Conversa usuario:Lápisdecores
Benvido(a) á Galipedia, Lápisdecores!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. Alberte Si, dígame? 11:09, 8 xullo 2009 (UTC)
Problemas nas ligazóns internas[editar a fonte]
Ola Lápisdecores! Os problemas de edición, que xa están solucionados, eran que as ligazóns internas engadíaas así: [[es:Hanna Barbera]] ou así [http://ca.wikipedia.org/wiki/''Barrufets'']. No primeiro caso provócase a creación dunha interwiki e no segundo a creación dunha ligazón externa. O xeito de engadir ligazóns internas nos artigos sería o seguinte (no caso de existi-lo artigo aparecerá en azul e no caso contrario en vermello, o que incita á creación do artigo) [[Hanna Barbera]]. Se che quedou algunha dúbida, pregunta. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 13:49, 11 xullo 2009 (UTC)