Conversa usuario:Hugo1982

    Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
    Dámosche a benvida á Galipedia, Hugo1982!

    Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

    Crystal Clear app kedit green-pencil.svg Primeiros pasos

    Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

    Icon apps query.svg Onde atopar axuda
    Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
    Crystal ksmiletris.svg Recomendacións
    • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
    • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
    • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
    • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
    Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
    • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

    Boa estadía e bo traballo. --MAGHOI (conversa) 30 de setembro de 2022 ás 07:02 (UTC)Responder[responder]

    Amancio Ortega[editar a fonte]

    Ola, Hugo1982. Algunhas edicións túas en Amancio Ortega foron revertidas porque na Galipedia cando non hai un acordo claro, adóitase argumentar no apartado de "Conversa" ou se establece un procedemento para chegar a un consenso (fíxate no apartado Wikipedia:Consenso). Un dos temas peliagudos é o de atribuír orixe ou nacionalidade e sobre iso, non sempre hai consenso. Daquela, respecta o que xa editou outro usuario ou leva a cabo para chegar a ese consenso. Un saúdo. E a darlle duro.--MAGHOI (conversa) 30 de setembro de 2022 ás 07:36 (UTC)Responder[responder]

    Xa estivemos argumentando na conversa da páxina de Amancio Ortega. Aínda así, é absurdo andar a discutir sobre a "nacionalidade" de alguén. Se naceu en León non pode ser galego. Iso non parece moi discutible. Se queredes podedes darlle todas as voltas e atribuírlle os sentimentos que querades, pero iso non vai mudar o lugar onde naceu. Eu entendo a wikipedia coma unha enciclopedia libre e seria, onde os datos que se mostran son verdades. Fixádevos que somos a única wikipedia que di que Amancio Ortega é galego.
    E sen embargo prefires revertir os cambios por falta de consenso??? e deixar "por defecto" algo que nin é certo nin é correcto?? Por qué non deixas por defecto a realidade, que é que Amancio non é galego, ata que haxa o consenso que solicitas?? Hugo1982 (conversa) 2 de outubro de 2022 ás 07:57 (UTC)Responder[responder]
    Ola, de novo Hugo1982. Perdoa que tardase en responder pero se debe a que non me chegou aviso da túa argumentación (para que chegue, debes pór @+nome de usuario). En ocasións, hai que chegar a determinados consensos en temas complexos e isto, ás veces, xera algunhas discordancias. Ser galego, mal que nos pese, non é unha nacionalidade. Nin tampouco é cuestión de atribuírlle un sentimento, senón de ser operativos. Como se indica no artigo, a maior parte d súa vida, pasouna en Galiza, e aquí desenvolveu o seu traballo, casou e naceron as súas fillas.Isto é algo obxectivo; daquela, pode ser considerado galego, ou se queres coruñés.
    De aceptar, rixidamente atendendo ao lugar de nacemento, o teu argumento, fíxate, Marilar Aleixandre actual Premio Nacional de Narrativa, tampouco podería ser considerada galega (danse unhas circunstancias moi semellantes), nin tampouco Santiago Jaureguizar, nin tantos outros que naceron na emigración ou que son literalmente "inmigrantes" aquí, pero desenvolven a súa vida, empregan a lingua e mesmo, "síntense" galegos. De aí, que indicase anteriormente, que a convención na Galipedia é, non habendo unha decisión totalmente clara, manter o escrito na primeira edición.
    Finalmente, sobre o que noutras wikis teñan outras normas, é certo. Pero esa flexibilidade ou esa discordancia tampouco é un argumento consistente pois na wiki española aparece "Vivero" por Viveiro, ou "Palas de Rey" por Palas de Rei; ou na wiki asturiana, aparece "Ría del Eo" por Ría de Ribadeo. A realidade é prismática e non ten unha única faciana.
    Espero que o entendas no bo sentido porque non pretendo polemizar senón expor a miña postura na reversión anterior. Eu, tamén discrepo nalgunhas convencións pero máis aló diso, valoro o que de positivo ten este proxecto, que para min é moito, e iso fai que manteña o meu apoio. E chámote a que, malia todo, se che interesa, participes activamente. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 26 de outubro de 2022 ás 17:03 (UTC)Responder[responder]