Conversa usuario:Estevoaei/arquivo8

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Estevoaei☛ ☏ pa o que queiras...

Arquivo de mensaxes antigas:
desde agosto do 2007

Cándido de Noceal[editar a fonte]

Grazas pola corrección, fixen ese artigo rápido para que non aparecera en vermello noutro que estou a facer e só fixeime nas interwiki que aparecían en vermello. Un saúdo--AMPERIO (conversa) 4 de xaneiro de 2014 ás 18:10 (UTC)

De todos modos olvidei poñer o marcador de uso, pisto que tiña pensado seguir coa edición deste artigo e Alejandro Mon y Menéndez para arranxar o comezo e engadir unha táboa. --AMPERIO (conversa) 4 de xaneiro de 2014 ás 18:13 (UTC)

Arquivos[editar a fonte]

Boas, como se fai para arquivar as conversas antigas? --AMPERIO (conversa) 6 de xaneiro de 2014 ás 10:57 (UTC)

E despois fago a redirección coma nun artigo normal? --AMPERIO (conversa) 6 de xaneiro de 2014 ás 11:39 (UTC)
Xa está! Grazas pola axuda! Un saúdo--AMPERIO (conversa) 6 de xaneiro de 2014 ás 11:50 (UTC)

RE: Coordenadas[editar a fonte]

Canto tempo, Estevoaei, un pracer ler de ti novamente! Moitas grazas pola suxestión. Teño unha dúbida relacionada con este tema e quería saber que opinas. Por exemplo, unha parroquia. A localización da mesma sería no lugar onde está a igrexa? E nun lugar dentro dunha parroquia? Moitos artigos que fixen sobre estadios (escribo moito sobre fútbol) inclúen a localización, así como moitos de concellos que fixen de España e de Europa. Gústame que leven a localización, pero tamén é certo que moitas veces non llas poño (sobre todo nas parroquias galegas...). Ireino remediando. Xa aproveito para desexarte bo 2014 e darte as grazas unha vez máis. Lémonos! Krisko (conversa) 7 de xaneiro de 2014 ás 12:06 (UTC)

Proposta na taberna[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Fixen unha proposta na taberna que penso que pode ser interesante, se queres podes pasarte a opinar. Unha aperta!! Piquito (conversa) 7 de xaneiro de 2014 ás 13:12 (UTC)

RE: artigos de lugares[editar a fonte]

Grazas. Xa din atopado os datos de poboación, pero non dou atopado os datos de superficie. Saúdos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 9 de xaneiro de 2014 ás 09:31 (UTC)

Hai algunha páxina para ver os datos de superficie dos lugares de Galicia? --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 10 de xaneiro de 2014 ás 08:09 (UTC)
Vale, grazas. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 10 de xaneiro de 2014 ás 12:47 (UTC)

Proposta[editar a fonte]

Boas Estevoaei!! Que tal foi o traballo sobre os nomes de usuarios da Galipedia? Seguro que saíron cousas interesantes. Non sei cómo andas de tempo nin se es dado a traballar en profundidade sobre un artigo, pero por se acaso propóñocho a ti, que vendo os teus estudos penso que es a persoa máis axeitada para o traballo. A Galipedia ten xa máis de 10 anos e en todo este tempo non fomos capaces de facer do artigo da nosa lingua un artigo de calidade (de feito presenta moitas eivas), animaríaste a melloralo e poñelo nun nivel alto? Unha aperta!!! Piquito (conversa) 10 de xaneiro de 2014 ás 22:47 (UTC)

Fotografías[editar a fonte]

¿Fotos dunha estrada? ¿Que se pode fotografar nunha estrada? ¿coches, sinais? Bueno, buscarei un rincón fotoxénico, pero espera que deixe de chover (onte tería sido un bo día). Déixame uns días. Pedro --Lameiro (conversa) 12 de xaneiro de 2014 ás 19:39 (UTC)

Proposta na taberna[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para tentar organizar un traballo conxunto da comunidade, se che interesa comenta alí o que che parece, a proposta está aberta e se a comunidade o decide pode ser adaptada ó que faga falta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 01:25 (UTC)

Nomes[editar a fonte]

Moitos dos nomes que estas a cambiar aparecen así na páxina web do congreso dos deputados. Non digo nada de casos como o de Antón Vilar Ponte, no que é máis coñecido co nome en galego, pero nos outros creo que habería que poñer unha redirección. --AMPERIO (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 18:45 (UTC)

So o digo por que me creaches un conflito de edición. Tanto ten, por que ao final cambiaches ti o que ía facer eu. --AMPERIO (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 18:47 (UTC)
Tamén hai que ser acordes coa realidade, non é o mesmo o caso de Escipión o Africano (que tiña o seu nome en latín) que o dun político galego (que moi probablemente teña un nome en castelán). Eu só copiei os nomes dunha fonte que, ao meu parecer, é fiable ao respecto... Un saúdo --AMPERIO (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 18:57 (UTC)
O das tiles débese a que na paxina web do Congreso dos Deputados aparecen os nomes en maiúscula e sen acentuar... Hai algún caso no que é a primeira vez que vexo o apelido.. Se ocorreu con algún común como Rodríguez, López probablemente se me pasara ao facelo rápido. --AMPERIO (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 18:59 (UTC)

De todos modos, moitas gracias polas correccións! Unha aperta!--AMPERIO (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 19:07 (UTC)

Sempre deixo escapar algunhas palabras en portugués cando escribo.

Xuchrán. Judcosta (conversa) 15 de xaneiro de 2014 ás 01:17 (UTC)

graph improvement[editar a fonte]

Conversa modelo:Evolución tamaño 1000 artigos

RE: borrado de artigos[editar a fonte]

Grazas Estevoaei!! Xa o mirei, mais a verdade é que sigo sen ver o suposto dos artigos "irrelevantes", pero é igual, tampouco vou pretender cambiar nada a estas alturas, moitas grazas pola info!!! Por certo, se podes corrixir posibles (seguros) erros de tradución do castelán ao galego nos textos de Wesendonck Lieder agradeceríacho, a próxima semana os toca a OSG e se alguén o mira e acaba na Galipedia estaría ben que o artigo estivera nun galego correcto. Graciñas por todo!!! Piquito (conversa) 17 de xaneiro de 2014 ás 15:43 (UTC)

Xa vin as correccións e os arranxos no artigo. Moitas grazas!!! Piquito (conversa) 17 de xaneiro de 2014 ás 16:35 (UTC)

Re:1914[editar a fonte]

Segundo o histórico do Congreso dos Deputados, Alberto Príncipe Bárcena foi elixido deputado por Lugo o 20/03/1914 e causou baixa o 24/04/1914 e foi dado de alta como deputado por Ourense o 20/06/1914. Polo que sí é posible que fora deputado por ambas provincias. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 17 de xaneiro de 2014 ás 15:43 (UTC)

O do marqués por min non hai problema algún no cambio, de feito queda mellor como o puxeches ti. Gracias--AMPERIO (conversa) 17 de xaneiro de 2014 ás 15:46 (UTC)

Move[editar a fonte]

Por favor move Latina (homónimos) a Latina. Saúdos e grazas. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 18 de xaneiro de 2014 ás 01:20 (UTC)

Cine de Portugal[editar a fonte]

De acordo, tentarei facer o que poida, aínda que o certo e que non coñezo moito cine portugués. --Breogan2008 (conversa) 18 de xaneiro de 2014 ás 23:47 (UTC)

RE:cabezallo personalidades[editar a fonte]

Vale. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 19 de xaneiro de 2014 ás 16:16 (UTC)

Camiño de Santiago[editar a fonte]

Pois seguramente teñas razón, coma case sempre, na conveniencia da fusión. O artigo do Camiño (que a min me gustaría máis baixo o título de Camiños de Santiago, que é do que fala, de varios camiños) necesita maior desenvolvemento, que xa irei facendo ós poucos, pero as características do peregrino a Santiago cadran perfectamente como unha sección máis. Por min, de acordo. Pero o caso é que me temo que esta semana terei que ir a Castellón por motivos personais, co que igual ten que esperar á seguinte. Sabereino mañá ou pasado. Grazas polas túas palabras. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19 de xaneiro de 2014 ás 22:30 (UTC)

Grupos consonánticos[editar a fonte]

Gracias polos teus consellos sobre ortografía galega que xa estudei mentres estaba na escola... pero non entendo o que me estas dicindo no teu comentario. O artigo das eleccións de 1903 xa pon adicto... --AMPERIO (conversa) 20 de xaneiro de 2014 ás 14:56 (UTC)

O cometa[editar a fonte]

Pois en canto poida póñome primeiro con esa tradución ;) un saúdo.--Xabier Cancela (fálame) 20 de xaneiro de 2014 ás 16:52 (UTC)

Sonda Rosseta[editar a fonte]

Pareceme estupendo facer o artigo. Unha aperta.--Suarez ruibal (conversa) 20 de xaneiro de 2014 ás 20:43 (UTC)

RE:Galicia na Segunda Guerra Mundial[editar a fonte]

Grazas, a ver se vou completando o artigo e axudando noutros; cos estudos non teño demasiado tempo libre, pero irei colaborando. Saúdos! --JaviP96 21 de xaneiro de 2014 ás 14:51 (UTC)

Francisco / Francesc[editar a fonte]

Boas deixei un comentario en Conversa:Eleccións Xerais 1907 en España por que é da túa interese e podes ilustrarme. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 21 de xaneiro de 2014 ás 18:04 (UTC)

Fantástico! moitas gracias pola información. Podes copiala se queres na conversa do artigo para que todo o mundo poda lela. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 21 de xaneiro de 2014 ás 18:39 (UTC)

Pazo de Amarante na GEG[editar a fonte]

Artigo da GEG. --. HombreDHojalata.conversa 21 de xaneiro de 2014 ás 20:39 (UTC)

RE:Chambo[editar a fonte]

Grazas, a verdade é que non sabía da existencia dese programa. --AMPERIO (conversa) 23 de xaneiro de 2014 ás 20:03 (UTC)

Re: astrónomos[editar a fonte]

¡Saúdos!

A verdade é que sería interesante facerlles uns artigos. Xa fai un tempo que non edito nada por aquí, pero podo intentar comezar algo básico aínda que non prometo nada :-)

Un saúdo. --Xosema (conversa) 24 de xaneiro de 2014 ás 12:59 (UTC)

RE: Juan de Borbón[editar a fonte]

Xa soo polas en orde cronolóxico. E os condes franceses borreinos. Saúdos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 25 de xaneiro de 2014 ás 18:24 (UTC)

Proposta na taberna[editar a fonte]

Boas Estevoaei, deixei unha proposta en Wikipedia:A Taberna (técnica) que creo que é da interese de todos. Agradeceríache que deras a túa opinión. Un saúdo --AMPERIO (conversa) 27 de xaneiro de 2014 ás 10:54 (UTC)

Eliminación de marcador de tarefas pendentes[editar a fonte]

Boas, cando se realizan as tarefas pendentes que aparecen na conversa dun artigo cal sería o procedemento para eliminar este marcador de por facer? eliminar o comentario na conversa? saúde! --Anton45 (conversa) 27 de xaneiro de 2014 ás 13:44 (UTC)

RE:Cantar de Xesta[editar a fonte]

Grazas polo aviso, arranxei algúns erros que se colaron. A verdade é que só fixeime nos erros que marcaba o Corrector de Galego e nalgún caso si decateime do cantárelo, pero non pensei que houbera máis cantárelos no artigo... Botalle unha ollada por se pasei algo máis por riba. Con respecto a La Chanson de Roland non podía saber se o título estaba ben como o puxen posto que na es:wiki aparece traducido. Unha aperta! --AMPERIO (conversa) 30 de xaneiro de 2014 ás 19:46 (UTC)

Habitualmente é o que fago eu, pero desta, como eran cantares franceses non se me ocorreu pensar que podían estar aquí. Segue habendo erros no artigo?--AMPERIO (conversa) 30 de xaneiro de 2014 ás 20:02 (UTC)
Penso que xa está. Lino de novo e arranxei algunha ligazón interna (Mocedades de Rodrigo que non temos ). Creo que xa podes retirar o marcador. --AMPERIO (conversa) 30 de xaneiro de 2014 ás 20:11 (UTC)

RE: Die schweigsame Frau[editar a fonte]

Boas!! Esta tempada estou liado, quería tentar presentar a calidade o artigo de Claudio Abbado (que está de actualidade), logo teño tres artigos con marcadores "en uso", terei que revisar a Sinfonía fantástica. Se cadra cando acabe con eses me poño con Die schweigsame Frau, aínda que tiña pensado ampliar no eido da ópera Il barbiere di Siviglia, que é máis coñecida (e polo tanto máis consultada) e é italiana (cousa que no caso de levar á portada ou a calidade é un punto a favor fronte ás dúas óperas alemás que xa saíron na portada e a única de calidade), de todos xeitos tentarei engadir canto menos esa información, mais de momento a prioridade para min é Abbado. Impórtache se o retraso unhas semanas? Se ves que tardo lémbramo ou engádeo ti mesmo e se queres eu o reviso. Unha aperta!! Piquito (conversa) 30 de xaneiro de 2014 ás 22:48 (UTC)

Acabo de ler o que dis, tes referencias para esa sección? Se mas achegas non teño problema en poñelo xa. Piquito (conversa) 30 de xaneiro de 2014 ás 22:54 (UTC)

Problema cunha referencia[editar a fonte]

Boas Estevoaei!! Teño un problema cunha referencia no artigo Claudio Abbado. A referencia que dá erro é a mesma que a Nº 6, mais non sei por qué non furrula poñendo o nome. Gracísimas!!! Piquito (conversa) 31 de xaneiro de 2014 ás 10:34 (UTC)

Grazas! Piquito (conversa) 31 de xaneiro de 2014 ás 10:45 (UTC)

antonio pizzuto[editar a fonte]

Aquí o que non corre voa.. --AMPERIO (conversa) 3 de febreiro de 2014 ás 11:50 (UTC)

creo que era evidente que estaba facendo eu o artigo... --AMPERIO (conversa) 3 de febreiro de 2014 ás 11:51 (UTC)
o artigo acababa de crealo.. e olvidei poñer o marcador. Deime conta cando engadín as categorías... --AMPERIO (conversa) 3 de febreiro de 2014 ás 11:54 (UTC)
No me parece mal, pero podías haberlo creado y ponerle el marcador de uso... para evitar esto. En fin, da igual. A seguir--AMPERIO (conversa) 3 de febreiro de 2014 ás 11:57 (UTC)

Proposta de categorización[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Fixen unha proposta na taberna para organizar as categorías sobre entidades de poboación. Se queres podes opinar. Piquito (conversa) 3 de febreiro de 2014 ás 15:43 (UTC)

Ay Carmela[editar a fonte]

Fixen o artigo que solicitaras na lista de artigos solicitados. Entendo que era ese o que pedías e non a película non?--AMPERIO (conversa) 6 de febreiro de 2014 ás 16:07 (UTC)

Solicitudes e votacións[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Tiven un problema cun administrador e quería propoñer que se lle retiraran os privilexios de administrador, mais non sei moi ben o que teño que facer: fixen unha proposta de revogación en lugar dunha votación para revogar, é ese o procedemento axeitado? Grazas, Piquito (conversa) 7 de febreiro de 2014 ás 09:24 (UTC)

Moitas grazas! Supoño que este tipo de votacións non se anuncian, non? Se tres usuarios o apoian pasa a votación, pero se hai máis de tres en contra tamén? Canto tempo teño que esperar para pechar a solicitude? Perdoa por ser tan pesado, non sei destas cousas e espero non ter que facelas máis, é algo un tanto desagradable. Piquito (conversa) 7 de febreiro de 2014 ás 09:46 (UTC)

Bot e pedindo fotos do monumento a Fermín Bouza Brey (2011) de Pontevedra.[editar a fonte]

Ola Adrián.

O bot non me funciona, e penso que a Toliño lle pasa exactamente o mesmo. Teño pendente falalo con el, e seguramente con outros usuarios de es.wiki, para pedirlles axuda e ver de amañalo. --. HombreDHojalata.conversa 9 de febreiro de 2014 ás 15:49 (UTC)

Cambiando de tema. O artigo de Bouza-Brey non ten imaxe ningunha. Se che apetece, e che ven ben, e cando podas ;-) poderías tirarlle unhas fotos á escultura de José Molares, inclusive á placa?

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 9 de febreiro de 2014 ás 15:49 (UTC)

Grazas a ti.
Cambiando de tema. Nestes días saíu á venda este libro que igual é do teu interese. Custa menos de 10€ e pódese encargar en calquera quiosco que venda o Faro de Vigo. Eu xa teño o meu. --. HombreDHojalata.conversa 16 de febreiro de 2014 ás 15:30 (UTC)

Arquivos[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Na taberna hai moitas propostas e moitas delas xa sen participación, non sei qué criterios empregades para arquivar, pero penso que non sería mala idea arquivar (case) todas as propostas (alo menos as do ano pasado) para que sexa manexable. O mesmo pasa cos artigos de calidade, destacados, etc, eu non sei cómo arquivades as votacións que comezan nun ano e rematan noutro (quedan no 2013 ou no 2014?). É só informativo, non é necesario que contestes, se credes que hai que facer algo o facedes, e se non, pois que quede. Un saúdo, Piquito (conversa) 11 de febreiro de 2014 ás 12:14 (UTC)

Modelo:Galicia[editar a fonte]

Cando podas mira a Conversa modelo:Galicia no apartado do mapa. Creo que é un tema de interese xeral e no que deberían participar os administradores. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 18 de febreiro de 2014 ás 21:51 (UTC)

RE[editar a fonte]

Boas Estevoaei! No tema dos dereitos non estou moi (nada) posto, te darei a miña opinión: se as imaxes están dende hai moito tempo no sitio web adicado a Gaos, que problema hai? Eu non sei desto, se cargo algo que non deba borrádeo. Non sei quen é Milagros Bará, e tampouco teño intención de molestala, así que se tes dudas bórraa (e as de Soutullo e Quiroga tamén). A min tanto a de Soutullo como a de Gaos me parecen fotos de currículum para poñer en programas de concertos e cursos (na web da Sociedade Filharmónica da Coruña hai unha imaxe de Gaos que se non é a mesma, case, así que esto demostraría), as fotos de currículum como o entendo eu non teñen dereitos, explícome: se James Galway vai a un estudio e se saca unha foto, a colga na súa web e a manda á Orquestra da RTÉ, á organización dun festival onde vai dar un recital en Miami, outra a Belfast, mándalle unha a Nagajara (se sigue usando Nagajara) como imaxe da marca, manda outra á Royal Academy of Music de Londres para unha clase maxistral, etc... o fotógrafo vai dicir algo? Non, porque a fixo para eso, pero é a miña opinión como ignorante na materia, esto atende a cuestións legais, polo que seguramente nada do que diga eu teña valor. Resumindo, bórraas todas se tes algunha duda. Un saúdo, Piquito (conversa) 20 de febreiro de 2014 ás 23:07 (UTC)

Tamén quería tirar algunha destas de Jesús Bal y Gay (outro dos destacados sen imaxe), pero visto o visto, as deixarei onde están. Piquito (conversa) 20 de febreiro de 2014 ás 23:09 (UTC)

Boas Estevoaei. Repito que son un ignorante na materia e que o que expresei son as miñas opinións (que nada teñen que ver coa realidade). Novamente te digo que se tes calquer duda as borres, a min non me vai importar, se o problema é que non queredes andar detrás das fotos que cargue non vos preocupedes que as deixo de cargar, que tampouco pasa nada porque Bal y Gay ou Soutullo non teñan imaxe. Un saúdo, Piquito (conversa) 21 de febreiro de 2014 ás 09:19 (UTC)

Franco Trappoli[editar a fonte]

Muchas gracias para las correciones en esta pagina. Un saludo de Caselle Landi.

Rei Momo (conversa) 22 de febreiro de 2014 ás 11:14 (UTC)

Administración[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Estiven a pensar no que me comentaras de que era bo que houbera máis administradores na Galipedia para traballos de mantemento. O certo é que se me ocorreu algún usuario que creo que sería un bo administrador, o que non sei é se o podo propoñer eu ou o ten que propoñer outro administrador. Graciñas!! Piquito (conversa) 24 de febreiro de 2014 ás 19:09 (UTC)

Boas outra vez Estevoaei! Xa fixen a proposta, espero que estea ben formulada, poderías encargarte ti do seu peche e de concederlle os botóns se sae elixido? Moitas grazas! Piquito (conversa) 25 de febreiro de 2014 ás 11:55 (UTC)

RE:modelo en subpáxina[editar a fonte]

Borreino porque xa non me facía falta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de febreiro de 2014 ás 12:34 (UTC)

Manuel Machado[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Vin o artigo de Manuel Machado (compositor), o certo é que a min o que me parece que era máis "comprensible" era precisamente a discografía, de todos xeitos fixen unha pequena táboa similar a outras discografías (por exemplo a de Gheorghiu) para que quede claro. O artigo en xeral non o vexo moi ben... non coñezo ao compositor, mais non hai unha soa referencia e a redacción é... regular, nótase que é unha tradución (regular dende o meu punto de vista) da Wikipedia en portugués. Se queres avísame dentro dunhas semanas se non o mirei e intento melloralo con algo que atope pola rede, mais agora mesmo teño uns cantos marcadores "en uso". Xa me dirás se che parece máis claro o da discografía agora. Unha aperta! Piquito (conversa) 26 de febreiro de 2014 ás 19:46 (UTC)

Ola Estevoaei. Está máis claro o da discografía de Machado agora? Tampouco digo que me bombardees con mensaxes, mais se me pides algo, eu deixo de facer outros traballos para facelo ese mesmo día e te pregunto se o ves mellor creo que canto menos me deberas dicir se está mellor ou se segues sen entendelo, ou canto menos un grazas por atender tan rapido á miña petición. Espero que cos cambios que fixen o entendas mellor (supoño que si). Un saúdo, Piquito (conversa) 6 de marzo de 2014 ás 13:40 (UTC)
Como te dixen, non coñezo a este compositor. Sobre o que comentas das cancións... pódoche asegurar ao 99% que ningunha vai ser dun conxunto operístico, se consideramos L'Orfeo de Monteverdi como a primeira ópera (discutible), esta foi composta en 1607, teño moitas dúbidas de que o xénero chegara á península antes de que el morrera (agora non teño as fontes de cando chegou, pero creo que chegou despois de 1650), as obras de Machado que aparecerán nos discos serán con case total seguridade: villancicos, cancións, motetes, e xéneros de finais do Renacemento e o primeiro Barroco, entre os que non están óperas. Sobre ónde están estas composicións? Estarán en cancioneiros ou soltos, é o máis habitual. Un saúdo! Piquito (conversa) 6 de marzo de 2014 ás 15:41 (UTC)
Digo o de antes para que non te molestes en buscar algunha ópera ou similar. Piquito (conversa) 6 de marzo de 2014 ás 15:42 (UTC)

"Dos estrellas le siguen" está incluída no Cancionero de la Sablonara, aquí se referencia boa parte do artigo, nesta ligazón está o cancioneiro completo por se os queres buscar (o título será o primeiro verso ou o estribillo), hai 72 pezas de varios autores, eu mirei un pouco e vin algún de Machado que non está gravado, mais non mo cargou todo e non dei atopado máis. Cando están nun cancioneiro non sei cómo poñelos, se en cursiva ou con comas, ti saberás máis sobre cómo se indican esas cousas. Piquito (conversa) 6 de marzo de 2014 ás 19:29 (UTC)

Opinión[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Poderías opinar sobre esto? Graciñas! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2014 ás 10:33 (UTC)

RE:actualidade[editar a fonte]

Vaites!, quería amañar outra cousa e ó final deixei iso mal, menos mal que xa o amañou Breogan. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2014 ás 22:54 (UTC)

Nomes propios[editar a fonte]

Boas Estevo! Como comentei na Taberna, estamos a traballar nunha proposta de política para os nomes propios nos artigos sobre persoas, e estaría ben que opinases (se podes e tes tempo). Moitas grazas! --Norrin_strange (Fala-me) 7 de marzo de 2014 ás 08:16 (UTC)

Houbera[editar a fonte]

Contesto por aprender: Houbera e houbese son pretérito imperfecto de subxuntivo segundo isto (e se mal non me lembro). O corrector xa o teño activado, imaxino que ao ser unha forma correcta (houbera) non a marca en vermello. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 8 de marzo de 2014 ás 01:03 (UTC)

(Con correcta quero dicir que escríbese así en galego.) --AMPERIO (conversa) 8 de marzo de 2014 ás 01:07 (UTC)
Así da gusto! Moitas grazas pola axuda!--AMPERIO (conversa) 8 de marzo de 2014 ás 01:16 (UTC)

Pois mira agora que o dis, veño de crear o Modelo:Mapa de localización de Liège. Empreguei Liège en lugar de Liexa por que na conversa do artigo aparece indicado que a forma correcta, ao non existir unha forma propia en galego, é a orixinal. Porén, en Provincia de Liège, xa na primeira palabra aparece Liexa. Mesmo existe un modelo Modelo:ConcellosDeLiexa, no que aparece como Liexa. Cal é a forma válida?--AMPERIO (conversa) 8 de marzo de 2014 ás 01:23 (UTC)

Nova Orleáns[editar a fonte]

Boa noite Estevoaei! En primeiro lugar grazas polas correccións. Quería pedirche que non elimines Nova Orleáns, Luisiana e a deixes como redirección. O motivo é que nun momento non moi lonxe deste, tal vez esta semana, teño pensado facer o artigo Condados de Nevada. O código que usa a páxina é o do Modelo:Countyrow que trae predeterminado o formato Cidade, Estado. Un saúdo!--AMPERIO (conversa) 11 de marzo de 2014 ás 23:11 (UTC)

Perdón quería dicir Parroquias de Luisiana, aínda que vexo que xa esta borrada. --AMPERIO (conversa) 11 de marzo de 2014 ás 23:17 (UTC)
Podes ver o caso en Usuario:AMPERIO/Páxina de Probas, non se me ocorre outra cousa que non sexa crear as redireccións, xa que se modifico o código do Modelo:Countyrow muda todo e liga con páxinas incorrectas. É certo que queda raro, pero por exemplo existen varios Condado de Fulton e se elimino o , ESTADO redirixe cara os homónimos. Mañá se teño algo de tempo revisarei a ver que se pode facer --AMPERIO (conversa) 11 de marzo de 2014 ás 23:28 (UTC)

Pase de prensa para a gala dos premios Mestre Mateo[editar a fonte]

Boas Estevo, como sei que ti estás interesado nestes temas coméntoche que vou pedir unha acreditación para ir á gala destes premios a través da asociación. A gala será o 12 de abril na Coruña, se estás dispoñible, e che interesa, podo pedir tamén outra para ti, por parte da asociación só se pide que as fotos se compartan en Commons con licenza compatible coas wikis e se poñan baixo esta carpeta. Avísame o antes posible porque se ti non podes avisarei na taberna a ver se pode outra xente. E ollo, que vaiamos pedir o conto non quere dicir que nolo vaian a dar, todo dependerá! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de marzo de 2014 ás 13:22 (UTC)

Perfecto, pois entón voume poñer a redactar o correo para mandarllo, xa che contarei o que me din. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de marzo de 2014 ás 20:19 (UTC)
Mandeiche un correo, cando teñas un momento bótalle un ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de marzo de 2014 ás 21:26 (UTC)

Mira, non me dixeches que os premios María Casares ían entregarse en Santiago? Pois aquí di que vai ser en Coruña... Por outra banda aínda non me dixeron nada os da AAAG, pero se é en Coruña..., segue inteseresándoche ir? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de marzo de 2014 ás 08:49 (UTC)

Non te preocupes que entón irei eu, se é que me dan o pase claro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de marzo de 2014 ás 09:19 (UTC)

Nova Zelandia[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Quero agradecerche o traballo de corrección ortográfica que estás facendo no artigo de Nova Zelandia. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 13 de marzo de 2014 ás 23:36 (UTC)

Dúbida[editar a fonte]

Qué facemos coa IP 193.144.97.214? Onte fixo un vandalismo que foi revertido no artigo dos irmáns Lumière, e agora acaba de facer outro que reverteu el mesmo. --AMPERIO (conversa) 14 de marzo de 2014 ás 11:50 (UTC)

RE: Maruxa[editar a fonte]

Feito! Feito! Está o básico cun marcador "en uso", agora teño moito traballo pendente entre melloras e ampliacións de Nova Zelandia e os outros moitos artigos que teño co mesmo marcador, así que vou estar varios días sen meterlle man. Un saúdo, Piquito (conversa) 17 de marzo de 2014 ás 11:04 (UTC)

Por certo, creeina como Maruxa (Vives) de acordo coa política que estou tentando desenvolver sobre os títulos dos artigos de obras de música clásica. Piquito (conversa) 17 de marzo de 2014 ás 11:06 (UTC)

Re:Nova Zelandia[editar a fonte]

Interesante artigo! Graciñas!--AMPERIO (conversa) 17 de marzo de 2014 ás 13:04 (UTC)

mostrar/agochar[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Sabes como funciona a función de mostrar/agochar? E que dáme fallo cando trato de usala. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 18 de marzo de 2014 ás 12:27 (UTC)

E máis que nada por ver como funcionan os botóns, trataba de ocultar unha edición da miña páxina de probas. --AMPERIO (conversa) 18 de marzo de 2014 ás 12:36 (UTC)
Vale xa está! O que vexo é que non se pode agochar a última edición. --AMPERIO (conversa) 18 de marzo de 2014 ás 12:46 (UTC)
Estupendo! Por certo, non sei se podía facelo (pero xa está feito), na páxina do Usuario:Tiruleque, había unha redirección cara Wikipedia:Usuario retirado, que substituín polo Modelo:Usuario retirado, non hai ningún problema non? --AMPERIO (conversa) 18 de marzo de 2014 ás 12:51 (UTC)

Perfecto! Graciñas pola axuda! --AMPERIO (conversa) 18 de marzo de 2014 ás 12:57 (UTC)

Big Bang[editar a fonte]

Síntoo, pero é que nun par de meses vou estar bastante liado e non teño moito tempo, por eso ultimamente non edito nada.--Xabier Cancela (fálame) 18 de marzo de 2014 ás 15:07 (UTC)

RE:[editar a fonte]

Graciñas!!--AArizaga (conversa) 20 de marzo de 2014 ás 13:00 (UTC)

Bloqueo IP[editar a fonte]

Grazas de novo, compañeiro. --AArizaga (conversa) 21 de marzo de 2014 ás 12:13 (UTC)

Acto na Nave de Vidán[editar a fonte]

Boas, aínda non sei nada da gala dos premios do teatro pero hoxe vin que este martes ás 20:00 hai un acto na Nave de Vidán para presentar a nova campaña de visibilización da CNTL. Van intervier algunhas das personalidades que participaron na campaña, ademais de actuar Najla Shami e Uxía. Se estás libre e che interesa tes a información aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de marzo de 2014 ás 09:49 (UTC)

Big Bang[editar a fonte]

Votareille unha ollada, paréceme que esta un pouco desfasado. Un saúdo. --Suarez ruibal (conversa) 24 de marzo de 2014 ás 20:07 (UTC)

IP ‎193.144.97.214[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Pode bloquearse esta IP para as edicións de usuarios sen rexistrar permitindo que se creen contas? Aínda que sexa dun centro educativo, penso que se a bloqueamos e só damos pé a que editen usuarios rexistrados (e creen contas) deixarán de destruír contidos. Que pensas? --AMPERIO (conversa) 25 de marzo de 2014 ás 13:06 (UTC)

Razón non che falta no que dis. Mellor será deixalo estar, que tampouco vou ser eu o malo da película. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 25 de marzo de 2014 ás 15:25 (UTC)

Nova Zelandia[editar a fonte]

Atopaches algo máis no artigo que se poda cambiar? Lembra que a votación para calidade aínda está aberta, non esquezas dar o teu voto! Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 25 de marzo de 2014 ás 23:58 (UTC)

Sobre o artigo que me mandaras acabo de descubrir que nos temos un artigo que fala do mesmo tema! Creouno Usuario:Fendetestas en xullo de 2013 e se chama San Lesmes. Engadín un pouco de información sobre o tema en Historia de Nova Zelandia e deixei unha ligazón de véxase tamén no apartado. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 11:48 (UTC)

Votación para anunciar as votacións de artigos de calidade[editar a fonte]

Boas, cando teñas un momento, poderías revisar e achegar as túas ideas e voto nesta proposta?. Grazas, --Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2014 ás 02:05 (UTC)

Demografía de Nova Zelandia‎[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Cando podas revisa a ortografía de Demografía de Nova Zelandia‎. Pasei o corrector, pero é por quedar seguro de que non colouse ningún erro. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 16:43 (UTC)

Oka[editar a fonte]

Está moi ben. Iso pensaba eu que había que facer, pero xa sabes que non podo facer cambios nos títulos. Porque me parecía abusivo que o artigo Río Oka, sen máis, fose o dun río de Rusia e que, aínda que moi longo, se esquecera dun outro río, pequeneiro, iso si, pero importante ambientalmente, da península ibérica (por non falar do queixo canadense). --XoioÉche o que hai 28 de marzo de 2014 ás 17:32 (UTC)

Darrell Armstrong[editar a fonte]

Moi boas! Perdoa pola tardanza, pero estes días estiven con moito traballo e case non puiden entrar por aquí. Xa está feito o artigo! A parte da súa etapa en Ourense non é moi longa, pero tampouco atopei moita máis información, agardo que che gustase como quedou! Un saúdo! --FleaRHCP (conversa) 29 de marzo de 2014 ás 17:37 (UTC)

Dúas consultas[editar a fonte]

  • A primeira: en polo menos 50 artigos hai unha redirección a Irlanda desde a súa forma irlandesa Éire. Penso que isto é un erro, non por que non sexa válida, senón por que en Galicia ninguén chama Éire a Irlanda (salvo, claro está, que sexa un falante asiduo do gaélico na súa casa). Non cres que debería mudarse? É unha cousa de sentido común.
  • A segunda: podo pechar xa a votación de Nova Zelandia?--AMPERIO (conversa) 2 de abril de 2014 ás 08:46 (UTC)
Vale. Xa estou facendo eu o das redireccións. --AMPERIO (conversa) 2 de abril de 2014 ás 08:59 (UTC)

Proposta[editar a fonte]

Boas Estevoaei/arquivo8!, cando teñas un momento, poderías revisar e achegar as túas ideas e voto nesta proposta?. Gracias, --AMPERIO (conversa) 2 de abril de 2014 ás 11:16 (UTC)

Roncesvales[editar a fonte]

Bueno, o debate sobre Roncesvales vén desde 2006, polo que vexo aquí. Eu vin habitualmente ese termo en libros galegos dos 80 e dos 90. Agora mesmo non teño moitos recursos para citar, pero vou cando menos achegar un. Un saúdo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 3 de abril de 2014 ás 08:54 (UTC)

  • Entendo o que dis. Pero creo que o procedemento é sinxelo: en galego non hai unha fonte estandarizada fiable, e conviven dúas fontes de uso non estandarizado. Primeiro editor + a outra como redirección. E neste caso, :), deixo que ti sexas o que escolla o primeiro editor. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 3 de abril de 2014 ás 16:38 (UTC)
Sinto meterme, mais ten que haber uso de Roncesvales / Roncesvalles antes que Orreaga seguro, digo eu, polo Camiño de Santiago. Seica no TILGa ou nalgún destes podemos ver: creo que a forma Romance, neste caso concreto, debe ter mais tradición de uso en galego, sexa con -ll- ou con -l-.--Norrin (Fálame) 3 de abril de 2014 ás 17:29 (UTC)

Castro de Montealegre[editar a fonte]

Ola. Graciñas pola axuda en Castro de Montealegre. Repuxen a ligazón a "conservación-restauración" (que me parecía necesaria) e volvín a incluir o de "especial importancia", explicando mellor as causas desa importancia. Hai que ter en conta que é un dos primeiros catro ou cinco castros escavados en Galicia, antes da guerra civil. Só iso xa xustifica o de "especial importancia" dentro da historia da arqueoloxía galega. En calquera caso, se non che importa bótalle un ollo e modifica o que consideres. Déixoo nas túas mans. Graciñas e apertas. --AArizaga (conversa) 3 de abril de 2014 ás 17:33 (UTC)

Nada, perfecto. Agradezo todo tipo de correccións, especialmente as lingüísticas, pero todas en xeral... Hai moitos anos que non subo a Montealegre (dende que se fixo a escavación) e non teño fotos libres dos petróglifos, pero teño en mente pasarme, así que quizais pronto... Apertas. --AArizaga (conversa) 7 de abril de 2014 ás 08:33 (UTC)

Felipe Criado Boado[editar a fonte]

Boas de novo. Vexo que editaches o artigo "Felipe Criado Boado". Agradézocho ben e solicito que lle botes un ollo a este problema. Moitísimas grazas.--AArizaga (conversa) 3 de abril de 2014 ás 18:25 (UTC)

Borrado[editar a fonte]

Ola Estevoaei! Podes borrar Wikipedia:Títulos de obras de música clásica e Usuario:Títulos de obras de música clásica xunto coas súas páxinas de conversa? Non teño tempo nin ganas de desenvolver agora a política e a vou deixar como subpáxina persoal. Un saúdo, Piquito (conversa) 8 de abril de 2014 ás 10:01 (UTC)

Borrado de música clásic[editar a fonte]

Boas, Estevo

Vin que borraches o de "Wikipedia:Titulos de obras de música clásica". Non teño moi claro que iso se poda borrar a solicitude do usuario, xa que "Ao premer no botón "Gardar a páxina" acepta os termos de uso e acepta liberar irrevogablemente a súa contribución baixo a licenza CC-BY-SA 3.0 e a GFDL.". É dicir, que se algúen non gusta do que creou non pode borralo sen mais, penso eu. Se o usuario non quere seguir a traballar na política, seica outro pode querer facelo. --Norrin (Fálame) 8 de abril de 2014 ás 10:17 (UTC)

Brandemburgo[editar a fonte]

Boas Estevo, vin que borraches Brandemburgo. Aínda que a forma admitida pola RAG é "Brandeburgo", sí que hai referencias para a 1ª (UVigo), polo que penso que unha redirección non viría mal. --Norrin (Fálame) 9 de abril de 2014 ás 06:10 (UTC)

Artigo destacado[editar a fonte]

Boas pechei a votación de Nova Zelandia para artigo destacado ao ter xa os votos necesarios. A proposta era para o mes de xullo, segundo especificou Piquito na proposta, polo que creei Wikipedia:Artigo destacado/xullo 2014, porén, aínda temos Wikipedia:Artigo destacado/xuño 2014 baleira. Entendo que de aquí a xuño xa estará pechada a votación de Harvey Milk, que imaxino será a que ocupe o mes de xuño. Se non se pode mudo o mes e listo. --AMPERIO (conversa) 9 de abril de 2014 ás 12:52 (UTC)

Correo urxente[editar a fonte]

Boas, mandeiche un correo urxente, se andas por aí bótalle un ollo e cóntame algo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de abril de 2014 ás 22:23 (UTC)

Reiquiavik[editar a fonte]

Boas, Estevoaei, vin que borraches "Reykjavík", que redirixía a "Reiquiavik", sen deixar redirección. Aínda que a 2ª é a forma galega penso que pódense crear redireccións, como se menciona en Wikipedia:Toponimia, xa que non todo o mundo sabe o nome galego da cidade. Paréceche ben? --Norrin (Fálame) 14 de abril de 2014 ás 12:37 (UTC)

Re:O soño sulagado[editar a fonte]

Moitísimas grazas, Estevoaei! Unha aperta. --Paradanta (Cóntame) 14 de abril de 2014 ás 16:07 (UTC)

Opinión[editar a fonte]

Boas, fixen unha proposta na taberna, dado que é un asunto que afectaría á portada creo que canta máis xente opine mellor. Un saúdo, Piquito (conversa) 14 de abril de 2014 ás 17:31 (UTC)

Re: Paraños, Covelo[editar a fonte]

Non tiña nin idea do tema, que mágoa! Mañá vou ir pola miña aldea, a ver se me podo achegar. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 17 de abril de 2014 ás 11:42 (UTC)

Petición[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Estes días estiven a refacer o artigo Xesús de Nazaret. Se tes tempo, e ganas, poderías botarlle unha ollada a ver se hai algún erro na ortografía? Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 17 de abril de 2014 ás 16:01 (UTC)

Unha cousa máis, sabes como se di en galego llaga? (Las llagas de Cristo)--AMPERIO (conversa) 17 de abril de 2014 ás 16:16 (UTC)
Iso é, chaga! Non sei por que non me saía, co fácil que era! Eu estaba buscando no DRAG por iagas. Mil gracias! --AMPERIO (conversa) 17 de abril de 2014 ás 16:23 (UTC)
Vale, non te preocupes. Gracias pola axuda! --AMPERIO (conversa) 17 de abril de 2014 ás 17:22 (UTC)

Corrector da wikipedia[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Acabo de darme conta na páxina de Manuel Fraga que o sistema, non sei moi ben o motivo, resáltame en vermello a palabra Xunta e propón como alternativa Junta. Sabes cal pode ser o fallo? --AMPERIO (conversa) 30 de abril de 2014 ás 08:22 (UTC)

Pois terei que preguntarlle a el.. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 30 de abril de 2014 ás 08:30 (UTC)

Categoría "Finados en"[editar a fonte]

Ola. Vexo ben que eliminaras (ou que eliminaran, non sei quen foi) a "Categoría:Finados en Santiago de Compostela" porque non había outra, na que incluíla, a de "Categoría:Personalidades por ano de finamento". O que no me parece xa tan ben é que, habendo as "Categoría:Personalidades por ano de nacemento", "Categoría:Personalidades por país de nacemento" e "Categoría:Finados por ano de finamento", non haxa "Categoría:Personalidades por lugar de finamento"; é incluso "discriminatorio". Non penso suscitar o tema na Taberna entre outras cousas porque a min isto das "Categorías" paréceme, até certo punto, unha cousa pouco útil (máis ben bastante inútil) e se as poño é porque é obrigatorio facelo (e, de facelo, facelo ben, non como unha páxina que tiven que corrixir que trataba da biografía dun certo británico que vivía en Galicia e que pertencía, entre outras categorías, á Categoría:Galegos no Reino Unido [sic]). Un saúdo. --XoioÉche o que hai 1 de maio de 2014 ás 16:29 (UTC)

Mosteiro de San Cibrao de Montecubeiro[editar a fonte]

Moitas grazas!--Loisteixeiro (conversa) 7 de maio de 2014 ás 10:02 (UTC)

Gladiator[editar a fonte]

Ok, bótolle unha ollada e xa lle comento agora os cambios á nova usuaria. Graciñas polo aviso.--Breogan2008 (conversa) 8 de maio de 2014 ás 15:36 (UTC)

Abadía de Port du Salut[editar a fonte]

Muchas gracias por la relectura!!! Tiengo colocado mas noticias, vea-là :-) Rei Momo (conversa) 8 de maio de 2014 ás 19:52 (UTC)

Muchas gracias, mas yo pensava que las noticias podrias restar en la paginas, ma tu le tirastes en tudo :-(, podrias escribir algo sobre la coluna de Notre Dame du triomphe? Muchas gracias! Rei Momo (conversa) 8 de maio de 2014 ás 22:22 (UTC)

Pedindo fotos de Pontevedra[editar a fonte]

Ola Adrián.

Para: Arte de Galicia#Barroco → Barroco urbano, virían ben un par de fotos tanto da Fonte da Peregrina como da Igrexa de San Bartolomeu.

Moitas grazas por anticipado! --. HombreDHojalata.conversa 11 de maio de 2014 ás 11:43 (UTC)

Cruz do Avelán[editar a fonte]

Ola, Estevo

En canto teña un momento achegome por alí e tirolle unha foto.

Unha aperta.

Petróglifo de Bouza Abadín[editar a fonte]

Ola do novo Estevo

Dacordo. Grazas polas indicacións e a axuda que sempre me prestas. Ainda non me desenvolvo ben de todo por aquí.

Un saudo,

--Dodro (conversa) 12 de maio de 2014 ás 16:50 (UTC)

Pazo de Lestrobe[editar a fonte]

Ola!

Velaí tes o artigo que suxerías. Pero non te acostumes, prefiro escribir o que me apeteza e cando me apeteza.

Acabome de dar conta que este non é BIC, se non o pazo de Hermida, tamén en Lestrove. Tal vez doutro volta o faga.

Un saudo Estevo --Dodro (conversa) 12 de maio de 2014 ás 20:39 (UTC)

Páxina de probas[editar a fonte]

Grazas polo aviso. Información que quedara alí esquecida. Xa está arranxado. Apertas. --88.15.58.20 13 de maio de 2014 ás 18:02 (UTC) Ah, son eu! --AArizaga (conversa) 13 de maio de 2014 ás 18:03 (UTC)

Categoría:Imaxes de Dodro[editar a fonte]

Ola Estevoaei! Paréceme ben e concordo contigo.

Olla o novo artigo que estou creando.

Un saudo. --Dodro (conversa) 14 de maio de 2014 ás 20:47 (UTC)

Teófilo[editar a fonte]

Boas Estevo! Podes mover Teófilo (emperador) a Teófilo, Emperador de Bizancio para cumplir con WP:NPP? Grazas! --Norrin (Fálame) 16 de maio de 2014 ás 07:08 (UTC)

  • Moitas grazas. Así queda todo máis acaído á Galipedia. --XoioÉche o que hai 16 de maio de 2014 ás 15:41 (UTC)

Lampón[editar a fonte]

Boas, si que é certo que me faltou indicar as referencias de donde saquei a información, pero o certo e que non sei moi ben como indicalo... As referencias son sacadas de un libro manuscrito sin editar que se atopa na casa rectorado de Lampón... este libro deixoumo o párroco para un traballo que tivera que facer. Para un libro destas características como sería a forma ideal de indicar as referencias da info?. saúdos --Pentimento (conversa) 21 de maio de 2014 ás 23:01 (UTC)

Lampón[editar a fonte]

Ah, e grazas pola edición e o axuste do formato!! son novo por estes lares e aínda me queda un treito por avanzar...--Pentimento (conversa) 21 de maio de 2014 ás 23:02 (UTC)

Schinus terebinthifolius[editar a fonte]

Polo de agora é mellor deixalo co nome científico, non atopei en ningunha fonte galega o nome común desta especie tropical. Os nomes vulgares foran escollidos a partir dos portugueses e españois, eu deille simplemente preferencia á forma vulgar do nome en portugués.Nachonion (conversa) 22 de maio de 2014 ás 10:19 (UTC)

Voivodatos[editar a fonte]

Semella que alguén andivo a mover os voivodatos de Polonia a títulos máis complicados, o que é innecesario xa que non hai homonimia (cf. os estados de Alemaña ou os americanos, Guipúscoa, os departamentos de Francia...). Desfixen algunhas das súas edicións, máis non fun quen de desfacer outras. Podes comprobalo? Grazas! --Norrin (Fálame) 22 de maio de 2014 ás 10:24 (UTC)

Boas, Estevo. Mirei o da org. territorial de Polonia, é sinxela: 16 voivodatos, ~380 distritos e concellos. Dos voivodatos, os que coinciden co nome da súa capital son o voivodato de Lublin (Lublin, o voivodato de Opole (Opole) e o Voivodato de Łódź (Łódź), e por tanto deberían levar o de "voivodato de" diante. No caso do de Opole, por tanto, habería que movelo, e deixar "Opole para a cidade". En definitiva, é o mesmo que facemos coas provincias de España. Saúdos!--Norrin (Fálame) 23 de maio de 2014 ás 09:25 (UTC)

Pazo de Ortigueira / Marquesado de Santa Cruz de Ribadulla / Familia Mondragón[editar a fonte]

Grazas polas correccións e aa suxestións. No caso da Familia Mondragón alixeirei a sección Historia, remitindo cara a Marquesado de Santa Cruz de Ribadulla. Espeo que así quedara mellor. --XoioÉche o que hai 22 de maio de 2014 ás 13:16 (UTC)

Polo que respecta ao nome da vila, Mondragón, segudo a wiki en euscara os nomes oficiais da vila no País Vasco son: Izen ofiziala: Arrasate / Mondragon. --XoioÉche o que hai 25 de maio de 2014 ás 03:40 (UTC)

RE[editar a fonte]

A ver se saco tempo esta tarde. Por certo, calquera comentario sobre WP:TRL será benvido (clarificacións, etc.) xa que estamos a piques de darlle o pulo final. Saúdos! --Norrin (Fálame) 27 de maio de 2014 ás 09:30 (UTC)

Xa está creada a páxina. Saúdos! --Norrin (Fálame) 30 de maio de 2014 ás 07:24 (UTC)
En realidade o da orde xa o temos, aínda que non sei se é máis correcto "Orde dos Freires Menores" ou "Orde dos Frades Menores" (en latín, Ordo Fratrum Minorum), deixo o criterio lingüístico para ti ;) Saúdos! --Norrin (Fálame) 30 de maio de 2014 ás 07:41 (UTC)

Nise da Silveira[editar a fonte]

Caro Estevoaei, muchas rgracias para la relectura. Tiengo colocado mas una noticia. Puedes por fvaor ver se està correcto?

Muchas gracias!

Rei Momo (conversa) 27 de maio de 2014 ás 10:28 (UTC)

Transliteración[editar a fonte]

Boas Estevo! Xa está a política de transliteracións para votación. Saúdos! --Norrin (Fálame) 27 de maio de 2014 ás 15:10 (UTC)

Petróglifo[editar a fonte]

Boas meu, vin os teus cambios nos monumentos de Pontevedra e estiven pensando, o petróglifo de Casaldourado que está na lista, ¿non será o petróglifo de Casaldarado? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de xuño de 2014 ás 21:42 (UTC)

Ok, saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de xuño de 2014 ás 12:45 (UTC)

Ruán[editar a fonte]

No dicionario da RAG hai unha referencia indirecta para Ruán, mira a ver se vale. Saúdos! --Norrin (Fálame) 19 de xuño de 2014 ás 08:54 (UTC)

Consulado (comas e parénteses)[editar a fonte]

Grazas pola corrección. Non sabía da convención de comas para topónimos e parénteses para institucións. --XoioÉche o que hai 28 de xuño de 2014 ás 12:54 (UTC)

Opinión[editar a fonte]

Boas, fixen unha nova proposta na taberna e creo que é importante que opine o maior número de usuarios posible, polo que pido a túa opinión. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de xullo de 2014 ás 14:42 (UTC)

El Celta[editar a fonte]

Tentei reverter os cambos feitos por min cara a última edición de Xas e penso que deste xeito queda solucionado o problema. --Dodro (conversa) 12 de xullo de 2014 ás 17:26 (UTC)

Mover artigo[editar a fonte]

Grazas pola aclaración sobre o tema de mover os artigos. Como tería que facer para mover *hipérbola (palabra incorrecta en galego) a hipérbole (xeometría)? Porque o tratar de movelo dime que non se pode cambiar a un artigo que xa existe: hipérbola (xeometría) está redireccionado a hipérbola.--Jglamela (conversa) 16 de xullo de 2014 ás 18:35 (UTC)

Feito! Feito!--. HombreDHojalata.conversa 16 de xullo de 2014 ás 19:03 (UTC)

RE[editar a fonte]

Coido que xa está. Grazas polo aviso. --AMPERIO (conversa) 17 de xullo de 2014 ás 14:03 (UTC)

Por certo, deixei un comentario na conversa de Port of Spain, por se queres opinar ao respecto. --AMPERIO (conversa) 17 de xullo de 2014 ás 14:03 (UTC)

RE:Azcueta[editar a fonte]

Fixen un pequeno artigo sobre o xogador. Unha apertiña! Krisko (conversa) 24 de xullo de 2014 ás 08:15 (UTC)

RE[editar a fonte]

Boas Estevo, podes contar coa miña colaboración... hai moito que facer neste eido! Por exemplo, hai moitas páxinas que ligan con Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomia Erkidegoa ou con A Rioxa - La Rioja, amais de co topónimo incorrecto "Álava"... Sobre o das cidades e demáis xaponesas, haberá moito máis traballo, porque haberá que comprobar se cumpren WP:TRL e a política de topónimos... mais ben, sabes que irei dándolle paseniño. Saúdos! --Norrin (Fálame) 24 de xullo de 2014 ás 08:32 (UTC)

Nome dunha lei[editar a fonte]

Ola Adrián, desfixen a túa última en Estrada Villacastín-Vigo.

O nomes exactos das leis son: «Ley de Bases de Ordenación Ferroviaria y de los transportes por carretera de 24 de enero de 1941» e «Ley 56/1960 de 22 de diciembre, de bases del Plan General de Carreteras», respectivamente. As datas forman parte do nome e non corresponden coa data do BOE de publicación, que sempre é posterior. --. HombreDHojalata.conversa 4 de agosto de 2014 ás 05:51 (UTC)

RE[editar a fonte]

Ben, farei un artigo básico. Xa cho amosarei ;) --Norrin (Fálame) 17 de agosto de 2014 ás 19:30 (UTC)

Boas, cal é a tradución ao galego de "Patronazgo"? Supoño que padroado, mais non aparece co significado relixioso na RAG... --Norrin (Fálame) 18 de agosto de 2014 ás 17:10 (UTC)

Celta 2014-15[editar a fonte]

Sen fallo! Mañá mesmo me poño ao choio! Saúdos!--Adorian (conversa) 25 de agosto de 2014 ás 20:25 (UTC)

RE; Erros nos topónimos[editar a fonte]

Vale, tomo nota. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 31 de agosto de 2014 ás 19:15 (UTC)

Mauricio Malvestiti[editar a fonte]

Buenas dias, caro Estevoaei, como estàs? Mucho calor?

Tiengo echo esta nueva pagina y te pido una rapida relectura, de los mi errores. Solamente 5 minutos. Muchas gracias y hasta luego!

Rei Momo (conversa) 1 de setembro de 2014 ás 09:06 (UTC)

Grazie mille y hasta luego! Rei Momo (conversa) 1 de setembro de 2014 ás 09:50 (UTC)

RE: Títulos[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Por min non hai problema en cambiar todos eses títulos nin poñer o "n" en minúscula ou en maiúscula, o único que non sei é se cando mova os artigos hai que mover historiais ou algo así... non sei cómo funciona, pero por exemplo no da Sinfonía Nº 8 (Sibelius) fixen un comentario na conversa, polo que non sei se se move todo xunto ou o que teño que facer. Por outra banda, quería presentar a calidade o artigo de Jean Sibelius, xa que o próximo ano é o 150 aniversario do compositor e a páxina posiblemente vaia ser moi visitada en todo o mundo, se puideras revisar un pouco a ortografía e a redacción agradeceríacho, pero tampouco te sintas obrigado a facer nada nel se non te interesa. Moitas grazas, espero me digas se hai que facer algo "especial" co movemento dos nomes das sinfonías. Unha aperta!! Piquito (conversa) 5 de setembro de 2014 ás 09:03 (UTC)

Si, xa sei cómo se fai, o que quero saber é se unha vez que fago o movemento do artigo teño que facer tamén o da conversa (se a hai) ou se fai xa automaticamente. Unha aperta, Piquito (conversa) 5 de setembro de 2014 ás 13:58 (UTC)

Feito! Feito! Piquito (conversa) 5 de setembro de 2014 ás 15:30 (UTC)

Agora creo que xa está, quedaba a nº 7 de Prokofiev, se ves algunha máis avísame, agora mesmo non lembro as que creei. Un saúdo!!!--Piquito (conversa) 5 de setembro de 2014 ás 18:08 (UTC)

Twitter[editar a fonte]

Antes do "descanso" que tiven da Galipedia durante uns meses, estiven a intentar impulsar os artigos sobre os centros educativos. Co gallo do comezo das clases, poderíase solicitar colaboración nestes artigos polo Twitter. Que che parece?

Boas tardes, Pontevedra78 conversa 5 de setembro de 2014 ás 17:40 (UTC)

Sibelius[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Ao final vou presentar xa o artigo de Sibelius, xa que facendo contas, se o obxectivo é que sexa de calidade en xaneiro de 2015 habería que presentalo xa para dar marxe a que se non sae desta vez poder presentalo a principios de decembro e que nos primeiros días de xaneiro puidera rematarse a votación. Unha aperta!! Piquito (conversa) 7 de setembro de 2014 ás 15:13 (UTC)

Ola Estevo! Moitas grazas polas correccións. Sobre o que me comentas que non se entende ben, non sei moi ben qué é o que non se entende: o que di a última frase é que comezou unha etapa wagneriana (interesouse pola súa música e o estilo de Wagner influiu en Sibelius), que pensou en compoñer unha ópera sobre o Kalevala (finalmente quedou en nada), viaxou a Bayreuth para coñecer mellor a música de Wagner, e estudou a Sinfonía Fausto... eu o vexo claro, pero home, se o fixen eu o terei que entender, pode que para min estea claro pero para o resto non, se queres reescríbeo de xeito que se entenda mellor. O tema das notas (non sabía que era dó con til!) tes razón, o poño e maiúscula por costume porque as edicións das sinfonías, sonatas, concertos... veñen xeralmente en inglés e alemán, e polo tanto na súa notación (G-Dur/G major, por exemplo), tamén adoito poñer o Maior ou menor con maiúscula e minúscula, pero eso son manías persoais (posiblemente polos cifrados americanos, GM, Em...), sei que debería cambialo, pero non é doado cando levas anos escribindo así, como no caso dos HelsinKi que corrixiches. Sobre a moeda actual, non sei ata qué punto tes razón, o cambio do euro coas moedas sen uso na actualidade é fixo, esto é, se no momento no que se cambiou de pesetas a euros o cambio era 1 EUR = 166,386 ESP, o cambio segue a ser o mesmo, polo que non sei ata qué punto habería que revisar o cambio do euro ao marco finlandés, pero tamén podo estar equivocado. Unha aperta e grazas!! Piquito (conversa) 8 de setembro de 2014 ás 08:17 (UTC)

Mapa de casas do concello[editar a fonte]

Poderíase. Poñereime a elo en breve. --Beninho (conversa) 9 de setembro de 2014 ás 16:59 (UTC)

Castelo de Cornatelo[editar a fonte]

Moitas grazas polos arranxos no artigo do Castelo de Cornatelo.--Ibercastell (conversa) 11 de setembro de 2014 ás 11:24 (UTC)

Sobre as modificacións do artigo "Ánxel Casal"[editar a fonte]

Gracias pola revisión Estevo, pero eu so mudei o 2º apelido na miña contribución, non engadí nada máis. Os erros ortográficos que viches non son meus. Pero, ben o poderían ser noutros casos porque non son galego de nacemento, aínda que levo uns cantos anos aquí, e cústame escribir con corrección. Sobre o formato do que me falas, non o coñezo. O que estou facendo e copiar o formato doutros artigos e trasladar o contido ás novas fichas. Pero, seguro que cometerei moitos máis erros. Nembargantes, estou tranquilo porque estades moitos a vixiar e duran pouco os erros. Unha aperta e parabéns polo traballo! --Castelao (conversa) 15 de setembro de 2014 ás 09:01 (UTC)

Perdoa, si, tés razón, non me decatei diso. Un saudo --Castelao (conversa) 15 de setembro de 2014 ás 09:23 (UTC)

Modelo:Countytabletop[editar a fonte]

Perdoa pola tardanza en responder!!! Estiven pouco activo no verán. O modelo en cuestión importeino da wikipedia en inglés, así como as táboas que aparecen nas páxinas Condados de Hawai, Condados de Xeorxia, Organización política de Alasca, Condados de Nova Jersey, Condados de DelawareCondados de Washington. Para ser sincero é de dicir que eu tampouco coñezo moi ben o funcionamento do modelo, posto que unicamente limiteime a traducir os nomes dos parámetros.

O tema das redireccións, non sei ben como solucionalo, de feito xa falaramos disto anteriormente en Conversa usuario:Estevoaei#Nova Orleáns alá por marzo deste ano.

Tal vez Toliño que controla máis sobre os modelos poda axudarnos nisto.

Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 17 de setembro de 2014 ás 10:09 (UTC)

Re:Modelos de aviso de usuarios[editar a fonte]

Ola Adri.

Ok, en canto teña algo máis de tempo traducirei e adaptarei algún destes: d:Q5642587. --. HombreDHojalata.conversa 18 de setembro de 2014 ás 21:59 (UTC)

RE: derbi galego[editar a fonte]

Engadida a información. Este tipo de curiosidades fascínanme. Unha apertiña! Krisko (conversa) 19 de setembro de 2014 ás 12:09 (UTC)

Cousas do Galizionario[editar a fonte]

Non sei moi ben a que te refires con facer unha páxina de homónimos con cotovía, se houber homonimia nestra palabra, pois se poñería no que é a entrada ("artigo"). Fixen a entrada e puxen os sinónimos que vin do dicionario da RAG, e tamén fixen un apartado de termos relacionados.--Calq (conversa) 23 de setembro de 2014 ás 17:34 (UTC)

Frouma[editar a fonte]

Poderíanse incluír as denominacións galegas da folla do piñeiro como un apartado no artigo Pinus pinaster ou no de piñeiro dun xeito moi simplificado ou sucinto, como acontece no artigo eucalipto azul. Mais agora, eu voume centrar en rematar este artigo de Nomes da folla do piñeiro en Galicia que me ocupa, e coido que vai ser extenso.

Polo demais eu sempre confío no voso criterio. Un saúdo. --Dodro (conversa) 26 de setembro de 2014 ás 10:11 (UTC)

Estado de Sao Paulo[editar a fonte]

Boas Estevoaei, vin que borraches "Estado de Sao Paulo" que redirixía a "Estado de São Paulo". Porén, deberíamos manter as redireccións cando os caracteres presenten dificultades na escrita... Eu mesmo, no portátil non son quen de marcar o "~". Saúdos! --Norrin (Fálame) 30 de setembro de 2014 ás 07:21 (UTC)

Artigo de Calidade[editar a fonte]

Boas! Podes mirar se na lista de artigos de calidade aparece actualizado o número? Debería poñer que hai 30 artigos de calidade, pero a min aparéceme que só hai 29. Un saúdo e grazas! --AMPERIO (conversa) 2 de outubro de 2014 ás 09:00 (UTC)

Efectivamente! xa me saen os 30 artigos! Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 2 de outubro de 2014 ás 09:28 (UTC)

SIDA[editar a fonte]

Ola, Estevo(aei). Recibín a túa mensaxe e incluín un novo parágrafo dentro da sección Orixe da páxina da SIDA, pero conforme o fun facendo empezoume a parecer que o novo descubrimento non achega nada novo que non se soubera xa, porque simplemente é outro estudo estatístico (amplo, iso si, e multidisciplinar) sobre cousas que xa eran sostidas anteriormente. Tanto é así que no parágrafo anterior e no posterior case se di o mesmo. Haberá que ver se realmente convén manter o parágrafo novo ou se sobra. Polo momento aí queda, e engadinlle unha referencia da revista Science e outra de tipo periodístico. Reprodúzochos aquí:

Parágrafo anterior que xa existía: Os canais de transmisión de alto risco específicos propostos, que permitiron ao virus adaptarse aos humanos e espallarse na poboación, dependen do tempo en que se considere que se produciu o cruce do virus de animal a humano. Os estudos xenéticos do virus suxiren que o antecesor común máis recente do VIH-1 do grupo M data de arredor de 1910. Os que propoñen esta data ligan a epidemia de VIH coa emerxencia do colonialismo e o crecemento das grandes cidades africanas, o que orixinou cambios sociais, como un alto grao de promiscuidade sexual e unha extensión da prostitución, acompañada pola alta frecuencia de úlceras xenitais (como as causadas pola sífilis) nas cidades coloniais nacentes. Mentres que as taxas de transmisión do VIH durante as relacións sexuais vaxinais son baixas en circunstancias normais, multiplícanse se un membro da parella sofre unha enfermidade de transmisión sexual que causa úlceras xenitais. Nas cidades coloniais do 1900 había unha alta prevalencia de prostitución e úlceras xenitais, ata o punto de que, en 1928, se cre que un 45% das mulleres residentes no leste de Kinshasa se dedicaban á prostitución, e, en 1933, arredor do 15% de todos os residentes desa cidade tiñan sífilis.

Parágrafo novo que acabo de engadir: Nesa mesma liña, un recente estudo estatístico realizado por Nuno R. Faria e outros investigadores, entre eles David Posada, da Universidade de Vigo, considera que o virus da SIDA pasou dos chimpancés ao home ao manipular carne de caza deses animais a principios do século XX, e chegou á zona de Kinshasa arredor de 1920, e nas décadas seguintes foron producíndose diversos cambios que favoreceron a propagación do subtipo M, como o crecemento urbano, o aumento das viaxes en ferrocarril e cambios no comercio sexual, e as campañas de vacinación con xeringas sen esterilizar. A partir de 1960 o virus estendeuse por todo o país e por outros países africanos e, finalmente, por todo o mundo. Os investigadores conclúen que os cambios sociais e económicos, e non tanto os cambios xenéticos no virus, foron os factores que determinaron a extensión da epidemia.

Parágrafo seguinte que xa existía: Unha visión alternativa mantén que prácticas médicas pouco seguras que se levaron a cabo en África despois da Segunda Guerra Mundial, como a reutilización de xeringas non estériles para un só uso durante as campañas de vacinación en masa, e campañas de tratamentos antimalaria e con antibióticos, foron o vector inicial que permitiu que o virus se adaptase aos humanos e se espallase.Miguelferig (conversa) 3 de outubro de 2014 ás 17:55 (UTC)

Galicitas[editar a fonte]

Boas! Pídoche axuda sobre algúns aspectos do Galicitas que comentei na Taberna. Grazas por adiantado, saúdos! --Norrin (Fálame) 8 de outubro de 2014 ás 14:07 (UTC)

Mover categoría[editar a fonte]

Boas Estevoaei, sabes dalgunha categoría que haxa que mover porque o nome non é correcto? É que non hai ningunha marcada con 'Redirección de categoría e quería tentar facer esta tarde unha proba cuns bots. Eu non sei moi ben que categorías hai que mover a cales e onde buscar as que están mal, se sabes dalgunha coméntamo, se podes, antes das 2 porque imos tentar facer unhas probas sobre as 5 desta tarde. Perdoa pola présa pero é que teño que "reorganizar" un obradoiro que vou facer pola tarde que ía ser de iniciación e agora teño que tentar meter algo de chicha de programación... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de outubro de 2014 ás 09:03 (UTC)

Maurizio Malvestiti[editar a fonte]

Caro Estevoaei, como estàs?

He carregado 3 fotografías nesta pagina. Por favor, te pido 3 minutos del tu tiempo para controlar se està tudo correcto. Muchas gracias para a colaboración.

Rei Momo (conversa) 12 de outubro de 2014 ás 23:21 (UTC)

Grazie mille por el tiempo que me tiene dedicado! Rei Momo (conversa) 14 de outubro de 2014 ás 09:18 (UTC)

Bloqueo a IP[editar a fonte]

Boas Estevoaei!! Hai unha IP que non para de vandalizar o artigo de Manuel Lourenzo e Manuel Lourenzo González. Eu a bloquearía un mes ou máis polo tipo de vandalismo e por repetirse tanto (un vandalismo por minuto aprox), pero ti verás. Unha aperta!! --Piquito (conversa) 13 de outubro de 2014 ás 07:46 (UTC)

Boas! Deixei unha mensaxe na taberna, creo que o asunto é o suficientemente grave como para non actuar, porque todos os días é o mesmo e pode que algún día non nos percatemos dun vandalismo grave e se dañe a imaxe da Galipedia. Un saúdo!! Piquito (conversa) 13 de outubro de 2014 ás 08:30 (UTC)

Taboleiro[editar a fonte]

Boas Estevoaei, deixei onte unha mensaxe no taboleiro dos admins, podes botarlle un ollo? Grazas! --Norrin (Fálame) 14 de outubro de 2014 ás 08:15 (UTC)

Si, claro. Hai algúns movementos que non podo facer, iso é todo. --Norrin (Fálame) 14 de outubro de 2014 ás 08:41 (UTC)

Redireccións[editar a fonte]

Boas. É certo, adoito revisalo, mais desta volta pasóuseme de cheo. Moitas grazas por me avisar. Doutra vez lembrareino. --Breogan2008 (conversa) 14 de outubro de 2014 ás 19:20 (UTC)

Galencontro 2014[editar a fonte]

Propuxen na taberna facer un novo galencontro de galipedistas, en Coruña ou en Lugo dependendo da aceptación da xente. Tamén se poden propor temas para tratar no encontro aínda que non se poida asistir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2014 ás 23:38 (UTC)

Modelo:IOT[editar a fonte]

Redireccións cambiadas, grazas! —o anterior comentario sen asinar foi feito por 72.5.190.134 (conversacontribucións)

Traslado de Somme[editar a fonte]

Ó trasladar as páxinas Somme (homónimos) e Somme, esqueciches engadir o modelo {{outros homónimos}} en Somme. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 17 de outubro de 2014 ás 02:15 (UTC)

RE:Wikimaratón en decembro[editar a fonte]

Ola, sobre o que comentaches na taberna sobre este tema, ¿cando poderías confirmar que podes vir? É que se non aviso con tempo ós da asociación entón teremos que buscar xente que veña dende outro lado... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de outubro de 2014 ás 10:25 (UTC)

Ok. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de outubro de 2014 ás 10:32 (UTC)

Máis traslados e reflexión[editar a fonte]

Boas! Deixei onte máis traslados pendentes no taboleiro dos admins, xa sinto a pesadez ;). Po outra parte, abrín un novo tema/reflexión na Taberna, por se queres opinar. --Norrin (Fálame) 17 de outubro de 2014 ás 10:27 (UTC)

Hannah Arentz[editar a fonte]

Estaba tentando poñer o Modelo:Imperio Alemán, que eu creei, na data de nacemento de Hannah Arentz pero apareceme sempre o recadro das instruccións. Non sei solucionalo.

Un saudo --Dodro (conversa) 19 de outubro de 2014 ás 13:17 (UTC)

Reparado OK --. HombreDHojalata.conversa 19 de outubro de 2014 ás 16:00 (UTC)

RE: Cristóbal Halffter[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Creo que vou tardar un pouco en facelo, teño pendente acabar de traducir Le Sacre du printemps, tamén quería ir creando artigos en vermello dos artigos de calidade que hai sobre música clásica e poñerme cos artigos de Gustav Mahler e música minimalista, pero tentareino facer nun momento de relax xunto co de Sergei Diaghilev a ver se para decembro o teño feito, a non ser que o consideres urxente. Piquito (conversa) 21 de outubro de 2014 ás 11:49 (UTC)

Ah! Xa vin a ligazón que me dabas á wiki en castelán! Pensei que o artigo era sobre a ópera!! Tan pronto como poda me poño con Halffter, sempre está ben ter artigos completos sobre personalidades galegas, e máis aínda se son relevantes como el. Dime cal é a ópera e se atopo algo tamén a fago, así podemos poñer unha ligazón interna á ópera dende o artigo que dicías. Unha aperta!! Piquito (conversa) 21 de outubro de 2014 ás 17:17 (UTC)

Traducción de Eladio y Los SeresQueridos[editar a fonte]

Hola Estevo;


Solo pretendía traducir o artigo do castelán ao galego. Non fixen aportes respecto do orixinal en castelán (pois sorprendentemente é bastante exacto) e se o ves preciso podes anular o artigo, non é a miña intención aportar de forma sesgada artigos á Galipedia.


Gracias.


Un saudo, Marcos.

Se agradece a axuda!! Xa postos a pedir a foto sería mais precisa se fose posterior a 2010 porque entón será coa formación actual (con David Outumuro á batería). Gracias!

Aviso para editatón de Lugo[editar a fonte]

Boas, propuxen na taberna poñer un aviso na cabeceira das páxinas, se tes un momento indica alí se concordas ou non, grazas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de outubro de 2014 ás 16:21 (UTC)

Título dobre[editar a fonte]

Habería que mover isto, eu non podo: Augsburgo - Augsburg. Grazas! --Norrin (Fálame) 30 de outubro de 2014 ás 11:50 (UTC)

Feito, grazas! --Norrin (Fálame) 30 de outubro de 2014 ás 13:50 (UTC)

Difusión do editatón[editar a fonte]

Boas rapás, cando teñas un momento, poderías poñer no facebuk e tuiter a nova do editatón? Xa se presentou ós medios e está publicado aquí, aqui e aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de outubro de 2014 ás 09:02 (UTC)

Moitas grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de outubro de 2014 ás 10:22 (UTC)
Outra cousa, cando poidas, podes poñer o aviso do editatón tamén no tuiter? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de novembro de 2014 ás 16:05 (UTC)

Rof Codina[editar a fonte]

Ola Estevoaei

Moitas grazas polo aviso. Descoñecia tal e non era a miña intención. Son novo nisto. O feito de participar na Galipedia foi debido a unha suxerencia dos organizadores do Día de Ciencia en Galego, de xeito que contribuira na medida do posible a mellorar a entrada de Rof Codina coas achegas das miñas pesquisas e traballos. Calquera cousa, indicame como deberia facer. Grazas. DIEGO CONDE GOMEZ (conversa) 31 de outubro de 2014 ás 11:40 (UTC)

Arabia Saudita[editar a fonte]

Boas, queríache pedir un favor. A forma recollida pola RAG para o país é Arabia Saudita (é algo que leva comentado na páxina de conversa dende hai algún tempo) e estou movendo os artigos para que redirixan a esta forma, pero non podo mover o artigo principal. Poderíalo facer ti? Moitas grazas. --Breogan2008 (conversa) 2 de novembro de 2014 ás 10:18 (UTC)

Graciñas a ti. --Breogan2008 (conversa) 2 de novembro de 2014 ás 10:26 (UTC)

Rueiro de Santiago de Compostela[editar a fonte]

Boas tardes Estevoaei,

Si, sei o que sinalas, pero o meu proxecto con respecto ás rúas de Santiago é distinto. O que pretendo é, como noutras wikis, facer unha ficha de cada rúa, coa súa descripción, historia, curiosidades e ligazón coa institución ou persoaxe que representa. De momento, fixen o que vos con Vigo (pór para aqueles que fora posible a ligazón coa persoaxe), pero vouno quitar a medida que faga a ficha da rúa. Ao final é do que estamos a falar: dun rueiro, non de suxeitos. Se alguén quere saber algo dunha rúa da cidade, o que busca é información da rúa, non da persoaxe. No meu traballo, é o que busco noutras wikis.

Co que respeita á Angrois, está dentro do rueiro oficial de Santiago. Limítome a trasladala información. Non estou falando do lugar de Angrois, senon da rúa ou travesa ou avenida de Angrois. Ten unha lonxitude, un comprimento e enlaza con outras rúas en concreto, o que fai dela algo singular, diferente do lugar de Angrois.

Quizáis facer un modelo do proxecto "Rueiro de Santiago de Compostela" tal como cho presento non sexa o axeitado porque pensas que tería que empregar outro formato, pero de verdade que eu o vexo. Penso que é mellor esta fórmula de presentación ca outra. Pero, claro, eu non sei se tedes falado os administradores algo diferente sobre o emprego que deben telos modelos, se son para outras cousas. Se fora así, por favor, dímoo e cambio as cousas como me digades. Pero, o proxecto penso que é interesante tal o como cho digo.

Só teño unha dúbida agora mesmo no que respeita á forma de cada ficha. Non sei se pór a forma "Rúa de Abril Ares" ou "Abril Ares (Rúa de)", e se facela ficha engadindo a cidade ao final ou non ("Rúa de Abril Ares" ou "Rúa de Abril Ares, Santiago de Compostela"). Neste sentido, agradezoche a túa opinión.

Gracias por terme dado a oportunidade de explicarcho e un saudo.

--Castelao (conversa) 12 de novembro de 2014 ás 20:00 (UTC)

Boas noites,

Acabo de decatarme que no teu escrito facías referencia tamén ao termo "Altamira" coma un topónimo. Só quería aclararte que non é un topónimo, senon que fai referencia á Casa de Altamira, que tiñan o seu pazo e ortas nas inmediacións. Por iso puxen esa ligazón á "Casa de Altamira". Este é un bo exemplo do necesario que é articular todo o referente ás rúas compostelás e non compostelás, porque en principio cabe pensar o que sinalabas, senon fora porque se saiban outros datos. Espero que non che pareza mal esta precisión, pero entendina interesante facer.

Máis nada. Un moi cordial saudo.

--Castelao (conversa) 13 de novembro de 2014 ás 00:28 (UTC)

Gracias polas túas palabras Estevoaei. O espello no que me miro para este proxecto é o da Wikipedia inglesa no que respeita as rúas londinenses. No futuro espero subir planos de situación de cada rúa, e fotos, claro. Sobre a nominalización, estívenlle dando voltas á almofada e penso que o mellor é "Rúa de Rosalía de Castro, Santiago de Compostela". Na wiki-EN non fan esa precisión (v.gr. Russell Square), pero é moi pretencioso pensar que as rúas compostelás teñen algo especial sobre as demáis. Ao fin, é este un pobo grande, nada máis, pero nada menos. A medida que avance, irei mudando os nomes.
Con respeito ao que sinalas sobre a Escola Normal de Santiago de Compostela, o de emborcala información nun artigo sobre o grao universitario, penso que neste caso non é o máis axeitado. É debido ao singular valor da Escola Normal en si, coas súas implicacións sociais que facían dela unha institución moi especial. É certo que as certificacións académicas e títulos os expedía a Universidade de Santiago de Compostela, pero tamén o facía co título de bacharelato que se estudaba nos institutos. Tamén me pregunto qué buscaría o usuario da Galipedia: o termo "Escola Normal" per se ou pensaría en que é unha parte da historia do grao universitario e buscaría "Facultade de Ciencias da Educación". Penso que o funcionamiento e implicacións sociais son substancialmente diferentes. Póñote coma exemplo o artigo Colexio de Santiago Alfeo e Universidade de Santiago de Compostela. Un é o xermolo doutro, pero aquel ten unha singularidade que a fai única.
Noutras wikis vexo que as universidades e facultades teñen separado os termos históricos da nomenclatura actual, empregando os termos actuais para describilo funcionamento actual da institución e a historia baixo tal termo, deixando os termos históricos para desenvolver aparte esas épocas.
En calquera caso, estou aberto a repensalo e falalo.
Un moi cordial saudo Estevo --Castelao (conversa) 13 de novembro de 2014 ás 09:09 (UTC)

Cambio ao formato Rúa de Rosalía de Castro (Santiago de Compostela). Feito! Feito! Gracias pola suxerencia. Un saudo. --Castelao (conversa) 13 de novembro de 2014 ás 11:49 (UTC)

Si, seino. Pero, estou a empregar un nomenclator oficial do Concello de Santiago que o ordea desa maneira. Cambiarei o nome para Avenida da Coruña (Santiago de Compostela) deixando á vista "A Coruña (Avenida de)", para mantelo orde alfabético, ok? Saudos --Castelao (conversa) 13 de novembro de 2014 ás 11:55 (UTC)

Una foto nueva en Maurizio Malvestiti[editar a fonte]

Querido Estevoaei, como estàs? Por favor, te pido una rapidissima tradución de la nueva foto que he carregado en esta pagina, 2 minutos, nada mas!

Muchas gracias por tu contexto!

Rei Momo (conversa) 13 de novembro de 2014 ás 08:24 (UTC)

Buenos Aires / Bos Aires[editar a fonte]

Perfeito! Aclarado, agora a traballalo ;) . Moitas gracias outra vez a Xas e a ti. Un saudo.--Castelao (conversa) 13 de novembro de 2014 ás 10:52 (UTC)

Re:Viña del Mar[editar a fonte]

Ola, Estevoaei. Jei, a correción co revisor ortográfico no artigo xa no ten sentido, as restantes palabras (máis en cursiva) que proveñen do castelán son exemplificacións necesarias e ten como obxecto axudar ao entendemento do mesmo artigo. Grazas pola súa mensaxe e saúdos.--Je7roi (conversa) 16 de novembro de 2014 ás 00:25 (UTC)

RE:Noyemberyan[editar a fonte]

Feito! Feito! e movido, saúdos! --Norrin (Fálame) 17 de novembro de 2014 ás 07:23 (UTC)

Dúbida[editar a fonte]

Boas! Escríboche por unha dúbida... o nome "Emmanuel" existe en galego, como variante culta de "Manuel"? Do mesmo xeito que Benedito/Bieito, ou Emmanuel non é admisíbel? Saúdos! --Norrin (Fálame) 18 de novembro de 2014 ás 11:22 (UTC)

Filme[editar a fonte]

A min tamén me parecía que debía ter unha versión en galego, pero no momento que fixen o artigo non atopara ningunha referencia. Pescudando nos xornais atopeina aquí. Procedo a facer os cambios. Un saúdo. --Breogan2008 (conversa) 19 de novembro de 2014 ás 15:14 (UTC)

RE:Acea de Ama[editar a fonte]

Vale, revisareino cando poida. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de novembro de 2014 ás 09:46 (UTC)

es:¡No compres mercancías rusas![editar a fonte]

Hello! Could you translate an article about boycott of Russian goods in Ukraine for the Galician Wikipedia? Thanks for the help.--Trydence (conversa) 23 de novembro de 2014 ás 20:21 (UTC)

[[adega (de viño)]] → [[adega (industria)]][editar a fonte]

Feito! Feito!GallaecioE logo? 24 de novembro de 2014 ás 07:06 (UTC)

Andas por casa?[editar a fonte]

Boas, estarás agora traballando? É que tiña que comentarche unha cousa de fóra da wiki que ten algo de urxencia. Se andas agora por aí mándame un correo, pliz. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de decembro de 2014 ás 23:44 (UTC)

Actividade e galencontro Coruña[editar a fonte]

Boas, anunciei unha actividade na taberna que podería ser do teu interese, tes máis información aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2014 ás 11:36 (UTC)

Wikimaratón en facebuk[editar a fonte]

Mira, cando poidas, poderías anunciar o Wikipedia:Wikimaratón Científico 2014 na páxina do Facebuk? Xa que haberá unha xornada en Coruña, a ver se se anima a xente. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de decembro de 2014 ás 13:07 (UTC)

Re: Ponte Carreira[editar a fonte]

Boas rapaz, parécenme ben os arranxos que fixeches na páxina de Ponte Carreira, se acaso dicir que a parte que está no concello do Pino pertence á comarca de Arzúa se ben é certo que é unha mínima parte do núcleo poboacional. Canto ás ligazóns tes razón que eran moitas e non procedían. Guieime un pouco polas ligazóns que se puxeron en A Ponte do Porco que, en canto remate de escribir isto, vounas deixar coma ti as deixaches en Ponte Carreira. Tamén boteille unha ollada á túa subpáxina de topónimos. Teño que darche os meus parabéns por tan inxente traballo e, se che parece ben, vouna ampliar con topónimo Breamo. Comentarche tamén que a parte das fotos das igrexas teño algunhas máis desas parroquias que, en canto teña algo de tempo, irei subindo pouco a pouco. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 11 de decembro de 2014 ás 22:34 (UTC)

Šibenik[editar a fonte]

Caro Estevoaei, como estàs? Faz tiempo que no creava paginas en la Wikipedia Gallega!

Aqui tem muito frio!

Oh, tiengo aberto esta nova pagina, y te pido por favor un 2 ou 3 minutos para reler-la. Vai perder solamente pocos minutos! Muchas gracias para el tu contexto, y Feliz Navidad y Prospero Año Nuevo!

Rei Momo (conversa) 12 de decembro de 2014 ás 10:53 (UTC)

Muchas gracias y buen final de semana! Rei Momo (conversa) 12 de decembro de 2014 ás 13:04 (UTC)
... y siempre concernete esta cidade, tiengo abierto esta nova pagina, tienes, por favor 5 minutinhos para un contexto rapido? Muchas gracias por tua ajuda! Rei Momo (conversa) 12 de decembro de 2014 ás 14:17 (UTC)
Grazie mille por tu contexto!!!! Rei Momo (conversa) 12 de decembro de 2014 ás 15:20 (UTC)

RE:títulos dos artigos[editar a fonte]

Véxoo ben, faino xa!, que podes mover e elimimar con facilidade amais coñeces mellor ca min estes criterios. Un saúdo e grazas Adrián.--Dodro (conversa) 14 de decembro de 2014 ás 01:07 (UTC)

RE: mover títulos[editar a fonte]

Un erro que cometo moitas veces e non recordo... Moitas grazas de novo polo aviso, Estevoaei. Unha apertiña e bo nadal! --Krisko (conversa) 15 de decembro de 2014 ás 14:53 (UTC)

Nova proposta na taberna[editar a fonte]

Fixen unha nova proposta na taberna, cando teñas un momento bótalle un ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de decembro de 2014 ás 01:46 (UTC)

Agradecemento[editar a fonte]

Ola Estevoaei, Xa ves que aínda estou empezando e que teño moitos erros. En primeiro lugar, quería darche as grazas por axudarme e aconsellarme en tantos erros que cometín na Galipedia. Tamén che pediría se tes unha foto de Roberto Vilar ou dos Tonechos para pór, xa que non hai ningunha e é unha pena. Moitas grazas e recibe un saúdo, --Regato das Tres Regueiras (conversa) 19 de decembro de 2014 ás 18:46 (UTC)Regato das Tres Regueiras

Eu teño unhas fotos de Roberto Vilar que teño pendente de subir a Commons, a ver se nas vacacións teño tempo. De Victor Fábregas si que non teño ningunha porque non o vin nunca en directo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de decembro de 2014 ás 19:14 (UTC)

Parroquias de Galicia por concello[editar a fonte]

Feito o das parroquias. E para a próxima abonda con que me poñas o que queiras na conversa do bot, recivo as súas notificacións no correo electrónico. Un saúdo! ─ GallaecioE logo? 27 de decembro de 2014 ás 16:48 (UTC)

Proposta[editar a fonte]

Boas, fixen unha proposta en Conversa:Galicia na que creo que deberías participar como administrador. Un saúdo --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 10:34 (UTC)