Conversa usuario:Lito carames bouzan

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Lito carames bouzan!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 11:18, 28 xuño 2007 (UTC) Hola me gustaría ponerme en contacto con usted Lito carames Bouzan, puesto que tiene los mismos apellidos que mi abuelo y son del mismo pueblo

Furafollas[editar a fonte]

Ola,o artigo furafollas que supoño creado por ti non se axusta moito ao formato wiki, mais ben semella un artigo promocional polo que non estaría mal fixeses algunha modificación para tratar o tema dun xeito mais enciclopédico e evitar deste xeito que poida ser borrado. Espero que colaboremos a partir de agora, recibe un cordial saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 11:22, 28 xuño 2007 (UTC)


  • Ben, para retirarmos o aviso un usuario ten que botarlle unha ollada ó artigo e, facendo modificacións ou non, considerar se está en condicións para lle retirar o marcador.

Para o das imaxes supoño que podes facelas e integralas no artigo. Antes deberías botarlle un vistazo á política de uso de imaxes da Galipedia e ós distintos marcadores que hai para as imaxes. Para aprender a subilas, podes ler o manual de como engadir imaxes. Agardo ter sido claro. Un saúdo. AlberteSi, digame? 14:57, 1 xullo 2007 (UTC)