procedemento a seguir coas imaxes cando falte información ou haxa que borralas mediante debate. Para a eliminación rápida (violación do copyright, etc.) polo de agora pódese usar {{lixo}} o mesmo marcador que se usa para as páxinas. Se se che ocorre algún cambio dimo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:25, 21 maio 2006 (UTC)

O pseudoescocés novamente[editar a fonte]

Acabo de voltar a conectarme agora mesmiño e xa vin a túa nova mensaxe. Moitas grazas por comentarme o da sinatura que non sei como non fun quen de decatarme e por toda a axuda que me estás a dar =:)

Cando volte ter algunha dúbida que supoño que moito non ha tardar, xa che mandarei algo que xa verás coma o pesado eiquí son eu. Hehe.

Un saudiño, meu =:)

--Grixandermor 14:50, 21 maio 2006 (UTC)

¡Xa esquecía outra vez a sinatura! ¡¡Incrible!!

Xa teño unha dúbida pra ti[editar a fonte]

Resulta que hai un momentiño entrei no artigo que onte fixen sobre o Rangers e alí me pon que cómpren ligazóns internas. ¿¿Que tería que facer daquela??

--Grixandermor 15:09, 21 maio 2006 (UTC)

Corregimiento[editar a fonte]

  • No caso concreto de Colombia un corregimiento non se corresponde cun concello xa que é unha poboación que non ten status de municipio é para ser concello tería que ter status de municipio (aínda que en Navarra hai concejos que non teñen status de municipio penso que en galego si ten que ter segundo as definicións que veñen nos dicionarios e ademáis aparece como sinónimo de municipio e estes concejos navarros non o son) e levaría a confusión , ademais a división administrativa colombiana é complexa con inspeccións de policía (que a pesar do seu nome son divisións territoriais), caseríos, sitios, veredas e non todas dependen doutra: En 1988 Colombia tiña a seguinte división administrativa (na súa forma oficial en castelán): 23 departamentos, 4 intendencias, 5 comisarías, 1.011 municipios, 16 corregimientos comisariales, 2 corregimientos intendenciales e 7559 centros poblados (divididos en corregimientos, caseríos, inspecciones de policía...), historicamente en América un correximento tampouco se corresponde cun concello, máis ben sería un amplo territorio no que se incluían varias tribos amerindias do que se encargaba administrativamente un corrixidor, concello si podería ser equivalente aos correximentos que existiron en España que basicamente equivalía a un concello. Penso que se non existe a palabra e a tradución pode inducir a confusión o mellor é empregar a forma orixinal e desde o meu punto de vista o caso de corregimiento estaría neste caso, non sei se me enleei moito coa explicación e a fixen un tocho un pouco difícil de seguir, dime que che parece?.--Rocastelo(fálame aquí) 16:48, 22 maio 2006 (UTC)

imaxes pra borrar[editar a fonte]

Xa puxen información de donde as atopei a todas as imaxes excepto a MenelikII e Villeneuve. Estas dúas son fácilmente reemplazables por outras de outras wikipedias. En canto a "ameaza do tenis" é un screenshot, o seu orixen é un episodio retrasmitido por TV. --O Tin 13:39, 24 maio 2006 (UTC)

Clasificación de imaxes[editar a fonte]

Paréceme que se fai necesario clasificar as imaxes ademais de por licenzas por temas. O mesmo cos marcadores. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:53, 25 maio 2006 (UTC)

Graciñas po-los parabéns. As fotos saqueinas no concello de Sober. unha de-las (a aerea), é dende o outro lado do Sil, dende a Parte Ourensá, mais non recordo qué concello hai baixo o de Sober...Xusto en frente... As outras dous...a de "dentro dos canóns", mirase ó fondo o "encoro de San Estevo", o máis importante, e obviamente, míranse as dúas orillas dos canons (a dereita da foto é "Prov. Lugo", e á esquerda "Prov. Ourense"), e a foto dos viñedos é Sober...

Sinto non recorda-lo concello ourensán...podes mirar nun mapa supoño...(eu agora vou sen tempo, se non o atopas dimo, que xa o buscarei eu).

E nada mais, encantado de que suba-las miñas fotos a commons e que as uses todo o que queiras ;), é unha honra. e felicidades po-lo teu traballo coas fotografias ;)

saúdos Luimipi 23:22, 31 maio 2006 (UTC)


RE:benvida[editar a fonte]

Moitas grazas pola benvida. Como lle dixen a Prevert, teredes que ter paciencia conmigo, porque o meu galego non é todo o normativo que debería. Saúdos :) Leoplus 08:43, 2 xuño 2006 (UTC)

imaxeSil[editar a fonte]

Pois si recordo máis ou menos dende onde saquei a aérea, pois o que pasou é que recorrin en coche por enriba todo-los canons, (Nogueira e Parada de Sil enteiros), recoméndoo, ten o seu encanto, inda que con esa calzada, tan inclinada, con tanta curva e sobretodo estreitiiiisima, do ancho dun coche...é perigoso...

A foto saqueina nun "mirador" (non é mirador, é un pequeno oco que atopei entre a maleza, pero que de lonxe simula ser un mirador, e a xente así o considera), entre os dous municipios, inda que coido que é de Parada do Sil (estou seguro), entre as vilas de Vilatuxe e Caxide. Pegado á calzada: CV-323 (a uns 500m pra abaixo da mesma).

(as outras xa che dixen onde foran...a da auga é dificil de precisar, pero fora preto do embalse de San Estevo, que está entre Sober (dereita) e Nogueira de Ramuín (Esquerda) coido (e non sei se na parte de lugo toca tamén a Pantón...que sóame que a separación entre Pantón e Sober ande preto), Agardo que te chegue esta información... E a foto dos bancales do viño xa che dixen que fora en Sober ;)

sobre o de por a outra foto no artigo...faríao...se soubera como se poñen as fotos pequenas...pq a min sempre me saen grandisimas e ten que ir outro usuario a arranxalo...

saúdos e grazas coma sempre. --Luimipi 09:46, 2 xuño 2006 (UTC)

Eu todas as imaxes das bandeiras dos países saqueinas doutras wikis. Polo tanto son válidas, non?

Máis sobre imaxes[editar a fonte]

Este enlace pode ser útil para detectar as imaxes sen marcar. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:49, 2 xuño 2006 (UTC)

  • O escudo de Paderne non corresponde a Paderne, se está en Commons terías que borralo. Antes teriamos que comprobar se hai algunha Wikipedia que o use. Saúdos. --Prevert(talk) 17:03, 2 xuño 2006 (UTC)
  • Ese escudo non hai que borralo porque é o de Paderne de Allariz, o que debeu pasar é que o usuario que cargou o escudo colleou o de Paderne de Allariz para Paderne. Entón vouno borrar na Galipedia. Grazas polas comprobacións. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:15, 2 xuño 2006 (UTC)
  • Cargouno un usuario que colleou o que cargara Xelo2004, el mesmo na páxina di que non corresponde. Comprobeino e efectivamente non é. De feito tamén carregou un co formato gif. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:18, 2 xuño 2006 (UTC)

Ola de novo[editar a fonte]

Entendo case todo o que me dis. Entón qué teño que facer agora? Cando eu subín esas imaxes non tiñamos que completar todo iso. Borraranse todas? --81.41.170.106 12:40, 3 xuño 2006 (UTC) --Porto 12:42, 3 xuño 2006 (UTC)

Polo de agora creo que hai que manter está imaxe. E unha modificación do ficheiro orixinal do CIA Factbook con nomes en galego. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:15, 3 xuño 2006 (UTC)

Xa creei o template para as imaxes das que falten incluir datos, sempre e cando vaian quedar na Galipedia por ser libres. Copio a continuación o que escribín na páxina de mantemento:

  • Pendente incluir datos:
  • Incluir o marcador {{PendenteImaxe}} coa seguinte sintaxe {{PendenteImaxe|incluir aquí a relación de accións a realizar}}. Esta mensaxe debe usarse só naqueles casos nos que se teña a seguridade de que a imaxe cumpre os requisitos para permanecer na Galipedia. Ter polo tanto unha licenza libre e estar pendente completar datos de orixe, autor ou licenza definitiva. As imaxes clasifícanse automaticamente na categoría Imaxes tarefas pendentes.

Por exemplo incluín o marcador na imaxe anterior. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:26, 3 xuño 2006 (UTC)

  • Neste momento quedan 597 imaxes por marcar, onte faltaban 760. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:44, 4 xuño 2006 (UTC)

españois[editar a fonte]

Si, tes razón en que eu tamén me sinto español, (inda que me gostaría que a selección de futbol dera máis razóns pra vibrar por ela jajaja), non son independentista, pero o que si teño claro é que moito antes de seren Español, son Galego, moito antes. E como moi ben dis, obviamente, antes diso estou eu...é unha frase acertada dos sentimentos. Non é a "gran batalla", pero non podemos deixar de loitar, non podemos permitirnos ese luxo.Son cabezóns, e tercos, ...etc, e sei que é coma falar con paredes...inda que non exactamente, porque unha parede non che desprecia tanto, nin insulta...etc. Eu seguirei nas miñas...po-lo menos facendo que teñan que reparar en que a xente se queixa. saúdos e está ben dito o de Ourense e tal. Temos q apoiarnos e axudarnos ;) Luimipi 08:39, 5 xuño 2006 (UTC)

Cuadrilátero[editar a fonte]

Ola, poderíasme confirmar que cuadrilátero é o correcto, neste momento o artigo aparece como cadrilátero, penso que iso é incorrecto pero preciso unha confirmación para mover o artigo, grazas. Saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 21:36, 9 xuño 2006 (UTC)


  • En índice en galego, na parte de África xa se ve, estou intentando construir un índice en galego do que hai en Commons. Comezando polos países. Se fas algunha redirección por favor corrixe nas táboas que hai alí o enlaces. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:14, 10 xuño 2006 (UTC)
  • O mellor será poñela polo de agora como {{ImaxeProvisoria}}. --Prevert(talk) 23:47, 11 xuño 2006 (UTC)
  • Moitísimas grazas polo traballo que estás a facer no marcado de imaxes, sen a túa axuda non sería posible realizar o seguimento das imaxes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:08, 12 xuño 2006 (UTC) Por certo agora estamos en 362 e baixando. --Prevert(talk) 12:09, 12 xuño 2006 (UTC)
  • Ben está que non sexa eu o único en darche as grazas. :)--Xabier Cid 01:35, 15 xuño 2006 (UTC)
  • O da imaxe paréceme moi ben --Adalbertofrenesi(fala) 12:59, 18 xuño 2006 (UTC)

`

Cáñamo, Cánabo[editar a fonte]

Ola teño outro dos meus problemas coa lingua. Movín cáñamo a cánabo xa que o meu dicionario me indica que cáñamo é unha forma incorrecta. Malia iso no artigo cánabo do dicionario ponme que cánabo é Cannabis sativa ou ben a variedade coñecida como Cánabo índico (cannabis indica). O problema é que o artigo que movín se refire á Cannabis rudelaris que non aparece no dicionario e non sei se é tamén cánabo ou ben o dicionario está mal é cáñamo si é correcto para esta última especie. Pódesme axudar.--Rocastelo(fálame aquí) 18:01, 19 xuño 2006 (UTC)

  • En Commons propuxeron como imaxe destacada unha das túas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:03, 21 xuño 2006 (UTC)
  • Ás veces pasa. A imaxe é a que tes na túa páxina de usuario. --Prevert(talk) 20:14, 21 xuño 2006 (UTC)
  • A primeira fase de revisión das imaxes está finalizada, non me cansarei de darche as grazas polo estupendo traballo que fixeches. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:01, 23 xuño 2006 (UTC)

Estreleira[editar a fonte]

Ola, recibín umha mensaxe na que facía referencia ao arquivo de imaxe da estreleira. Quero dicir que esa imaxe é de dominio público, gustariame que me axudaras a trocar a información dela. grazas --Spacorum 15:12, 26 xuño 2006 (UTC)

Norrin_Strange[editar a fonte]

Grazas polo teu mensaxe. User: Norrin_strange

CommonsTicker[editar a fonte]

Nova opción. Para indicar que unha das entradas do CommonsTicker foi revisada pódese usar o campo status. Por exemplo se se eliminou a referencia a unha imaxe borrada en Commons escríbese status= done así a entrada aparece tachada e outra persoa non ten que revisala por falta de aviso. Na páxina do CommonsTicker puxen todas as mensaxes posibles. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:32, 29 xuño 2006 (UTC)

Roncesvales[editar a fonte]

Busquei en varios libros de historia medieval galega en galego por se había algunha referencia ao lugar pero non atopei ningunha, realmente descoñezo se Roncesvales é unha forma correcta pero é moi posible xa que o topónimo era ben coñecido na Idade Media, o mellor será deixalo estar ata atopar algunha fonte de referencia.--Rocastelo(fálame aquí) 16:40, 29 xuño 2006 (UTC)

Imagenes[editar a fonte]

Hola. Soy español, así que podemos hablar en español :P. Cuando metas una imagen en el artículo, sácalo de la lista, así es más manejable. Saludos --Emijrp 14:48, 8 xullo 2006 (UTC)

resposta a Lmbuga e petición de axuda.[editar a fonte]

Quixera poñerme en contacto con Lmbuga e non sei se este é o camiño pois son novo nesto e ando moi perdido. Se este non é o camiño e algén logra ver esto que agradezcolle a axuda que poda dispensarme.

Por se acertei continuo.

Elaborei unha imaxe que subin como puiden, un pouco a tentas, probando. O resultado foi :Image:Ciclo de Born-Haber para a entalpía de formación do cloruro de sodio..jpg.,Despois tratei de reducir o texto do nome creendo que o segundo nome sustituía ó primeiro, pero o que fixen foi subir unha nova imaxe: Image:Ciclo Born-Haber para NaCl.jpg .

Ó estar repetidas quixera que se eliminase a primeira, a de nome longo. Buscando encontrei unha lista de imaxes para eliminar, pero como non sei engadir a miña imaxe a esa liste recurro a ti para que a elimines ou me digas un método para eliminala. (Si e que son capaz de facelo, pois teño poucos coñecementos deste mundo informático)

Fun o enlace coa imaxe, premín en editar pero non fun capaz de encontrar ou activar o sitio para incluir que eu son o autor do gráfico. Reiteroche a petición anterior.

Unha terceira petición. Nunha páxina leo a indicación de procurar non subir ficheiros de máis de 35 K; nun comentario que fas dis subir fotografías de máis de 2 M. Poderías aclararme esta ¿aparente? contradicción.

Páxina de Usuario[editar a fonte]

Moitas gracias polo aviso, pero tranquilo, fora eu, que estaba medio adormilado e non me deu por abrir a miña sesión. Non tiña pensado facer nada máis que correxir o correo electrónico, que non me funcionaba.

Por certo, ti que traballas en Commons, ¿sabes se hai algunha imaxen da escultura galo moribundo? É que intentaba ilustrar o artigo de gálata e pra elo busquei as imaxes doutras Wikipedias. Atopei unha de galo moribundo, e cando xa fixera o texto e todo descubrín que era unha imaxe da Wikipedia en inglés, non de Commons. Antes de facer nada, gustaríame asegurarme.

Vexo que estás traballando moito ca wikipedia. Miro cada dous por tres cambios recentes ¡e non vexo a outra persoa! Bueno, saúdos. --O Tin -- Contradíceme se te atreves 10:29, 9 xullo 2006 (UTC)

Necesidade ou non de subir a Commons?[editar a fonte]

Hola Lmbuga, O primeiro moitas grazas polos cumprimentos á miña imaxe dos fogos do apostolo ;-). Lin o que escribiches en Henrique Pereira e entráronme algunhas dúbidas. Onte subín dúas imaxes da miña propiedade á Galipedia que utilicei para o artigo de Vigo e as Galería de imaxes de Santiago de Compostela e Vigo. Xa que o ártigo de Galería de imaxes de Vigo estaba baleiro decidín crealo e quero engadir varias imaxes máis da miña propiedade xunto coas dispoñibeis agora mesmo na Wikipedia. É preciso que suba tamén estas imaxes a Commons? Podo incluir imaxes de Commons na Galería de imaxes de Vigo? Hai algunha recomendación específica para isto? Estou un pouco confundido con esta dualidade das imaxes...

Moitas grazas!! Unha aperta! Henrique Pereira 16:35, 9 xullo 2006 (UTC)

  • Un millón de grazas pola túa explicación... e non te precoupes pola estensión da explicación, canto máis longa mellor!! Xa vin as túas modificacións en Galería de imaxes de Vigo. Tentarei que non se me esqueza de novo as ligazóns e as categorías. Acho que é unha das cousas máis complicadas para os que comezamos, hai que aprender pouquiño a pouquiño todo o esquelete do Wiki... en fin... grazas de novo, con xente coma ti da gusto.

Henrique Pereira 10:38, 11 xullo 2006 (UTC)

  • Neste caso pasárame porlle a orixe á pintura xa está feito pero tes razón en que se debe dar sempre a orixe para comprobar que é unha fotografía indistinguible doutras dese cadro, e polo tanto non pode ter copyright.--Rocastelo(fálame aquí) 18:24, 10 xullo 2006 (UTC)

Imaxes con autoría[editar a fonte]

  • Boas compañeiro, as imaxes que viches hoxe, cargueinas dende o chollo (se me ven, botanme a bronca), na actualidade ando a resolver unhas cuestións que tiña aparcadas dende facía tempo e que, ineludiblemente xa no podía face-las esperar máis. Tan presto teña as imaxes marcadas como dís douche aviso; no trocante o correo; teñoo desactivado por mor de certos usuarios (do outro lado do charco -por así deci-lo) non amolen del. Cando decida telo activo tamén cho comunico ou no trocantes Rocastelo, Prevert e Agremón, tamén dispoñen do enderezo da miña conta. Espero saibas comprende-lo motivo dista actuación preventiva. Un sáudo e felicidades polo cargo de administrador deste proxecto.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 00:03, 12 xullo 2006 (UTC)

Moitas grazas[editar a fonte]

Grazas pola mensaxe. A verdade é que aínda estou introducíndome no mundo da Galipedia e agora estou intentando tomalo un pouco máis en serio xa que me parece moi interesante e me está enganchando. Agora mesmo me gustaría comezar a estructurar os artigos sobre grupos musicais para que teñan un aspecto uniforme pero aínda non teño moi claro como facelo. Teño ademais unha pequena dúbida técnica. Non sei como se fai (ou se podo facelo) o de poñer os enlaces a outras wikipedias automaticamente. Un saúdo Beninho(fálame)

Desculpas[editar a fonte]

As imaxes que ti dis xa as carguei fai tempo, denantes de que me deras o aviso anterior. Desculpa por todas as que están mal cargadas...xa non volvín a facer. Si che parece, cando precise unha imaxe dalgún outro sitio, indícocho e ti ves se a podes cargar á Galipedia. Un saúdo, e perdoa polas molestias que che teño causado. E contesta se podes. Norrin_strange

  • Podes cargar a imaxe que aparece na Wikipedia en inglés de Mïchel Salgado? Se é posible cárgala có mesmo nome

Cheiéns[editar a fonte]

Creo que esa é a forma galega correcta para cheyenne, se mo confirmas moverei o pobo e a lingua para a forma correcta (cheién), saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 18:11, 12 xullo 2006 (UTC)

  • Esa debería ser, si--Xabier Cid 22:15, 12 xullo 2006 (UTC)

Foto sen información[editar a fonte]

Sobre o de non por unha descripción dinme de conta xusto despois de subila e non encontrei maneira de cambiarlle o nome por o que a deixei así. Entendo que teño que volver a subila para cambiarllo non? A autoría da foto é miña pero non entendo onde teño que engadir esa información. Ao subila escollín algo de licenza CC que poñía autoría propia e pensei que con iso bastaría. Se poideses dicirme como teño que facer para engadir esa información ou facilitarme a dirección dalgunha páxina onde o explique agredeceriacho. Kai670 13:25, 13 xullo 2006 (UTC)


Xa subín de novo a foto. Esta vez creo que fixen todo ben. Aquí tes a dirección: Image:Vigo_dende_o_monte_do_castro.jpg. Grazas pola túa axuda. Kai670 21:34, 13 xullo 2006 (UTC)

cadrilátero[editar a fonte]

  • Acabo de buscar no VOLG que temos no Termigal. É cuadrilátero. Tómome a liberdade (o que me custou atopar a palabra da expresión: saíame tómome o traballo, o luxo, a fachenda, ...) de movela. --Sobreira (responder) 18:33, 13 xullo 2006 (UTC)
  • Pregunta inocente: que criterio usades para cheién e non cheyenne ou cheyén ou xeién...?--Sobreira (responder) 18:36, 13 xullo 2006 (UTC)
  • Por certo, ó que viña: modifiquei Maribolheras precárias, a ver se así mellor. O de agardar a ter un mellor día para decidir é unha actitude que te honra. --Sobreira (responder) 18:38, 13 xullo 2006 (UTC)
  • Penso que fixeches o correcto. Na miña opinión sempre actúas con moito coidado, parabéns polo teu traballo destes días e unha vez máis grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:47, 13 xullo 2006 (UTC)

Bótalle unha ollada á miña páxina de discusión, á entrada Cervo. O moderador dime non sei que do punto de vista neutral, que se ben ós comezos non o respectei, penso que agora si o fago. Podes dicirme que narices fago mal en relación con isto último? Dígocho a ti por que teño máis confianza, non porque esté enfadado. Un saúdo e grazas por adiantado. User:Norrin_strange

MBP e Dicionarios[editar a fonte]

  • Se foron elas mesmas as que crearon a páxina ou quen redactou o texto inicial estaba documentada, supoño que é o nome real. E como tal, eu respectaríao, como con Fundación Pedro Barrié de la Maza, ou Zara, ou Zeltia ou Bluesens ou Rodman Polyships ou outras empresas GALEGAS con nome en castelán ou que non se axeitan á nosa ortografía (Zeltia de feito tampouco á castelá) *
  • Por certo, a miña pregunta sobre o dos dicionarios era no sentido de cales son ós que lle dades fiabilidade: eu teño unha opinión coma técnico, outra coma traballador e outra persoal, pero gustaríame saber a opinión xeral. É máis, vouno preguntar na Taberna, que pa iso está.

--Sobreira (responder) 11:06, 14 xullo 2006 (UTC)

Festas de Galicia[editar a fonte]

Ola Lmbuga, diríxome a ti para consultar un asunto. Teño varias fotos da festa Viquinga de Catoira. A páxina da vila en cuestión inda non contén moita información. Estiven a buscar unha categoria do tipo de "Festas de Galicia" pero creo que non existe. Onde porías ti estas fotografías unha vez subidas? algunha na páxina de Catoira e despois crear a Galería de imaxes da vila? Un saúdo.

--Henrique Pereira 15:32, 14 xullo 2006 (UTC)

Ola, unha nova pregunta sobre lingua, no interior de chorima, forma que si sei que é correcta, aparece a forma xorima que, aínda que é o nome dun grupo galego ben coñecido, non aparece no meu dicionario como sinónimo de chorima e si aparece chorida. Se me podes confirmar as formas galegas correctas de chorima corrixirei o artigo, grazas de novo.--Rocastelo(fálame aquí) 16:45, 14 xullo 2006 (UTC)

Tres cousas[editar a fonte]

  • Acabo de ver por primeira vez as pestanas galería, orfas e sen marcar: para que serven as dúas últimas?;
  • Na primeira atopo imaxes que creei e subín eu marcadas como {{SenLicenza}} e {{PendenteImaxe}} Que información se precisa e como a poño (supoño que outro template; a verdade, que nome máis feo, deberiamos buscarlle unha equivalencia...);
  • Estiven cheirando a Chorima: supoño que sodes do norte, mindonienses (dos que falan de necas, veigas ou mesmo pacios), pero aquí no sur dáme a impresión a canción que se lle endosa a Pilocha é tradicional portuguesa (ou versión), se mal non me lembro (xa preguntarei tamén a xente de Verín cando a vexa e se non me esquece);

--Sobreira (responder) 11:12, 15 xullo 2006 (UTC)

porque as fixen eu, pero entón: só teño que poñerlle {{GFDL}} ? Non hai que poñer nalgún sitio o creador e o tipo de licenza con algunha |? --Sobreira (parlez) 16:59, 15 xullo 2006 (UTC)

  • eran tres, queda image:estalactita.jpg
  • a verdade é que non me estou enterando de moito e non sei a que te refires cando "Supoño que comento cousas que xa sabes, pero se algunha vez tes que dicilas ti, xa as tes escritas, só é var[i]alas ó teu gusto", a non ser que fales de editar unha páxina e escribir {{GFDL-self}} etc: de licenzas e leis teño moi pouca idea, teño unha mente moi simple para esas cousas. O único que quero é que quede claro que as fixen eu (non por mérito, senón para que os licenzadores e revisores de imaxe non teñan que andar a buscar quen a fixo) e que non me importa quen e para que use as imaxes.
  • De tódolos xeitos eu preguntaba por algo técnico: hai algún template, co que só teña que usar | para dar eses datos como nesta proba que estou a facer: User:Sobreira/Temas#template? Ou hai que copiar toda a táboa? Anyway isto agora dá igual: usei PD-self como aconsellabas. Así? ou teño que meterlle máis información e/ou a autoría á parte debaixo (se é necesaria, por min dáme igual)? Sinto dar a lata, pero hoxe estou espeso, é a calor.

--Sobreira (parlez) 17:58, 15 xullo 2006 (UTC)

Agradecemento e nova pregunta[editar a fonte]

Saúdos Lmbuga, e ante todo grazas polas axudes que me vas dando. Unha nova pregunta: Máis adiante, dende un ordenador con ADSL, (vivo no medio rural e a miña conexión soamente me permite navegar a un máximo duns 32 Kbps, neste momento a 28,8) penso subir algunhas fotografías. ¿Podo dende un ordenador distinto deste acceder a miña páxina de usuario? ¿Como?

template[editar a fonte]

Creo que xa me estou centrando. Agora é máis simple: está entón ben marcada image:Topo Santiago Apóstolo.png cando a subín? (con dúas: PD-self en "Descrición" e GDFL en "Licenza"). É simplemente para cando faga máis subidas coma esa, que vou facer moitas (unhas 200, sobre todo de toponimia xeral), onde chamarei ó template:advocacion que irán en artigos coma Santiago Apóstolo. Algunha suxestión para mellorar o template? (quitar negriña -non sei-, quitar o meu nome, aumentar ou diminuir a imaxe ou a letra, ubicación á dereita ou esqda,...) --Sobreira (parlez) 18:30, 15 xullo 2006 (UTC)

Modelo:DescricionDeImaxeGFDL

e logo engades {{GDFL}} para especificar qué licenza. Grazas pola axuda. O que non sei é se compensa meter este último template GDFL dentro da táboa --Sobreira (parlez) 19:18, 15 xullo 2006 (UTC)

  • Xa acabo de meter GFDL na táboa de descrición. Está en :template:DescricionDeImaxeGFDL. Grazas --Sobreira (parlez) 19:22, 15 xullo 2006 (UTC)

Están todas. Con image:Oswiencim.jpg e image:Koxer.JPG a verdade si que non sei que facer, precisamente por cuestións morais e legais (a primeira é unha foto dunha exposición en Auschwitz-Oswiencim). --Sobreira (parlez) 20:16, 15 xullo 2006 (UTC)

  • Non, se é que Image:Koxer.JPG creeina eu (ou acaso esta tan ben feita?). Neste caso falo de sensibilidades para cos descendentes de Israel. --Sobreira (parlez) 08:39, 16 xullo 2006 (UTC)

Problemas co correo[editar a fonte]

Quería mandarche un correo. Fun á parte esquerda onde dí : Envíar un correo-e a este usuario e apareceume a mensaxe : Este usuario non rexistrou un enderezo de correo-e válido, ou elixiu non recibir correo-e doutros usuarios. ¿¿¿¿¿  ????????

Linear e concepto[editar a fonte]

Hola, grazas pola corrección, anque eu sempre a vin escrita como "lineal" e cría que "linear" era un erro de tradución dende o inglés. Por outro lado acabo de mirar no xerais vello que teño na casa e alí vén "lineal" con ele.

Editando a páxina de "matemáticas" vexo moitas veces a palabra "concepto", pero creo que coa nova normativa sería algo así como "conceito", como non estou seguro pregúntoche, a ver se serías tan amable de mo dicir para cando o vexa ilo correxindo.

  • Non, non: concepto. --Xabier Cid 12:32, 18 xullo 2006 (UTC)

Galicia e Galiza[editar a fonte]

Pódese bloquear éstas dúas páxinas. Dígooo por que hai alguén ( no rexistrado) que dedícase a cambiar a denominación de Galicia como nación, cando é un tema discutido amplamente e unha definición apoiada por gran parte da sociedade galega. User:Norrin_strange

  • Hai alguén que fai cambios na miña páxina de usuario, dime como bloqueala. Por certo, é o mesmo que o dos cAMBIOS EN gALIZA E gGALICIA. nORRIN.STRAANGE

Ola! A foto a collín da wikipedia francesa e alí saen esas dous licenzas. Non sei se serán compatibles ou non pero a collín de alí. Grazas.--AlberteSi, digame? 16:38, 18 xullo 2006 (UTC)