Conversa usuario:Inesgl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Conversa usuario:Ineswind")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benvido(a) á Galipedia, Inesgl!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 13:25, 12 de xuño de 2011 (UTC)

Contido[editar a fonte]

Ola Inés. Borrei o artigo guionista porque a Galipedia só se ocupa de artigos cun mínimo de contido e sempre que non sexan mera definicións. De feito, para deficións xa está o galizionario. Isto telo ben explicado na guía de edición, onde aparece o que a Wikipedia non é. Se tes calquera dúbida, non temas en preguntar. E benvida outra vez. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:18, 12 de xuño de 2011 (UTC)

Cambio no nome de usuario[editar a fonte]

Boas! Vin que trasladaches a túa páxina de usuario a outro nome, supoño que porque queres mudar o teu nome de usuario. Non é o xeito de facelo. Terías que facer unha solicitude en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Renomear usuarios indicando o novo nome. En calquera caso, podes responder a esta mensaxe confirmando que queres mudar o teu nome por Inesgl e xa me encargou eu de facelo. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 6 de xuño de 2013 ás 09:43 (UTC)[Responder]