Conversa usuario:Jorgemendezrial

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Jorgemendezrial!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --RubenWGA (conversa) 13 de abril de 2021 ás 18:08 (UTC)[responder]

Margaret Hutchinson Rousseau[editar a fonte]

Grazas polas túas achegas na entrada de Margaret Hutchinson Rousseau:

  • Creaches a sección Notas co formato correcto de cabeceira
  • Engadiches contido relacionado cos premios recibidos
  • Corrixiches erros de léxico
  • Engadiches unha cita en liña co texto para apoiar a entrega en 1955 do " Premio Achievement da Sociedade de Mulleres Enxeñeiras". O problema foi que non incluíches unha url concreta no momento de crear a cita en liña co texto. Se premes na referencia completa da sección Notas, verás que abre a páxina de inicio de cheme.mit.edu. Cando listamos as fontes nas que baseamos os textos, sexa na wikipedia ou noutro contexto académico, a finalidade é facilitar a quen le a localización da información. Neste caso non ocurre así, xa que non sabemos de que parte do sitio web sae información. Eu mesma, co axuda do buscador interno da páxina, non fun quen de localizala. Se te fixas na que é agora a cita en liña número 4 [1] si aterramos na páxina concreta que nos interesa. Se tes tempo podes probar a modificar a referencia que creaches indicando a url concreta no campo url do modelo citar.

Tamén é recomendable -se tes tempo- que acompañes o texto que publicaches sobre os premios coas fontes de onde tomaches esta información, xa que os contidos que se crean na wikipedia deben ser verificables segundo as políticas e normas da Galipedia.

Referencias

Moitas grazas por animarte a colaborar coa Galipedia. Un saúdo e a seguir! Maria zaos (conversa) 18 de abril de 2021 ás 23:08 (UTC)[responder]