Conversa usuario:Juanca93

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benvido(a) á Galipedia, Juanca93!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Paradanta (Cóntame) 19:19, 29 de xaneiro de 2011 (UTC)

Re:Enlaces externos[editar a fonte]

Ola, Juanca! Se te fixas no artigo de Mariano José de Larra xa hai un apartado de bibliografía, no que figura un libro empregado para facer o artigo. Podes servirte dese modelo para engadir ti o libro do que me falas, o esquema sería:

Autor (Apelido, inicial do nome), ano entre parénteses. Título do libro. Editorial.

É o modelo que adoito empregar eu, poderías empregar outro con tal de que conteña toda esa información. Para calquera dúbida máis que teñas sempre me podes preguntar. Un saúdo! --Paradanta (Cóntame) 16:16, 1 de febreiro de 2011 (UTC) Grazas

Enlaces[editar a fonte]

Ola, poderías dicirme cómo podo facer para que cando eu prema sobre unha palabra, pase a outra páxina ónde explica o significado da palabra. Fíxen outra páxina titulada A rexenta, pero polo de agora ten pouca información, dígocho por se tes algo que engadir.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Juanca93 (conversacontribucións)

  • Antes de nada, dúas cousiñas:

É importante que cando te queiras dirixir a un usuario o fagas escribindo na súa páxina de conversa, non na túa. Ese é o xeito de que saia o aviso laranxa de que hai mensaxes novas e de que saiba que alguén se está a dirixir a min. Doutro xeito, podo non decatarme de que queres dicirme algo.

A outra é que cómpre que asines as túas mensaxes. Faise premendo na icona dun lápis cun garabato que hai enriba da caixa de edición. Así saberán os outros usuarios doadamente quen escribiu o comentario.

O que me comentas faise engadindo dous corchetes a cadanseu lado da palabra (dous corchetes á esquerda e dous corchetes á dereita). Así a palabra tórnase azul se existe un artigo co seu nome na Galipedia, levándote a el ao premeres nela, ou vermello, se o artigo aínda non existe.

Sobre A Rexenta pódoche dicir o seguinte: A convención que seguimos na Galipedia é escribir o título dos libros, películas, etc en galego se hai tradución ao galego e no idioma orixinal se non hai tradución ao noso idioma. Descoñezo se este libro ten tradución ao galego; de non a haber, o artigo habería que titulalo La Regenta.

Como fixeches en Mariano José de Larra, debes engadir a fonte de información (libro ou web).

En vez de lle engadir información (se tal algún datiño concreto, pero nada máis) vou modificar o formato para que vexas como se escriben os artigos na Galipedia. Por exemplo, faltan as interwikis (ligazóns ao artigo do mesmo nome en wikipedias noutros idiomas) e as categorías. Se tes ti máis información, pódela engadir ti cando poidas, se non as tes, o artigo ben pode quedar así de momento, que tampouco é excesivamente curto.

Un saúdo, Juanca, e aquí me tes para o que queiras! --Paradanta (Cóntame) 22:05, 1 de febreiro de 2011 (UTC)

Mira, adiantóuseme Atobar. Fíxate en como fixo el e así xa sabes para próximas veces. Un saúdo! --Paradanta (Cóntame) 22:08, 1 de febreiro de 2011 (UTC)

Formato[editar a fonte]

Ola, Juanca93. Corrixinche o artigo de La Regenta. Bótalle un ollo e así aprendes para os seguintes. Preme aquí. Outra cousa: trata de achegar referencias cando afirmas algo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:10, 1 de febreiro de 2011 (UTC)