Conversa usuario:Htc3594

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia, Htc3594!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 18:26, 8 de xullo de 2010 (UTC)

Vocabulario actualizado / dicionario desfasado[editar a fonte]

Ola H. Que tal?

Para comprobar as palabras dubidosas recoméndoche esta páxina do VOLGa [1]. Non trae as definicións, so as palabras, mais, a diferencia do dicionario web da RAG, está actualizada segundo a normativa do 2003.

Un saúdo--. HombreDHojalata.conversa 21:15, 13 de xullo de 2010 (UTC)

Boa noite Htc3594! Sen dúbida ningunha se ollas nun dicCionario da lingua galega con total certeza estarás a ollar nun dicionario que se editou antes da última normativa da RAG, que como ben di o amigo HombreDHojalata se deu cabo en 2003. Xa que logo, recoméndoche que actualices o teu dicionario e, senón, recoméndoche que empregues dicionarios online coma este [2], moi bos e útiles para o traballo na galipedia ou, tamén, o catálogo que che recomenda HombreDHojalata. Así mesmo podes botarlle un ollo a esta páxina da nosa galipedia que fala pormenorizadamente dos últimos cambios normativos Normativa oficial do galego - Cambios morfolóxicos.

E cando quixeres volver deixar unha mensaxe na páxina de conversa doutro usuario é recomendábel que premas no de sinatura con data e hora. Un saúdo e bo traballo! --Nonso91 20:51, 14 de xullo de 2010 (UTC)

Edificio sen rematar[editar a fonte]

Ola, Htc. Cando traduzas un artigo doutra wiki cómpre que teñas en conta que a licenza baixo a cal foi publicado esixe recoñecemento da súa autoría. Para facelo adóitase indicar a orixe no cadro de resumo, pero se o esqueces tamén se acepta facelo na páxina de conversa, como fixen eu en Conversa:Edificio sen rematar. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:37, 11 de novembro de 2010 (UTC)

Por favor, fai por solucionar os problemas que presenta o artigo. Non se trata de editar repetindo o que xa hai e engadindo algo novo, senón de aquelar os engadidos sobre o existente. --Atobar (conversa comigo) 18:43, 6 de xaneiro de 2011 (UTC)