Conversa usuario:Herbertjohnson

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Herbertjohnson!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 4 de xullo de 2013 ás 17:13 (UTC)[responder]

Oa Herbertjohnson, tavez o borrado do artigo foi algo precipitado e sinto se che molestou. O artigo, ademais de ser pouco estenso, non aportaba fontes externas que apoiasen a relevancia do mesmo, e nunha busca pola internet non din atopado probas que indicasen a relevancia do grupo. Se podes aportar referencias ou fontes fiables que apoien a relevancia do artigo non habería ningún problema en reverter o borrado. Atentamente. --Beninho (conversa) 5 de xullo de 2013 ás 03:04 (UTC)[responder]

Esquézao... Botando un ollo, vin que había artigos de similar relevancia, e ningunha referencia ou fonte que probe a súa "importancia". Supuxen que o meu podería ser válido. Mea Culpa.

Licenza de imaxe[editar a fonte]

Boas Herbert, vin que subiches o ficheiro da compañía de teatro A Catorce pero como autor figura Xosé Rivera, podes dicirme de onde colliches a imaxe para comprobar se a licenza é correcta? Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de maio de 2015 ás 00:31 (UTC)[responder]

Non te preocupes, a solicitude de borrado e a pregunta sobre a imaxe son cousas totalmente diferentes. Cando teña un pouco máis de tempo libre revisarei o da imaxe. Sobre o borrado podes comentar o teu parecer na páxina da votación, aquí, é unha páxina aberta á comunidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de maio de 2015 ás 10:37 (UTC)[responder]
Non atopo a imaxe no facebook, pero de tódolos xeitos a imaxe non está ben porque ti non podes subir unha foto doutra persoa sen indicar dalgunha forma a licenza que esa persoa lle puxo á foto. Non vale que tal persoa che dixera tal ou cal, é preciso que haxa algunha forma de que a xente, calquera en calquera momento, poida verificar que a licenza é correcta. Nas wikipedias hai que ter moito tino coas licenzas das achegas que se fan porque todas teñen que ter unha licenza compatible coa do proxecto, Creative Commons-Atribución-Compartir Igual.
En resumo, despois desta paliza :), o único que ten o dereito de indicar a licenza dunha foto é o autor, así que X. Rivera podería que publicar nalgún sitio esa foto, con esa resolución ou mellor, onde apareza claramente a licenza. Xa que X. Rivera ten a súa propia web unha forma sería que publicara alí a foto e que indicara a licenza da mesma. Outro sistema sería que el mesmo enviara un correo electrónico ó sistema de control de licenzas da Wikipedia indicando que esa imaxe é súa, e a licenza libre coa que a quere liberar, sería usando o Commons:OTRS (nesta páxina hai un modelo de correo electrónico no que o único que hai que facer é encher os datos da imaxe e pouco máis).
Se isto non se pode resolver entón a imaxe terá que ser borrada porque nas Wikipedias non se permiten contidos que non sexan libres, ou que non se poidan verificar que o son.
Se tes calquera dúbida podes poñerte en contacto comigo na miña páxina de usuario. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de maio de 2015 ás 00:40 (UTC)[responder]

Conflito de itnereses[editar a fonte]

Ola Herbertjohnson.

Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses.

Grazas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 27 de maio de 2015 ás 05:54 (UTC)[responder]